Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Ámbito de coñecemento
Ingeniería química, ingeniería de los materiales e ingeniería del medio natural.
Centro(s)
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 27002
Lugo
982823008 (Conserxaría)
982823011 (Dirección)
eps.secretaria.direccion [at] usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Tomas Serafin Cuesta Garcia
Contacto
tomas.cuesta [at] usc.es

O título de Máster en Enxeñaría Agronómica que se propón é a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior da actual titulación de Enxeñaría Agronómica atendendo ás normas vixentes a nivel nacional, autonómico e da propia Universidade de Santiago de Compostela. Na súa formulación atendéronse os requerimientos da Orde CIN/325/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Agrónomo, o que permitirá aos futuros titulados o exercicio desta profesión regulada.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 3500276
Número de ECTS: 90
Número prazas: 25

Decano/a ou director/a do centro:
ROSA ROMERO FRANCO
rosa.romero [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Tomas Serafin Cuesta Garcia
tomas.cuesta [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

O título presenta un plan de estudos dun curso de 90 ECTS.
• Créditos obrigatorios: 60
• Créditos optativos (incluídos os correspondentes ás prácticas optativas): 12
• Prácticas externas obrigatorias: 6
• Créditos TFM: 12
o Total créditos: 90

As materias comúns estrutúranse en 4 módulos (Primeiro curso):
• Modulo 1: Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural (6 materias cun total de 20 ECTS)
• Modulo 2: Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal (6 materias cun total de 20 ECTS)
• Módulo 3: Tecnoloxía das Industrias Agroalimentarias (10 ECTS en dúas materias)
• Módulo 4: Xestión e Organización de Empresas Agroalimentarias (10 ECTS en tres materias)
O título conta con tres módulos de especialidade coa mesma oferta en créditos ECTS (18) que se compoñen de 6 materias de 3 ECTS das cales o estudante debe cursar 4.
• Módulo 5: Especialidade en Agroenxeñaría.
• Módulo 6: Especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite.
• Módulo 7: Especialidade en Vitivinicultura.

-Especialidade en Agroenxeñaría
-Especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite
-Especialidade en Vitivinicultura
Deben cursarse 4 das 6 materias optativas ofertadas no módulo correspondente.

Planifícase en tres semestres.
No primeiro curso (os dous primeiros semestres) impártese o módulo común (60 ECTS) e no terceiro semestre as materias optativas correspondentes a cada especialidade (12 ECTS), o practicum obrigatorio (6 ECTS) e a elaboración do Traballo Fin de Máster (12 ECTS).
Durante este semestre, o alumno realizará as prácticas académicas externas obrigatorias que terán unha carga de 6 créditos ECTS.
Por último, o alumno deberá de realizar o Traballo Fin de Máster, que terá unha carga de 12 créditos ECTS.

Construcións e infraestruturas agroindustriais

  • P4162101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4 créditos

Xestión de recursos hídricos

  • P4162102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4 créditos

Xestión enerxética nos procesos agroalimentarios

  • P4162103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Ordenación rural

  • P4162104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Política agraria e desenvolvemento rural

  • P4162105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Sistemas de rego e drenaxe

  • P4162106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Practicum. Especialidade en Agroenxeñaría

  • P4162120
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster. Especialidade en Agroenxeñaría

  • P4162121
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 12 créditos

Abastecemento e depuración de augas

  • P4162201
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Dirección de proxectos

  • P4162202
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Enerxías renovables

  • P4162203
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Xestión da calidade agroalimentaria

  • P4162204
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Enxeñaría da madeira estrutural

  • P4162205
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Tecnoloxía da información xeoespacial

  • P4162206
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Practicum. Especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite

  • P4162122
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster. Especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite

  • P4162123
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 12 créditos

Calidade na produción de leite

  • P4162207
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Xestión técnico-económica de explotacións de vacún de leite

  • P4162208
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Manexo de pastos

  • P4162209
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Morfoloxía e fisioloxía da vaca de leite

  • P4162210
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Programas de alimentación de vacún de leite

  • P4162211
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Sistemas de produción e organización do traballo

  • P4162212
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Practicum. Especialidade en Vitivinicultura

  • P4162124
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 6 créditos

Traballo fin de máster. Especialidade en Vitivinicultura

  • P4162125
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  •  
  • 12 créditos

Deseño e condución do viñedo

  • P4162213
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Deseño e xestión de adegas

  • P4162214
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Enoloxía

  • P4162215
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Enxeñaría dos procesos da industria enolóxica

  • P4162216
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Produción vitícola

  • P4162217
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

Viticultura de zonas atlánticas

  • P4162218
  •  
  • Optativo
  •  
  •  
  • 3 créditos

O perfil de ingreso recomendado aos estudantes do presente Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica é o daqueles alumnos que adquirisen un Grao con atribucións profesionais que habilite para a profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola, ou, en aplicación do RD 822/2021 estudantes de Grao ao que lle reste por superar o TFG e como máximo ata 9 créditos ECTS, que poderán acceder e matricularse nun Máster Universitario, aínda que en ningún caso poderán obter o título de Máster se previamente non obtiveron o título de Grao.

