Dualidade urbana na Área Metropolitana de Monterrey: Factores estruturais de pobreza en zonas núcleo e periféricas
Autoría
E.A.R.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)

Data da defensa
20.02.2026 15:00
20.02.2026 15:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster analiza a dualidade urbana na Área Metropolitana de Monterrey (AMM), entendida como a coexistencia estrutural de espazos altamente integrados ao desenvolvemento metropolitano con territorios que presentan atrasos persistentes en pobreza, acceso a servizos e infraestruturas urbanas. A pesar de que Monterrey é unha das metrópoles máis dinámicas e industrializadas de México, o crecemento económico non se distribúe de maneira homoxénea no seu territorio. O obxectivo do estudo é identificar como se configura esta dualidade socioespacial e que factores territoriais (relacionados coa localización, a conectividade e a dotación de infraestruturas) contribúen á súa persistencia. Para iso, adóptase un enfoque cuantitativo e espacial baseado en indicadores oficiais a nivel submunicipal, apoiado en cartografía temática e ferramentas de análise territorial. Os resultados evidencian un patrón centro periferia persistente, no que a proximidade ao núcleo urbano non garante necesariamente mellores condicións socioeconómicas. O traballo contribúe ao debate sobre a produción desigual do espazo urbano e achega elementos empíricos relevantes para o deseño de políticas públicas metropolitanas orientadas a reducir as fendas territoriais internas.

Dirección
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titoría)

Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)

Implicaciones, barreras y oportunidades del acuerdo comercial entre Colombia y la Unión Europea en el comercio de tecnología biomédica de alto valor: análisis comparativo 2012 - 2024
Autoría
S.C.A.M.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
S.C.A.M.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 15:00
20.02.2026 15:00
Resumo
El presente trabajo contextualiza los efectos del Acuerdo Comercial entre Colombia y la Unión Europea, vigente desde 2013, en el intercambio de tecnología biomédica de alto valor, con especial énfasis en equipos de diagnóstico y monitoreo. Se realiza un análisis comparativo entre 2012 y 2024, centrado en el ecosistema innovador y sanitario de Medellín, designado como Distrito Especial de Ciencia, Tecnología e Innovación (DECTi).

RODIL MARZABAL, OSCAR (Titoría)
RODIL MARZABAL, OSCAR (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Análise económica financeira de Sacyr, S.A.
Autoría
A.C.L.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
A.C.L.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
18.02.2026 10:00
18.02.2026 10:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster ten como finalidade levar a cabo unha análise económica financeira da empresa Sacyr S.A., co propósito de avaliar o seu desempeño e a súa posición competitiva en relación cun conxunto de empresas comparables do sector. A estrutura do traballo organízase en varias fases. En primeiro lugar, realízase unha presentación xeral da empresa, abordando as súas liñas de negocio e a súa configuración organizativa. Posteriormente, lévase a cabo unha análise externa e interna que permite comprender os factores clave que inciden na súa competitividade. A continuación, desenvólvese un estudo económico financeiro do período dos últimos cinco anos, baseado na análise de porcentaxes verticais e horizontais, así como no cálculo de ratios e indicadores aplicados aos estados financeiros de Sacyr e das empresas seleccionadas como grupo de comparación. Finalmente, sintetízanse os achados obtidos ao longo da análise, destacando a situación financeira actual da entidade e propoñendo unha serie de estratexias orientadas a fortalecer o seu posicionamento no mercado.

Garrido Ruso, María (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO Cotitoría
Garrido Ruso, María (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO Cotitoría
Tribunal
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Presidente/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Vogal)

Análise de custos e beneficios na xestión de residuos na industria láctea galega
Autoría
N.C.I.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
N.C.I.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 15:00
20.02.2026 15:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza o impacto económico da xestión de residuos na industria láctea galega, avaliando os custos asociados e os beneficios derivados dunha xestión eficiente desde unha perspectiva de economía circular. Mediante un enfoque metodolóxico mixto, o estudo combina a análise financeira de empresas representativas do sector durante o período 2019 y 2023 co exame de experiencias nacionais e internacionais, incorporando unha comparación co modelo cooperativo uruguaio. Os resultados amosan que a xestión eficiente de residuos pode xerar melloras relevantes na rendibilidade operativa, especialmente nun sector caracterizado por marxes axustadas, ademais de achegar beneficios indirectos como a redución do risco normativo, o acceso a financiamento verde e o reforzo da competitividade empresarial. O traballo conclúe que a sustentabilidade ambiental non constitúe un custo adicional, senón unha panca estratéxica para o desenvolvemento económico do sector lácteo galego.

