Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Psicoloxía

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias del comportamiento y psicología.
Centro(s)
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida, 15782
Santiago de Compostela
881813717 (Conserxaría)
881813719 (Decanato)
decanato.psicoloxia [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Cristina Gómez Roman
Contacto
master.psicoloxia [at] usc.gal

O Máster en Psicoloxía inclúe dúas especialidades: Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria e Especialidade en Psicoloxía Experimental. Os estudantes deben necesariamente optar por unha das dúas especialidades, e verán reflectido no título a denominación da especialidade cursada.

Duración: 2 anos académicos
Código RUCT: 4317022
Número de ECTS: 90
Número prazas: 24

Decano/a ou director/a do centro:
María José Sampedro Vizcaya
mariajose.sampedro [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Cristina Gómez Roman
master.psicoloxia [at] usc.gal

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 5/08/2019 (DOG do 14/08/2019)

Data de publicación no BOE:
8/07/2020

Data da última acreditación:
19/07/2019

O Máster en Psicoloxía (90 créditos) inclúe dúas especialidades:

  • Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria
  • Especialidade en Psicoloxía Experimental.

Os estudantes deben, necesariamente, optar por unha das dúas especialidades, e verán reflectido no título a denominación da especialidade cursada:

  • Máster en Psicoloxía: Especialidade en Psicoloxía Social e Comunitaria; ou
  • Máster en Psicoloxía: Especialidade en Psicoloxía Experimental

O obxectivo da titulación e ofertar unha formación avanzada en Psicoloxía que capacite para o desenvolvemento da investigación e a práctica profesional propias de cada unha das especialidades.

A especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitariaten un carácter fundamentalmente aplicado, e está orientada a proporcionar a formación avanzada requirida para a práctica profesional da Psicoloxía en programas de intervención social e comunitaria tanto en institucións públicas como privadas.

Aespecialidade en Psicoloxía Experimental ten como obxectivo tanto formar para o posterior acceso ao doutoramento, como proporcionar formación para a investigación e a práctica profesional da psicoloxía en contextos de laboratorio e de xestión de proxectos de investigación.

Obrigatorias: 18
Optativas: 42
Prácticas externas 18
Traballo fin de máster: 12
Total: 90

O mestrado contempla dúas especialidades:

-Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria
-Especialidade en Psicoloxía Experimental

Cada estudante debe optar, obrigatoriamente, por unha especialidade.

Para obter o título nunha especialidade, ademais das materias obrigatorias, o estudante debera cursar o modulo de materias vinculadas á especialidade elixida, 24 créditos optativos da especialidade e outros seis a elixir de entre todas as materias optativas do mestrado, sexan da especialidade ou non. O practicum e o Traballo fin de máster (TFM) deberán realizarse no campo da especialidade elixida.

O papel da psicoloxía na sociedade e compromiso ético

  • P3411101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Deseños avanzados de investigación en psicoloxía

  • P3411102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Medida e análise de datos en psicoloxía

  • P3411103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Habilidades para o emprendemento en psicoloxía

  • P3411104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 4,5 créditos

Perspectiva de xénero e igualdade en psicoloxía

  • P3411105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Prácticum de Intervención Social e Comunitaria

  • P3411106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 18 créditos

Traballo fin de máster de Intervención Social e Comunitaria

  • P3411107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 12 créditos

Análise da realidade social: fundamentos da intervención social e comunitaria

  • P3411201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Habilidades sociais e directivas para a intervención en psicoloxía social e comunitaria

  • P3411202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención en contextos de violencia grupal

  • P3411203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención en contextos de violencia de xénero

  • P3411204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Participación cidadá, apoio social e voluntariado

  • P3411205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención en pobreza, emigración e desarraigamento

  • P3411206
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención en violencia política e terrorismo

  • P3411207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Paradigma da obediencia á autoridade: implicacións para a intervención en violencia

  • P3411208
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención en nenos e adolescentes en situacións de vulnerabilidade psicosocial

  • P3411209
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Prevención de condutas problema en menores e desenvolvemento moral

  • P3411210
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Promoción de hábitos de vida saudables

  • P3411211
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Prevención e intervención en drogodependencias

  • P3411212
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Prevención e Intervención en problemas de adicción a novas tecnoloxías

  • P3411213
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención psicosocial en crise e trauma

  • P3411214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención psicosocial en emerxencias e catástrofes

  • P3411215
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Intervención en psicoloxía ambiental

  • P3411234
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Prácticum de Psicoloxía Experimental

  • P3411108
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 18 créditos

Traballo fin de máster de Psicoloxía Experimental

  • P3411109
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Traballos Fin de Grao e Máster
  •  
  • 12 créditos

Alcance do método científico en psicoloxía

  • P3411216
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas psicofisiolóxicas

  • P3411217
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Programación informática para experimentación en psicoloxía

  • P3411218
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Nesgos cognitivos e motivación

  • P3411219
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas de investigación en condicionamiento clásico humano

  • P3411220
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Aprendizaxe e control cognitivo

  • P3411221
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación en imaxes mentais: ámbitos de aplicación

  • P3411222
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Distorsións da memoria

  • P3411223
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Razonamento e solución de problemas

  • P3411224
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación en bilingüismo

  • P3411225
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Investigación aplicada en neurociencia cognitiva

  • P3411226
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Procesos psíquicos superiores

  • P3411227
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Lingüística de corpus

  • P3411228
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Gramática e discurso

  • P3411229
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía das políticas científicas e de innovación

  • P3411230
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Políticas e programas de apoio á I+D e á innovación

  • P3411231
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Deseño, avaliación e xestión de proxectos de investigación

  • P3411232
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

O Máster en Psicoloxía (90 créditos) inclúe dúas especialidades:

  • Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria
  • Especialidade en Psicoloxía Experimental.