O título presenta un plan de estudos dun curso de 90 ECTS.
• Créditos obrigatorios: 60
• Créditos optativos (incluídos os correspondentes ás prácticas optativas): 12
• Prácticas externas obrigatorias: 6
• Créditos TFM: 12
o Total créditos: 90

As materias comúns estrutúranse en 4 módulos (Primeiro curso):
• Modulo 1: Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural (6 materias cun total de 20 ECTS)
• Modulo 2: Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal (6 materias cun total de 20 ECTS)
• Módulo 3: Tecnoloxía das Industrias Agroalimentarias (10 ECTS en dúas materias)
• Módulo 4: Xestión e Organización de Empresas Agroalimentarias (10 ECTS en tres materias)
O título conta con tres módulos de especialidade coa mesma oferta en créditos ECTS (18) que se compoñen de 6 materias de 3 ECTS das cales o estudante debe cursar 4.
• Módulo 5: Especialidade en Agroenxeñaría.
• Módulo 6: Especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite.
• Módulo 7: Especialidade en Vitivinicultura.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
REQUITOS ESPECÍFICOS
Requírese un Grao con atribucións profesionais que habilite para a profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola.
O alumnado estranxeiro, a efectos de poder seguir adecuadamente os ensinos, deberá acreditar coñecementos de lingua española ou galega mediante un título de nivel B1 ou Celga II respectivamente, ou outros de nivel superior. Este requisito non será aplicable a alumnado procedente de países de fala española ou portuguesa.

Admisión

Non se contemplan criterios específicos.

Formación de técnicos superiores capacitados para proxectar, planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agroalimentario, incluíndo as infraestruturas e instalacións necesarias para o desempeño eficiente das devanditas actividades produtivas, todo iso nun marco de protección e conservación do medio ambiente e de desenvolvemento e mellora do medio rural. O alumnado titulado polo presente Máster, por medio dos seus coñecementos científicos e tecnolóxicos e a súa habilidade creadora, será capaz de deseñar sistemas de aproveitamento económico dos recursos da Natureza para obter e transformar alimentos, fibras para tecidos e outros vexetais ou animais útiles para o home. Preténdese que os estudantes que egresen do Máster sexan profesionais preparados para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Agrónomo e saiban manexar os recursos naturais renovables de forma racional.
• A especialidade en AgroEnxeñaría ten como obxectivos capacitar técnicos superiores en disciplinas como a xestión de augas, a dirección de proxectos, as enerxías renovables, a xestión da calidade agroalimentaria, a enxeñaría da madeira e/o a información xeoespacial.
• A especialidade en Enxeñaría da Produción de Leite ten como obxectivos capacitar técnicos superiores en disciplinas como a calidade na produción de leite, a xestión técnico-económica de explotacións de vacún de leite, o manexo de pastos, a morfoloxía e fisioloxía da vaca de leite, os programas de alimentación de vacún de leite e/o os sistemas de produción e organización do traballo.
• A especialidade en Vitivinicultura ten como obxectivos capacitar técnicos superiores en disciplinas como o deseño e condución do viñedo, o deseño e xestión de adegas, a enoloxía, a enxeñería dos procesos da industria enolóxica, a produción vitícola e/o a viticultura de zonas atlánticas.

