Contribución da Formación Profesional para a formación ao longo da vida de mulleres maiores de 45 anos: análise dos últimos 10 anos e situación actual
Autoría
V.Á.Á.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)

Data da defensa
13.02.2026 12:00
13.02.2026 12:00
Resumo
Antecedentes: Nos últimos anos, a Formación Profesional (FP) estase revalorizando. Coa nova Lei de ordenación e integración da FP, a FP adáptase ao mercado laboral e ás persoas, facilitando a aprendizaxe ao longo da vida. Este traballo estuda a contribución da FP na formación continua de mulleres maiores de 45 anos, sector poboacional cunha difícil reinserción laboral. Obxectivo: Este TFM pertence á modalidade de investigación, e os seus obxectivos principais son identificar as dificultades das mulleres maiores de 45 anos para formarse ao longo da súa vida e analizar a perspectiva das docentes de FP sobre a contribución do novo sistema nesta aprendizaxe. Método: Para acadar o primeiro obxectivo, realízase un estudo documental sobre o tema, que será presentado seguindo a declaración PRISMA. Para o segundo obxectivo, recóllense as observacións das docentes de FP mediante un cuestionario sobre a situación actual das mulleres maiores de 35 anos nas aulas. Resultados: As mulleres maiores de 45 anos están nunha posición desvantaxosa con respecto aos homes, que non parece solucionarse coa súa formación continua. O grupo docente non percibe que a nova Lei Orgánica sexa positiva para este colectivo. Conclusións: A formación ao longo da vida non está democratizada nin é integradora. Deben deseñarse políticas e estratexias sociais para que a aprendizaxe continua sexa relevante para a igualdade de todos os colectivos minorizados.

Dirección
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
A materia de Expresión Artística como espazo interdisciplinar: proposta educativa a partir da obra de Maruja Mallo.
Autoría
C.Á.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)

13.02.2026 10:00
13.02.2026 10:00
Resumo
O presente traballo inscríbese na liña de investigación «iniciativas interdisciplinarias a partir da expresión plástica», e toma a produción artística de Maruja Mallo como obxecto de estudo co fin de deseñar unha proposta didáctica para 4º da ESO que integra arte, historia, literatura e educación en valores. A aproximación á interdisciplinariedade realizouse dende a arte por dúas vías complementarias: por un lado, a arte entendida como ferramenta de análise e articulación da proposta e, por outro, como espazo no que esa proposta cobra sentido e aplicación. Deste modo, a análise da obra de Maruja Mallo materializase nun proxecto editorial que se insire dentro do marco do Plan Lector e cuxo obxectivo será a produción de “libros creativos” coa artista como fío condutor. Á vista dos resultados conclúese que esta proposta pode funcionar como un modelo global e versátil, adaptable a diversos contextos ou referentes artísticos. Así mesmo, esta iniciativa aspira a formar parte do cambio no relato histórico, porque sen elas a historia do arte non está completa.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
Análise documental sobre o impacto das redes sociais nos e nas adolescentes a nivel psicosocial e académico
Autoría
V.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
V.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2026 10:00
12.02.2026 10:00
Resumo
Nas últimas décadas, as redes sociais consolidáronse como un dos fenómenos tecnolóxicos e comunicativos máis relevantes da sociedade contemporánea, desempeñando na actualidade un papel fundamental sobre todo na vida dos e das adolescentes. Este Traballo Fin de Máster ten como pretensión coñecer como afecta o uso das redes sociais nos e nas adolescentes a nivel psicosocial e académico. Para iso, lévase a cabo unha investigación documental da literatura científica a través da metodoloxía SALSA, que permite describir os efectos positivos e negativos destas plataformas a nivel mental, emocional e social, así como identificar as súas repercusións a nivel académico no alumnado de secundaria. Os resultados evidencian, por unha parte, que os efectos das redes sociais son ambivalentes en todas as áreas estudadas, aínda que prevalecen os impactos negativos; e por outra parte, que o seu estudo require unha perspectiva integral para lograr unha comprensión plena deste fenómeno. En conclusión, este Traballo Fin de Máster pon de manifesto a necesidade de coñecer estes efectos para promover un uso equilibrado destas plataformas e poder guiar ao alumnado na súa formación académica e no seu desenvolvemento persoal.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
Ás portas da administración pública: Un estudo sobre os perfís e necesidades formativas das persoas participantes no proceso selectivo para a escala técnica de orientación laboral
Autoría
I.B.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
I.B.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
18.02.2026 16:30
18.02.2026 16:30
Resumo
Este traballo, enmarcado na modalidade de investigación empírica, ten como obxectivo coñecer o perfil e as necesidades formativas das persoas aspirantes á primeira convocatoria do proceso selectivo para o corpo de xestión da escala técnica de orientación laboral (A2) do Servizo Público de Emprego de Galicia disposto pola Resolución do 5 de xullo de 2023. Apóstase por unha metodoloxía cuantitativa a través do deseño dun cuestionario ad hoc como instrumento de recollida de datos, validado por tres persoas expertas. O cuestionario foi aplicado en liña (Microsoft Forms) e difundido a través da plataforma de mensaxaría Telegram, nun grupo público e anónimo para garantir o cumprimento dos principios de privacidade. A mostra quedou conformada por 107 participantes. A análise dos datos realizouse empregando o programa estatístico SPSS, versión 25. Os resultados revelaron unha participación maioritariamente feminina, de diferentes idades e con casuísticas persoais e profesionais diversas; compartindo unha autopercepción das súas competencias xeralmente alta. Destaca a dificultade engadida que supón a participación na primeira convocatoria dun proceso selectivo e a necesidade dunha formación práctica relacionada co desempeño como orientadores/as e coas ferramentas de traballo institucionais. Os resultados obtidos permiten emitir recomendacións específicas para futuras edicións e formular liñas xerais de actuación.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
Tribunal
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
CEBREIRO LOPEZ, BEATRIZ (Presidente/a)
PARADA GAÑETE, ANA (Secretario/a)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Vogal)
Actividade innovadora para o ensino das ciencias na Formación Profesional Básica
Autoría
J.C.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)

