Ir o contido principal
STG
Fondo xudicial
Causas civís e criminais das antigas xurisdicións de Santa Marta de Ortigueira, Cedeira e As Pontes de García Rodríguez.

Comprende as causas civís e criminais das antigas xurisdicións de Santa Marta de Ortigueira, Cedeira e As Pontes de García Rodríguez.

O conde de Lemos exercía xurisdición sobre as dúas primeiras e o marqués de Astorga sobre a das Pontes. Estes señores nomeaban os xuíces e escribáns ante os que ían pasar as causas.

A documentación ingresou no arquivo en 1993 procedente do Colexio Notarial da Coruña, onde estaba depositada.

As datas da documentación van desde o século XVII ata mediados do século XIX.

Este fondo ampliouse coa incorporación de documentación das xurisdicións de San Cosme de Barreiros e San Xulián de Cabarcos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.