Deseño e implementación dunha estación de pintado automatizada para tellas con control PLC e interface HMI
Autoría
C.A.L.
Grao en Robótica (2ªed)
C.A.L.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
18.02.2026 16:00
18.02.2026 16:00
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase no deseño e na posta en marcha dunha estación de pintado automatizada para tellas, desenvolvida nun contexto real de produción na empresa Tejas Verea. O obxectivo principal do proxecto foi mellorar e facer máis intuitivo o proceso de pintado, garantindo ao mesmo tempo a seguridade e a fiabilidade do sistema. O control da estación realízase mediante un PLC Schneider Electric M241, programado co software Machine Expert V1.2, escollido por ser unha tecnoloxía xa implantada na planta e coñecida polo persoal de mantemento. Para a interacción co operario deseñouse unha interface HMI táctil empregando Vijeo Designer, coa intención de facilitar o manexo do sistema e reducir posibles erros durante o seu uso diario. O sistema conta cun total de sete válvulas, catro situadas na cabina de pintado e tres no canal, que se activan segundo distintos ciclos configurables. Estes ciclos defínense mediante receitas, nas que se establecen os tempos de aplicación, os retardos necesarios e a válvula asociada en cada caso. Este enfoque permite adaptar o proceso de pintado ás distintas necesidades de produción dun xeito sinxelo e flexible. Finalmente, elaborouse un manual de usuario xunto cunha documentación técnica completa, destinada tanto aos operarios como ao responsable de mantemento da instalación. Tras a realización das probas correspondentes en planta, comprobouse que o sistema funciona de maneira estable e segura, contribuíndo de forma significativa á mellora do proceso de pintado e á súa xestión por parte do persoal da fábrica.

Dirección
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
SOTELO DOCIO, SUSANA (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)

Proxecto de construción dunha nave para cebadeiro de tenreiros e aloxamento de vacas de produción cárnica
Autoría
E.A.O.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
E.A.O.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
O presente proxecto ten como finalidade a construción dunha nave para cebadoiro de tenreiros e aloxamento de vacas de produción cárnica en Aiazo, Frades (A Coruña), na cal o obxectivo principal será deseñar, dimensionar e calcular a construción da nave e das súas instalacións, cumprindo en todo momento a normativa vixente para o desenvolvemento desta actividade. O presente proxecto constará de tres grandes lotes de animais: dous deles correspondentes a tenreiros e vacas, e un terceiro lote mixto no que haberá vacas próximas ao parto, vacas recentemente paridas e becerros recentemente nados, de ata un mes de idade. O sistema de explotación elixido polo promotor é un sistema intensivo, segundo a denominación do Manual de Manexo para Ternera Gallega Suprema, xa que as vacas permanecerán no pasto e os tenreiros serán cebados no establo, sen saír ao prado. A parcela que se utilizará no presente proxecto atópase no polígono 506, parcela 111, situada na localidade de Aiazo, Frades (A Coruña), sendo dita parcela propiedade do promotor do proxecto. As instalacións que formarán parte do proxecto consisten nunha nave de 63,10 m de lonxitude e 28,40 m de luz. A estas instalacións engadirase a colocación dunha cisterna para o almacenamento de xurro e un cobertizo para o almacenamento de esterco. Esta nave de nova construción estará dividida en corredor de alimentación, patios de exercicio, cama quente para vacas e becerros e parideira. Neste proxecto avaliaranse as alternativas para o proceso mediante os estudos de enxeñaría de deseño, o proceso produtivo, a elaboración dun orzamento e a enxeñaría de infraestruturas, obras e instalacións necesarias. O orzamento de execución por contrata, unha vez incluídos os impostos, estímase en 770.362,54 €, e calcúlase que a duración da obra será de 91 días laborables

Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
Iglesias Becerra, Antonio (Vogal)

Segmentación de movemento en cámaras de eventos usando redes neuronais de impulsos
Autoría
G.B.G.
Grao en Robótica (2ªed)
G.B.G.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Dirección
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO (Presidente/a)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Secretario/a)
CASAL URCERA, GERARDO (Vogal)