Comp01. CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
Comp02. CG2 - Capacidade para deseñar, proxectar e executar obras de infraestrutura, os edificios, as instalacións e os equipos necesarios para o desempeño eficiente das actividades produtivas realizadas na empresa agroalimentaria.
Comp03. CG3 - Capacidade para propoñer, dirixir e realizar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos empregados nas empresas e organizacións vinculadas ao sector agroalimentario.
Comp04. CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas expostos en situacións novas, analizando a información proveniente da contorna e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
Comp05. CG5 - Capacidade para transmitir os seus coñecementos e as conclusións dos seus estudos ou informes, utilizando os medios que a tecnoloxía de comunicacións permita e considerando os coñecementos do público receptor.
Comp06. CG6 - Capacidade para dirixir ou supervisar equipos multidisciplinares e multiculturais, para integrar coñecementos en procesos de decisión complexos, con información limitada, asumindo a responsabilidade social, ética e ambiental da súa actividade profesional en sintonía coa contorna socioeconómica e natural na que actúa.
Comp07. CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma ou dirixida, incorporando á súa actividade profesional os novos conceptos, procesos ou métodos derivados da investigación, o desenvolvemento e a innovación.
Comp08. CE1 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de recursos hídricos: hidroloxía, hidrodinámica, hidrometría, obras e instalacións hidráulicas.
Comp09. CE2 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de rega e drenaxe.
Comp10. CE3 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de equipos e instalacións que se integren nos procesos e sistemas de produción agroalimentaria.
Comp11. CE4 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en construcións agroindustriais, infraestruturas e camiños rurais.
Comp12. CE5 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na ordenación e xestión do territorio agrario e a integración paisaxística.
Comp13. CE6 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de proxectos de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas aos procesos produtivos animais: biotecnoloxía e mellora animal.
Comp14. CE7 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia no estudo, intervención e xestión.
Comp15. CE8 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas de produción vexetal.
Comp16. CE9 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas integrados de protección de cultivos.
Comp17. CE10 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de proxectos de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas aos procesos produtivos vexetais: biotecnoloxía e mellora vexetal.
Comp18. CE11 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal.
Comp19. CE12 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal.
Comp20. CE13 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión de proxectos de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas aos procesos produtivos animais: biotecnoloxía e mellora animal.
Comp21. CE14 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas produtivos das industrias agroalimentarias.
Comp22. CE15 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en equipos e sistemas destinados á automatización e control de procesos agroalimentarios.
Comp23. CE16 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en xestión da calidade e da seguridade alimentaria, análise de alimentos e rastrexabilidade.
Comp24. CE17 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia nas linguaxes e técnicas propias da organización e dirección da empresa agroalimentaria.
Comp25. CE18 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na investigación comercial.
Comp26. CE19 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en márketing e sistemas de comercialización de produtos agroalimentarios.
Comp27. CE20 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión loxística no ámbito do sector agroalimentario.
Comp28. CE21 - Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun exercicio orixinal realizado individualmente perante un tribunal universitario consistente nun proxecto integral de Enxeñaría Agronómica de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nos ensinos.
Comp29. CE22 - Capacidade de realización de prácticas externas no ámbito profesional da Enxeñaría Agronómica e de realizar unha memoria das actividades realizadas durante unha estancia externa, adquirindo coñecementos sobre a realidade das saídas laborais da titulación e tendo unha primeira experiencia profesional nun centro de traballo.
Comp30. CEAI01 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en abastecemento e depuración de augas.
Comp31. CEAI02 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en dirección de proxectos.
Comp32. CEAI03 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar a tecnoloxía propia en enerxías renovables.
Comp33. CEAI04 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na enxeñaría da madeira estrutural.
Comp34. CEAI05 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia nas tecnoloxías da información xeoespacial.
Comp35. CEPL01 - Coñecementos axeitados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión técnicoeconómica de explotacións de leite.

