Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Igualdade, Xénero e Educación

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Educación
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813879 (Decanato)
educacion.decanato [at] usc.gal
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Avda. Xoan XXIII, 15782
Santiago de Compostela
881812016
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jorge Garcia Marin
Contacto
jorge.marin [at] usc.es

Este máster ten como finalidade a formación de profesionais que poidan impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero, a chamada perspectiva de xénero, en todas as esferas sociais, políticas, económicas e laborais, de acordo coa normativa.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4315428
Número de ECTS: 90
Número prazas: 40

Decano/a ou director/a do centro:
MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO

Coordinador-a do título:
Jorge Garcia Marin
jorge.marin [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
4/06/2015 (DOG do 17/10/2015)

Data de publicación no BOE:
18/03/2016

Data da última acreditación:
30/04/2015

Un dos propósitos específicos deste proxecto académico-docente consiste nunha formación de profesionais que poidan impulsar a institucionalización de materias escolares singulares sobre a problemática das relacións de xénero nos distintos niveles da Educación Primaria e Secundaria, así como en outros niveis da intervención, avaliación e atención social, política, administrativa, laboral, educativa e socioeducativa, tema fundamental para conseguir, en efecto, unha meirande igualdade entre os xéneros, así como a transformación das estruturas androcéntricas aínda existentes nas sociedades actuais nas que todos os temas social e politicamente relevantes -a temática dunhas relacións de xénero realmente igualitarias entre mulleres e homes o é- contan cun altísimo grao de institucionalización e organización explícita. Desde un ángulo epistemolóxico-crítico cabe sinalar que un de dos propósitos específicos deste proxecto académico-docente consiste nunha formación de profesionais que poidan impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero, isto é, da así chamada “perspectivas de xénero”, isto é, una perspectiva feminista, das mulleres e de xénero, nas esferas sociais, políticas económicas e laborais.

Particularmente perséguese a institucionalización de temáticas educativas e formativas singulares sobre a problemática da igualdade e de as relacións de xénero nos distintos niveles da educación e formación humana nun sentido amplo, tema fundamental para poder lograr, en efecto, unha maior igualdade entre os xéneros, así como unha transformación das estruturas androcéntricas aínda existentes, nas sociedades actuais nas cales todo os temas sociais e politicamente relevantes -a temática dunhas relacións de xénero realmente igualitarias entre mulleres e homes- contan cun altísimo grado de institucionalización e organización explícita.

Obrigatorias: 60
Prácticas externas obrigatorias: 15
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

Non se contemplan

Aspectos metodolóxicos para os estudos das mulleres e do xénero

  • P3022101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Investigación, coñecemento de xénero e teoría feminista

  • P3022102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Políticas públicas e xénero

  • P3022103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Historia das mulleres e mullere e homes na historia

  • P3022104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Violencia e Xénero

  • P3022105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Educación, coeducación e socialización en función do xénero

  • P3022106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 5 créditos

Os procesos de constitución das identidades de xénero

  • P3022107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Medios de comunicación, lingua e xénero

  • P3022108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Actividade económica, relacións de traballo e xénero

  • P3022109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Aspectos xurídicos das relacións de xénero

  • P3022110
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Intervención social e avaliación de programas de xénero

  • P3022111
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Cambio social, multiculturalismo e saúde

  • P3022112
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 5 créditos

Este máster ten como finalidade a formación de profesionais que poidan impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero, a chamada perspectiva de xénero, en todas as esferas sociais, políticas, económicas e laborais, de acordo coa normativa.

Non se contempla

Obrigatorias: 60
Prácticas externas obrigatorias: 15
Traballo fin de máster: 15
Total: 60

Contémplase un sistema de titorías bidimensional, isto é, por unha banda contémplanse titorías individualizadas a demanda do alumnado e en horario establecido para tal fin, e por outra, titorías grupais, en relación cos traballos nas clases e as exposicións, que contan tamén cun espazo horario específico xa integrado no cálculo das horas por crédito ECTS. Corresponde a 1 crédito ECTS unha hora de titoría en grupo.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso:

Ciencias Sociais e Xurídicas, Humanidades, Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios xerais

Titulacións de acceso:

Ciencias Sociais e Xurídicas, Humanidades, Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

1. Que alumnas e alumnos saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
2. Que alumnas e alumnos posúan a capacidade de comprensión, análise e síntese e a capacidade de organización e planificación.
3. Que alumnas e alumnos adquiran a capacidade de obtención e xestión da información e cheguen a dispoñer da capacidade de decisión.
4. Que alumnas e alumnos desenvolvan un compromiso ético e deontolóxico.
5. Que alumnas e alumnos sexan capaces de traballar en equipo e o fagan utilizando parámetros de diversidade e multiculturalidade.
6. Que alumnas e alumnos posúan a capacidade de adaptación a novas situacións, de creatividade, liderado, iniciativa e espírito emprendedor.

1. Que alumnas e alumnos posúan unha formación científica básica e específica na temática Educación, Xénero e Igualdade e sexan capaces de emprender accións prácticas de intervención, planificación, avaliación, xestión, execución e implementación de programas e accións nas múltiples áreas como son a social, educativa, cultural, económica, laboral, política e administrativa en relación á igualdade das mulleres e do xénero aplicando o coñecemento científico en relación coa problemática Educación, Xénero e Igualdade.
2. Que alumnas e alumnos posúan unha formación crítica desde un ángulo espistemolóxico crítico e sexan capaces de levar a cabo unha transformación das estruturas androcéntricas existentes, en pos dunhas relacións de xénero realmente igualitarias entre mulleres e varóns.
3. Que alumnas e alumnos sexan capaces de efectuar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
4. Que alumnas e alumnos sexan capaces de desenvolver accións nos múltiples contextos sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
5. Que alumnas e alumnos sexan capaces de levar a cabo análises empíricas das estruturas sociais androcéntricas existentes nas sociedades actuais.
6. Que alumnas e alumnos sexan capaces de elaborar proxectos de investigación sobre os complexos mecanismos que interveñen nas relacións interxénero, e na problemática das desigualdades de xénero que afectan particularmente, e de forma negativa ás mulleres, nos múltiples contextos das sociedades actuais.

