Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato [at] usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Fatima Maria Faya Cerqueiro

Este Máster está pensado para docentes (noveles e experimentados) e aposta pola innovación educativa. Oriéntase cara a mellora e especialización da formación dos docentes no ámbito das didácticas específicas, habilitando nas competencias de investigación necesarias para a investigación educativa, de xeito que o alumnado se desenvolva cos coñecementos e competencias necesarias para aplicar nas aulas metodoloxías e estratexias innovadoras e desenvolver iniciativas de investigación desde as aulas e os centros educativos. Ademais, o máster ofrece a cualificación necesaria para que os docentes de infantil e primaria poidan incorporar na súa carreira profesional a investigación científica e, polo tanto, poidan acceder aos programas oficiais de doutoramento das universidades.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4316441
Número de ECTS: 60
Número prazas: 20

Decano/a ou director/a do centro:
MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

Coordinador-a do título:
Fatima Maria Faya Cerqueiro

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade da Coruña

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

Data de publicación no BOE:
6/02/2019

Data da última acreditación:
06/06/2018

O Máster Interuniversitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para a Educación Infantil e Primaria ofértase nas universidades de A Coruña (campus de A Coruña), Santiago (campus de Santiago de Compostela) e Vigo (Campus de Pontevedra). Ten unha duración dun ano académico cunha carga de 60 créditos ECTS e o bloque de materias obrigatorias abórdase desde unha perspectiva interdisciplinar e cun enfoque globalizador. A estrutura do máster, que incorpora nove áreas disciplinares, obriga a realizar un esforzo integrador para presentar unha proposta coherente e cohesionada. Este esforzo é notable en tres das materias obrigatorias (O entorno como recurso educativo; Análise de experiencias interdisciplinares; Deseño de proxectos interdisciplinares). Nelas abórdanse os proxectos interdisciplinares intentando dar resposta a esta necesidade, ofrecendo un marco conceptual da interdisciplinariedade, analizando experiencias e boas prácticas realizadas baixo este enfoque e guiando finalmente o alumnado no deseño dunha proposta multidisciplinar que reúna as súas inquietudes personais, a súa formación inicial e as características do contexto da práctica profesional.

Vinculada a esta vertente profesionalizadora, unha das funcións clave deste máster é propiciar a creación de novos coñecementos a través da investigación e da innovación sobre a acción educativa nas didácticas específicas. É indiscutible que os novos escenarios sociais e profesionais reclaman a necesidade de formar docentes que logren estimular o pensamento crítico, a ética e a creatividade a través de procesos e proxectos de innovación en contextos reais.

Tamén é necesario capacitar os docentes no manexo das ferramentas metodolóxicas e os diferentes enfoques de investigación en didácticas específicas, comprendendo as súas especificidades e problemáticas, coa intención de transformar a educación sobre a base da innovación e da investigación. Por isto ponse especial énfase na relación entre investigación e innovación, conceptos vinculados estreitamente, posto que o avance teórico, práctico e metodolóxico das liñas de investigación actuais en cada unha das didácticas específicas, proxéctase e defínese a través dos procesos de mellora implementados nos contextos profesionais.

Este Máster aposta claramente pola innovación educativa, e oriéntase cara a mellora e especialización da formación no ámbito das didácticas específicas e contempla os seus puntos de coincidencia nun marco interdisciplinar que non pode obviar o contacto directo coa realidade educativa. A análise de concepcións didácticas innovadoras, a resolución de problemas concretos de investigación, etc., constitúen unha tarefa formativa que só se pode realizar a través das prácticas externas en centros escolares vinculados directamente con nós, e de aí que tales prácticas teñan a consideración de materia obrigatoria no plan de estudos.