Deseño dun comportamento autónomo de inspección de paneis solares empregando un robot cuadrúpede
Autoría
L.D.B.
Grao en Robótica (2ªed)
L.D.B.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:30
19.02.2026 11:30
Resumo
Este TFG parte dun proxecto de posta en marcha dun robot Unitree Go2 EDU para inspección de paneis solares mediante unha cámara térmica. O desenvolvemento realizouse nun entorno ROS 2 Humble cunha simulación en Gazebo, no que integramos un xerador de patróns de marcha, un método SLAM 3D, xeración de mapas de custos 2D, e planificación con navegación autónoma, co obxectivo de chegar a posicións clave e tomar imaxes dos paneis. Para a parte de visión, deseñouse un proceso de análise de imaxes térmicas reais da inspección dun parque fotovoltaico: detéctanse os paneis, extráese unha máscara da súa superficie e identifícanse puntos quentes asociados a posibles fallos. A combinación de navegación e visión resulta nun comportamento de inspección viable, reducindo o tempo de traballo manual e automatizando a detección prematura de paneis defectuosos.

GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Secretario/a)
NAGY , DANIEL (Vogal)

Control en impedancia para control rápido de robots con visión basada en eventos
Autoría
A.F.C.
Grao en Robótica (2ªed)
A.F.C.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo trata de controlar un robot colaborativo de maneira eficiente, cunha cámara de eventos montada eye-in-hand. O obxectivo do proxecto é realizar un control rápido do robot para que poda alcanzar un obxecto que teña unha velocidade considerable. Por unha parte, implementarase un control en impedancia para un robot colaborativo, para lograr un control máis directo. Levarase a cabo unha tarefa de aprendizaxe por reforzo profundo, para obter os parámetros necesarios para o control de maneira dinámica. Procúrase que a selección dos parámetros sexa adaptativa ao movemento e á tarefa que leva a cabo o robot. Por outra parte, implementarase unha tarefa de control visual baseado en IBVS para poder alcanzar o obxecto co robot. Se realizarán varias probas utilizando unha cámara RGBD, con diferentes métodos de detección. Despois, finalizarase o proxecto implementando o control visual ca información obtida a partir dunha cámara de eventos. Os resultados obtidos demostran unha vía de implementación para o axente de aprendizaxe por reforzo, consolidando a viabilidade da proposta deste TFG. No que respecta ao control visual, demostrouse que o controlador foi implementado correctamente, cuns resultados que demostran que o robot é capaz de situarse enriba do obxecto en movemento e seguilo, corrixindo a altura desexada e a orientación.

Impacto da severidade das queimas prescritas sobre a calidade e contido de carbono (C) no combustible forestal das masas de Pinus nigra
Autoría
I.F.N.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
I.F.N.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
20.02.2026 12:00
20.02.2026 12:00
Resumo
A integridade dos ecosistemas forestais da Conca Mediterránea atópase ameazada debido á intensificación dos réximes de incendios asociados ao cambio climático. Como consecuencia disto, o risco de incendio aumentou considerablemente durante as últimas décadas e xunto a este xurdiu a necesidade de intentar mitigar os efectos de posibles incendios nas masas forestais mediterráneas. Unha ferramenta de manexo para mitigar o risco de incendio son as queimas prescritas. Estes lumes controlados de intensidade moderada foron empregados dende a antigüidade a nivel agronómico, pero, dende a segunda metade do século XX, tamén comezaron a empregarse de xeito experimental con fins de reducir o combustible forestal dos montes. A pesar dos bos resultados obtidos coma ferramenta de manexo de combustible, coma todas as alteracións no medio, implican cambios que producen un aumento da recalcitrancia dos restos vexetais, xerando compostos con maior resistencia á descomposición. Este estudo resalta os impactos das queimas prescritas experimentais sobre a calidade do carbono en restos vexetais de diferentes calibres recollidos nunha masa forestal dominada por Pinus nigra na provincia de Cuenca, onde se empregou o lume prescrito. Así, este lume provocou cambios significativos na calidade e na estabilidade do carbono analizado nos restos de combustible forestal recollidos a nivel superficial.

