Ir o contido principal
STG

A dendroarqueóloga do Campus Terra da USC Marta Domínguez relaciona nun estudo os furacáns do Caribe coa radiación solar

La dendroarqueóloga del Campus Terra de la USC Marta Domínguez relaciona en un estudio los huracanes del Caribe con la radiación solar
La dendroarqueóloga del Campus Terra de la USC Marta Domínguez relaciona en un estudio los huracanes del Caribe con la radiación solar
Rexistros históricos de naufraxios españois no Caribe combinados con series de crecemento de piñeiros dos Cayos de Florida indican que o período 1645-1715, coñecido como o Mínimo de Maunder, tivo o...
Lugo

Rexistros históricos de naufraxios españois no Caribe combinados con series de crecemento de piñeiros dos Cayos de Florida indican que o período 1645-1715, coñecido como o Mínimo de Maunder, tivo o menor número de furacáns (ciclóns tropicais) no Caribe desde o ano 1495, segundo unha nova investigación dirixida pola Universidade de Arizona e da que é coautora a doutora Marta Domínguez Delmás, investigadora Marie Curie do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo.

 

A investigación, pioneira no emprego de naufraxios para reconstruír a actividade dos ciclóns tropicais e na que, xunto con Marta Domínguez Delmás, tamén participan Valerie Trouet e Grant L. Harley, é obxecto do artigo "Shipwreck Rates Reveal Caribbean Tropical Cyclone Response to Past Radiative Forcing", publicado na prestixiosa revista científica Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), la publicación oficial de la Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos.

 

O citado artigo indica que os autores da investigación atoparon unha redución do 75 por cento no número das devanditas tormentas no Caribe durante o Mínimo de Maunder, un período ben documentado de diminución na actividade das manchas solares e caracterizado polas temperaturas frías no hemisferio Norte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.