Ir o contido principal
STG

Calidade

A Facultade de Ciencias obtivo a Acreditación Institucional mediante a Resolución do Consejo de Universidades de 28 de xaneiro de 2019, unha vez renovada a acreditación inicial dos seus títulos de grao e máster e tras contar coa certificación da implantación do seu Sistema de Garantía de Calidade.

Tomando como referencia a política de calidade da USC, a Facultade de Ciencias elaborou o seu Sistema de Garantía de Calidade (SGC), como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos seus grupos de interese. O mesmo alcanza a todas as titulacións oficiais impartidas nela e das que é responsable, tanto de grao como de mestrado universitario e tamén a todas as persoas vinculadas: alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.

En conxunto, o SGC da Facultade de Ciencias contempla o deseño da oferta formativa, a avaliación e revisión do seu desenvolvemento, así como a toma de decisións para a mellora continua. Así mesmo, recolle a planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da universidade e da propia facultade e a revisión periódica do funcionamento do sistema, en orde a garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.

O deseño do Sistema de Garantía de Calidade do centro foi avaliado positivamente pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o 30 de maio de 2012, emitíndose certificación do deseño do SGC o 13 de decembro dese mesmo ano. Posteriormente, fóronse levando a cabo actualizacións para adaptalo aos cambios producidos tanto a nivel do propio Centro como da USC.

O 8 de xullo de 2015 a Facultade de Ciencias renovou a acreditación de todos os seus títulos de grao e máster implantados ata ese momento.

Durante o curso 2016-17, o Centro someteuse ao procedemento de Certificación da Implantación do Sistema de Garantía de Calidade, o que supuxo un profundo proceso de modificación e de revisión do mesmo, obtendo con data 25 de xuño de 2018 a certificación de implantación do SGC da ACSUG.

O 30 de outubro de 2018 obtivo Informe favorable de Acreditación Institucional da ACSUG e, por Resolución do 28 de xaneiro de 2019, o Consejo de Universidades declarou a acreditación institucional da Facultade de Ciencias.

Despois de cinco anos de revisión e mellora continua, con data 3 de xuño de 2024, o Centro obtivo a renovación da certificación de implantación do SGC con validez ata xuño de 2029.

Esta documentación que acabamos de citar e outra moi relevante (manual do SGC, manual de procesos, memorias de calidade, plans de mellora, plan estratéxico, ...) está dispoñible no vínculo á Documentación do SGC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.07.2024.