Aberto ata o 10 de setembro o prazo para a solicitude de admisión en doutoramento
A matrícula para a continuación de estudos debe formalizarse entre o 1 de setembro e o 10 de outubro
Ler máisUnha trintena de estudantes da USC, recoñecidos cos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia
A esta convocatoria podía concorrer o alumnado que rematou estudos en 2020 nas universidades galegas
Ler máisAs candidaturas para o Foro de Inversión Innovatia 8.3 poden presentarse ata o 22 de setembro
Esta iniciativa organizada pola USC e o Instituto de las Mujeres oriéntase á captación de financiamento por parte de empresas innovadoras lideradas por mulleres e creadas co apoio de universidades ou OPI
Ler máisOs XVII Premios á calidade lingüística en galego recoñecen os mellores Traballos Fin de Grao e de Mestrado
Ata o 30 de setembro poderá presentarse a estes premios o alumnado que estea matriculado en titulacións oficiais da USC no curso 2020-2021
Ler máisMantense aberto o prazo para participar nos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero
A primeira modalidade céntrase nas accións innovadoras con inclusión da perspectiva de xénero na docencia; mentres que a segunda valora os traballos de investigación con perspectiva de xénero en calquera ámbito do coñecemento
Ler máisA USC mantense entre as 500 mellores universidades do mundo
O Academic Ranking of World Universities (ARWU), popularmente coñecido como ránking de Shanghai, sitúa a institución no intervalo 401-500
Ler máisO VII certame de fotografía Ruth Matilda Anderson pon o foco no derrubamento dos estereotipos de xénero
Ata o vindeiro 10 de setembro, a comunidade universitaria da USC, así como antigos alumnos e alumnas, poderán participar neste certame que premiará a creatividade, a innovación e o impacto da imaxe
Ler máisUnha investigación propón metodoloxías para avaliar a sustentabilidade das cidades
Segundo o investigador Manuel Rama, “as cidades concentran a maior parte das cargas ambientais do planeta derivadas das actividades humanas como a xeración de residuos, a emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI) e o consumo de recursos naturais”
Ler máisA ETSE colabora no desenvolvemento de software de analítica avanzada para baloncesto
O software, que calcula estatísticas e visualizacións avanzadas sobre distintos aspectos do xogo, é utilizado na actividade diaria do
Monbus Obradoiro dentro dos seus procesos de preparación de partidos e análise de xogadores e estratexias.
A química Rocío Facorro estuda metodoloxías analíticas para o control e eliminación de certos funxicidas e filtros UV en augas naturais
Existe o risco de que estas substancias se incorporen ao ciclo da auga de forma directa ou indirecta e poidan tamén sufrir procesos de transformación, dando lugar a produtos de degradación potencialmente perigosos que cómpre vixiar.
Ler máisUnha Enxeñeira Química, experta en economía circular, dirixirá a sociedade que creou a Xunta para impulsar proxectos para os fondos europeos
A enxeñeira química e licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela Enyd López Fernández, experta en economía circular, dirixirá a sociedade que creou a Xunta para impulsar proxectos co obxectivo de captar fondos europeos para a reconstrucción frente á covid.
Ler máisO ránking Webometrics destaca a visibilidade, transparencia e excelencia da USC entre as 500 mellores institucións do mundo
A Universidade ocupa o posto 15 na listaxe relativa a España e que integra un total de 265 entidades
Ler máisÚltima semana para inscribirse no Campus de Emprendemento e Empregabilidade
Esta iniciativa que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do 12 ao 23 de xullo pretende incrementar o número de empresas creadas polos e polas estudantes, dando pulo a unha rede de ‘startups’ marca USC
Ler máisAlba Roibás Rozas, recoñecida no V Concurso de Pitches do Grupo Compostela de Universidades
A investigadora da USC recibiu o terceiro premio por un vídeo fundamentado nunha tecnoloxía destinada á produción de bioplásticos
Ler máis