Ir o contido principal
STG
Fachada traseira
Facultade de Ciencias
  • Avda. Alfonso X O Sabio, s/n, 27002
    Lugo
  • 982824095
    (Conserxaría)
    982824009
    (Decanato)
  • ciencias.decanato [at] usc.gal

A Facultade de Ciencias, creada en 1991 como transformación do Colexio Universitario de Lugo, é un centro de formación de profesionais capaces, competentes e comprometidos socialmente. Procura a excelencia en todas as funcións que desempeña: docencia, xeración de coñecemento e a súa difusión a través da investigación desenvolvida, realizándoas de xeito socialmente responsable e integradas no Campus Terra, fundamentalmente nas áreas da Enxeñaría, as Ciencias Experimentais e as Ciencias da Saúde. Ofrece unha formación universitaria de prestixio en 3 graos, 1 grao aberto e 2 másteres. Destaca polo seu compromiso coa calidade, foi un dos primeiros centros da USC en obter a acreditación institucional e acada excelentes resultados en diversos ránkings de titulacións.

Nova Oferta Curso 2024-25 Máster Universitario en Biociencias Moleculares

Dirixidido a graduados en Bioquímica, Biotecnoloxía, etc.
Prazas: 12 Fac. Ciencias + 12 Fac. Bioloxía
Solicitude: 20 xuño a 16 xullo

Máis información
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2024.