Ir o contido principal
STG

Créditos transversais

O plan de estudos do Grao en Psicoloxía pola USC contempla a posibilidade de que os/as estudantes obteñan ata 12 créditos optativos por recoñecemento de competencias transversais e/ou participación en actividades.

A normativa da USC que regula este recoñecemento establece que se poden obter créditos transversais a través de actividades culturais, deportivas, de representación e de solidariedade/cooperación, e tamén pola formación en competencias informacionais (TIC), lingüísticas (idiomas estranxeiros) ou en actividades formativas que organicen os Centros e que sexan propias da titulación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.01.2021.