Doldán García, Xoán Ramón (Titoría)
Doldán García, Xoán Ramón (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
O Pasaporte Dixital do Producto como intrumento xurídico de sostenibilidade no sector textil
Autoría
S.E.C.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
S.E.C.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 15:00
20.02.2026 15:00
Resumo
O presente traballo analiza a implantación do Pasaporte Dixital de Produto (Digital Product Passport, DPP) no sector téxtil no marco da transición cara a un modelo de economía circular promovido pola Unión Europea. A partir do estudo do Regulamento (UE) 2024/1781 sobre deseño ecolóxico de produtos sostibles (ESPR) e da Estratexia da UE para os Téxtiles Sostibles e Circulares, examínase a configuración xurídica do DPP como instrumento de trazabilidade, transparencia e control ao longo do ciclo de vida do produto. A investigación aborda o fundamento normativo do DPP, os seus obxectivos ambientais e de mercado interior, así como as implicacións que a súa futura aplicación pode ter para os operadores económicos do sector téxtil. Préstase especial atención á súa dimensión transversal, na medida en que conecta obrigas de ecodeseño, información ao consumidor, xestión de residuos e responsabilidade ampliada do produtor. Así mesmo, analízanse os retos técnicos, xurídicos e organizativos asociados ao seu desenvolvemento, incluíndo cuestións relativas á protección de datos, á interoperabilidade dixital e aos mecanismos de verificación da información. O traballo conclúe que o DPP pode converterse nunha ferramenta clave para reforzar a circularidade na industria téxtil, sempre que a súa implementación práctica garanta seguridade xurídica, proporcionalidade e coherencia co resto do marco regulatorio europeo.

PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Apoio organizacional á conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
Autoría
V.S.E.Q.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
V.S.E.Q.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
18.02.2026 10:00
18.02.2026 10:00
Resumo
A conciliación da vida laboral, familiar e persoal converteuse nun aspecto clave do benestar dos empregados e da sustentabilidade organizativa. Neste contexto, o apoio organizativo para a conciliación da vida laboral e persoal é fundamental, non só a través de políticas formais, senón tamén a través do apoio informal da alta dirección e os supervisores. O obxectivo deste estudo é analizar a influencia do apoio da alta dirección e dos supervisores no conflito entre traballo e familia, o enriquecemento entre traballo e familia e o compromiso afectivo dos empregados, así como examinar o papel mediador do apoio dos supervisores na relación entre o apoio da alta dirección e o compromiso afectivo. O estudo baséase na teoría do intercambio social e na norma de reciprocidade como marco teórico. A investigación adopta unha abordaxe cuantitativa, cun deseño transversal non experimental. A mostra está formada por 100 empregados de organizacións públicas e privadas, que completaron un cuestionario estruturado con escalas tipo Likert. Para analizar os datos utilizáronse análises de fiabilidade, análise factorial, correlacións bivariantes, regresións múltiples e un modelo de mediación. Os resultados mostran que o apoio da alta dirección inflúe negativamente no conflito entre traballo e familia e inflúe positivamente no enriquecemento entre traballo e familia e no compromiso afectivo. Tamén se confirmou unha relación positiva entre o apoio da alta dirección e o apoio dos supervisores. O apoio dos supervisores, á súa vez, está positivamente relacionado co compromiso afectivo e actúa como unha variable mediadora. En xeral, os resultados demostran que o apoio organizativo informal é un factor estratéxico para mellorar a conciliación da vida laboral e persoal, fortalecer o compromiso afectivo e promover o benestar dos empregados.

ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Presidente/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Vogal)
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Presidente/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Vogal)
Comportamento do consumidor con respecto á música pop rock en directo en Galicia
Autoría
A.M.E.M.S.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
A.M.E.M.S.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
18.02.2026 10:00
18.02.2026 10:00
Resumo
A música pop rock en directo é unha das principais áreas de consumo cultural en Galicia, o que xustifica unha análise do comportamento dos asistentes no contexto da recuperación do sector tras a pandemia da Covid 19. Aínda que o número de concertos superou os niveis prepandémicos, a asistencia non medrou ao mesmo ritmo, o que pon de manifesto a necesidade de afondar nos factores que inflúen nas decisións de asistencia. Esta investigación adopta unha abordaxe cuantitativa, cun deseño non experimental, transversal e descritivo-comparativo. Os datos foron recollidos mediante un cuestionario estruturado en liña administrado a unha mostra non probabilística de 99 asistentes a concertos de pop-rock en Galicia, segmentados en consumidores premium e non premium en función da súa frecuencia de asistencia e nivel de gasto. A análise céntrase en variables relacionadas coa publicidade, a percepción do prezo, a capacidade económica percibida, a influencia de factores sociais e o impacto do aumento do custo da vida. Os resultados mostran diferenzas estatisticamente significativas entre ambos os segmentos, revelando patróns de consumo distintos con implicacións relevantes para a xestión cultural e musical en Galicia.

