Ir o contido principal
STG

Dispensa de asistencia

En aplicación da Instrucción nº 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias, ábrese un prazo ao inicio de cada semestre do curso académico para formalizar a súa solicitude.

O alumnado pode solicitar nos prazos establecidos ou posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevidas, a dispensa de asistencia a clase, mediante unha solicitude motivada e acreditada.

As causas para a solicitude da dispensa ás clases son:

  1. A enfermidade grave ou os tratamentos médicos inaprazables que impidan a presenza do alumno no centro.
  2. O coidado de dependentes a cargo ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade, debidamente acreditada.
  3. A prestación de servizos por conta allea ou por conta propia acreditada (coa alta no Réxime Xeral ou no de Autónomos da Seguridade Social, copia de recibo de pago da última cotización), sempre que non se poda acoller ao réxime de matrícula a tempo parcial.
  4. A persoa que presentou unha denuncia por acoso, ou por outros comportamentos semellantes, sempre que ela considere máis adecuada a dispensa para a súa saúde.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.10.2024.