Ir o contido principal
STG
Mapas e planos
Planos, mapas e cartas náuticas.

Trátase dunha sección facticia, constituída por documentos procedentes das distintas seccións do Arquivo que por razóns de conservación e formato se manteñen agrupadas.

Os planos, procedentes na súa maior parte do fondo universitario, os máis deles corresponden a edificios da cidade de Santiago, existentes ou non. Hai que destacar os dos Colexios de Fonseca e San Xerome, os do edificio da Universidade, casa da Inquisición ou convento de Belvís, entre outros.

Entre os autores dos planos destacan Mateo López, Alonso González, Domingo de Andrade, Diego de Romay, Fernández Lechuga etc.

As datas extremas da documentación van desde principio do século XVI ata mediados do século XX.

Os mapas e as cartas náuticas representan, na súa maior parte, a xeografía galega. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.