Ir o contido principal
STG

Calidade

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría conta con Acreditación Institucional outorgada polo Consejo de Universidades organismo dependente do Ministerio con competencias en materia de universidades (Resolución de 28 de xaneiro de 2019), conforme ao Real Decreto 420/2015, de 29 de maio, e á Resolución da Secretaría General de Universidades, de 7 de marzo de 2018, que o desenvolve. Esta acreditación ten vixencia de 5 anos desde o momento da súa concesión.

A figura da acreditación institucional abre un escenario novo, no que a Memoria de Calidade de cada centro debe constituír o documento que recolla o seguimento dos títulos e do propio Sistema de Garantía de Calidade (SGC). Deste xeito, a partir do curso 2016-17, a EPS de Enxeñaría analiza o desenvolvemento, os resultados e plans de mellora dos seus títulos así como o funcionamento do seu Sistema de Garantía de Calidade, tendo en conta a súa planificación estratéxica e os seus obxectivos, no marco da planificación da institución.

O SGC da EPSE

O Sistema de Garantía de Calidade do Centro ten como obxectivo garantir a calidade de todas as titulacións mediante a actualización constante da oferta académica e a mellora continua dos programas formativos para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese:

  1. Estudantes e egresados
  2. Persoal da USC
  3. Sociedade, terceiro sector e provedores
  4. Empresas e institucións
  5. Centros de ensinanza, universidades e institucións
  6. Administracións públicas

Para garantir un compromiso e atención sistemática, estruturada e continua á calidade, en termos de mantemento e mellora continua das titulacións que se imparten no centro:

  1. Identifica as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese
  2. Identifica os procesos necesarios para o sistema de xestión de calidade e a súa aplicación para dar resposta ás necesidades dos grupos de interese.
  3. Determina a secuencia e interacción destes procesos.
  4. Determina os criterios e métodos necesarios para asegurar que tanto a operatividades coma o seguimento destes procesos sexan eficaces e satisfagan as necesidades dos grupos de interese.
  5. Asegura a dispoñibilidade de recursos e información necesarios para apoiar a operatividade e o seguimento destes procesos.
  6. Realiza o seguimento, a medición e a análise destes procesos.
  7. Implanta as accións necesarias para alcanzar os obxectivos planificados e mellorar continuamente os seus procesos para satisfacer as necesidades dos grupos de interese.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.06.2021.