SOUZA ALONSO, PABLO (Titoría)
GUIJARRO GUZMÁN, MARÍA MERCEDES Cotitoría
SOUZA ALONSO, PABLO (Titoría)
GUIJARRO GUZMÁN, MARÍA MERCEDES Cotitoría
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Presidente/a)
MERINO GARCÍA, AGUSTÍN (Secretario/a)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA (Vogal)

Proxecto técnico dunha nave de cría de 300 tenreiros no concello de Ordes, A Coruña.
Autoría
R.G.I.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
R.G.I.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
O proxecto dunha nave de cría para 300 tenreiros levarase a cabo en Ordes, A Coruña, e será unha nave de formigón de 20 metros de luz e unha lonxitude de 50 metros. Nela levarase a cabo a fase de lactancia dos tenreiros desde os 15 días de vida ata os 64 días de vida, momento no cal se lles suprimirá o lactorreemplazante que toman por concentrado de arranque (que xa toman durante a lactancia) e forraxe seco, pero será unha fase que se levará a cabo fóra das instalacións que se van levar a cabo neste proxecto. Os recintos serán calculados atendendo á normativa de Benestar Animal e contarán con alimento e auga ad libitum ademáis de seren criadas en grupo como indica o propio Benestar Animal dende os 15 días de vida. A alimentación con lactorreemplazante será levada a cabo por unha nodriza, que rexistra o consumo de leite e modifica a concentración e cantidade do mesmo en función da idade do animal. O a nave será dimensionada para conter 4 nodrizas con capacidade máxima de 120 animais cada unha, pero non estarán cheas para evitar que os animais teñan que agardar demasiado para comer. Os animais estarán estabulados en cama quente colectiva que se renovará semanalmente.

BARRASA RIOJA, MARTIN (Titoría)
BARRASA RIOJA, MARTIN (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Secretario/a)
PEREIRA GONZALEZ, JOSE MANUEL (Vogal)

Construción de un punto de carga para helicóptero e motobomba na parroquia de Lentellais (O Bolo, Ourense).
Autoría
A.G.G.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
A.G.G.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (2ª ed)
Data da defensa
20.02.2026 10:30
20.02.2026 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural consiste nun proxecto de enxeñaría que ten como obxectivo levar a cabo a construción de un punto de carga de auga tanto para helicópteros como para vehículos motobomba do servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galicia e sumar esta infraestrutura a rede actual de puntos de carga pretendendo reducir os tempos de resposta ante un incendio forestal, un obxectivo esencial na súa extinción, podendo minimizar así o seu impacto. Como fase inicial levouse a cabo un estudo previo para determinar o emprazamento mais adecuado para o depósito, tendo en conta dispoñibilidade do terreo, dispoñibilidade de auga, condicións do entorno e criterios técnicos operativos necesarios para garantir un uso eficiente e seguro por parte dos medios, especialmente os aéreos. A partir do emprazamento definido, desenvolveuse o deseño da infraestrutura considerando diversas opcións e se realizaron os debidos cálculos estruturais do depósito, establecendo as súas dimensións, materias e demais características construtivas.

Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Presidente/a)
CARNERO LOPEZ, MATIAS (Secretario/a)
Mariño Allegue, Ramón Ángel (Vogal)

Aprendizaxe por demostración dun brazo robótico a partir de xestos humanos
Autoría
S.G.R.
Grao en Robótica (2ªed)
S.G.R.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 11:30
19.02.2026 11:30
Resumo
Na industria moderna, a robótica colaborativa xoga un papel cada vez máis relevante, permitindo a automatización de tarefas complexas en contornas compartidas con humanos. Con todo, a programación tradicional destes robots segue a ser unha barreira significativa, xa que require coñecementos técnicos especializados e consume un tempo considerable, dificultando a súa adaptación áxil a novos procesos. As simulacións, aínda que útiles, a miúdo non logran capturar a complexidade e variabilidade do mundo real. Unha alternativa potente é a Aprendizaxe por Demostración (LfD), un paradigma que busca transferir unha habilidade directamente dende un experto humano (sistema A) a un robot (sistema B). O obxectivo é que o robot poida aprender e reproducir tarefas de manipulación complexas a través da simple observación, superando as limitacións da programación explícita e aproveitando o coñecemento implícito do operario. Este traballo céntrase no desenvolvemento e na validación dun sistema completo de LfD para esta transferencia de coñecemento humano-robot. Impleméntase un pipeline que integra un sistema de visión estéreo para a captura 3D da demostración, un novidoso mapeo cinemático que traduce a pose humana ao espazo articular do robot resolvendo as diferenzas morfolóxicas, e un modelo de aprendizaxe baseado en Primitivas de Movemento Dinámico (DMPs) que xeneraliza a habilidade a partir de múltiples exemplos. A clara implicación deste sistema é a capacidade de ensinar tarefas complexas a un robot de forma rápida e intuitiva, sentando as bases para unha automatización máis flexible e accesible.

FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Secretario/a)
NAGY , DANIEL (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
GONZALEZ GARCIA, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CASTRO PONTE, ALBERTE (Secretario/a)
NAGY , DANIEL (Vogal)
Avaliación de arquitecturas de redes neuronais para a segmentación de tumores hepáticos.
Autoría
P.L.P.
Grao en Robótica (2ªed)
P.L.P.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao avalía diferentes arquitecturas de redes neuronais profundas para a segmentación automática de tumores hepáticos en imaxes médicas. Os modelos adéstranse e valídanse cun conxunto de datos público de imaxes de tomografía computarizada (TC) de fígados con anotacións de tumores hepáticos. Compárase o seu desempeño mediante métricas estándares de avaliación de segmentación (DSC, RVD, NSD, MASD e HD), analizando os resultados obtidos e o desempeño dos modelos seleccionados. O estudo busca identificar que modelos ofrecen unha maior precisión e representan solucións máis prometedoras para a segmentación médica automática de tumores no fígado.

FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
Fernández González, Marcos Cotitoría
FERNANDEZ VIDAL, XOSE RAMON (Titoría)
Fernández González, Marcos Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Secretario/a)
CASTRO PEREIRO, DANIEL ALFONSO (Vogal)

Proxecto de establecemento dun sistema silvopastoral para produción propia e venta de carne de vacún en fincas privadas da parroquia de Xaviña, Camariñas (A Coruña)
Autoría
Á.M.P.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Á.M.P.L.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
20.02.2026 11:00
20.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo presenta un proxecto de establecemento dun sistema silvopastoral con vacún de carne en fincas privadas da parroquia de Xaviña, no concello de Camariñas, nun contexto de abandono agrogandeiro prolongado e incremento do risco de incendios forestais. A área de actuación abrangue unha superficie total de 16,5 ha, das cales 3,6 ha corresponden a superficie agraria e 12,9 ha a superficie forestal, actualmente infrautilizadas tras o peche da explotación familiar existente hai aproximadamente 15 anos. O proxecto propón a recuperación produtiva destes terreos mediante a implantación dun sistema de pastoreo rotacional planificado, adaptado ás condicións biofísicas e sociais do territorio e compatible cunha actividade gandeira non profesional. O deseño do sistema baséase nunha análise detallada do medio físico, da vexetación e do recurso forraxeiro, apoiada en traballos de campo mediante transectos e no estudo do comportamento climático local. A zonificación funcional diferencia entre superficie agraria e forestal, asignándolles funcións complementarias ao longo do ano co obxectivo de optimizar o aproveitamento do pasto e mellorar a xestión da biomasa. A proposta contempla a introdución inicial dun rabaño reducido de 5 vacas da raza Cachena, cun manexo extensivo orientado principalmente ao autoabastecemento familiar. O sistema complétase con infraestruturas lixeiras e de baixo impacto, baseadas en peches eléctricos fixos e móbiles, puntos de auga desmontables e un punto de manexo forestal flexible, que permiten unha elevada adaptabilidade e minimizan as afeccións sobre o solo. Desde unha perspectiva ambiental e territorial, o proxecto contribúe á recuperación de usos tradicionais, á mellora da fertilidade e protección do solo, ao control da vexetación arbustiva mediante o pastoreo e á redución do risco de incendios na contorna. En conxunto, preséntase unha proposta técnica viable e replicable que pon en valor os sistemas silvopastorais como ferramenta de produción sostible, prevención de lumes e revitalización do rural galego.

