Ir o contido principal
STG
Arquivo ducal de Medinaceli
Esta sección recolle a documentación relativa a Galicia que existe na Fundación Casa Ducal de Medinaceli.

O 18 de novembro de 1988 asinouse un convenio entre a Fundación Casa Ducal de Medinaceli e a Universidade de Santiago polo cal se crea no Arquivo Histórico Universitario unha sección integrada por unha copia microfilmada dos fondos que esta fundación posúe relativos a Galicia. 

A Casa Ducal de Medinaceli, por diversos enlaces matrimoniais, converteuse nunha casa nobiliaria de grande importancia para Galicia dado que aglutina, entre outros, o marquesado de Camarasa, San Miguel das Penas e da Mota, e os condados de Amarante e Ribadavia.

Na actualidade parte deste fondo está dixitalizado e pódese consultar nas instalacións do noso arquivo.

Para máis información sobre a institución e o arquivo da Casa Ducal de Medinaceli pode consultarse a súa web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.