Ir o contido principal
STG
hackathons

Son encontros intensos, con moita aprendizaxe, colaboración e creatividade, abertos a calquera persoa interesada en participar.  Mediante dinámicas colaborativas e de traballo en equipo, trátase de dar resposta nun tempo récord a posibles retos, a través de solucións en forma de prototipo acabado para un produto, servizo ou modelo de negocio innovador.

Nestes eventos desenvolven un papel decisivo os equipos de mentores e mentoras, que ofrecen orientación e apoio aos equipos participantes, con consellos técnicos para resolver problemas e fomentar destrezas e habilidades. Tamén se ofrece formación e talleres, con sesións educativas que poden cubrir un amplo abano de temas, dende tecnoloxías específicas, ata habilidades brandas, como a comunicación ou o traballo en equipo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.02.2026.