Mobilidade

A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais e do Servizo de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Facultade a través da “Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do vicedecano/a responsable de programas de intercambio.
As facultades, ademais dos responsables citados arriba, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
A selección das candidatas e os candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
A Universidade, a través da Oficina de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da web, que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias. Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acolleita, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE) da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, a través da cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acolleita.
En canto aos\/as estudantes de acolleita, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada cuadrimestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional

Prácticas

O alumnado realizará, baixo a supervisión e tutela do profesorado e especialistas do mundo laboral, tarefas vinculadas con o/os ámbitos profesionais da titulación con vistas ás competencias establecidas. Os convenios existentes permiten optar entre diferentes ámbitos nos que aplicar os coñecementos adquiridos de cara a impulsar accións a favor da igualdade das mulleres, a implantación da perspectiva de xénero e a institucionalización de contidos e medidas referidas á igualdade de xénero (discapacidade, prostitución, minorías étnicas, acción humanitaria, solidariedade, benestar social, menores, familias problemáticas, educación, mocidade, agricultura...).
As diferentes actividades levadas a cabo durante o período de prácticas polo alumnado poden agruparse en oito eixes principais: familiarización co funcionamento da institución; recopilación /actualización de datos; formación; deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos; intervención; información /asesoramento/acompañamento; elaboración de materiais e actividades de divulgación.
As prácticas estarán vinculadas a diversas institucións sociais, educativoformativas e político-administrativo-sociais de organismos públicos e privados e asociacións de mulleres que traballan profesionalmente no campo das mulleres e do xénero e da educación e formación humana, nun sentido amplo, así como con diversos proxectos de investigación vixentes, preferentemente do persoal docente e investigador que se fai cargo da docencia do master. As prácticas relacionaranse coa elaboración do TFM.
Entre os requisitos/esixencias dos alumnos está:
1.- A participación en tarefas profesionais diversas vinculadas aos centros ou organismos correspondentes que teñan por obxecto a atención ás mulleres e a promoción da igualdade de xénero así como a planificación social e política de proxectos de intervención socioeducativa no ámbito das mulleres e do xénero.
2.- A participación activa en tarefas de investigación diversas vinculadas a proxectos de investigación vixentes no ámbito das mulleres e do xénero.
3.- Tamén se confeccionará un Diario de Prácticas que se entregará á coordinadora da materia cunha extensión aproximada/máxima de 10 páxinas.
O período de tempo para a realización das mesmas desenvolverase dentro do primeiro semestre do segundo ano, sempre adaptándose ao calendario oficial da USC. A Comisión Académica do master aprobará ao comezo do ano académico o calendario específico para o desenvolvemento das prácticas así como para o proceso de avaliación das mesmas.

O TFM constará de 15 créditos ECTS, con carácter obrigatorio e desenvolverase no primeiro semestre do segundo ano do master. O TFM pode desenvolverse utilizando como base específica a experiencia en relación coas prácticas realizadas, ou ben, en conexión coas mesmas. Como norma xeral asignarase de forma individual unha directora ou director para o TFM.
Trátase dun traballo científico final de master que ten que ser defendido ante un tribunal nomeado para ese efecto e composto por profesorado do master. Ao alumnado ofreceráselle unha formación específica a través dun Seminario de Elaboración de TFM e titorías individuais e en grupo. A metodoloxía segue un enfoque interactivo co acento posto na participación e elaboración práctica do alumnado. Este aplicará os coñecementos teórico-prácticos adquiridos ao longo da propia formación do master en Igualdade, Xénero e Educación.

O cadro docente do máster está composto por profesorado universitario de diferentes departamentos, así como persoal investigador e profesorado pertencente a profesións relevantes para a formación do alumnado.

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

40,0

0,0

40,0

0,0

40,0

0,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

42,0

39,0

39,0

30,0

45,0

34,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

38,0

0,0

35,0

0,0

35,0

1,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

38,0

0,0

35,0

0,0

35,0

0,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-100,0

-

-100,0

-

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,281

-

7,4132

-

7,6185

-

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,14

7,69

7,69

10,0

6,67

8,82

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

4,76

5,13

5,13

6,67

4,44

5,88

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

56,67

60,0

64,71

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

95,0

-

87,5

-

87,5

-

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

-

2,63

-

11,43

-

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,65

92,24

91,43

84,0

90,93

92,54

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

3,0

2,0

3,0

2,0

3,0

2,037

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

85,71

99,83

85,71

100,0

85,71

100,0

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

Info da escala: Número racional con dous decimais

35,6154

-

34,0

-

35,8333

-

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

-

34,0

-

35,8333

-

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

99,56

100,0

97,92

97,96

99,05

98,39

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

85,71

99,83

85,71

100,0

94,74

100,0

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

-

89,47

-

65,71

-

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

97,23

92,24

89,52

82,29

90,06

91,04

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

3,5926

-

-

-

2,0389

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,3571

-

4,6

-

4,03

IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

5,0

-

-

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,9668

-

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,8333

-

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,324

-

-

3,26

3,55

1,67

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,4

-

4,14

-

3,71

-

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,3167

-

4,277

-

4,5216

-

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

56,0976

-

41,6667

-

35,8974

-

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

84,62

85,71

78,57

-

90,91

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,89

90,91

95,0

100,0

90,48

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

55,56

63,64

50,0

-

38,1

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.