Ir o contido principal
STG

Rede CEIs Agroalimentarios

O Campus Terra é membro desde 2016 da Fundación Triptolemos, cuxo obxectivo é contribuír a optimizar un sistema alimentario global, sustentable e equilibrado.

Rede CEIs Agroalimentarios

Triptolemos xestiona a Rede de Campus de Excelencia Internacional con Actividade Agroalimentaria integrada por unha vintena de CEIs españois. O Campus Terra participa nesta rede de Campus de Excelencia, o que facilitará cumprir os obxectivos marcados pola Secretaría Xeral de Universidades para a creación dos Campus de Especialización.

A Rede CEIs ponse ao servizo da sociedade para comprender os retos sociais da alimentación. Algunhas das liñas de actuación do Campus Terra na Rede CEIs son:

  • Colaboración efectiva entre universidades e empresas para a resolución problemas do sector agroalimentario
  • Difusión dos avances en investigación alimentaria
  • Internacionalización da oferta docente agroalimentaria
  • Campus Interuniversitarios de Excelencia Europeos
  • Concorrencia ás convocatorias, favorecendo la mobilidade de estudantes, profesores e profesionais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2021.