Ir o contido principal
STG

Prácticas

As prácticas académicas externas son unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que teñen por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

As prácticas favorecen a adquisición de novas competencias, preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a empregabilidade e fomentan a capacidade de emprendemento.

A Facultade de Ciencias ten numerosos de convenios asinados con entidades públicas e privadas de distintos ámbitos para realizar prácticas.

Prácticas de Grao e Máster

As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) constitúen unha materia de 6 ECTs, denominada Prácticas Externas, de carácter obrigatorio, ofertada no segundo semestre do cuarto curso do Grao en Bioquímica.

Estas prácticas teñen como obxecto completar a formación académica do estudante mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título como as súas competencias transversais e habilidades persoais. Permiten incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito da Bioquímica e Bioloxía Molecular.

As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) constitúen unha materia de 24 ECTs, denominada Prácticum, de carácter obrigatorio, ofertada no segundo semestre do cuarto curso do Grao en Nutrición Humana e Dietética.

A finalidade destas prácticas é ofrecerlle ao alumnado da titulación a posibilidade de realizar prácticas preprofesionais, cunha avaliación final de competencias, en hospitais, centros de asistencia primaria e sociosanitarios, organizacións comunitarias, industrias alimentarias e de restauración colectiva, que permitan incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito clínico, administrativo ou de saúde pública relacionados coa nutrición humana e a dietética.

As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) constitúen unha materia de 12 ECTs, denominada Prácticas en Empresas, de carácter optativo, ofertada no segundo semestre do cuarto curso do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.

Estas prácticas teñen como obxecto completar a formación académica do estudante mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título coma as súas competencias transversais e habilidades persoais. Permiten incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito da Enxeñería Técnica Industrial.

As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) constitúen unha materia de 18 ECTs, denominada Prácticas Externas, de carácter obrigatorio, ofertada no primeiro semestre do segundo curso do Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos.

O obxectivo das Prácticas Externas é a formación dos alumnos en distintos aspectos do campo de coñecemento da Enxeñaría de Procesado de Alimentos en empresas, institucións, asociacións e entidades relacionadas, desde a súa condición inicial como materia prima susceptible de transformar e/ou acondicionar, ata o seu destino final como produto de consumo.

O alumnado, polo tanto, incorporará aos coñecementos e competencias adquiridos nas materias do máster impartidas no primeiro curso os coñecementos prácticos en empresas, institucións, asociacións e entidades do sector.

As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) constitúen unha materia de 18 ECTs, denominada Prácticas Externas, de carácter obrigatorio, ofertada no primeiro semestre do segundo curso do Máster en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

O obxectivo das Prácticas Externas é a formación dos alumnos en distintos aspectos do campo de coñecemento da Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias en empresas, institucións, asociacións e entidades relacionadas có campo da nutrición, da seguridade e das tecnoloxías alimentarias.

O alumnado, por tanto, incorporará aos coñecementos e competencias adquiridos nas materias do máster impartidas no primeiro curso os coñecementos prácticos en empresas, institucións, asociacións e entidades do sector.

Prácticas de Campo

As materias que na súa programación docente recollen a realización de prácticas de campo, organizarán ao longo do semestre de impartición da materia as visitas correspondentes e poñeranas en coñecemento do alumnado coa suficiente antelación.

Coordinación de prácticas

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2024.