H/D01. 2.1. - Capacidade para analizar novos e complexos produtos, procesos e sistemas de enxeñaría dentro dun contexto multidisciplinar máis amplo; seleccionar e aplicar os métodos máis axeitados de análise, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados do devandito análise.
H/D02. 2.2. - A capacidade de concibir novos produtos, procesos e sistemas.
H/D03. 2.3. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría definidos de forma incompleta, Y/i en conflito, que admitan diferentes solucións válidas, que requira considerar coñecementos máis aló dos propios da súa disciplina e ter en conta as implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais; seleccionar e aplicar os métodos máis adecuados de análises, de cálculo e experimentais, así como os máis innovadores para a resolución de problemas.
H/D04. 2.4. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñería en áreas emerxentes da súa especialidade.
H/D05. 3.1 - Capacidade para proxectar, desenvolver e deseñar novos produtos complexos (pezas, compoñentes, produtos acabados etc), procesos e sistemas con especificacións definidas de forma incompleta, e/ou conflito, que requiren a integración de coñecemento de diferentes disciplinas e considerar os aspectos sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicos e industriais; seleccionar e aplicar as metodoloxías apropiadas ou utilizar a creatividade para desenvolver novas metodoloxías de proxecto.
H/D06. 3.2 - Capacidade para proxectar aplicando o coñecemento e a comprensión de vangarda da súa especialidade de enxeñaría.
H/D07. 4.1. - Capacidade para identificar, atopar e obter os datos requiridos.
H/D08. 4.2. - Capacidade para realizar procuras bibliográficas, consultar e utilizar con criterio bases de datos e outras fontes de información, para levar a cabo simulacións co obxectivo de realizar investigacións sobre temas complexos da súa especialidade.
H/D09. 4.3. - Capacidade para consultar e aplicar códigos de boas prácticas e de seguridade da enxeñería.
H/D10. 4.4. - Capacidade e destreza de alto nivel para proxectar e levar a cabo investigacións experimentais, interpretar datos con criterio e extraer conclusións.
H/D11. 4.5. - Capacidade para investigar sobre a aplicación das tecnoloxías máis avanzadas na enxeñería agrónoma.
H/D12. 5.2. - Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos realizar proxectos de enxeñería complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas.
H/D13. 5.4 - Capacidade para aplicar normas da práctica da enxeñaría.
H/D14. 6.1. - Capacidade para integrar coñecementos e manexar conceptos complexos, para formular xuízos con información limitada ou incompleta, que inclúa reflexión sobre responsabilidade ética e social relacionada coa aplicación do seu coñecemento e opinión.
H/D15. 6.2. - Capacidade para xestionar complexas actividades técnicas ou profesionais ou proxectos que requiren novos enfoques de aproximación, asumindo a responsabilidade das decisións adoptadas.
H/D16. 7.1. - Capacidade para utilizar distintos métodos para comunicar as súas conclusións, de forma clara e sen ambigüidades, e o coñecemento e os fundamentos lóxicos que as sustentan, a audiencias especializadas e non especializadas co tema, en contextos nacionais e internacionais.
H/D17. 7.2. - Capacidade para funcionar eficazmente en contextos nacionais como membro ou líder dun equipo que poida estar formado por persoas de distintas disciplinas e niveis, e que poidan utilizar ferramentas de comunicación virtual.
H/D18. 8.1. - Capacidade para acometer a formación continua propia de forma independente.
H/D19. 8.2. - Capacidade para adquirir coñecementos ulteriores de forma autónoma.

Con01. 1.1. - Un profundo coñecemento e comprensión das matemáticas e outras ciencias básicas inherentes á súa especialidade de enxeñaría, que lle permitan conseguir o resto das competencias do título.
Con02. 1.2. - Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñaría propias da súa especialidade, no nivel necesario para adquirir o resto de competencias do título.
Con03. 1.3. - Posesión, con sentido crítico, dos coñecementos de vangarda da súa especialidade.
Con04. 1.4 - Coñecemento con sentido crítico do amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelación que existe entre os coñecementos dos distintos campos.
Con05. 5.1. - Completo coñecemento das técnicas aplicables e métodos de análise, proxecto e investigación e das súas limitacións.
Con06. 5.3. - Completo coñecemento de aplicación de materiais, equipos e ferramentas, tecnoloxía e procesos de enxeñería e as súas limitacións.
Con07. 5.5. - Coñecemento e comprensión das implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais da práctica da enxeñaría.
Con08. 5.6. - Coñecemento e comprensión crítica sobre temas económicos, de organización e xestión (como xestión de proxectos, xestión do risco e do cambio).

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

Prácticas

O alumno deberá de cursar un total de 6 créditos ECTS de prácticas en empresa, na que porá en práctica as competencias, habilidades e coñecementos adquiridos no máster. O alumno poderá elixir entre unha das máis de 500 empresas con convenio co máster existentes actualmente ou ben propoñer outra tipoloxía, sendo necesario subscribir un convenio entre a USC e a empresa, previo á incorporación do alumno. O alumno contará durante o desenvolvemento das súas prácticas en empresa cun titor académico, docente do máster, e un titor profesional, pertencente á empresa. A listaxe completa das empresas e institucións con convenio coa EPSE para a realización de prácticas externas pode ser consultado na web do centro:
https://www.usc.gal/es/centro/escuela-politecnica-superior-ingenieria/p…
Ademais, tanto os profesores como os alumnos poderán propoñer novos convenios entre a USC e outras empresas ou institucións, sendo necesario que estean asinados antes da incorporación do alumnado. A Comisión do Título asignará ao alumno un titor académico entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento do traballo realizado polo alumno e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización das prácticas.

O traballo fin de máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo. Será presentado e defendido individualmente en acto público ante un tribunal universitario, unha vez superados todos os créditos do plan de estudos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.