González Hernández, María del Pilar (Titoría)
González Hernández, María del Pilar (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
MOSQUERA LOSADA, MARÍA ROSA (Secretario/a)
VAZQUEZ GONZALEZ, IBAN (Vogal)

Proxecto da construción dunha nave de 800 m2 dedicada ao almacenamento de maquinaria agrícola e forraxes secos en Cernadas, Vilasantar, A Coruña.
Autoría
R.P.G.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
R.P.G.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2026 10:00
18.02.2026 10:00
Resumo
O proxecto aborda a construción dunha nave dedicada ao almacenamento da maquinaria agrícola e forraxes secos nunha explotación de vacún de leite. A infraestrutura conta cunha zona de taller para arranxar avarías, prazas para o almacenamento da maquinaria agrícola, palleira para os forraxes secos, vestiarios para o persoal e aseos. O emprazamento levarase a cabo nunha parcela en propiedade da parte promotora, lindante ás infraestruturas actuais da granxa. O servizo a futuro do proxecto debe ser o máis convinte posible para facilitar os traballos a realizar. As obras serán feitas en formigón permitindo unha vida prolongada do proxecto.
O proxecto aborda a construción dunha nave dedicada ao almacenamento da maquinaria agrícola e forraxes secos nunha explotación de vacún de leite. A infraestrutura conta cunha zona de taller para arranxar avarías, prazas para o almacenamento da maquinaria agrícola, palleira para os forraxes secos, vestiarios para o persoal e aseos. O emprazamento levarase a cabo nunha parcela en propiedade da parte promotora, lindante ás infraestruturas actuais da granxa. O servizo a futuro do proxecto debe ser o máis convinte posible para facilitar os traballos a realizar. As obras serán feitas en formigón permitindo unha vida prolongada do proxecto.
Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Vogal)

Estudo da retención e liberación dos anticoccidios monensina e lasalocid en solos agrícolas: medidas de control empregando bioadsorbentes
Autoría
H.R.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
H.R.R.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
03.02.2026 10:00
03.02.2026 10:00
Resumo
Os antibióticos ionóforos monensina (MON) e lasalocid (LAS) son utilizados amplamente como aditivos alimentarios para tratar a coccidiose en gandaría intensiva. Ata un 80 % excrétase a través de feces e urina, incorporándose aos solos agrícolas mediante estercos ou xurros (fertilizantes), o que implica riscos ambientais e a súa posible entrada na cadea trófica, sendo moi tóxicos para humanos. Este traballo avaliou a capacidade de 8 solos diferentes e 12 materiais residuais/subprodutos para reter estes antibióticos e previr a súa transferencia ambiental. Os solos presentan un rango de pH entre 4,66 a 6,69 e un contido de materia orgánica entre 2,61 a 25,29%. Os adsorbentes inclúen residuos/subprodutos sen tratar (cinza, cuncha, casca, pousos de café, bagazo de uva), hidrochars (de residuos municipais, residuos verdes, madeiras fóra de uso, bagazo de uva, fracción orgánica) e un biochar de eucalipto. O pH destes materiais oscila entre 3,99 a 11,31 e a materia orgánica entre 0 a 88,59%. Para estudar o proceso de adsorción/desorción realizáronse ensaios tipo Batch en sistemas simples engadindo doses crecentes de LAS ou MON, de 25 a 600 umol/L en solos e de 100 a 1000 umol/L en materiais residuais. Previamente, leváronse a cabo estudos cinéticos de adsorción para determinar o tempo necesario para que MON e LAS acadasen o equilibrio e definir así o tempo de axitación óptimo. Os resultados cinéticos mostraron que MON acada o equilibrio ás 48h e LAS ás 24h. Respecto á adsorción, os solos mostraron alta capacidade (maior 90%) para ambos os compostos, sendo un proceso practicamente irreversible (desorción menor 10%). De igual modo, os materiais residuais, tanto subprodutos sen tratar como hidrochars e biochar, mostraron grande eficacia, con adsorcións superiores ao 90% e desorción inferior ao 10%. Destacan os residuos agroindustriais (bagazo de uva e café) e forestais (casca), acadando taxas de retención superiores ou similares aos hidrochars e o biochar. Estes resultados indican que estes subprodutos sen tratar poden ser unha alternativa sostible e económica para mitigar estes contaminantes en solos vulnerables ou para o tratamento de augas.

ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
Cela Dablanca, Raquel Cotitoría
ALVAREZ RODRIGUEZ, ESPERANZA (Titoría)
FERNANDEZ SANJURJO, MARIA JOSEFA Cotitoría
Cela Dablanca, Raquel Cotitoría
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
LOPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
Moreno Robles, Antonio (Vogal)

Proxecto de repoboación dunha agrupación de parcelas particulares de 8,5 ha no concello de Abegondo (A Coruña
Autoría
L.R.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
L.R.S.
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Data da defensa
20.02.2026 11:15
20.02.2026 11:15
Resumo
O presente proxecto consiste nunha repoboación forestal de 8,5 ha, que se obteñen de unir catro parcelas particulares as cales se van agrupar, coa finalidade de reducir costes e aumentar os beneficios da produción. Esta repoboación ten como finalidade unha capitalización dunha inversión a corto e medio prazo, cos beneficios obtidos pola corta da anterior repoboación, onde os propietarios queren volver empregar este capital para seguir obtendo ganancias e aumentando o seu patrimonio grazas á produción de madeira. As parcelas empregadas no proxecto están no polígono 511 es son as parcelas 1450, 1451, 1452 e 1453, as cales se localizan na parroquia de Sarandós, no termo municipal de Abegondo (A Coruña). Para a realización da presente repoboación levase a cabo unha agrupación das parcelas anteriores, obtendo unha superficie total de 8,50 ha (8,05 ha de superficie libre, descontando os retranqueos e a faixa de protección). Aínda que a superficie non chega as 10 ha para a realización dunha agrupación forestal, a idea dos propietarios e levala a cabo nun futuro próximo engadindo outro propietario, abaratando así os costes e obtendo un maior beneficio. A repoboación dividirase en dous RODAIS (Rodal I e Rodal II). O Rodal I terá unha superficie total de plantación de 3,66 ha e o Rodal II 4,39 ha. O marco de plantación de ambos rodais será de 2,5 m (entre plantas) e 3,5 m (entre filas), empregaremos a variedade de Eucalyptus nitens L2, tendo en conta as condicións que temos na repoboación, será a que teña un mellor comportamento en campo. Dividindo ambos rodais imos a ter unha faixa de protección que funcionará como cortalumes verde cunha extensión de 0,26 ha, empregaremos Quercus rubra, cun marco de plantación de 3 m (entre plantas) e 2,5 m (entre liñas). Neste proxecto avaliaremos os índices económicos que influirán para levara cabo a repoboación e un presuposto para poder levar a cabo todas as infraestruturas que sexan precisas. O presuposto de execución material calculamos que será de 22.179,22€ e estimarase que a obra dure 12 días laborables.

RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Titoría)
RODRÍGUEZ SOALLEIRO, ROQUE (Titoría)
Tribunal
RUIZ GONZALEZ, ANA DARIA (Coordinador)
LOMBARDERO DIAZ, MARIA JOSEFA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
DIEGUEZ ARANDA, ULISES (Vogal)

