Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Traballos presentados

Nave de Recría para 180 Novillas Holstein en Boqueixón
Autoría
J.J.C.M.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
19.02.2025 13:00
Resumo
Co presente proxecto preténdese a construcción dunha nave que dote o promotor das isntalacións axeitadas para realizar a práctica da recría de becerras Hosltein. Os principais obxectivos deste proxecto son: obter beneficio económico, o benestar animal e conseguir que os labores diarios na explotación sexan livianos e cómodos para os operarios. A parcela na que se executará o proxecto pertence a Lestedo, concello de Boqueixón, é propiedade do promotor. Ésta cumpre todos os requisitos urbanísticos, ten unha superficie de 14.696 m2, acceso por estrada asfaltada, suministro de auga municipal e de rede eléctrica. Neste traballo fixéronse os cálculos constructivos da nave, que terá unha estructura de formigón prefabricado excepto a cimentación, que será executada “in situ”. Calcularanse tamén todas as instalacións necesarias para o correcto funcionamento da explotación, como son: a instalación eléctrica, de fontanería, de saneamento e zootécnica. Realizaranse tamen os cálculos constructivos dunha fosa de purín e dunha esterqueira. A nave terá capacidade para 180 becerras e será completamente aberta, sen ningún cerramento lateral ou frontal a excepción das cancelas que delimitan os módulos nos que se encontran os animais. As becerras cas que se traballará serán da raza Holstein que serán propiedad do promotor. A súa alimentación basarase en leite, palla e penso. Os animais permanecerán na nave dende os 3 días de vida ata os 22 meses. No apartado económico, o proxecto inclue o presupuesto detallado de todos os seus costes de execución, que ascende despois de impostos a 694.013,23 €.
Dirección
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Tribunal
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Coordinador)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Secretario/a)
MENDEZ LODOS, MANUEL (Vogal)
Proxecto de construción de nave para cebo de 1000 porcos en Barxa, Castro de Rei, Lugo
Autoría
J.S.L.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
19.02.2025 11:00
Resumo
O presente proxecto “Proxecto de construción de nave para cebo de 1000 porcos en Barxa, Castro de Rei, Lugo” ten como obxectivo deseñar e dimensionar todas as infraestruturas e instalacións necesarias para levar a cabo a ceba intensiva de 2.865 porcos ao ano e a xestión do xurro producido, cumprindo toda a normativa aplicable. A explotación situarase nas parcelas 94 e 95 do Polígono 5, en Barxa, no concello de Castro de Rei. As parcelas son propiedade do promotor e están catalogadas como Solo Rústico de Protección Agropecuaria. As construcións proxectadas son unha nave de 70 m x 15 m, cunha estrutura de pórticos triarticulados, excepto nos pórticos cabeceiros, nos que estará formada por pilares prefabricados e vigas cargadeiro. A nave presenta un anexo de 9,2 m x 3,4 m no que se instalará unha mesturadora de pensos e que dará acceso ao peirao de carga. O purín almacenarase en dúas cisternas flexibles cunha capacidade de 500 m3 cada unha que irán instaladas sobre unha soleira de 41 m x 18 m. Sobre a cuberta da nave de cebo montarase unha instalación solar fotovoltaica para producir boa parte da enerxía consumida na explotación. No proxecto realizarase o dimensionado e o deseño das instalacións de electricidade, fontanería, saneamento, ventilación, fotovoltaica e protección contra incendios. Tamén se levará a cabo un estudo básico de seguridade e saúde e outro de xestión de resíduos. O presuposto de execución por contrata ascende a 832.441,79 € e a duración estimada da execución será de 59 días laborais. O obxectivo do proxecto é conseguir unha explotación competitiva para o cebo de gando porcino, aplicando técnicas de explotación actualizadas e un manexo e sanidade óptimos, minimizando o impacto sobre o medio ambiente e maximizando o benestar animal.
Dirección
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Besteiro Doval, Roberto Cotitoría
Tribunal
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Coordinador)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Secretario/a)
Fernández Rodríguez, María Elena (Vogal)
Proxecto dunha nave de recría de xovencas para produción de leite en Guitiriz (Lugo)
Autoría
X.C.R.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
Data da defensa
19.02.2025 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é proxectar unha nave que permita ao promotor realizar a recría de xovencas necesarias para explotación de gando vacún da que é titular buscando facilitar o manexo diario o máximo posible. No deseño desta terase en conta o benestar animal e o cow comfort. Ademais construiranse dous silos trincheira para almacenar forraxe para estes animais. O proxecto executarase na finca do promotor que está situada en Os Vilares (Guitiriz) e con referencia catastral 27022A161001320000FT, esta cumpre os requisitos urbanísticos esixidos para un proxecto desta índole. Conta cunha superficie de 2,44 hectáreas en Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria, nela atópanse todas as instalacións da gandaría e a zona onde se pretenden construír a nave e os silos está a pradeira. Na explotación traballase principalmente coas razas Frisoa e Jersey. Prestouse especial atención ao proceso produtivo considerando transcendental esta etapa da recría para o desenvolvemento da futura vaca leiteira. No traballo, para a nave fíxose un deseño das instalacións considerando as xovencas necesarias anualmente e para os silos valoráronse as forraxes que anualmente se almacenarán. Realizáronse os cálculos construtivos da estrutura que estará constituída por correas, piares, vigas e paneis de formigón prefabricados e da cimentación que será executada in situ. Tamén se fixeron os cálculos de todas as instalacións necesarias para un correcto funcionamento da nave. Os silos faranse con paneis de formigón prefabricado e contarán con instalación de saneamento horizontal. En canto á programación das obras, estímase que durarán un total de 66 días. Realizouse un presuposto detallado de todos os seus costes de execución que ascende a 525.974,39 €. Tamén se fixo unha avaliación económica-financieira.
Dirección
Fernández Rodríguez, María Elena (Titoría)
Tribunal
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Coordinador)
DIAZ VARELA, EMILIO RAFAEL (Presidente/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, MANUEL RAMIRO (Secretario/a)
MENDEZ LODOS, MANUEL (Vogal)