Ir o contido principal
STG

Estudio e-Terra

O estudio e-Terra, situado na Facultade de Humanidades, proporciona apoio técnico á docencia universitaria non presencial.

O persoal do estudio ofrece asesoramento técnico (non pedagóxico) para a elaboración de materiais dirixidos ás aulas virtuais:

  • Gravación de sesións de aulas
  • Pílulas de coñecemento
  • Actividades para subir á plataforma Moodle

O persoal técnico do estudio e-Terra tamén ofrece apoio audiovisual ás accións que se enmarcan dentro do Plan de Comunicación do Campus Terra.

Estudio e-Terra
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2022.