Proxecto técnico dunha nave para gando vacún de carne de 50 vacas en produción en Ouviaña (Ribeira de Piquín, Lugo)
Autoría
A.T.S.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
A.T.S.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
O presente traballo pretende proxectar unha nave gandeira de vacún de carne, situada no lugar de Ouviaña, Ribeira de Piquín (Lugo), co fin de retomar a actividade gandeira desenvolvida tradicionalmente na explotación familiar do promotor, cesada por motivo da xubilación dos avós. A nave proxectada permitirá albergar o gando, facilitando o manexo dos animais e o traballo diario na explotación, garantindo ao máximo o benestar animal. A parcela na que se executa o proxecto é propiedade da familia do promotor e cumpre cos requisitos urbanísticos e legais necesarios para a implantación da nave gandeira. Trátase dunha finca cunha superficie de 35.206 m2, integrada nunha base territorial familiar existente, que na actualidade se destina a pradeira permanente. A explotación basearase na produción de vacún de carne da raza Asturiana de los Valles, prestándose especial atención ao proceso produtivo, ao manexo dos animais, á alimentación e ás condicións hixiénico-sanitarias, co obxectivo de garantir en todo momento o benestar animal e un correcto funcionamento da explotación. A nave conta cunha estrutura prefabricada de formigón armado e unha cimentación executada in situ, xunto coas instalacións necesarias para o seu funcionamento. Ademais, proxéctanse a fosa de xurro, a esterqueira e un módulo auxiliar con espazos para o gandeiro. O proxecto complétase cun presuposto detallado e cunha avaliación económico-financeira que permite analizar a viabilidade da explotación ao longo da súa vida útil, cun investimento inicial de 646.418,81 € e un prazo de execución de 83 días.
O presente traballo pretende proxectar unha nave gandeira de vacún de carne, situada no lugar de Ouviaña, Ribeira de Piquín (Lugo), co fin de retomar a actividade gandeira desenvolvida tradicionalmente na explotación familiar do promotor, cesada por motivo da xubilación dos avós. A nave proxectada permitirá albergar o gando, facilitando o manexo dos animais e o traballo diario na explotación, garantindo ao máximo o benestar animal. A parcela na que se executa o proxecto é propiedade da familia do promotor e cumpre cos requisitos urbanísticos e legais necesarios para a implantación da nave gandeira. Trátase dunha finca cunha superficie de 35.206 m2, integrada nunha base territorial familiar existente, que na actualidade se destina a pradeira permanente. A explotación basearase na produción de vacún de carne da raza Asturiana de los Valles, prestándose especial atención ao proceso produtivo, ao manexo dos animais, á alimentación e ás condicións hixiénico-sanitarias, co obxectivo de garantir en todo momento o benestar animal e un correcto funcionamento da explotación. A nave conta cunha estrutura prefabricada de formigón armado e unha cimentación executada in situ, xunto coas instalacións necesarias para o seu funcionamento. Ademais, proxéctanse a fosa de xurro, a esterqueira e un módulo auxiliar con espazos para o gandeiro. O proxecto complétase cun presuposto detallado e cunha avaliación económico-financeira que permite analizar a viabilidade da explotación ao longo da súa vida útil, cun investimento inicial de 646.418,81 € e un prazo de execución de 83 días.
Dirección
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
Iglesias Becerra, Antonio (Vogal)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Secretario/a)
Iglesias Becerra, Antonio (Vogal)
Interpretación de sinais fisiolóxicos a través de modelos biomecánicas para a análise da fatiga en tarefas industriais de colaboración persoa-robot.
Autoría
C.R.V.T.
Grao en Robótica (2ªed)
C.R.V.T.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
18.02.2026 16:00
18.02.2026 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, enmarcado no proxecto ROBOTA-SUDOE, ten como obxectivo o deseño dun modelo preliminar para a estimación da fatiga muscular a partir de sinais electromiográficas (EMG) e datos inerciais proporcionados por sen- sores Xsens MTw Awinda. Empregáronse sensores EMG de superficie colocados so- bre grupos musculares do brazo para rexistrar sinais durante tarefas físicas controla- das. Estas foron procesadas mediante filtros dixitais e métricas no dominio temporal e frecuencial, como a frecuencia media (MNF) e o valor cuadrático medio (RMS), para identificar indicios de fatiga. Paralelamente, analizáronse datos cinemáticos obtidos dos sensores inerciais, extra- endo parámetros como o ángulo de flexión articular, a velocidade angular e o rango de movemento. Aínda que non se logrou unha integración directa entre ambas fon- tes de datos, as análises por separado permitiron observar patróns compatibles co desenvolvemento da fatiga muscular. Os resultados preliminares suxiren que tanto os sinais EMG como os datos inerciais poden achegar información útil para a detección da fatiga, sentando as bases para o desenvolvemento futuro de sistemas portátiles de monitorización en tempo real. Finalmente, discútense as limitacións do estudo e posibles liñas de traballo para me- llorar a robustez e aplicabilidade clínica do enfoque proposto

