Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Dirección de Proxectos (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Interdisciplinar.
Centro(s)
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008 (Conserxaría)
982823011 (Dirección)
eps.secretaria.direccion [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Carlos Amiama Ares
Contacto
carlos.amiama [at] usc.es

A constante evolución da disciplina de xestión de proxectos esixe unha reformulación do título, para adecuar os contidos ás novas necesidades que a sociedade precisa. Paralelamente, a extensión da aplicación das técnicas e ferramentas da xestión de proxectos máis aló do ámbito ingenieril esixe darlle ao máster un carácter máis interdisciplinar que permita satisfacer as expectativas duns alumnos cun perfil de acceso cada vez máis variado e afastado do campo da enxeñería. Esta realidade obríganos non soamente a dotar aos contidos do máster dun carácter máis transversal, senón tamén a incorporar docentes de áreas alleas á que actualmente imparte o máster (Proxectos de Enxeñería), como poden ser as áreas de Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados ou a de Economía Financeira e Contabilidade.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 3500274
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
ROSA ROMERO FRANCO
rosa.romero [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Carlos Amiama Ares
carlos.amiama [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

O título presenta un plan de estudos dun curso de 60 ECTS.
• Obrigatorias: 30
• Optativas: 6
• Prácticas externas OB: 12
• Traballo fin de máster: 12
o Total: 60
O máster, de 60 créditos ECTS, estrutúrase en tres grandes módulos.
O primeiro deles, un módulo de docencia expositiva e interactiva (36 créditos ECTS), denominado “Fundamentos da dirección de proxectos” no que se cursarán o corpo de materias obrigatorias (30 créditos ECTS distribuídos en 10 materias de 3 créditos ECTS cada unha) que permitirán que o alumno alcance os resultados de aprendizaxe que constitúen o elemento troncal deste máster.
Así mesmo, neste módulo ofertaranse 4 materias optativas (de 3 créditos ECTS cada unha) entre as que o alumno deberá de cursar 2, completando os 6 créditos ECTS restantes.
Unha vez finalizado este módulo, o alumno realizará as prácticas académicas externas que terá unha carga de 12 créditos ECTS.
Por último, o alumno deberá de realizar o traballo fin de Máster, que terá unha carga de 12 créditos ECTS.

Entre mediados de setembro e ofertaranse as seguintes materias (primeiro semestre):
- Marco conceptual da xestión de proxectos.
- Xestión do alcance do proxecto.
- Xestión do tempo e recursos.
- Seguimento e control do proxecto.
- Xestión da información e as comunicacións do proxecto.
- Dirección de persoas.
Entre mediados de xaneiro e xullo-setembro ofertaranse as seguintes materias (segundo semestre):
- Contratación e negociación
- Xestión de riscos e oportunidades do proxecto
- Xestión da calidade
- Análise da viabilidade financeira.
- Sustentabilidade en dirección de proxectos.
- Xestión de riscos en proxectos de investimento.
- Xestión de proxectos de investigación.
- Xestión comercial do proxecto.
- Prácticas en empresa
- Traballo fin de Master
A carga docente está equilibrada semanalmente (18 ECTS en cada período) e a continuación fanse as Prácticas Externas e o TFM.

Marco conceptual da xestión de proxectos

  • P4032101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión do alcance do proxecto

  • P4032102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión do tempo e recursos

  • P4032103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Seguimento e control do proxecto

  • P4032104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión da información e as comunicacións do proxecto

  • P4032105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Dirección de persoas

  • P4032106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión da calidade

  • P4032107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Análise da viabilidade financeira

  • P4032108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Contratación e negociación

  • P4032109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión de riscos e oportunidades do proxecto

  • P4032110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

campo insuficiente para modifiacións

O título presenta un plan de estudos dun curso de 60 ECTS.
• Obrigatorias: 30
• Optativas: 6
• Prácticas externas OB: 12
• Traballo fin de máster: 12
o Total: 60
O máster, de 60 créditos ECTS, estrutúrase en tres grandes módulos.
O primeiro deles, un módulo de docencia expositiva e interactiva (36 créditos ECTS), denominado “Fundamentos da dirección de proxectos” no que se cursarán o corpo de materias obrigatorias (30 créditos ECTS distribuídos en 10 materias de 3 créditos ECTS cada unha) que permitirán que o alumno alcance os resultados de aprendizaxe que constitúen o elemento troncal deste máster.
Así mesmo, neste módulo ofertaranse 4 materias optativas (de 3 créditos ECTS cada unha) entre as que o alumno deberá de cursar 2, completando os 6 créditos ECTS restantes.
Unha vez finalizado este módulo, o alumno realizará as prácticas académicas externas que terá unha carga de 12 créditos ECTS.
Por último, o alumno deberá de realizar o traballo fin de Máster, que terá unha carga de 12 créditos ECTS.

Acceso

Cumpriranse en todo momento os requisitos establecidos no artigo 18 do Real Decreto 822/2021 do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
https://www.usc.gal/es/admision/master
https://www.usc.gal/es/servizos/oiu/masteres_oficiais.html

Admisión

No caso de alumnos procedentes de países de lingua distinta do galego, portugués ou español os estudantes deberán acreditar o nivel de lingua española B2.