09.02.2026 09:00
09.02.2026 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado analiza o desempeño do alumnado da FP básica na posta en práctica dunha unidade didáctica para a aprendizaxe das formas da materia. O tema escóllese principalmente debido á súa relevancia na comprensión básica dos diferentes sucesos que ocorren na natureza e no día a día. A proposta enmárcase na Unidade Didáctica Formas da materia correspondente ao módulo de Ciencias Aplicadas I da Formación Profesional Básica (FPB). A proposta tenta potenciar unha actitude positiva do alumnado cara as ciencias fomentando unha aprendizaxe contextualizada, promovendo deste xeito a alfabetización científica, así coma establecer relacións entre Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade e Ambiente. Para o desenvolvemento desta proposta didáctica, proponse unha metodoloxía de indagación como estratexia de aprendizaxe activo e colaborativo, fundamentada no modelo construtivista, co obxectivo de que a súa aprendizaxe sexa máis significativa. Así mesmo, o alumnado implicarase no seu propio proceso de ensinanza-aprendizaxe. Para elo, empregaranse unha serie de estratexias de resolución de problemas, de argumentación científica e de traballo activo e colaborativo, buscando que o alumnado recolla datos e información a partir da formulación de problemas próximos á súa contorna, que os analice e que, posteriormente, estableza conclusións.

TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Mirada crítica na aula. Análise e proposta didáctica sobre a male gaze na Formación Profesional.
Autoría
Á.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Á.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
13.02.2026 11:00
13.02.2026 11:00
Resumo
Vivimos inmersos nunha cultura hipervisual na que a maneira de mirar define as relacións de poder. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) analiza a vixencia do concepto de male gaze (mirada masculina) na cultura visual contemporánea consumida pola adolescencia, desde o cinema ata as redes sociais, e propón unha intervención educativa para desactivala O traballo estrutúrase en dous bloques. En primeiro lugar, un marco teórico que revisa a xenealoxía da mirada, desde Mulvey e Berger ata Menkes, e diagnostica como determinados recursos técnicos, como a iluminación ou o encadre, perpetúan estereotipos de xénero e procesos de cosificación. En segundo lugar, preséntase o deseño dunha proposta de intervención didáctica titulada Desmontando la pantalla, dirixida ao alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior en Produción de Audiovisuais. A través da metodoloxía DAT (Detectar, Analizar, Transformar) e estratexias de Art Thinking, a proposta procura dotar aos futuros e futuras profesionais de ferramentas para analizar criticamente a imaxe e crear contra-narrativas inclusivas. Conclúese que integrar a competencia ética na formación técnica é imprescindible para formar profesionais capaces de transformar a industria audiovisual e contribuír a unha sociedade máis igualitaria.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
Reescribindo a historia: compositoras esquecidas Investigación e proposta didáctica na materia de frauta traveseira en 2º de grao profesional
Autoría
E.F.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
E.F.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2026 09:00
12.02.2026 09:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo visibilizar compositoras historicamente esquecidas e integrar o seu repertorio no ensino da frauta traveseira no segundo curso de grao profesional. A través da investigación bibliográfica, a análise do repertorio e o deseño dunha unidade didáctica baseada na Sonata en Fa Maior de Anna Amalia de Prusia, constátase a escasa presenza de obras de autoras nos conservatorios de Galicia e a necesidade de diversificar o currículo. A unidade proposta combina a aprendizaxe técnica e interpretativa coa contextualización histórica e cultural, fomentando unha aprendizaxe activa, significativa e crítica. Así mesmo, destácase a relación entre a inclusión de compositoras e a formación integral do alumnado, promovendo valores de equidade, diversidade e recoñecemento da contribución feminina á música. En conclusión, visibilizar as compositoras na aula constitúe un acto de xustiza histórica e unha vía para enriquecer a educación musical, fomentando a creatividade, a reflexión crítica e a inclusión.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
A pedagoxía dos coidados como metodoloxía transformadora no ámbito da educación artística: Arteterapia e meditación na Educación Secundaria
Autoría
P.H.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
P.H.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2026 12:00
12.02.2026 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster aborda a pedagoxía dos coidados como un enfoque que sitúa as prácticas do coidado no centro do ámbito educativo e, máis concretamente, no ámbito da formación artística, analizando a escola como un espazo de transformación social. Así, reflexionamos sobre a necesidade de considerar as prácticas de meditación e arteterapia como ferramentas indispensables para o desenvolvemento integral do alumnado de Educación Secundaria. Proponse, así, un deseño de actividades que fomenten a autoconsciencia, a xestión emocional, a creatividade e a resiliencia, mediante técnicas meditativas e dinámicas arteterapéuticas na praxe docente cotiá. Así mesmo, reflexionase de maneira crítica sobre os retos e as limitacións da súa implementación, así como sobre o seu potencial transformador para crear aulas máis inclusivas, empáticas e comprometidas co benestar emocional e social do estudantado. O obxectivo final é situar o coidado no eixe central da educación, non só como un valor, senón como un saber con prácticas concretas que transforma a maneira na que vivimos e nos relacionamos.

GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
GARCIA DOCAMPO, LAURA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
O papel das redes sociais na formación afectivoemocional: unha revisión sistemática
Autoría
A.M.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.M.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.02.2026 11:00
12.02.2026 11:00
Resumo
O presente traballo sitúa o foco no papel das redes sociais na formación afectivo-emocional, co obxectivo de coñecer o estado da investigación sobre a influencia destas plataformas na configuración emocional, identitaria e relacional das persoas, especialmente entre a mocidade. A partir dunha revisión documental sistemática elaborada en base ás pautas PRISMA 2020, localizáronse e analizáronse estudos recentes que abordan, dende unha perspectiva socioeducativa e de xénero, os efectos tanto positivos como negativos das redes sociais na xestión emocional, a autoestima, a empatía e a construción da identidade. Os resultados dos oito estudos seleccionados evidencian un impacto complexo e significativo, caracterizado pola dualidade entre oportunidades de conexión e expresión e riscos como a desregulación emocional, a sobreexposición ou a reprodución de estereotipos de xénero. Esta realidade supón un reto para a educación social e, nomeadamente, para a educación emocional, requirindo intervencións que promovan unha alfabetización dixital crítica e unha xestión saudable das emocións.

MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titoría)
MAROÑAS BERMUDEZ, ANDREA (Titoría)
Tribunal
BISQUERT I PEREZ, KYLYAN MARC (Coordinador)
TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Secretario/a)

Análise matemática en Educación Secundaria para Adultos: unha proposta didáctica
Autoría
Á.O.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Á.O.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
09.02.2026 10:00
09.02.2026 10:00
Resumo
Este traballo presenta unha proposta didáctica centrada na análise matemática adaptada ao alumnado de segundo curso de Educación Secundaria para Adultos (ESA). Abordando contidos como o plano cartesiano, a representación gráfica de relacións entre variables e as funcións lineais e cuadráticas, cun enfoque práctico, visual e contextualizado. A metodoloxía aplicada basase na aprendizaxe significativa, o traballo cooperativo en grupo completo e a resolución de problemas reais, evitando a instrución formal tradicional. Ao longo das sesións, promóvese un seguimento próximo do proceso de aprendizaxe mediante a observación directa. Esta forma de traballar busca favorecer unha mellor comprensión funcional dos conceptos abordados e fomentar unha actitude máis positiva e participativa cara ás matemáticas. Conclúese que a proposta é viable e adaptable a outros contextos, resultando valiosa para promover o pensamento matemático en persoas adultas desde unha perspectiva inclusiva e funcional, en coherencia cos principios da LOMLOE e cos enfoques pedagóxicos actuais.

LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Antropoloxía e linguaxe: achegando vellos novos saberes ao alumnado de 4º da ESO
Autoría
M.R.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)

09.02.2026 11:00
09.02.2026 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster pretende achegar temas principais da antropoloxía ao alumnado de 4º de Educación Secundaria. Estes son a división entre natureza e cultura, o sistema de sexo e xénero e a diversidade cultural, os cales estarán guiados por unha cuestión transversal común, que é o tema da linguaxe entendida como elemento produtor da realidade. Así, a partir dunha revisión sistemática e crítica, deséñase e aplícase unha situación de aprendizaxe adaptada á idade do alumnado para revalorizar a antropoloxía e reivindicar que unha mirada antropolóxica na educación secundaria é útil e necesaria.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
A alfabetización publicitaria no sistema educativo. O caso de Galicia.
Autoría
P.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
P.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.02.2026 11:00
12.02.2026 11:00
Resumo
O panorama de medios actual, onde cada vez aparecen formatos publicitarios máis difíciles de recoñecer, incrementa a vulnerabilidade na adolescencia ante as mensaxes comerciais. Este traballo de investigación busca presentar unha pequena radiografía sobre a alfabetización publicitaria e a súa presenza no sistema educativo. Para iso, examínase o currículo galego de Bacharelato e Educación Secundaria, analízanse os datos de consumo de medios dos/as adolescentes de Galicia a partir de dous estudos clave no ámbito e proponse a realización dun exercicio a estudantes de Formación Profesional co fin de analizar as súas competencias en alfabetización publicitaria, ao tratarse de individuos que xa finalizaron os seus estudos obrigatorios. Os resultados poñen de manifesto unha fenda significativa: mentres o currículo se basea en medios tradicionais e prioriza a alfabetización informacional, os/as mozos/as consumen maioritariamente medios dixitais onde a miúdo non logran detectar a publicidade.

RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
RODRIGUEZ GROBA, ANA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
PONCE ROMERO, CLARA MACARENA (Vogal)
Estética e Historia: unha experiencia educativa en 4º da ESO a través dos carteis propagandísticos da primeira época soviética
Autoría
J.M.S.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.M.S.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.02.2026 12:00
09.02.2026 12:00
Resumo
Este traballo supón un achegamento á investigación educativa a través dunha situación de aprendizaxe desenvolta en aula. A actuación, implantada nun instituto público da área da Coruña, deseñouse acorde aos contidos curriculares de 4º da ESO e baseouse en dinámicas activas e cooperativas a través de debates e proxectos, encamiñados a conseguir avances no coñecemento e na capacidade crítica do alumnado. En paralelo, desenvólvese unha investigación sobre os métodos didácticos da Historia da Arte. Dos resultados obtidos salienta o achegamento aos marcos conceptuais do alumnado en materia de arte, xunto co seu afianzamento e ampliación a través dun achegamento alternativo ás vangardas e a busca dun pensamento complexo, co cal relacionar os distintos planos da historia, e esta co presente. Os materiais recadados do alumnado, xunto coa observación en aula, aportan os datos para esta investigación. Aos obxectivos propostos semella especialmente adecuada a dinámica de debates, fomentando unha participación activa do alumnado na discusión de ideas e a construción de coñecemento, tanto no sentido conceptual como no actitudinal. Os tópicos da propaganda e do cartel propagandístico revélanse especialmente útiles para o desenvolvemento dunha didáctica da Historia interdiciplinaria e transdisciplinaria.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Análise das violencias sexuais e de control online: unha revisión sistemática
Autoría
E.T.V.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
E.T.V.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.02.2026 12:00
12.02.2026 12:00
Resumo
O obxecto de estudo deste traballo céntrase na análise das violencias sexuais e de control online no seo das relacións de parella adolescente e identificar as pautas educativas dende un enfoque de xénero para, en última instancia, contribuír á súa prevención. Co fin de dar resposta a este obxectivo, recorreuse ao protocolo PRISMA para identificar artigos de investigación que explorasen as manifestación de violencia sexual online, as dinámicas de control e a violencia dixital no noviazgo de adolescentes españois, publicados entre o 2014 e o 2024. Especificamente, este traballo presenta o informe dunha revisión sistemática de 24 estudos. Os resultados principais amosan un incremento progresivo da prevalencia das ciberviolencias nas relacións de parella adolescente, cun marcado patrón de bidireccionalidade entre chicas e chicos. O análise apunta ao cibercontrol como a modalidade máis frecuente, e as violencias sexuais online, como as menos estendidas. Denantes, a tendencia observada na literatura sinala diferenzas de xénero no que compete ás ciberviolencias sexuais, deste modos, eles aparecen maioritariamente como agresores e elas como as máis damnificadas. Conxuntamente, confírmase a presencia de perfís de poliagresión e polivictimización, así como, a correlación positiva entre violencias online e offline. Identificáronse variables relacionadas positivamente coa perpetración das violencias dixitais como o sexismo hostil, os mitos do amor romántico, os celos e o sexting, mentres que a familia e a escola poden funcionar como factores de protección. Finalmente, ponse de manifesto a escaseza de propostas educativas específicas, subliñando a necesidade de desenvolver programas integrais de educación afectivo-sexuais dende un enfoque pedagóxico feminista que implique, ineludiblemente, a toda a comunidade educativa.

ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
BISQUERT I PEREZ, KYLYAN MARC (Coordinador)
TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Secretario/a)
BISQUERT I PEREZ, KYLYAN MARC (Coordinador)
TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Secretario/a)
A competencia docente na atención a alumnado con Necesidades Educativas Especiais do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria: percepcións dende o Departamento de Orientación
Autoría
L.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)

09.02.2026 13:00
09.02.2026 13:00
Resumo
Este traballo presenta unha investigación de campo centrada na atención ao alumnado con Necesidades Educativas Especiais e na formación do profesorado de Educación Secundaria para abordar esta diversidade. A educación inclusiva constitúe un reto clave no ámbito educativo, e a preparación docente resulta fundamental para garantir a participación e a aprendizaxe de todo o alumnado. O estudo analiza a percepción dos Departamentos de Orientación sobre a formación do profesorado en materia de atención á diversidade na Educación Secundaria Obrigatoria, a partir de entrevistas realizadas a orientadores e orientadoras de dez centros da provincia de Ourense. Os resultados amosan que a formación inicial do profesorado é insuficiente e pouco práctica, mentres que a formación continua é desigual e depende da iniciativa persoal. As estratexias inclusivas máis utilizadas inclúen adaptacións curriculares, metodoloxías cooperativas e flexibilización de tempos e espazos, cuxa eficacia depende da coordinación interprofesional e do apoio dos equipos de orientación. Ademais, percíbese escaseza de recursos humanos, materiais e organizativos, o que limita a atención individualizada e a implementación de prácticas inclusivas de maneira sistemática. Neste sentido, a orientación educativa desempeña un papel clave ao asesorar ao profesorado, coordinar a resposta educativa e promover prácticas inclusivas adaptadas ás necesidades do alumnado.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Vogal)
Historia Compostellana: Unha achega didáctica desde a latinidade galega
Autoría
A.V.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)

13.02.2026 09:00
13.02.2026 09:00
Resumo
O currículum das linguas clásicas está baseado maiormente no noso pasado clásico, tanto grego como romano. Os autores maioritarios son os do canon literario que nos foi transmitido desde a Idade Media, como Platón, Xenofonte, Virxilio, Cicerón, etc. Porén, este canon non é necesariamente o máis axeitado para comezar a aprender as linguas clásicas, e definitivamente non o único. Unha alternativa moi debatida é a de empregar literatura medieval, pola súa natureza máis próxima ás nosas linguas actuais e probablemente máis doado de comprender. Xuntando este criterio co de localidade, pretendemos crear un material didáctico orixinal usando a Historia Compostellana, unha crónica medieval escrita polo primeiro arcebispo de Santiago: Diego Xelmírez. Este material consistirá nunha antoloxía de textos extraída da obra, con apéndices didácticos e adaptada cando for necesario. A literatura latina non se limita unicamente á clásica, senón que deberiamos aproveitar os recursos que temos na nosa latinidade galega, creando un currículum orixinal que transmita a relación que existe entre a nosa contorna e o mundo latino, moitas veces esquecida.

AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
CAPELO ALVAREZ, SILVIA (Secretario/a)
PAMPILLO RETANA, MARIA ROSA (Vogal)