Dinámica das migracións internacionais en Galicia entre 2002 e 2022
Autoría
U.A.R.
Grao en Economía
U.A.R.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
Durante as dúas últimas décadas, Galicia experimentou unha transformación significativa nas súas dinámicas migratorias, destacando o seu saldo migratorio positivo co estranxeiro cunha tendencia sostida á alza. Este cambio contrasta co patrón histórico da comunidade, tradicionalmente caracterizado por unha notable emigración ao exterior e, en consecuencia, un saldo negativo. A emigración foi un trazo distintivo de Galicia no seu perfil sociodemográfico, marcando a súa evolución poboacional e social. Na actualidade, Galicia converteuse nun destino atractivo para a inmigración internacional, o que supón un cambio estrutural nos fluxos migratorios respecto ás décadas anteriores. Como é de esperar, estes fluxos experimentaron oscilacións ao longo do período no que nos centramos no noso traballo, marcado principalmente polas crises económicas vividas. Na crise financeira de 2008, moitos emigrantes comezaron un proceso de retorno aos seus países de orixe, mentres que durante a pandemia da COVID-19, as entradas e saídas víronse afectadas polas restricións de mobilidade. Isto levounos a observar unha consonancia entre o ciclo económico e os fluxos migratorios: en épocas de recesión, moitos inmigrantes estranxeiros regresan aos seus países de orixe e os galegos emigran ao exterior na procura de mellores oportunidades. Os galegos emigran a idades máis avanzadas que as que teñen os inmigrantes cando chegan, o que supón un factor clave no panorama demográfico da comunidade. Ademais, puidemos analizar como evolucionaron o stock de poboación estranxeira e tamén os fluxos segundo a súa procedencia, o que nos permitiu apreciar cambios nos patróns das chegadas do estranxeiro. Os europeos e latinoamericanos son os principais colectivos, tanto nos fluxos anuais de inmigración como no stock de residentes estranxeiros, pero a presenza de poboación do continente africano aumentou de forma significativa no período recente, especialmente a procedente do norte deste continente. Galicia atópase entre as comunidades de España e as rexións de Europa máis envellecidas. Por iso, a análise dos patróns de idade e sexo dos fluxos migratorios constitúe un aspecto moi relevante para precisar o seu posible impacto na estrutura por idades e na renovación xeracional da poboación galega. Neste sentido, os datos amosan que o saldo migratorio positivo co estranxeiro está a supoñer un alivio ao envellecemento poboacional, pero tamén presenta desafíos no eido da integración e da política para a propia comunidade. Extensión total do traballo: 8.776 palabras.

Dirección
LOPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
LOPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titor do alumno)

Marketing na industria leiteira
Autoría
M.A.G.
Grao en Economía
M.A.G.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
O seguinte traballo analiza a evolución da industria leiteira en España desde unha perspectiva histórica e de márketing, poñendo o foco no proceso de modernización produtiva, na transformación dos hábitos de consumo e no papel desempeñado pola comunicación comercial e polas políticas públicas. O leite, tradicionalmente comercializado de forma local e con escasas garantías sanitarias, converteuse ao longo da segunda metade do século XX nun ben de consumo masivo, asociado á saúde, á nutrición infantil e ao progreso social. A investigación combina unha aproximación teórica baseada nas principais etapas históricas do márketing coa análise empírica da evolución da industria leiteira española. As teorías do márketing permiten interpretar como a introdución de innovacións tecnolóxicas, a mellora do transporte, a estandarización dos procesos produtivos e o desenvolvemento de estratexias de comunicación contribuíron á creación dun mercado nacional do leite. A modernización da produción, a través da pasteurización, esterilización e posteriormente do tratamento UHT, foi clave para superar os problemas sanitarios asociados ao leite cru e para garantir a seguridade e a conservación do produto. O traballo destaca tamén o papel decisivo do envase na consolidación do sector, ao facilitar a distribución a gran escala, reducir custos e actuar como elemento de diferenciación e garantía de calidade. Paralelamente, as campañas publicitarias e as accións promocionais das empresas víronse reforzadas polas recomendacións médicas e polas políticas públicas orientadas a mellorar a nutrición da poboación, especialmente mediante o incremento do consumo de proteínas de orixe animal. Finalmente, analízase como a diferenciación do produto, a integración de actividades produtivas e a coordinación entre Estado, profesionais da saúde e industria permitiron que o leite pasase de ser un produto secundario a ocupar un lugar central na dieta dos fogares españois. En conxunto, o estudo mostra que a evolución da industria leiteira española foi resultado da aplicación coherente de principios do márketing nun contexto de cambio económico, social e institucional.

GIRALDEZ RIVERO, JESUS (Titoría)
GIRALDEZ RIVERO, JESUS (Titoría)
Tribunal
GIRALDEZ RIVERO, JESUS (Titor do alumno)

Análise do cooperativismo galego
Autoría
M.B.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.B.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar o papel do cooperativismo en Galicia como eixo central da Economía Social e como un sector de crecente relevancia no desenvolvemento económico, social e territorial da comunidade. O obxectivo principal é examinar a evolución recente do cooperativismo galego, a súa estrutura organizativa, o seu peso relativo no conxunto estatal, a súa contribución ao emprego e a súa actividade económica, prestando atención tanto á súa distribución territorial na comunidade como á súa distribución tipolóxica. O traballo adopta un enfoque analítico e descritivo, apoiado no estudo de información estatística e documentación oficial, principalmente nos Informes de Economía Social de Galicia elaborados por CECOOP, así como en datos procedentes de CIRIEC-España, CIRIECSTAT, GALESTAT e do Ministerio de Traballo e Economía Social. O uso destas fontes ofrece unha visión actualizada e comparativa do sector, aínda que con certas limitacións para os anos máis recentes. Os resultados obtidos amosan unha evolución claramente positiva do cooperativismo galego, cun notable incremento na creación de cooperativas e na xeración de emprego desde o ano 2017, acadándose máximos históricos nos anos 2022 e 2024. Destaca o protagonismo das cooperativas de Traballo Asociado, que concentran cada ano a maior parte das novas constitucións, o que reflicte unha orientación cara ao autoemprego colectivo e estable. Desde unha perspectiva territorial, o cooperativismo presenta unha distribución provincial desigual, con Pontevedra e A Coruña como principais polos de dinamismo, fronte ao baixo desenvolvemento cooperativista de Lugo e Ourense. En conxunto, o estudo conclúe que o cooperativismo galego se atopa nunha fase de consolidación e expansión, apoiada por un marco normativo propio e por políticas públicas específicas que actúan como ferramentas para a cohesión social e territorial.

CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)

Sustentabilidade social e económica dos clubs profesionais do fútbol español
Autoría
D.C.G.
Grao en Economía
D.C.G.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O fútbol profesional en España é un fenómeno de gran relevancia económica, social e cultural, sendo o deporte máis seguido do país. Non obstante, nos últimos anos o sector afronta diferentes retos que poñen en dúbida a viabilidade da xestión tradicional dos clubs. Os problemas financeiros, os cambios nos hábitos de consumo ou a crecente esixencia social cara ás entidades deportivas son algúns dos factores que explican esta situación. Desta maneira, a sustentabilidade económica e social dos clubs converteuse nun aspecto clave para garantir a súa viabilidade a longo prazo. Neste traballo preténdese analizar o grao de sustentabilidade económica e social dos clubs de fútbol profesional en España, tendo en conta a relación existente entre ambas dimensións. Para iso, realízase unha análise teórica do modelo do fútbol español, prestando atención na regulación económica ou no papel da responsabilidade social. De maneira máis explicativa, temos en conta cinco clubs representativos do fútbol español para realizar un estudo de casos e poder comparalos. Para estudar estes clubs téñense en conta factores como a estrutura xurídica, a relación coa masa social ou as estratexias sociais levadas a cabo polos clubs. Conclúese que non existe un único modelo de sustentabilidade social válido, pero si unha serie de elementos comúns. A importancia da identidade territorial, a proximidade coa afección e a integración de políticas de responsabilidade social son varios exemplos. A sustentabilidade futura do fútbol profesional español dependerá da capacidade para equilibrar rendemento deportivo, viabilidade económica e compromiso social coa comunidade.

ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titor do alumno)

Análise socieconómica do sector pesqueiro en Galicia: a pesca de baixura, o marisqueo e o reto da eólica mariña
Autoría
B.C.G.
Grao en Economía
B.C.G.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 16:00
18.02.2026 16:00
Resumo
O sector pesqueiro en Galicia é de importante relevancia tanto a nivel económico como en termos de emprego, sobre todo nas zonas costeiras da comunidade. Para entender a situación actual, e como as distintas políticas pesqueiras que inflúen nel están afectando, realizaremos un estudo sobre as características estruturais, así como a súa evolución nos últimos anos. Como o sector da pesca abarca varias actividades (baixura, altura, gran altura, miticultura, marisqueo, transformados...), imos centrar este estudo no sector pesqueiro de baixura e o marisqueo, por ser os máis importantes en canto a número de buques e empregados na comunidade, ademais, abordaremos cando menos en parte o reto da eólica mariña que tamén vai afectar ás dúas artes de pesca sinaladas, é dicir, baixura e marisqueo. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha análise dos principais problemas que afectan ao desenvolvemento deste sector, e aportar propostas de mellora no ámbito xeral, medioambiental e económico. Por último, recóllense as conclusións máis importantes extraídas do estudo, así como posibles ampliacións que se deixan abertas para futuras investigacións.

REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titor do alumno)

Análise Económico e Financeiro de Dux Coruña S.L.
Autoría
I.C.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.C.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
Dux Coruña S.L. é unha discoteca situada no antigo Centro Comercial dos Cantóns Village na Coruña. A actividade desta empresa é a explotación e xestión de salas de espectáculos e bebidas. O obxectivo deste traballo é analizar a estrutura económica-financeira de Dux Coruña S.L. vendo a súa evolución do 2019 ao 2023 e comparala con outra empresa do sector. Ademais de realizar un diagnóstico da empresa tanto a longo como a curto prazo, para poder analizar tanto a súa situación actual como a comprendida para todo o período en base á información histórica que proporcionan as súas contas anuais. Para facer este diagnóstico será necesario estudar a súa estrutura económico-financeira, a súa capacidade de cobranza/pago e outras medidas de rendibilidade e risco. Propóñense posibles propostas de mellora. En xeral, os resultados mostran un deterioro dos resultados no sector do lecer nocturno para 2020 e 2021, cunha influencia negativa da débeda contraída e a caída do INCN. A pesar de todo, a empresa soubo recuperarse aínda que non chega aos niveis anteriores á pandemia.

VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
Tribunal
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titor do alumno)

Principais Contribucións á Teoría de Xogos
Autoría
L.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este trabajo analiza la evolución de la Teoría de Juegos y cómo se puede utilizar en la práctica para la toma de decisiones estratégicas en situaciones de incertidumbre. El trabajo parte de los fundamentos matemáticos de von Neumann y Morgenstern, centrándose en el tránsito desde los modelos rígidos de suma cero hasta el concepto del Equilibrio de Nash, que permitió conocer la complejidad de las interacciones no cooperativas. Se examina también el Valor de Shapley como mecanismo clave para garantizar la equidad en situaciones de cooperación. Con el fin de demostrar la vigencia empírica de este marco teórico, el trabajo se estructura en el análisis de casos reales en tres contextos. En primer lugar, el ámbito empresarial, mediante el estudio de la “coopetencia” entre Samsung y Apple. En segundo lugar, el nivel macroeconómico, analizando la guerra comercial entre China y EE. UU. bajo la lógica de los juegos repetidos. En último lugar, el escenario geopolítico, examinando la disuasión nuclear en la Guerra Fría a través del “Juego del gallina”.

FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titoría)
FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titor do alumno)

Análise da viabilidade financeira da conversión do Faro de Corrubedo nun proxecto hoteleiro
Autoría
M.E.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.E.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 16:00
18.02.2026 16:00
Resumo
A reconversión do Faro de Corrubedo nun establecemento turístico singular constitúe o obxecto de análise deste Traballo de Fin de Grao, no que se avalía a súa viabilidade económico-financeira baixo un enfoque de investimento e explotación. Co fin de determinar a rendibilidade do proxecto, elabórase un modelo financeiro baseado na estimación de fluxos de caixa e a súa valoración mediante técnicas de desconto, obtendo indicadores como o valor actual neto (VAN) e a taxa interna de retorno (TIR). Ademais, complétase a análise cun exercicio de sensibilidade e escenarios sobre as variables críticas, especialmente prezo e ocupación, para identificar limiares de equilibrio e factores de risco, achegando unha lectura aplicada á toma de decisións e á mellora do plantexamento. A extensión do traballo é de 9.983 palabras.

SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titor do alumno)

A acuicultura desde unha perspectiva económico-empresarial: análise estratéxica e cuantitativa do caso Nova Pescanova
Autoría
L.F.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.F.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
A acuicultura converteuse nunha actividade clave para o subministro de produtos do mar nun contexto de estancamento da pesca extractiva e de incremento sostido da demanda alimentaria a nivel global. Este Traballo de Fin de Grao analiza a acuicultura desde unha perspectiva económica e empresarial, co obxectivo de comprender o seu funcionamento, os seus condicionantes produtivos e os factores que determinan a súa viabilidade, competitividade e capacidade de adaptación. En primeiro lugar, realízase unha contextualización da acuicultura no ámbito europeo e español, salientando o papel de España como un dos principais produtores da Unión Europea e a relevancia económica do sector en rexións costeiras como Galicia. A partir deste marco xeral, abórdase a acuicultura mariña de carácter industrial como unha actividade con trazos económicos propios, caracterizada por unha elevada intensidade de capital, unha forte dependencia de insumos estratéxicos e a necesidade de xestionar procesos biolóxicos complexos baixo condicións controladas. A análise do contorno apóiase en ferramentas estratéxicas como a análise PESTEL e o modelo das Cinco Forzas de Porter, que permiten identificar a influencia da regulación, do mercado, da tecnoloxía e das preferencias do consumidor sobre o desempeño do sector. Este enfoque complétase cun estudo aplicado a unha empresa representativa do sector acuícola alimentario, o Grupo Nova Pescanova, a través do cal se examinan a xestión económico-financeira, a estrutura de ingresos e custos, a rendibilidade e a sustentabilidade da actividade. Así mesmo, analízanse o punto morto, as marxes e a eficiencia produtiva, salientando a importancia de variables operativas como a conversión alimentaria e a mortalidade na formación dos custos, poñendo de manifesto o potencial de desenvolvemento da acuicultura.

MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titoría)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titoría)
Tribunal
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titor do alumno)

Aplicación da Teoría de Xogos en Negociacións Sociais Recorrentes
Autoría
J.F.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.F.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aplica ferramentas da Teoría de Xogos para analizar dous conflitos socioeconómicos actuais en España que comparten unha distribución desigual do valor entre os actores implicados: o prezo que perciben os gandeiros galegos polo leite e a remuneración dos repartidores en plataformas dixitais como Glovo ou Uber Eats. Ambos casos reflicten desequilibrios de poder de negociación, asimetrías estruturais e dificultades para acadar solucións colectivas xustas. O estudo combina modelos cooperativos e non cooperativos para representar as interaccións estratéxicas entre os distintos axentes implicados. Empréganse catro conceptos clave: o valor de Shapley para estimar repartos equitativos en contextos cooperativos; o equilibrio de Nash para identificar estratexias estables en contornos competitivos; as estratexias dominantes para detectar comportamentos unilaterais persistentes; e o criterio maximin como instrumento para protexer os actores máis vulnerables. No sector lácteo, evidénciase como a atomización dos gandeiros, fronte ao poder concentrado da industria e da distribución, conduce a prezos por debaixo dos custos de produción, obrigando a moitos a operar con perdas. No ámbito das plataformas dixitais, a análise revela que, aínda que a Lei Rider mellorou certas condicións laborais, persisten desequilibrios na fixación de tarifas e novas formas de precariedade. Os resultados amosan que a aplicación da Teoría de Xogos non só permite diagnosticar estes conflitos con maior precisión, senón tamén fundamentar propostas de política e organización colectiva que melloren a equidade e a sustentabilidade en ambos sectores.

Atlantic Gummies: Plan de Marketing B2B vs B2C desde a Perspectiva do Visitador Médico
Autoría
S.S.G.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.S.G.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 16:00
18.02.2026 16:00
Resumo
Este traballo de Fin de grado presenta un Plan de Marketing para o lanzamento de “Atlantic Gummies”, un suplemento de creatina en formato gominola, no entorno rural galego, máis concretamente, no área sanitaria Coruña e Cee. Esta zona abarca, según os datos del Sergas, 36 municipios e máis de 400.000 personas. O proxecto desarrollase desde a perspectiva do visitador médico / farmacéutico, analizando a dualidade entre o modelo B2B (médicos y farmacias) e B2C (consumidor final). O estudo identifica un nicho de mercado basado en sólida evidencia científica da creatina para combatir a sarcopenia e melloras cognitivas en adultos anciáns y mellorar o rendemiento en xóvenes deportistas en todo tipo de deportes. O traballo centrase sobre todo en como mellorar o sell out das farmacias ou tendas especializadas, clave para a rotación do produto e cumplir cos obxetivos de ventas da empresa. Asimesmo, destacase a importancia de crear relacións de confianza a largo plazo coas entidades sanitarias, transformando a visita comercial en unha asesoría técnica que aporte valor real ao profesional da saúde.

VERDES GOMEZ, JUAN JOSE (Titoría)
VERDES GOMEZ, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
VERDES GOMEZ, JUAN JOSE (Titor do alumno)

Análise económico-financeiro de Gadisa Retail S.L.U.
Autoría
A.G.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.G.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 15:00
18.02.2026 15:00
Dirección
VIDAL DINTEN, IVAN (Titoría)
VIDAL DINTEN, IVAN (Titoría)
Tribunal
VIDAL DINTEN, IVAN (Titor do alumno)
VIDAL DINTEN, IVAN (Titor do alumno)
Estudo do mercado español da cervexa
Autoría
M.L.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.L.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
O sector cervexeiro consolídase como un dos máis importantes dentro do sector alimentario e do mercado de bebidas. España é un país cunha gran tradición cervexeira, cuxo consumo está ligado á cultura mediterránea, factores que a posicionan como unha potencia cervexeira, sendo a segunda maior produtora dentro de Europa e contando cun consumo total moi destacado. No traballo trátase de coñecer a situación actual do mercado, avaliar como foi a recuperación tras a pandemia e analizar os piares da industria. En canto á metodoloxía, a investigación parte dunha contextualización xeral do mercado, para despois realizar unha análise do macroentorno mediante un PESTEL. A continuación, avalíase a oferta analizando a produción, a estrutura do sector e o modelo das cinco forzas de Porter, para posteriormente identificar as canles de distribución e acabar determinando a evolución da demanda a partir de datos de consumo e do perfil do consumidor. Finalmente, realízase un DAFO do sector. A partir de toda esta información extraeranse unha serie de conclusións da situación xeral do mercado. Algunhas das conclusións obtidas suxiren que o mercado cervexeiro parece estar en fase de madurez en canto a consumo, pero que crece en valor grazas á innovación e aos prezos. Destaca unha redución do consumo individual e unha dependencia da canle HORECA e do turismo. Non obstante, o sector conta con ferramentas para afrontar futuras ameazas. Entre as súas fortalezas destaca o liderado en cervexa sen alcohol con respecto a outras bebidas alcohólicas, o forte arraigamento cultural da cervexa e os esforzos das empresas en sostibilidade. Para que España se manteña como un dos principais produtores de Europa, será crucial que as medidas se implementen con eficacia.

OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Titoría)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

A Evolución Da Distribución Mundial Da Renda (1960 a 2019).
Autoría
B.L.S.
Grao en Economía
B.L.S.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo analiza a evolución da distribución mundial da renda desde 1960 ata 2019, destacando os cambios na desigualdade económica entre países. Para iso, utilízanse ferramentas como a Curva de Lorenz e o Índice de Gini, con datos extraídos da base Penn World Table 10.01. O estudo mostra que, aínda que a desigualdade diminuíu lixeiramente nas últimas décadas, segue habendo unha gran brecha entre países desenvolvidos e en vías de desenvolvemento. Ademais, emprégase a función de produción de Cobb Douglas para descompoñer as diferenzas de renda per cápita entre países en termos de produtividade, capital físico e capital humano. Os resultados indican que a produtividade total dos factores é o elemento crave para explicar as disparidades económicas globais. Finalmente, o traballo inclúe unha predición da evolución futura da distribución da renda mediante o modelo de crecemento neoclásico de Solow. Conclúese que a redución da desigualdade require políticas que fomenten o desenvolvemento tecnolóxico, o investimento en educación e unha mellor distribución dos recursos produtivos.

DEL RIO IGLESIAS, FERNANDO (Titoría)
DEL RIO IGLESIAS, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
DEL RIO IGLESIAS, FERNANDO (Titor do alumno)

Impacto ambiental da industria téxtil
Autoría
Y.L.G.
Grao en Economía
Y.L.G.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Dirección
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)

Economía social: Centros especiais de emprego sen ánimo de lucro en Galicia.
Autoría
M.L.F.
Grao en Economía
M.L.F.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
A economía social consolidouse nas últimas décadas como un conxunto de iniciativas económicas que, sen renunciar á eficiencia nin á sustentabilidade financeira, sitúan ás persoas e ao interese xeral no centro da súa actividade. Este modelo non se limita a ser unha alternativa, senón que se entende como un piar fundamental para mitigar as desigualdades do sistema de mercado convencional. Nun contexto caracterizado por dificultades estruturais persistentes e por unha especial vulnerabilidade laboral de determinados colectivos, a economía social adquire unha relevancia crecente como instrumento de cohesión social, resiliencia económica e xeración de emprego inclusivo de calidade. Neste marco, os Centros Especiais de Emprego (CEE) constitúen unha das principais ferramentas e máis especializadas para a integración laboral das persoas con discapacidade. Trátase de entidades recoñecidas legalmente que, se ben desenvolven unha actividade económica ordinaria, teñen como obxectivo fundacional a creación de emprego remunerado e adaptado ás necesidades de persoas con especiais dificultades de inserción. A súa singularidade radica na capacidade de combinar a produtividade real con servizos de axuste persoal e social, actuando como un nexo necesario entre o mercado de traballo, as políticas públicas de emprego e o tecido produtivo. Deste xeito, os CEE non só xeran postos de traballo, senón que validan o capital humano do colectivo ante a sociedade. A Comunidade Autónoma de Galicia presenta unha especial circunstancia pola dispersión territorial que engade capas de complexidade á inserción laboral, facendo que estas entidades sexan vitais para evitar o illamento e a inactividade. Ao longo dos últimos anos, as administracións públicas galegas impulsaron este modelo como parte estratéxica das súas políticas de inclusión. Recoñecendo que o investimento nestes centros xera un retorno social que transcende a simple asistencia. A análise dos CEE en Galicia permite, polo tanto, avaliar o seu impacto dende unha perspectiva multidimensional: como motores de desenvolvemento local, como garante de dereitos e como ferramentas eficaces de política pública. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é analizar o papel e a eficacia dos CEE en Galicia dentro do marco da economía social, prestando especial atención ao seu impacto na xeración de emprego para persoas con discapacidade nun mercado laboral en constante transformación. Para acadar este obxectivo, o traballo estrutúrase en diferentes bloques: en primeiro lugar, desenvolverase un marco teórico que contextualice a economía social dende a análise económica, abordando conceptos como as asimetrías de información e as externalidades. Posteriormente, estudarase a evolución e situación actual dos CEE en Galicia, analizando a súa distribución territorial, a fenda de xénero e a súa especialización por sectores de actividade. Finalmente,, valoraremos de xeito obxectivo como a súa actividade mitiga os custos da exclusión e xera un impacto positivo nas finanzas públicas

EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
Tribunal
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titor do alumno)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titor do alumno)
Diseño de mecanismos y protocolos de consenso en blockchain
Autoría
M.Á.L.O.
Grao en Economía
M.Á.L.O.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este Trabajo de Fin de Grado analiza los mecanismos de consenso en redes blockchain desde una perspectiva económica, poniendo el foco en los problemas de incentivos y coordinación entre participantes en entornos descentralizados. A partir del enfoque del diseño de mecanismos y la economía de la información, se estudia cómo estos protocolos tratan de alinear el comportamiento individual con la seguridad y el correcto funcionamiento de la red. El trabajo describe el papel del consenso dentro de la tecnología blockchain y examina los principales modelos existentes, con especial atención a Proof of Work y Proof of Stake, comparando sus estructuras de costes, sistemas de incentivos y riesgos asociados. Finalmente, se destaca que no existe un mecanismo de consenso universalmente óptimo,sino soluciones que responden de forma diferente a las limitaciones técnicas y económicas de cada sistema, así como a los retos futuros de la gobernanza descentralizada.

FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titor do alumno)

Análisis do proceso de xestión estratéxica de Inditex
Autoría
L.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este proxecto de fin de grao presenta unha análise detallada do proceso actual de xestión estratéxica do Grupo Inditex. Mediante unha análise externa (PESTEL e as Cinco Forzas de Porter), identifícanse ameazas significativas, como a presión arancelaria en mercados clave e a chegada de importantes competidores da moda ultrarrápida como Temu e Shein. Por outra banda, tamén están a xurdir novas oportunidades, como a economía circular e a implementación da intelixencia artificial. A vantaxe competitiva de Inditex baséase non só nos seus recursos tanxibles e intanxibles, senón tamén nas súas capacidades que a diferencian doutras empresas, como a implementación de estratexias omnicanal, a súa capacidade de autofinanciamento, a loxística local e o seu modelo de entrega Just-in-Time. Unha vez sintetizados estes novos achados nunha matriz DAFO, avalíanse as decisións estratéxicas do grupo. Examínanse as súas estratexias de crecemento, destacando a expansión internacional e o compromiso coa sustentabilidade, que son fundamentais para manter o seu liderado e resiliencia no mercado. En conclusión, constátase que Inditex aplica unha estratexia competitiva híbrida que combina o liderado en custos (a través da integración vertical e a eficiencia loxística) e a diferenciación a través da súa capacidade de resposta e segmentación multimarca.

ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

O Impacto do SMI no Emprego
Autoría
N.M.B.
Grao en Economía
N.M.B.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Usando o índice de Kaitz como métrica chave, procuro determinar o efecto do salario mínimo na taxa de emprego de España, examinando a evolución tanto dos salarios mínimos reais como nominais, así como do salario medio. Ademais, céntrome en comunidades autónomas específicas para comparar os efectos dos aumentos do salario mínimo nelas e nos seus respectivos sectores de actividade. Finalmente, baséome en referencias bibliográficas para apoiar as miñas conclusións.

PENA BOQUETE, YOLANDA (Titoría)
PENA BOQUETE, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
PENA BOQUETE, YOLANDA (Titor do alumno)
PENA BOQUETE, YOLANDA (Titor do alumno)
Estratexias competitivas da empresa
Autoría
I.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Unha das razóns fundamentais da existencia dunha empresa é a obtención de beneficios. No comezo da súa existencia deberá definir cales son a súa misión e visión para así poder encamiñar as estratexias competitivas que vai levar a cabo. As estratexias son un factor clave para aportarlle unha dirección clara ao camiño da empresa e ao logro dos seus obxectivos. Sen unha meta definida, pode involucrarse en opcións non produtivas facendo que a súa competitividade e o seu futuro sexan cuestionables. Ao ter unha estratexia clara cara onde orientarse, pódese centrar naquelas actividades que si lle van aportar tanto vantaxes fronte aos seus competidores como tamén maiores beneficios.

GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titoría)
GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titor do alumno)

Estudo de mercado da cervexa en España: situación actual e perspectivas.
Autoría
B.M.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.M.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
No presente traballo realízase un estudo de mercado do sector da cervexa en España, analizando a situación actual e as súas perspectivas de futuro. O obxectivo é identificar as principais oportunidades e tendencias, así como coñecer a situación do sector na actualidade. Para iso, realizouse unha análise desglosada desde o punto de vista da oferta e a demanda, servíndose de información extraída de fontes secundarias como: Cerveceros de España, MERCASA e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, entre outras. En primeiro lugar, desde o punto de vista da oferta, realízase unha caracterización do sector analizando a produción nacional e as vendas netas. Estúdanse as principais macromagnitudes, incluíndo o emprego e o número de empresas. A continuación, examínase a balanza e os fluxos comerciais; acto seguido, realízase un estudo dos principais axentes fabricantes. En segundo lugar, desde o punto de vista da demanda, comézase a realización dunha análise cuantitativa de consumo e gasto en termos agregados e desglosados. Máis tarde, realízase unha análise cualitativa que abrangue unha segmentación baseada no comportamento, analizando subcategorías como a cervexa con alcohol, sen alcohol e artesanais; unha segmentación socioeconómica para identificar os perfís do mercado potencial; e unha segmentación baseada no beneficio buscado, analizando os criterios de compra dos consumidores. Tamén se determinan as novas tendencias no sector, así como os criterios de decisión de compra onde a proximidade e a calidade resultan fundamentais. Realízase unha análise DAFO para plasmar a situación actual, co obxectivo de reflectir unha análise completa da situación interna e externa do sector. Finalmente, exporanse as limitacións e futuras ampliacións da investigación realizada. O traballo ten unha extensión de 9.438 palabras.

RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titoría)
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titoría)
Tribunal
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titor do alumno)

El contexto familiar en la intención emprendedora del alumnado universitario
Autoría
I.M.F.
Grao en Economía
I.M.F.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Este traballo analiza a influencia do contexto familiar na intención emprendedora dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela a través da enquisa GUESSS 2023/2024. Partindo de marcos teóricos como a Teoría do Comportamento Planificado de Azjen e o Modelo do Evento Emprendedor de Shapero e Sokol, investígase o rol dos proxenitores como factor determinante na desexabilidade e factibilidade percibida para emprender. A través dunha metodoloxía de corte cuantitativo e, mediante unha análise descritiva e a construción dun modelo de regresión lineal simple, comparouse a intención emprendedora do estudantado con pais emprendedores e os seus pares. Os resultados amosan unha diferenza estatística: os estudantes con pais emprendedores amosan unha media de vontade emprendedora superior ademais de maior autoeficacia en habilidades como a identificación de oportunidades ou a creación de produtos. En conclusión, o contorno familiar actúa como “escudo protector” que normaliza o risco e achega resiliencia. Non obstante, os baixos niveis de emprendemento amosan que aínda persisten barreiras estruturais entre a mocidade. Suxírese que a universidade asuma un papel proactivo a través de programas de mentoría e inmersión real para compensar a falta de referencias familiares e garantir a equidade no fomento do espírito empresarial.

NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

As redes sociais e a súa influencia nas decisións de compra
Autoría
M.M.G.
Grao en Economía
M.M.G.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a influencia das redes sociais nas decisións de compra dos consumidores, combinando unha revisión teórica con datos empíricos obtidos mediante unha enquisa a 176 persoas. O obxectivo principal é comprender como as plataformas dixitais, especialmente aquelas con contido de promoción e influencia a de creadores, modifican os hábitos de consumo a través de mecanismos económicos. A parte teórica aborda conceptos clave como o comportamento do consumidor, os tipos de redes sociais e a evolución do comercio electrónico. Destácase o papel crecente das redes como canle de información e persuasión, así como o aumento do tempo e do investimento publicitario nestes espazos. As redes sociais, ao converterse nunha das principais canles de comunicación e promoción, están a modificar profundamente os procesos de consumo. As interaccións en plataformas como Instagram, TikTok ou Facebook xeran novas formas de relación entre marcas e usuarios, incrementando a relevancia de figuras como os influencers e potenciando a aparición de hábitos de compra máis inmediatos e emocionais. O traballo destaca a necesidade de que as empresas comprendan estes novos comportamentos para deseñar estratexias de marketing máis eficaces, ao tempo que subliña a importancia de promover un consumo máis consciente por parte dos usuarios. Comprender o impacto real das redes sociais permite avanzar cara unha economía dixital máis equilibrada, transparente e responsable.