* Coñecer os principais estándares en xestión de proxectos e a súa aplicabilidade en distintos contextos.
* Familiarizarse coa terminoloxía e ferramentas específicas da xestión de proxectos.
* Comprender a importancia que a disciplina ten nas organizacións e na xestión das súas carteiras de proxectos, programas e proxectos.

Comp01 - Xestionar ferramentas de toma de decisións.
Comp02 - Definir a gobernanza do proxecto.
Comp03 - Crear a estrutura de desagregación de traballos e da estrutura organizativa do proxecto.
Comp04 - Identificación, implicación, xestión e seguimento das partes interesadas no proxecto.
Comp05 - Elaborar unha planificación factible dimensionando adecuadamente os recursos implicados.
Comp06 - Avaliar o avance da liña base e implementar solucións para corrixir desviacións en tempo e custo.
Comp07 - Elaborar plans de xestión da información e as comunicacións do proxecto.
Comp08 - Xestionar eventos de comunicación. Rexistro documental.
Comp09 - Identificar problemas e desenvolver solucións efectivas na xestión das persoas.
Comp10 - Desenvolver e implementar plans de GROP. Estimación de recursos e reservas de continxencias.
Comp11 - Elaborar un plan de xestión da calidade. Avaliación do éxito na xestión.
Comp12 - Elaborar un plan de xestión de adquisicións.
Comp13 - Avaliar e cuantificar os principais riscos financeiros de proxectos de investimento.
Comp14 - Integrar a sustentabilidade na dirección de proxectos e avaliar a sustentabilidade en proxectos.
Comp15 - Desenvolver, implementar, monitorizar e estimar recursos en plans de execución de proxectos de investigación.
Comp16 - Comprender as implicacións básicas da contorna que rodea o proxecto: a organización permanente que o desenvolve; a contorna económica, financeiro e mercantil; a contorna tecnolóxica e a contorna legal.
Comp17 - Comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos).
Comp18 - Avaliar a viabilidade financeira dun proxecto.

H/D01 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
H/D02 - Integrar información procedente de distintas fontes.
H/D03 - Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
H/D04 - Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto.
H/D05 - Resolver problemas de forma efectiva.
H/D06 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
H/D07 - Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
H/D08 - Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
H/D09 - Capacidade de xerar proxeccións que permitan posicionar o proxecto de fronte ao futuro.
H/D10 - Comparar e seleccionar alternativas técnicas e de xestión.
H/D11 - Identificar metodoloxías e técnicas emerxentes.
H/D12 - Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
H/D13 - Exercicio da profesión baixo principios deontolóxicos.
H/D14 - Capacidade de análise e síntese.

Con01 - Adquirir unhas nocións básicas no ámbito da xestión de proxectos.
Con02 - Metodoloxías para a xestión do alcance do proxecto.
Con03 - Metodoloxías para a xestión de interesados.
Con04 - Planificar nun horizonte temporal o proxecto e estimar os recursos necesarios.
Con05 - Monitorizar o avance do proxecto e xestionar as desviacións e o control de cambios.
Con06 - Conceptos básicos e avanzados sobre o proceso comunicativo, datos, información e coñecemento.
Con07 - Prácticas en xestión e dirección de recursos humanos para crear valor na organización.
Con08 - Metodoloxías para a Xestión de Riscos e Oportunidades do Proxecto (GROP).
Con09 - Conceptos básicos e avanzados no ámbito da xestión da calidade de proxectos.
Con10 - Metodoloxías da xestión de compras nun proxecto.
Con11 - Metodoloxías de xestión de riscos específicas para proxectos de investimento.
Con12 - Comprender os conceptos de sustentabilidade, desenvolvemento sostible, e resiliencia, e a súa aplicación á dirección de proxectos.
Con13 - Procedementos para a solicitude, avaliación e xustificación científica e económica de proxectos de investigación.
Con14 - Metodoloxías para definir a estratexia comercial do proxecto.
Con15 - Como analizar, planificar e orzar as decisións de investimento, financiamento e operativas nun proxecto de investimento.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

Prácticas

O alumno deberá de cursar un total de 12 créditos ECTS de prácticas en empresa, na que porá en práctica as competencias, habilidades e coñecementos adquiridos no máster. O alumno poderá elixir entre unha das máis de 130 empresas con convenio co máster existentes actualmente ou ben propoñer outra tipoloxía, sendo necesario subscribir un convenio entre a USC e a empresa, previo á incorporación do alumno. O alumno contará durante o desenvolvemento das súas prácticas en empresa cun titor académico, docente do máster, e un titor profesional, pertencente á empresa.

O traballo fin de máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo. Ao realizar un traballo propio da xestión de proxectos deberá analizar o problema, elixir a solución máis adecuada para resolvelo e implementar as actuacións para a posta en práctica desta solución, finalizando cunha potencial avaliación dos resultados esperados. O tema do traballo será de suficiente magnitude, preferiblemente derivado dun encargo real. Cada alumno disporá dun titor para realizar o seguimento continuo e dinámico do mesmo. Contémplase a posibilidade de que o alumno elixa como traballo fin de máster unha temática nova na dirección de proxectos para profundar nesa liña de traballo. Tamén se contempla como posibilidade que o alumno desenvolva unha análise da madurez dunha organización, no tocante á implementación de metodoloxías e técnicas de xestión de proxectos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.