Doutra banda, o Traballo Fin de Máster constitúe unha oportunidade para que o alumnado reflexione sobre as aprendizaxes acadadas nas distintas materias e aplique tales coñecementos a problemáticas específicas. Por tal motivo, o Traballo Fin de Máster e as Prácticas externas vincúlanse ambas as dúas, de tal forma que o alumnado poida relacionar a teoría con problemas educativos reais, aspecto este que resulta inevitable para que a formación docente especializada resulte de calidade e permita a innovación e a mellora da calidade educativa real.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 24
Prácticas externas 9
Traballo fin de máster: 6
Total: 60

Non se contemplan

O contorno como recurso educativo

  • P3401101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Análise de experiencias interdisciplinares

  • P3401102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Deseño de proxectos interdisciplinares

  • P3401103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

AICLE: Aprendizaxe Integrada de Contidos en Linguas Estranxeiras

  • P3401104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Metodoloxía de investigación educativa

  • P3401105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Aplicación das TIC na innovación educativa

  • P3401106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en didáctica das ciencias experimentais

  • P3401201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Novas tendencias na educación ambiental

  • P3401202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación na didáctica das ciencias sociais

  • P3401203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención didáctica de espazos culturais

  • P3401204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Traballo por proxectos en educación física

  • P3401205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en didáctica da expresión corporal

  • P3401206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en educación musical

  • P3401207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Expresión musical e novas tecnoloxías. Estratexias didácticas

  • P3401208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en didáctica das artes visuais

  • P3401209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Procesos e estratexias en fotografía e arte contemporánea

  • P3401210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en didáctica da lingua e a literatura estranxeira (inglés / francés)

  • P3401211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en didáctica das linguas iniciais e as súas literaturas

  • P3401213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación e innovación en didáctica da matemática

  • P3401214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Dificultades na aprendizaxe das matemáticas. Enfoque práctico

  • P3401215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Este Máster está pensado para docentes (noveles e experimentados) e aposta pola innovación educativa. Oriéntase cara a mellora e especialización da formación dos docentes no ámbito das didácticas específicas, habilitando nas competencias de investigación necesarias para a investigación educativa, de xeito que o alumnado se desenvolva cos coñecementos e competencias necesarias para aplicar nas aulas metodoloxías e estratexias innovadoras e desenvolver iniciativas de investigación desde as aulas e os centros educativos. Ademais, o máster ofrece a cualificación necesaria para que os docentes de infantil e primaria poidan incorporar na súa carreira profesional a investigación científica e, polo tanto, poidan acceder aos programas oficiais de doutoramento das universidades.

 

Curiosidade científica, gusto polo estudo e a leitura, capacidade para a aprendizaxe autónoma e colaborativo, habilidades para a comunicación interpersoal, capacidade de análise e razoamento crítico, conciencia sobre aspectos sociais e educativos como a sustentabilidade e igualdade, compromiso ético e democrático cara aos diferentes ámbitos profesionais en consonancia coa sociedade do século XXI, por definición, cada vez máis diversa e multicultural.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 24
Prácticas externas 9
Traballo fin de máster: 6
Total: 60

As universidades participantes dispoñen de plans de acción tutorial que asigna profesorado titor a cada estudante para ofrecer asesoramiento académico en canto ás opcións e a orientación do seu proxecto académico e profesional.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións por orde de preferencia:

1º) Grao en Educación Infantil e en Educación Primaria; Diplomatura en Maxisterio.
2º) Graos e mestrados da Facultade de Ciencias da Educación

CRITERIOS DE ADMISIÓN

1º Expediente académico (70%)
2º Experiencia profesional (15%)
3º Experiencia investigadora no ámbito educativo (15%)

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: Criterios específicos

Titulacións por orde de preferencia:

1º) Grao en Educación Infantil e en Educación Primaria; Diplomatura en Maxisterio.
2º) Graos e mestrados da Facultade de Ciencias da Educación

CRITERIOS DE ADMISIÓN

1º Expediente académico (70%)
2º Experiencia profesional (15%)
3º Experiencia investigadora no ámbito educativo (15%)

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

- Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
- Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
- Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
- Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
- Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
- Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

- Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
- Identificar e analizar críticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
- Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos.
- Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas
- Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
- Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
- Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás didácticas específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
- Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
- Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
- Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das didácticas específicas.
- Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicalo correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación.
- Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas didácticas específicas.
- Analizar e valorar críticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
- Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos.
- Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
- Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das didácticas específicas.
- Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares.
- Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.

- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de adaptación a situacións novas.
- Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
- Traballar de forma colaborativa.
- Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
- Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
- Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/ou investigador.
- Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
- Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados.
- Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
- Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
- Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
- Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

O Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación dispón dun procedemento (PC 08) orientado a favorecer a mobilidade do alumnado. Este procedemento ten por obxecto establecer o modo en que os centros garanten e melloran, tanto a calidade das estancias dos seus estudantes noutras universidades, como a do alumnado doutras universidades nos centros de acollida. O principal fin é garantir que adquiran os coñecementos e capacidades propias da titulación. Así mesmo, existen os procedementos (PC05) de orientación a estudantes e orientación profesional que están encamiñados ao mesmo fin.

Prácticas

A análise de formulacións didácticas innovadoras, a resolución de problemas concretos de investigación, etc., constitúen unha tarefa formativa que só se pode realizar a través das prácticas externas en centros escolares ou nos vinculados directamente con eles, por iso é polo que tales prácticas sexan consideradas como materia obligatoria no plan de estudos.

Aínda que se trata dun título de nova creación, os nosos centros contan con evidencias que garanten a súa traxectoria en canto á realización de prácticas externas en centros escolares e socioeducativos (denominadas Practicum) para as cales establecéronse os correspondentes convenios, que se incrementan ano a ano.

O Traballo Fin de Máster constitúe unha oportunidade para que o alumnado reflexione sobre a aprendizaxe atinxida nas distintas materias e aplique tales coñecementos a problemáticas específicas.

Por tal motivo, é desexable que o Traballo Fin de Máster e as Prácticas externas se achen directamente vinculadas entre si, de tal forma que o alumnado poida relacionar a teoría con problemas educativos reais, aspecto este que resulta insoslaiable para que a formación docente especializada resulte de calidade e permita a innovación e mellora da calidade educativa real.

O equipo docente está formado por profesorado da USC das seguintes áreas de coñecemento:

  • Didáctica da Expresión Corporal
  • Didáctica da Expresión Musical
  • Didáctica da Expresión Plástica
  • Didáctica da Lingua e a Literatura
  • Didáctica da Matemática
  • Didáctica das Ciencias Experimentais
  • Didáctica das Ciencias Sociais
  • Didáctica e Organización Escolar
  • Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

20,0

20,0

20,0

20,0

20,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

20,0

16,0

24,0

22,0

22,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

20,0

13,0

19,0

18,0

19,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

20,0

13,0

18,0

18,0

19,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-35,0

38,46

0,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

8,168

7,7506

8,6471

7,8885

8,3606

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

6,25

0,0

0,0

0,0

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,0

25,0

12,5

13,64

9,09

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

70,83

72,73

68,18

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

130,0

90,0

90,0

95,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

94,44

72,22

100,0

Indicador

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

10,0

7,69

5,26

5,56

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,05

94,23

95,19

96,7

95,89

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,1818

1,1111

1,2222

1,0526

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

96,07

98,9

95,63

99,22

Estudantes por grupo

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

19,6667

12,3333

19,6667

18,0

19,0

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

15,2222

8,2727

13,1

10,5

10,2308

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

96,49

100,0

100,0

100,0

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

85,0

84,62

94,74

88,89

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

92,05

94,23

95,19

96,7

95,89

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

4,2

-

-

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

-

-

4,4

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,28

-

4,33

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,25

3,76

3,4

3,84

4,31

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,3707

4,2984

4,0059

4,5

4,5297

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

52,6316

78,9474

10,5263

10,5263

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

44,44

58,33

62,5

83,33

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

76,0

77,78

77,78

91,3

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

25,93

22,22

26,09

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.