As capacidades desenvolvidas no Campus Terra e a procura da singularidade da iniciativa na contorna económica e social conduciron a focalizar a especialización principalmente sobre seis ámbitos ou liñas de especialización principais: Produción vexetal e agricultura sostible; Produción e sanidade animal sostibles; Alimentación segura e saudable; Xestión forestal sostible; Biodiversidade e Infraestruturas Verdes e unha nova liña denominada Unha soa Saúde. Estas liñas de especialización prioritarias ou principais relaciónanse e complementan con outras tres liñas transversais/emerxentes: Tecnoloxías facilitadoras, ómicas, TICs, Cambio climático e Sociedade e Economía no Medio Rural.
Cada unha das liñas principais centrase nunha serie de prioridades:
Esta liña céntrase no desenvolvemento de modelos de agricultura sostible, baseados na xestión eficiente de recursos, a agroecología e a sanidade vexetal. Inclúe investigación en fertilización sostible, uso eficiente da auga, control biolóxico de pragas e desenvolvemento de variedades vexetais resistentes.
As prioridades dentro desta liña son:
P1. Xestión e uso eficiente dos recursos agrícolas.
P2. Agroecología e agricultura regenerativa como formas de produción sostible.
P3. Sanidade vexetal: diagnóstico, prevención, control de pragas e patógenos e obtención de variedades resistentes.
O Campus Terra impulsa a produción gandeira sostible mediante a mellora xenética, a nutrición, a saúde e o benestar animal, incorporando a transformación dixital do sector gandeiro. As prioridades recollidas nesta liña son:
P1. Cría, reprodución e mellora xenética
P2: Nutrición, saúde e benestar animal
P3: Transformación dixital no sector gandeiro
A liña de alimentación segura e saudable aborda a seguridade alimentaria, a relación entre alimentación e saúde e a tecnoloxía de procesado de alimentos. As prioridades desta liña son:
P1. Seguridade alimentaria
P2: Alimentación, saúde e consumidores
P3: Tecnoloxía e procesado de alimentos
Integra a saúde humana, animal e ambiental desde unha perspectiva global, abordando enfermidades zoonóticas, resistencia a antibióticos e retos ambientais.
As prioridades incluidas nesta liña son:
P1: Saúde animal e humana
P2: Alimentación e nutrición alimentaria
P3: Reto ambiental
Inclúe investigación en xestión forestal adaptativa, prevención de incendios e construción sostible en madeira.
As prioridades nas que se centra esta liña son:
P1: Xestión forestal adaptativa
P2: Construción sostible en madeira
P3: Incendios forestais
Promove a conservación da biodiversidade e a planificación sostible do territorio. As prioridades que recolle esta liña son:
P1: Restauración ecolóxica
P2: Planificación territorial e de áreas protexidas
Ademais das liñas principais, o plan estratéxico 2026-2029 de Campus Terra, recolle tres liñas transversais e/ou emerxentes.
Aposta por tecnoloxías avanzadas aplicadas á agricultura, gandería e saúde. As súas prioridades estratéxicas son as seguintes:
P1: Agricultura intelixente (Smart farming)
P2: Tecnoloxías ómicas
Orientada á adaptación e avaliación de riscos climáticos. As liñas prioritarias serán as seguintes:
P1: Adaptación ao cambio climático e avaliación de riscos.
Aborda a historia e cultura rural, a transición socioeconómica e o desenvolvemento sostible. As prioridades recollidas nesta liña son:
P1: Historia das comunidades rurais
P2: Transición rural, aspectos sociais e económicos