RAÑO NOAL, IGNACIO Cotitoría
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Titoría)
RAÑO NOAL, IGNACIO Cotitoría
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
SOTELO DOCIO, SUSANA (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Presidente/a)
SOTELO DOCIO, SUSANA (Secretario/a)
BLANCO BESTEIRO, BEATRIZ (Vogal)
Deseño e implementación dun dispositivo de monitorización e coidado de animais domésticos
Autoría
R.V.L.
Grao en Robótica (2ªed)
R.V.L.
Grao en Robótica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao xorde da investigación sobre os sistemas de monitorización actuais, identificando a necesidade de desenvolver un dispositivo wearable asistido por un gateway que combine un baixo custo cunha alta eficiencia enerxética. O proxecto centrouse no deseño e implementación dun sistema capaz de rexistrar constantes vitais críticos, concretamente a temperatura e o pulso, validando a precisión das medicións en función da actividade física do animal para garantir a fiabilidade dos datos. A solución resultante intégrase nunha arquitectura de IoT mediante comunicación BLE, propoñendo unha abordaxe non invasiva dirixida a animais domésticas. Finalmente, a construción do prototipo permitiu a validación experimental dos obxectivos, verificando a ergonomía do deseño e a integridade dos datos transmitidos nun ambiente real.

COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Secretario/a)
CASTRO PEREIRO, DANIEL ALFONSO (Vogal)
COMESAÑA FIGUEROA, ENRIQUE (Coordinador)
CORRALES RAMON, JUAN ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ VERDES, PEDRO (Secretario/a)
CASTRO PEREIRO, DANIEL ALFONSO (Vogal)
Proxecto de construcción dunha bodega de viño branco, variedade branco lexítimo, con IGP Betanzos de 30.000 l/ano en Betanzos, A Coruña.
Autoría
M.V.O.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
M.V.O.
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo a construción dunha industria vitivinícola destinada á elaboración de 30000 litros anuais de viño branco Branco Lexítimo, amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Betanzos, situada na provincia da Coruña. O deseño e execución da bodega desenvolvéronse tendo en conta os condicionantes legais, urbanísticos, técnicos e sanitarios vixentes, así como os requisitos funcionais e económicos establecidos polo promotor. A produción anual prevista require aproximadamente 45000 kg de uva, procedente exclusivamente das zonas viticolas rexistradas dentro do ámbito da IXP Betanzos. A materia prima percorrerá todas as fases necesarias para a súa transformación ata a obtención do produto final listo para a súa comercialización. O proceso produtivo inclúe as seguintes etapas: recepción da uva e vendima, operacións prefermentativas (prensado, refrixeración do mosto, sulfitado e desfangado estático por frío), fermentación alcohólica cos correspondentes controis, trasfegas e operacións postfermentativas como a estabilización tartárica, filtración mediante filtro de placas, embotellado, almacenamento e expedición do produto terminado. O proxecto desenvolve en detalle a enxeñaría do proceso produtivo e a implementación da maquinaria necesaria, así como os cálculos construtivos da nave industrial e de todas as instalacións asociadas: instalación eléctrica, fontanería, saneamento, climatización e protección contra incendios, garantindo o correcto funcionamento da bodega e o cumprimento da normativa aplicable. Así mesmo, inclúese un estudo económico-financeiro que recolle o orzamento do proxecto, cuxo orzamento de execución por contrata ascende a 952482,33 €, así como unha avaliación da rendibilidade do mesmo. Os indicadores económicos obtidos permiten concluír que o proxecto resulta técnica e economicamente viable, xustificando a súa execución.

ARBONES MACIÑEIRA, ENRIQUE RAFAEL (Titoría)
ARBONES MACIÑEIRA, ENRIQUE RAFAEL (Titoría)
Tribunal
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Coordinador)
CABALEIRO SOBRINO, CRISTINA (Presidente/a)
Torres Labandeira, Manuel Luis (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Vogal)