Os estudantes deben, necesariamente, optar por unha das dúas especialidades, e verán reflectido no título a denominación da especialidade cursada:

  • Máster en Psicoloxía: Especialidade en Psicoloxía Social e Comunitaria; ou
  • Máster en Psicoloxía: Especialidade en Psicoloxía Experimental

O obxectivo da titulación e ofertar unha formación avanzada en Psicoloxía que capacite para o desenvolvemento da investigación e a práctica profesional propias de cada unha das especialidades.

Sería desexábel que os/as alumnos/as do mestrado mostren interese en adquirir os coñecementos e competencias dirixidos á formación avanzada nos ámbitos de especialidade ofertados na titulación, así como a capacidade de desenvolver e aplicar as habilidades de interacción que vai requirir o seu desempeño profesional nestas áreas de especialización.

Obrigatorias: 18
Optativas: 42
Prácticas externas 18
Traballo fin de máster: 12
Total: 90

O mestrado desenvolverá a súa propia actividade de presentación e acollida dos/as novos/as estudantes no inicio de cada curso académico cunha sesión, esencialmente a cargo da persoa coordinadora do mestrado, ne que se informará aos/as estudantes acerca dos obxectivos principais do título, as competencias e destrezas que deben ser alcanzadas ao final do mesmo, o Prácticum e o Traballo de fin de máster en función de cada especialidade. Será tamén obxecto desta sesión a información sobre os servizos de apoio á aprendizaxe (Campus Virtual, Biblioteca, recursos informáticos e de tecnoloxías da comunicación) e ás xestións académicas (servizos administrativos do centro e xerais; estrutura de dirección académica da facultade).

Pola súa banda, o vicerreitorado con competencias en estudantes da USC realiza accións informativas (ben presenciais nos centros docentes, ou ben a través das TIC) que se desenvolven na primeira quincena do curso académico en todos os centros universitarios para dar a coñecer os recursos e servizos de carácter xeral de que dispón a Universidade. A USC conta tamén con outros recursos de apoio para os/as estudantes, tais como a reserva de prazas nas residencias universitarias, ou o Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX) do Vicerreitorado con competencias en internacionalización, a través do cal realízanse tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na universidade dos/as estudantes procedentes doutros países.

Ademais, a Facultade de Psicoloxía desenvolve ao longo do curso accións de apoio e orientación aos/ás estudantes matriculados/as, mantén actualizado permanentemente un portal web da Facultade en que se presenta a información de interese (anuncios de cursos, charlas e actividades, horarios de clase, calendario de exames, programas de materias, horario de titorías do profesorado, normativas), e desenvolve cursos de presentación e formación de usuarios/as para coñecer e adquirir dominio dos servizos que se prestan e do manexo dos recursos dispoñíbeis no sistema de bibliotecas da USC.

A atención máis específica desde o órgano académico responsábel do mestrado prevese, principalmente, a través do seu coordinador/a do mestrado e dos coordinadores/as de cada unha das súas especialidades. Dado o número de estudantes previstos, é perfectamente factíbel unha atención personalizada paraas dúbidas e necesidades de cada estudante, que se complementará con reunións para orientar sobre procesos específicos, especialmente prácticum e TFM, que se realizarán, de modo ordinario, durante o segundo semestre de primeiro curso.

Aos/as estudantes estranxeiros/as que teñan dificultades coas linguas utilizadas no mestrado serán orientados para que contacten co Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC, que oferece cursos de español para estranxeiros/as e de galego para persoas que non dominan esta lingua.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.

Admisión

Modalidade: criterios xerais

Titulación de acceso:

Graduado ou licenciado en Psicoloxía

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade: criterios xerais

Titulación de acceso:

Graduado ou licenciado en Psicoloxía

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da psicoloxía.

- Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas formulados na práctica profesional e na investigación en psicoloxía, axustada ao contexto e ás competencias que un/a mesmo/a posúe.

- Ser capaz de estabelecer obxectivos de intervención e/ou investigación psicolóxica que sexan aceptábeis éticamente, realizábeis, e susceptíbeis de seren avaliados posteriormente.

- Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.

- Demostrar capacidade para axustar o exercicio profesional ao código ético e deontolóxico da psicoloxía, así como aos principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.

- Saber estabelecer e manter relacións con outros/as profesionais e con organizacións relevantes para a profesión.

- Saber informar e proporcionar retroalimentación das actuacións e proxectos ás persoas a quen van dirixidos, comunicando con claridade, e adaptando o discurso ás características dos/as destinatarios/as, persoas, grupos, organizacións e institucións.

- Saber deseñar e xestionar a prestación dos servizos, ben como empresa autónoma ou como parte dunha empresa privada ou pública, incluíndo o manexo de aspectos operativos de xestión de persoal, financeiros, de planificación e de organización.

- Desarrollar capacidad de valoración crítica de las posibilidades y limitaciones de los métodos y las técnicas de investigación y/o intervención en psicología

- Saber identificar, seleccionar y emplear estrategias, técnicas, instrumentos y/o bases de datos para la investigación y/o intervención en Psicología de acuerdo con los objetivos planteados

- Ser capaz de diseñar, programar e implementar investigaciones y/o planes de intervención en psicología

- Ser capaz de evaluar planes de intervención y/o proyectos de investigación en psicología, a partir de criterios éticos, de calidad y de utilidad, teniendo en cuenta los objetivos, los instrumentos necesarios y los recursos disponibles

- Desarrollar habilidades de dirección y gestión de programas, servicios y centros en psicología

- Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos

- Demostrar capacidade de resolver problemas e tomar decisións adaptadas ao contexto

- Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico

- Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas

- