Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Enxeñaría de Montes (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería química, ingeniería de los materiales e ingeniería del medio natural.
Centro(s)
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008 (Conserxaría)
982823011 (Dirección)
eps.secretaria.direccion [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Ulises Dieguez Aranda
Contacto
ulises.dieguez [at] usc.es

O título de Máster en Enxeñaría de Montes que se propón é a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior da actual titulación de Enxeñaría de Montes atendendo ás normas vixentes a nivel estatal, autonómico e da propia Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, na súa formulación atendeuse aos requirimientos da Orde CIN/326/2009, de 9 de febreiro, pola que se estabelecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Montes, o que permitirá aos futuros titulados o exercicio desta profesión regulada.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 3500275
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
ROSA ROMERO FRANCO
rosa.romero [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Ulises Dieguez Aranda
ulises.dieguez [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

• Obrigatorias: 60
• Optativas: 15
• Prácticas externas OB: 6
• Traballo fin de máster: 9
o Total: 90
O Plan de Estudos do Máster Universitario en Enxeñaría de Montes pola USC consta de 90 créditos ECTS, distribuídos en 2 cursos de 60 e 30 créditos ECTS cada un, que abarcan un total de tres semestres e que inclúen toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir para obter o título.
Tres módulos obrigatorios de 20 créditos ECTS cada un (Orde CIN/326/2009)
- Módulo 1: Industrias e enerxías forestais.
- Módulo 2: Planificación e mellora forestal a escala territorial.
- Módulo 3: Organización de empresas e política forestal e do medio natural.
Tres módulos correspondentes ás tres especialidades do máster, das que o alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS):
- Módulo 4: Especialidade en espazos protexidos.
- Módulo 5: Especialidade en incendios forestais.
- Módulo 6: Especialidade en modelos para a xestión forestal.
Por último, o modulo obrigatorio:
- Módulo 7: Prácticas externas (6 créditos ECTS) e traballo fin de máster (9 créditos ECTS).

- Especialidade en espazos protexidos.
- Especialidade en incendios forestais.
- Especialidade en modelos para a xestión forestal.
O alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS) das 6 optativas ofertadas do módulo correspondente a súa especialidade.

No primeiro curso do máster impartiranse os 60 créditos ECTS comúns. Destes módulos obrigatorios, 30 créditos ECTS impártense no primeiro semestre e outros 30 créditos ECTS no segundo semestre.
No primeiro semestre do segundo curso están programadas as seis materias optativas de 3 créditos ECTS que se ofertan para cada unha das tres especialidades do máster, das que o alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS).
Ademais, nese mesmo semestre está planificada a realización do último módulo obrigatorio do máster, relacionado coas prácticas externas (6 créditos ECTS) e o traballo fin de máster (9 créditos ECTS).

Aproveitamentos de biomasa forestal

  • P4172101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Construción de infraestruturas forestais

  • P4172102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4 créditos

Deseño de industrias forestais

  • P4172103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxías renovables

  • P4172104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Produción de biomasa e cultivos enerxéticos

  • P4172105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4 créditos

Proxectos de industrias forestais

  • P4172106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Control da contaminación e auditoría ambiental

  • P4172107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión sustentable de montes e comarcas forestais

  • P4172108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Mellora xenética forestal

  • P4172109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Ordenación e xestión territorial

  • P4172110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación hidrolóxica

  • P4172111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Planificación e xestión de espazos naturais protexidos

  • P4172112
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Practicum. Especialidade en Espazos Protexidos

  • P4172120
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster. Especialidade en Espazos Protexidos

  • P4172121
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 9 créditos

Accións de conservación en espazos protexidos

  • P4172201
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Aproveitamento de recursos en espazos protexidos

  • P4172202
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Criterios de deseño de espazos protexidos

  • P4172203
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Economía e política ambiental

  • P4172204
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Avaliación da biodiversidade

  • P4172205
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Infraestruturas e uso público de espazos protexidos

  • P4172206
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Practicum. Especialidade en Incendios Forestais

  • P4172122
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster. Especialidade en Incendios Forestais

  • P4172123
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 9 créditos

Análise e simulación de incendios

  • P4172207
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Efectos do lume sobre os ecosistemas

  • P4172208
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Xestión do combustible con fins preventivos

  • P4172209
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Plans de defensa e avaliación económica de danos por incendio

  • P4172210
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Rexeneración e restauración forestal tras incendio

  • P4172211
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Teledetección e SIX nos incendios forestais

  • P4172212
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Practicum. Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal

  • P4172124
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster. Especialidade Modelos para a Xestión Forestal

  • P4172125
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 9 créditos

Desenvolvemento e validación de modelos

  • P4172213
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Modelos para plantacións forestais

  • P4172214
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Modelos para bosques naturais

  • P4172215
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Modelos ecofisiolóxicos e de efectos do cambio global

  • P4172216
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Modelos de nutrintes, carbono e auga

  • P4172217
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Modelos de producións non madeireiras

  • P4172218
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

O perfil de ingreso recomendado aos estudantes do presente Máster Universitario en Enxeñería de Montes é o daqueles alumnos que adquirisen previamente as competencias que se recollen no apartado 3 da Orde Ministerial pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal e a súa formación estar de acordo coa que se establece no apartado 5 da antes citada Orde Ministerial. Tal e como se indica no Artigo 18.4 do RD 822/2021, permítese que o alumnado de Grao ao que lle reste por superar o TFG e como máximo ata 9 créditos ECTS, poderá acceder e matricularse nun Máster Universitario, aínda que en ningún caso poderá obter o título de Máster se previamente non obtivo o título de Grao. No caso da USC, este acceso regúlase mediante o acordo do Consello de Goberno de 28/10/2022.

• Obrigatorias: 60
• Optativas: 15
• Prácticas externas OB: 6
• Traballo fin de máster: 9
o Total: 90
O Plan de Estudos do Máster Universitario en Enxeñaría de Montes pola USC consta de 90 créditos ECTS, distribuídos en 2 cursos de 60 e 30 créditos ECTS cada un, que abarcan un total de tres semestres e que inclúen toda a formación teórica e práctica que o alumnado debe adquirir para obter o título.
Tres módulos obrigatorios de 20 créditos ECTS cada un (Orde CIN/326/2009)
- Módulo 1: Industrias e enerxías forestais.
- Módulo 2: Planificación e mellora forestal a escala territorial.
- Módulo 3: Organización de empresas e política forestal e do medio natural.
Tres módulos correspondentes ás tres especialidades do máster, das que o alumnado deberá cursar cinco materias (15 créditos ECTS):
- Módulo 4: Especialidade en espazos protexidos.
- Módulo 5: Especialidade en incendios forestais.
- Módulo 6: Especialidade en modelos para a xestión forestal.
Por último, o modulo obrigatorio:
- Módulo 7: Prácticas externas (6 créditos ECTS) e traballo fin de máster (9 créditos ECTS).

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
REQUISITOS ESPECÍFICOS
Requírese un Grao con atribucións profesionais que habilite para a profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal.
O alumnado estranxeiro, a efectos de poder seguir axeitadamente os ensinos, deberá acreditar coñecementos de lingua española ou galega mediante un título de nivel B1 ou Celga II respectivamente, ou outros de nivel superior. Este requisito non será aplicable a alumnado procedente de países de fala española ou portuguesa. De non estar en posesión dalgún dos títulos, a USC realizaralles unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre ata alcanzar o nivel requirido.

Admisión

Para o acceso xeral de estudantes con título de grao que habilite para a profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal, o criterio de admisión será a nota media de expediente académico da titulación de acceso (100 %).
Terán prioridade os titulados sobre os estudantes que cumpran os requisitos establecidos no RD 822/2021. No caso de que estes soliciten admisión, aplicarase como criterio prioritario o número de créditos que teñan pendentes e, en caso de empate, a nota media do expediente.

O obxectivo xeral do Máster Universitario en Enxeñaría de Montes é a formación de técnicos superiores capacitados para planificar, proxectar, organizar e dirixir os espazos forestais e os bens e servizos que proporcionan. Entre os seus obxectivos específicos están protexer o chan, conservar e regular os recursos hídricos, asegurar a protección e conservación das especies de flora e fauna silvestres, mellorar o medio ambiente rural, estudar e organizar a repoboación e conservación dos montes e aproveitar os recursos forestais, tanto para a súa transformación pola industria como para o goce directo, así como construír pistas forestais e deseñar instalacións para o almacenamento, secado e transformación da madeira. Para iso, adquírense tamén coñecementos de loita contra as pragas e enfermidades das plantas, de prevención e xestión de incendios, de xestión de espazos protexidos e de mellora xenética das especies forestais. Preténdese que os estudantes que terminen o Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro de Montes e saiban manexar os recursos forestais de forma racional e sostible.
• O obxectivo principal da especialidade en Espazos protexidos é proporcionar os coñecementos necesarios para que o alumnado sexa capaz de deseñar actuacións de planificación e conservación deste tipo de espazos no seu contexto social, coa perspectiva da xestión de ecosistemas e os servizos ambientais, desenvoltas nun escenario de cambio global e sustentabilidade.
• O obxectivo principal da especialidade en Incendios forestais é proporcionar os coñecementos necesarios para que o alumnado sexa capaz de deseñar estratexias de prevención e loita contra incendios forestais. Para iso, trátase o fenómeno dos incendios de forma integral, considerando disciplinas moi diversas que permitan ao futuro egresado construír unha base ampla e sólida a partir da cal poder tomar decisións no desempeño da súa profesión.
• O obxectivo da especialidade en Modelos para a xestión forestal é proporcionar os coñecementos necesarios para que o alumnado sexa capaz de desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementalos en simuladores informáticos para realizar predicións.

CB01 – Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
CB02 - saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas novas e definidas de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
CB03 - saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudo para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
CB04 - ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
CB05 - saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
CB06 - desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro o seu ámbito temático, en contextos interdisciplinares e, no seu caso, cunha alta compoñente de transferencia do coñecemento.
CB07 - ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
CEM1-04 - Coñecemento e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía no ámbito das enerxías renovables no medio forestal e natural.
CEM1-01 - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables.
CEM1-02 - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de celulosa e papel, industrias de taboleiros de fibras, partículas e contrachapado e industrias de destilación da madeira.
CEM1-03 - Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar instalacións de industrias e produtos forestais.
CEM2-01 - Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sostible de comarcas forestais e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
CEM2-02 - Capacidade para deseñar plans de declaración e/ou ordenación de espazos naturais protexidos.
CEM2-03 - Capacidade para deseñar plans de ordenación do territorio, áreas de montaña e zonas costeiras.
CEM2-04 - Capacidade para deseñar actuacións de planificación hidrolóxica e loita contra a desertificación.
CEM2-05 - Capacidade para controlar a contaminación do medio natural debida á actividade industrial e a xestión de residuos.
CEM2-06 - Coñecemento e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía no ámbito da mellora xenética forestal.
CEM2-07 - Capacidade para elaborar sistemas de calidade forestal e de auditoría ambiental.
CEM3-01 - Capacidade para analizar e diagnosticar a contorna e a propia empresa, elaborar e xestionar de plans de negocio e realizar estudos de rendibilidade de investimentos forestais.
CEM3-02 - Coñecemento para a racionalización dos procesos produtivos e de métodos de traballo.
CEM3-03 - Coñecemento das ferramentas para a análise económica e financeiro e capacidade para a xestión dos recursos económicos.
CEM3-04 - Coñecemento das estratexias de márketing, estudos de mercado e políticas de distribución.
CEM3-05 - Coñecemento das ferramentas de comunicación, información, motivación e xestión do persoal.
CEM3-06 - Coñecemento dos problemas básicos que afectan o deseño das medidas de política forestal a escala autonómica, estatal e internacional.
CEM3-07 - Coñecemento das estratexias mundiais de protección do medio natural.
CEM3-08 - Coñecemento de socioloxía no ámbito forestal e do medio natural.
CEM4-01 - Capacidade para deseñar actuacións de planificación e conservación de espazos protexidos no seu contexto social, coa perspectiva da xestión de ecosistemas e os servizos ambientais, desenvoltas nun escenario de cambio global e sustentabilidade.
CEM5-01 - Capacidade para deseñar estratexias de prevención e loita contra incendios forestais.
CEM6-01 - Capacidade para desenvolver modelos de crecemento e produción de sistemas forestais e implementalos en simuladores informáticos para realizar predicións.
CG04 - Capacidade para aplicar e definir criterios e indicadores no campo da auditoría ambiental.
CEM7-01 - Capacidade de realización de prácticas externas no ámbito profesional da Enxeñaría de Montes e de realizar unha memoria das actividades realizadas durante unha estancia externa, adquirindo coñecementos sobre a realidade das saídas laborais da titulación e tendo unha primeira experiencia profesional nun centro de traballo.
CEM7-02 - Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente perante un tribunal universitario consistente nun proxecto integral de Enxeñería de Montes de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nos estudos.
CG01 - Capacidade para aplicar as técnicas de márketing e comercialización de produtos forestais.
CG02 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
CG03 - Capacidade para proxectar, dirixir e xestionar industrias e instalacións forestais de primeira e sucesivas transformacións.
CG05 - Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables.
CG06 - Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo da xenética forestal.
CG07 - Capacidade para o desenvolvemento de políticas forestais.
CT01 - Capacidade de análise e síntese.
CT02 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT03 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT04 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT05 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT06 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT07 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT08 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT09 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

HAM1-01 - Dimensionar instalacións de aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticos.
HAM2-01 - Analizar os riscos de contaminación ambiental que pode xerar unha empresa forestal así como a influencia da contaminación ambiental nos ecosistemas forestais.
HAM3-01 - Deseñar, implementar e seguir o desenvolvemento de plans de xestión de proxectos.
HAM4-01 - Deseñar plans, realizar accións e expor estratexias de conservación de lugares de interese xeolóxico e edáfico, especies e hábitats en espazos protexidos.
HAM5-01 - Utilizar sistemas operativos de predición de comportamento do lume.
HAM6-01 - Usar unha linguaxe informática para aplicar test estatísticos e construír os elementos básicos dos modelos forestais.
HAM7-01 - Analizar e describir a actividade e organización da empresa na que realizou as prácticas externas.
HAM1-02 - Deseñar a loxística do aproveitamento da biomasa forestal.
HAM2-02 - Analizar os riscos de contaminación ambiental que pode xerar unha empresa forestal así como a influencia da contaminación ambiental nos ecosistemas forestais: Deseñar e implementar un sistema de xestión ambiental nunha empresa forestal.
HAM3-02 - Avaliar o estado dos obxectivos do proxecto (prazo, custo e calidade) durante a fase de execución e tomar medidas de corrección que afecten ao alcance o proxecto.
HAM4-02 - Deseñar plans de aproveitamento dos recursos dentro dos espazos protexidos.
HAM5-02 - Avaliar e estimar os impactos do lume nos distintos compartimentos ambientais, así como de modo global, e a diferentes escalas espaciais e temporais.
HAM6-02 - Desenvolver modelos de crecemento para rodais xestionados polo sistema de quenda de corta empregando unha linguaxe de computación.
HAM7-02 - Especificar as actividades concretas nas que participou durante as prácticas externas.
HAM1-03 - Deseñar e calcular estruturas metálicas e de madeira co código técnico de edificación.
HAM2-03 - Planificar de forma óptima a xestión forestal utilizando diferentes técnicas analíticas.
HAM3-03 - Integrarse como membro de equipo en organizacións que funcionen en base a proxectos.
HAM4-03 - Deseñar plans de conservación xenética de poboacións ameazadas.
HAM5-03 - Planificar actuacións de xestión do combustible, incluíndo lume prescrito e técnicas silvopastorales.
HAM6-03 - Desenvolver modelos de crecemento para rodais irregulares empregando unha linguaxe de computación.
HAM7-03 - Analizar críticamente as fortalezas e debilidades da súa formación previa en relación coas súas responsabilidades durante as prácticas externas.
HAM1-04 - Calcular unións e aparellos de apoio de estruturas.
HAM2-04 - Integrar na planificación os requisitos de certificación forestal.
HAM3-04 - Aplicar criterios na xestión das especies e os espazos protexidos por instrumentos internacionais e pola normativa europea.
HAM4-04 - Seleccionar áreas a protexer.
HAM5-04 - Deseñar plans de defensa contra incendios forestais.
HAM6-04 - Desenvolver modelos de ecosistemas forestais sinxelos e analizar a estrutura de modelos máis complexos.
HAM7-04 - Describir como mellorou a súa formación durante o desenvolvemento das prácticas externas.
HAM1-05 - Empregar programas informáticos para dimensionar estruturas.
HAM2-05 - Deseñar un plan de mellora xenética forestal.
HAM3-05 - Implementar modelos forestais de crecemento en simuladores informáticos.
HAM4-05 - Valorar desde unha perspectiva social e económica os servizos ambientais dos espazos protexidos.
HAM5-05 - Realizar taxacións e valoracións de danos por incendios forestais.
HAM6-05 - Realizar predicións do efecto do cambio global sobre os ecosistemas forestais.
HAM7-05 - Desenvolver un proxecto integral no ámbito da Enxeñaría de Montes no que se demostre que alcanzou coñecementos avanzados nese campo.
HAM1-06 - Deseñar diferentes tipos de industrias forestais.
HAM2-06 - Elaborar plans de ordenamento do territorio.
HAM3-06 - Utilizar simuladores de crecemento forestal para realizar predicións e deseñar programas selvícolas optimizados en termos técnicos e económicos.
HAM4-06 - Valorar a biodiversidade considerando distintas escalas espazo-temporais.
HAM5-06 - Deseñar plans de restauración tras incendio forestal.
HAM6-06 - Avaliar a sustentabilidade dos diferentes tipos de xestión, así como os seus beneficios ambientais.
HAM7-06 - Realizar unha presentación, nun tempo limitado e para un tribunal de especialistas, do deseño, desenvolvemento e resultados do proxecto.
HAM1-07 - Optimizar os recursos necesarios para a elaboración de produtos nas industrias forestais.
HAM2-07 - Avaliar o estado dos plans territoriais en execución, así como o éxito ou fracaso dos executados.
HAM3-07 - Desenvolver plans de negocio adaptados ao sector forestal.
HAM4-07 - Proxectar instalacións auxiliares de xestión do uso público nos espazos protexidos.
HAM5-07 - Utilizar simuladores dos efectos do lume en chans e deseñar medidas paliativas.
HAM6-07 - Seleccionar as metodoloxías e utilizar as ferramentas adecuadas para o desenvolvemento de modelos que simulen as interaccións arborizado-sotobosque e as producións forestais non madeireiras.
HAM1-08 - Deseñar instalacións de enerxía solar fotovoltaica e de enerxía solar fototérmica.
HAM2-08 - Avaliar os riscos hidrolóxicos existentes nunha conca e os cambios actuais ou futuros no seu estado.
HAM3-08 - Desenvolver plans de márketing para empresas do sector forestal.
HAM4-08 - Proxectar itinerarios ambientais e turísticos nos espazos protexidos.
HAM5-08 - Utilizar teledetección e sistemas de información xeográfica para analizar eventos e procesos relacionados cos incendios forestais.
HAM1-09 - Estimar o potencial eólico dunha zona.
HAM2-09 - Deseñar plans de prevención de riscos hidrolóxicos e restauración hidrolóxica.
HAM3-09 - Deseñar propostas de políticas e estratexias no sector forestal.
HAM1-10 - Deseñar e xestionar plantacións de cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos.
HAM2-10 - Deseñar propostas para a declaración de espazos naturais protexidos.
HAM3-10 - Analizar conflitos no sector forestal e propoñer solucións.
HAM1-11 - Deseñar sistemas de protección sanitaria para cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos.
HAM2-11 - Deseñar plans de xestión e seguimento de espazos naturais protexidos.
HAM1-12 - Identificar, avaliar, redactar, dirixir e executar proxectos de industrias forestais de diversa tipoloxía.

erro "La aplicación utiliza un valor de tipo no válido para la operación actual."

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

Prácticas

As prácticas consistirán na realización, por parte do alumnado, de prácticas nunha empresa ou organismo durante 150 h (4 semanas) máis a elaboración do informe correspondente, a efectos de obtención de 6 créditos equivalentes (1 crédito ECTS = 25 horas de prácticas).
A EPSE conta con preto de 500 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulacións que se imparten nela poida realizar prácticas externas. No ámbito da Enxeñaría de Montes estes convenios ofertarían un total de 120 prazas para prácticas externas dos estudantes do Máster, co que se pode garantir a dispoñibilidade das 25 prazas anuais para os alumnos de novo ingreso. A listaxe completa das empresas e institucións con convenio coa EPSE para a realización de prácticas externas pode ser consultado na web do centro:
https://www.usc.gal/es/centro/escuela-politecnica-superior-ingenieria/p…
Ademais, tanto os profesores como os alumnos poderán propoñer novos convenios entre a USC e outras empresas ou institucións, sendo necesario que estean asinados antes da incorporación do alumnado.
Para a organización, xestión e seguimento das prácticas externas nomearase a un Coordinador/a de prácticas externas do Máster, que formará parte da Comisión do Título e encargarase da asignación dos centros de prácticas e do seu seguimento. Ademais, a Comisión do Título asignará ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento do traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización das prácticas.

O traballo fin de máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo.
Será presentado e defendido individualmente en acto público ante un tribunal universitario, unha vez superados todos os créditos do plan de estudos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.