Ir o contido principal
STG

DivulgaTerra 2021

En 2021, “DivulgaTerra. Petiscos de divulgación científica” tampouco quixo faltar á súa cita coa divulgación científica no Campus Terra.

Cun quinquenio de experiencia acumulada, con case 90 charlas e pósters presentados e con ducias de investigadoras e investigadores facendo divulgación neste período, puxemos en marcha o DivulgaTerra 2021

Logotipo de DivulgaTerra

QUE É?

Un evento que quere amosar o traballo das investigadoras e investigadores do Campus Terra, e potenciar o galego como lingua da comunicación e da divulgación científica.

 

A través de charlas divulgativas duns 10 minutos de duración contáronnos algún aspecto do seu campo de investigación ou dun dos traballos que están levando a cabo.

 

CANDO SE CELEBROU?

Os días 18 e 25 de novembro, a partir das 19,30 h, na Casa do Saber (praza de Pío XII, Lugo).

 

QUEN PARTICIPOU?

Nesta edición tivemos con nós a 20 mulleres e homes que investigan ou imparten docencia neste campus, que nos falaron do seu traballo e de como este está máis conectado do que pensamos coa vida de todas e todos nós.

Vimos como as micotoxinas, o peixe cebra, as cairomonas, a amígdala ou as enfermidades óseas dos peixes poden ter moito que ver coa nosa saúde, o noso comportamento ou a calidade dos alimentos que inxerimos.

  • 1. Ter ou non ter medo? A amígdala é a cuestión
    Pablo Sánchez Quinteiro
  • 2. Fluxos migratorios, realidade e ficción: unha reflexión sobre a representación das migracións nos audiovisuais
    Daniel Manuel Vázquez Vila
  • 3. Marea vermella á vista, prohibido mariscar
    Alejandro Cao Cancelas e Sandra Raposo García
  • 4. Do acuario ao laboratorio
    Nerea Gandoy Fieiras
  • 5. Drons como ferramenta topográfica: levantamento 3D da valgada do Campus Terra
    Sara Peraleda Vázquez
  • 6. Entre luz e sombra
    Tamara Isabel Franco Grandas
  • 7. Como educar a voz cantada das crianzas? Exemplos de boas prácticas
    Lucía Casal de la Fuente
  • 8. A batalla da rata de auga setentrional (rata topo) e das feromonas
    Sara Ruiz Rubio
  • 9. Os segredos ocultos no nariz do suricata
    Mateo Vázquez Torres
  • 1. Quedaremos sen amieiros?
    Manuel Souto Herrero
  • 2. Máis aló dunha cunca de leite
    Uxía Yáñez Ramil
  • 3. As vacas comen máis que herba?
    Jorge Prieto Vilaboa
  • 4. Vacas leiteiras e benestar animal: É a produción ecolóxica unha alternativa?
    María Rodríguez Domínguez
  • 5. Canto contribúe o vacún de carne en Galicia ao cambio climático?
    Marcos Fernández Vilela
  • 6. A cor do papel
    Lara Rouco Méndez
  • 7. Intrusos na panza
    David García Dios
  • 8. Proposta didáctica para aprender facendo en Bioloxía no Bacharelato
    Saskia Camille Flament Simon
  • 9. Esqueletos a escena!
    Ana Manuel de Azevedo Gomes
  • 10. Chamábanlles "incorrixibles": o Tribunal de Menores de Lugo no franquismo
    Tamara López Fernández

 

 

 

 

 

Carteis en formato grande (preme sobre un deles para ampliar)

 

Volve ver os relatorios de #DivulgaTerra2021

"Ter ou non ter medo? A amígdala é a cuestión"
"Fluxos migratorios, realidade e ficción: unha reflexión sobre a representación das migracións nos audiovisuais"
"Marea vermella á vista, prohibido mariscar"
"Do acuario ao laboratorio"
"Drons como ferramenta topográfica: levantamento 3D da valgada do Campus Terra"
"https://youtu.be/NVkSgOkbFq0"
"A batalla da rata de auga setentrional (rata topo) e das feromonas"
"Os segredos ocultos no nariz do suricata"
"Quedaremos sen amieiros?"
"Máis aló dunha cunca de leite"
"As vacas comen algo máis que herba?"
"Vacas leiteiras e benestar animal: É a produción ecolóxica unha alternativa?"
"Canto contribúe o vacún de carne en Galicia ao cambio climático?"
"A cor do papel"
"Intrusos na panza"
"Proposta didáctica para aprender facendo en Bioloxía no Bacharelato"
"Esqueletos a escena!"
"Chamábanlles "incorrixibles": o Tribunal Tutelar de Menores de Lugo no franquismo"
Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.03.2022.