DEL RIO ARAUJO, MARIA LUISA (Titoría)
DEL RIO ARAUJO, MARIA LUISA (Titoría)
Tribunal
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Presidente/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Vogal)
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Presidente/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
OTERO SIMON, MIGUEL ANGEL (Vogal)
O crecemento dos bonos ESG: unha análise comparativa entre américa latina e europa
Autoría
A.D.M.S.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
A.D.M.S.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 15:00
20.02.2026 15:00
Resumo
Esta tese de mestrado analiza o desenvolvemento do mercado de bonos ESG (ambientais, sociais e de gobernanza) no contexto das finanzas sostibles, a través dunha análise comparativa entre América Latina e Europa. En resposta á crise climática e aos compromisos internacionais de sostibilidade, os bonos ESG convertéronse en instrumentos clave para financiar proxectos con impacto ambiental e social positivo. O estudo examina a evolución destes bonos, clasificados en catro tipos principais: bonos verdes, bonos sociais, bonos sostibles e bonos vinculados á sostibilidade (SLB). Esta clasificación explica as diverxencias en termos de marcos regulatorios, grao de consolidación e comportamento do mercado en ambas as rexións. O estudo demostra que o liderado europeo non se debe unicamente a unha maior capacidade financeira, senón tamén á existencia de marcos regulatorios estandarizados, mecanismos de supervisión robustos e unha alta confianza dos investidores. Pola contra, América Latina mostra un crecemento dinámico pero fragmentado, condicionado por marcos regulatorios heteroxéneos, limitacións institucionais e maiores riscos de credibilidade, especialmente no uso de bonos vinculados á sostibilidade. Os resultados suxiren que o desenvolvemento efectivo dos mercados ESG depende principalmente da calidade institucional e regulatoria, en lugar da dispoñibilidade potencial de proxectos sostibles.

TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Titoría)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Transición verde ou continuidade extractiva? Disputas pola soberanía dos recursos na transición enerxética global: o caso de Burkina Faso e América Latina
Autoría
M.B.P.V.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
M.B.P.V.
Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación (3ªed)
Data da defensa
20.02.2026 15:00
20.02.2026 15:00
Resumo
A transición enerxética global preséntase como un proceso orientado á descarbonización e á mitigación do cambio climático, impulsado fundamentalmente polas nacións do Norte Global. Porén, a crecente demanda de minerais estratéxicos como o ouro, o litio, o cobalto ou as terras raras está a reconfigurar as dinámicas extractivas en todo o mundo, afondando na dependencia das economías periféricas especializadas na exportación de recursos primarios. Neste contexto, o presente traballo pregúntase se a denominada “transición verde” constitúe unha ruptura coas lóxicas históricas do extractivismo ou se, en realidade, representa unha continuidade baixo novas formas de dependencia económica. Desde o enfoque da economía ecolóxica e a teoría da dependencia, analízase a noción de “colonialismo verde” como marco interpretativo para comprender as asimetrías estruturais na apropiación de recursos naturais no Sur Global. O traballo estrutúrase en dous niveis: unha análise conceptual sobre o extractivismo, a soberanía de recursos e a xustiza económica global, e un estudo de caso centrado en Burkina Faso, por ser un país que nos últimos anos vén enfrontándose ás prácticas do neocolonialismo. No caso de Burkina Faso, examínase a evolución recente do seu sector mineiro, particularmente a produción e exportación de ouro, así como os cambios políticos orientados a reforzar a soberanía sobre os recursos estratéxicos. Procúrase entender se as reformas implementadas permiten modificar a inserción periférica do país na división internacional do traballo ou se persiste unha estrutura primario-exportadora dependente dos prezos internacionais. En paralelo, a análise de América Latina amosa que, malia os ciclos progresistas e diversos intentos de captura da renda extractiva, a rexión continúa a exhibir unha forte especialización en materias primas cun baixo nivel de transformación industrial. A transición enerxética, lonxe de reverter esta tendencia, tende a reforzar a centralidade dos recursos naturais nas economías periféricas. As conclusións sosteñen que a soberanía formal sobre os recursos constitúe unha condición fundamental para transformar a estrutura produtiva, mais ademais son necesarias políticas de diversificación, industrialización e articulación rexional; doutro xeito, a transición enerxética corre o risco de reproducir patróns históricos de dependencia baixo un novo paradigma tecnolóxico. Deste xeito, o traballo achega unha reflexión crítica sobre as disputas pola soberanía económica no marco da transición enerxética global.

VENCE DEZA, XAVIER (Titoría)
VENCE DEZA, XAVIER (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Presidente/a)
LOPEZ BERMUDEZ, FRANCISCO (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Vogal)
Máis aló do acceso: fenda dixital en canto a comportamento de uso e protección
Autoría
X.P.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
X.P.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
18.02.2026 10:00
18.02.2026 10:00
Resumo
Neste traballo analízanse as fendas dixitais asociadas ás características sociodemográficas dos individuos, centrándose no nivel de coñecemento e nos comportamentos que as persoas desenvolven na contorna dixital. A investigación combina unha revisión bibliográfica dos principais conceptos vinculados ás fendas dixitais, cunha análise empírica baseada en datos primarios, obtidos a través dunha enquisa realizada a 120 persoas. Os resultados desta análise evidencian a existencia de relacións significativas entre o coñecemento dixital, as condutas en liña e determinadas variables sociodemográficas, fundamentalmente a idade. Neste sentido, os achados subliñan a necesidade de impulsar estratexias formativas orientadas a reducir as desigualdades dixitais cunha formación dixital integral que vaia máis aló do mero uso instrumental das tecnoloxías, contribuíndo ao fortalecemento da autonomía persoal e do pensamento crítico dos usuarios.