Camoiras Rodríguez, Zaira (Titoría)
Camoiras Rodríguez, Zaira (Titoría)
Tribunal
Camoiras Rodríguez, Zaira (Titor do alumno)

A Responsabilidade Social Corporativa na xestión empresarial: o caso de Hijos de Rivera
Autoría
J.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
Hoxe en día, o estudo da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) é de suma importancia, xa que a crecente preocupación polos problemas sociais e a actual crise climática levaron a grandes empresas, gobernos e outras organizacións a asumir responsabilidades para contribuír ao benestar global. A RSC é o compromiso voluntario das empresas para actuar de forma ética e sostible, tendo en conta o impacto social, ambiental e económico da súa actividade. Este traballo ten como obxectivo explorar o concepto de RSC en detalle a nivel teórico e examinar a súa aplicación práctica estudando o caso da empresa galega Hijos de Rivera. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica, que confirmou que a empresa emprega un enfoque transversal na implementación de medidas de RSC, proporcionando beneficios como a fidelización dos clientes, a atracción de talento, o fomento da innovación e a mellora da eficiencia. Non obstante, o aumento das emisións indirectas e a redución dos investimentos ambientais suxiren a necesidade de fortalecer a colaboración cos provedores e manter a prioridade ambiental en expansións ou grandes proxectos. En xeral, a RSC en Hijos de Rivera é un exemplo de como combinar rendibilidade e responsabilidade, reforzando a sostibilidade como un piar do éxito empresarial a longo prazo.

SAIFULINA SAIFULINA, NAILYA (Titoría)
SAIFULINA SAIFULINA, NAILYA (Titoría)
Tribunal
SAIFULINA SAIFULINA, NAILYA (Titor do alumno)

Determinantes do desemprego: Unha análise econométrica para a OCDE
Autoría
X.R.D.
Grao en Economía
X.R.D.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo avaliar os principais determinantes da taxa de desemprego para unha mostra de 25 países da OCDE durante o período 2000-2023. Para isto, empregouse a metodoloxía de datos de panel, avaliando o impacto de variables cíclicas e estruturais como o PIB, o gasto público, a inflación e o capital humano, así como o efecto de shocks exóxenos. A estratexia de estimación comeza con contrastes que evidenciaron a necesidade de efectos individuais para as unidades económicas. En consecuencia, o modelo final estimouse mediante efectos fixos, incorporando un termo autorregresivo de primeira orde. Os resultados confirman a relación exposta pola Lei de Okun, así como a eficacia da política fiscal para reducir o desemprego.
Este traballo ten como obxectivo avaliar os principais determinantes da taxa de desemprego para unha mostra de 25 países da OCDE durante o período 2000-2023. Para isto, empregouse a metodoloxía de datos de panel, avaliando o impacto de variables cíclicas e estruturais como o PIB, o gasto público, a inflación e o capital humano, así como o efecto de shocks exóxenos. A estratexia de estimación comeza con contrastes que evidenciaron a necesidade de efectos individuais para as unidades económicas. En consecuencia, o modelo final estimouse mediante efectos fixos, incorporando un termo autorregresivo de primeira orde. Os resultados confirman a relación exposta pola Lei de Okun, así como a eficacia da política fiscal para reducir o desemprego.
Dirección
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
O comportamento do lector galego
Autoría
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
A realización deste traballo débese ao desexo de conocer a situación actual do sector editorial en España e, máis concretamente, o perfil lector. Debido a isto, o presente traballo recolle unha visión actual do panorama editorial en España, servindo de base para realizar unha investigación de mercado en Galicia co obxectivo de analizar os comportamentos, hábitos e preferenzas dos lectores galegos. Para realizar dito análise, empregouse unha encosta de mostreo non probabilístico e SPSS para tratar os datos. Quíxose averiguar a situación tanto das compras realizadas por Internet como da lectura dixital en Galicia, obtendo que, e a diferencia da posición que adoptan en España, ambas cuestiones teñen unha boa ubicación no mercado, estando presentes, e non de forma residual, nos hábitos e comportamientos dos lectores galegos. Trala última crisis derivada da pandemia sufrida en 2020, o sector editorial español mantivo unha tendencia constante positiva non só no volumen de ventas, senón tamén no número de lectores. A lectura, especialmente nos máis xóvenes, está recuperando o hoco de adeptos que perdeu co tempo. Este feito e a dixitalización aumentaron, aunque sexa de forma paulatina, a cantidade e diversidade na oferta comerciada en pos de conseguir que o mercado do libro en España vólvase máis rico.

Plan Comercial Club Waterpolo Coruña Rías Altas
Autoría
D.R.V.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.R.V.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Resumo
Fundado en 2019, o Club Waterpolo Coruña Rías Altas impulsa un plan estratéxico para consolidar o seu futuro fronte a desafíos como a dependencia de instalacións externas, a competencia con deportes maioritarios e a escaseza de recursos. Con 72 deportistas, o obxectivo é profesionalizar a xestión, optimizar a imaxe e aumentar os ingresos nun 25 % de cara a 2026, reforzando así a sustentabilidade económica. O contexto galego ofrece oportunidades como subvencións públicas e un marco legal favorable, pero tamén presenta barreiras de tipo socioeconómico, como os custos asumidos polas familias e a competencia doutros deportes acuáticos. Aínda que o club concentra o 69,2 % das licenzas de waterpolo na Coruña, a súa cota dentro dos deportes acuáticos é do 7 %. No eido tecnolóxico, destaca polo uso de aplicacións como SportEasy para a xestión interna e das redes sociais para a difusión. A nivel interno, combina fortalezas como o ambiente comunitario e métodos de adestramento estruturados con debilidades como a dependencia de instalacións alleas, a rotación do persoal técnico e a limitación dos recursos económicos. Entre as oportunidades detectadas destacan a escasa explotación do márketing dixital, as alianzas con centros educativos e os eventos de captación, mentres que as ameazas inclúen o aumento dos custos e a preferencia social por outros deportes máis populares. O plan de márketing dá prioridade á diversificación dos ingresos mediante cotas escalonadas (40 e 60 €/mes), captar un 35 % máis de xogadoras e sumar 50 novos socios. As estratexias inclúen adestramentos diferenciados, uso de aplicacións para a comunicación interna, promoción en redes sociais, charlas en centros educativos e torneos en espazos públicos. As proxeccións financeiras estiman uns ingresos de 52.132 € no ano 2026, procedentes principalmente das cotas (41.400 €), subvencións (7.600 €), patrocinios (2.133 €) e achegas dos socios (999 €). A implementación recolle accións calendarizadas, responsables definidos e seguimento mediante KPIs como o obxectivo de acadar 80 licenzas federativas. Con este enfoque, o club busca consolidarse como referente do waterpolo galego, equilibrando profesionalización, innovación tecnolóxica e arraigamento comunitario para garantir o seu crecemento a longo prazo.

GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Titoría)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Titor do alumno)

Medición das horas traballadas na Contabilidade Nacional de España
Autoría
A.R.R.
Grao en Economía
A.R.R.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Neste traballo abórdase desde un punto de vista técnico e metodolóxico a medición das horas traballadas no marco da Contabilidade Nacional de España. O obxectivo central é desagregar as ferramentas estatísticas que permiten cuantificar este factor, sendo este un elemento clave para o cálculo da produtividade a partir do indicador de PIB por hora traballada. Ao longo do traballo compáranse as principais fontes de información dispoñibles, a EPA e a propia Contabilidade Nacional elaborada polo Instituto Nacional de Estatística, así como os datos de cotización e afiliación á Seguridade Social. A análise está fundamentada nos marcos teóricos do Sistema de Contas Nacionais e do Sistema Europeo de Contas, aplicados para garantir a comparabilidade dos datos de España no contexto da Unión Europea. Así mesmo, compáranse as principais fontes de información dispoñibles en España. No traballo profundízase na delimitación das horas traballadas, diferenciando entre as horas pactadas, pagadas e efectivas, de maneira que se analizan os axustes necesarios para garantir a coherencia entre as magnitudes laborais e os agregados macroeconómicos. Por último, estúdanse as implicacións metodolóxicas derivadas da medición das horas traballadas, salientando a importancia dos criterios estatísticos adoptados para facer posible a comparabilidade internacional e a análise económica.

Análise económica financeira de Minor Hotels Europe e Americas, S.A.
Autoría
B.R.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.R.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha análise económica financeira de Minor Hotels Europe e Americas para o período 2020 a 2024. Esta cadea hoteleira coñecíase como HN Hotel Group ata 2024. Para iso, realizouse unha análise das porcentaxes verticais e horizontais do balance e da conta de resultados, e calculáronse diversas ratios que permitían estudar a situación a curto e longo prazo. Tamén se comparou a situación da empresa coa dun grupo de referencia dos seus principais competidores. A empresa experimentou un crecemento significativo tras a pandemia da COVID 19. Actualmente é unha das cadeas hoteleiras líderes a nivel nacional e mantén unha presenza internacional. Ademais, adáptase aos continuos cambios do sector e proporciona aos clientes unha experiencia única e de alta calidade. Os resultados da análise económica e financeira mostran que a empresa se atopa nunha posición financeira equilibrada en comparación co seu grupo de pares, ofrecendo maior seguridade aos seus acredores. Ademais, ten un baixo endebedamento e unha alta autonomía financeira. A análise de rendibilidade revela unha posición máis débil debido a un uso menos eficaz do apalancamento e a un baixo risco financeiro.

ALVAREZ ESPIÑO, MARCOS (Titoría)
ALVAREZ ESPIÑO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ ESPIÑO, MARCOS (Titor do alumno)

Estudo da demanda turística internacional en España
Autoría
H.R.T.
Grao en Economía
H.R.T.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
Neste estudo analízase a evolución da demanda turística internacional en España dos países membros da OCDE que máis achegan ás noites estranxeiras españolas no período que vai desde 2001 ao 2023. A importancia desta análise nace do gran peso que ten o sector do turismo sobre a economía española. O obxectivo é determinar os principais determinantes da demanda e o modelo de estimación adecuado. Do seu estudo obtéñense similitudes e diferenzas entre os países que nos conduce a analizar este modelo de demanda mediante o uso de datos de panel con efectos fixos. Os resultados exhiben que o turismo para os países analizados considérase como un produto básico, onde o poder adquisitivo presenta unha maior incidencia na demanda que os prezos, e a relevancia dos shocks externos é distinta para o conxunto, a crise financeira non é relevante mentres a pandemia de 2020 se o foi na diminución da demanda.

Mercado de traballo: Absentismo
Autoría
Á.R.P.
Grao en Economía
Á.R.P.
Grao en Economía
Data da defensa
19.02.2026 11:00
19.02.2026 11:00
Resumo
O absentismo laboral constitúe un fenómeno de crecente relevancia nas economías desenvolvidas, polas súas implicacións económicas, sociais e organizativas. Nos últimos anos, o seu aumento converteuse nun dos principais retos do mercado de traballo en España, presentando importantes diferenzas territoriais e sectoriais. Neste contexto, Galicia destaca como unha das comunidades autónomas con maiores niveis de absentismo laboral, o que fai especialmente pertinente unha análise específica do seu caso. O presente Traballo de Fin de Grao analiza o absentismo laboral en Galicia durante o período 2021 a 2024 desde unha perspectiva macroeconómica e territorial, empregando datos agregados procedentes das principais fontes estatísticas oficiais. O estudo parte dunha revisión do marco teórico e da literatura existente, co obxectivo de delimitar conceptualmente o absentismo laboral e identificar os principais factores explicativos sinalados pola investigación económica e institucional. A análise céntrase especialmente no papel do envellecemento da poboación ocupada, nas diferenzas sectoriais e na estacionalidade do absentismo laboral. Os resultados amosan que Galicia comparte co conxunto de España patróns xerais de evolución e estacionalidade, pero presenta unha maior intensidade do absentismo, asociada a factores estruturais como a elevada idade media da poboación traballadora e o peso relativo de sectores con maior esixencia física e maior incidencia de procesos de incapacidade temporal de longa duración. Así mesmo, o traballo pon de manifesto que o aumento recente do absentismo está ligado principalmente á duración das baixas por enfermidade máis que ao número de episodios de ausencia. Finalmente, o estudo reflexiona sobre a importancia da organización do tempo de traballo como posible elemento mitigador do absentismo estrutural, destacando a necesidade de políticas laborais adaptadas ás características específicas do mercado laboral galego.

FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titor do alumno)

A ampliación da UE cara ó Leste: Transformación produtiva e converxencia económica.
Autoría
H.G.S.B.F.
Grao en Economía
H.G.S.B.F.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 12:30
18.02.2026 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza os efectos económicos da ampliación da Unión Europea cara o Leste, enfocándose na gran ampliación do 2004. O estudo centrase no caso do grupo de Visegrado (Polonia, Hungría, Chequia e Eslovaquia) e Lituania, examinando a complexa transición dende sistemas de planificación centralizada ata a plena integración no Mercado Único. A través dunha combinación de marco teórico e análise empírico, o traballo mostra que que a converxencia económica destes países non se debeu simplemente a unha apertura comercial, senón a unha profunda reconfiguración produtiva, impulsada polo investimento e a inserción nas Cadeas Globais de Valor. Os resultados mostran un proceso de converxencia na renda respecto ó conxunto da UE, pero con desigualdades internas. Por último, expóñense os retos que afrontan na actualidade estas economías. O Presente traballo consta de 9.144 palabras.

RODIL MARZABAL, OSCAR (Titoría)
RODIL MARZABAL, OSCAR (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Presidente/a)
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Secretario/a)
REY ARES, LUCIA (Vogal)
GONZALEZ LOPEZ, MANUEL (Presidente/a)
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Secretario/a)
REY ARES, LUCIA (Vogal)
Contabilidade ambiental
Autoría
Á.V.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Á.V.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
19.02.2026 12:00
19.02.2026 12:00
Dirección
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Titoría)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Titor do alumno)

A dinámica da estrutura sectorial da economía galega nas décadas recentes (2000-2023).
Autoría
I.V.Q.
Grao en Economía
I.V.Q.
Grao en Economía
Data da defensa
18.02.2026 11:00
18.02.2026 11:00
Resumo
Este traballo analiza a evolución da estrutura sectorial da economía galega no período 2000-2023. A análise realízase a partir de datos do Valor Engadido Bruto (VEB), do emprego e da produtividade do traballo. Ademais, compárase Galicia con España e coa Unión Europea. Co paso dos anos, vemos como progresivamente hai un cambio na composición sectorial. O peso dos sectores vai variando nas diferentes etapas e os ciclos económicos coinciden con recomposicións sectoriais. Tamén observamos diferenzas entre sectores en termos de VEB e emprego. A produtividade do traballo difire notablemente entre os sectores, ademais hai sectores con maior peso no emprego que no VEB. Pola contra, outros sectores presentan un menor emprego relativo pero cunha maior produtividade. Cando realizamos a comparación vemos como hai similitudes pero tamén diferenzas estruturais. Galicia presenta patróns propios respecto a España e á UE (Unión Europea). Os resultados permiten comprender a transformación económica do período analizado. A extensión total do traballo é de 8.354 palabras.

Economía circular e dixitalización na industria da moda: O caso de Vestiaire Collective
Autoría
N.V.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.V.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 12:00
18.02.2026 12:00
Resumo
A industria da moda é un dos sectores máis dinámicos a nivel global e un dos que presenta un maior impacto tanto económico como ambiental. Nos últimos anos, a crecente preocupación pola sustentabilidade impulsou a adopción de modelos de negocio máis responsables, dando lugar ao auxe da moda circular (MC). Este enfoque procura minimizar os residuos e maximizar o valor dos produtos mediante a reutilización, a reparación e a reciclaxe das prendas, fronte ao modelo lineal tradicional de “producir, usar e desbotar”. Neste contexto, a dixitalización desempeñou un papel clave na transformación do sector, facilitando novas formas de consumo e promovendo plataformas innovadoras que conectan aos consumidores de maneira máis eficiente. Entre estas, destaca Vestiaire Collective (VC), unha plataforma líder na compravenda de moda de segunda man que revolucionou a reventa de artigos de luxo mediante o uso da tecnoloxía, a intelixencia artificial (IA) e modelos colaborativos. O obxectivo deste traballo é analizar como a combinación da moda circular e a dixitalización pode dar lugar a modelos de negocio rendibles e sostibles a longo prazo. A través da análise do caso de VC, este traballo examina como unha plataforma dixital pode consolidarse no mercado mediante estratexias que fomentan a economía circular (EC), así como o seu impacto tanto na industria da moda como no comportamento do consumidor. Os resultados reflicten que a empresa contribúe de maneira significativa á redución do impacto ambiental mediante a prolongación do ciclo de vida das prendas, aínda que presenta limitacións en materia de trazabilidade posvenda e servizos circulares complementarios. O seu caso confirma que sustentabilidade e dixitalización poden convivir de forma eficaz nun modelo de negocio, sempre que exista un enfoque integral e comprometido.

PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titor do alumno)

Eventos disruptivos globais e o seu impacto nos valores cotizados nos EUA.
Autoría
M.Z.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.Z.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
18.02.2026 12:30
18.02.2026 12:30
Resumo
O obxectivo deste artigo é analizar como o mercado de valores estadounidense reaccionou aos principais acontecementos macroeconómicos, xeopolíticos, militares e de saúde ao longo dos últimos cen anos, co fin de comprender mellor a relación entre a incerteza global e a posterior evolución dos mercados financeiros estadounidenses. A análise céntrase no rendemento do índice de referencia do mercado de valores estadounidense, o Standard and Poor's Index ($SPX), desde a súa creación en 1957, e no Dow Jones Industrial Average ($DJIA) para os períodos anteriores (1925-1957), co fin de obter unha visión global de como o mercado reacciona aos acontecementos globais salientables. Os eventos seleccionados para este estudo inclúen conflitos militares e políticos - como a Segunda Guerra Mundial e o conflito entre Rusia e Ucraína - crises financeiras macroeconómicas - como o crash de 1929 e a crise do petróleo de 1973 - e outros eventos globais, como o Brexit e a pandemia de COVID-19. En primeiro lugar, descargáronse todos os datos dispoñibles para ambos os índices bursátiles na data do estudo desde sitios web de prestixio como Yahoo Finance, descargando un ficheiro .csv para a súa manipulación. En segundo lugar, para cada evento, analízanse as variacións nos rendementos do índice bursátil durante os 1, 2, 3, 6 e 12 meses seguintes, estudando a magnitude e a duración do impacto nos mercados financeiros, a frecuencia das recuperacións e a diferenza entre eventos de diferente natureza. O estudo combinará un enfoque cuantitativo e cualitativo e considerará o uso doutros indicadores complementarios. O obxectivo do traballo é extraer conclusións que contribúan a comprender a resposta dos mercados financeiros aos eventos disruptivos globais e proporcionar unha base empírica sobre a que tomar decisións.

VILLAMARIN TABOADA, JOSE ANDRES (Titoría)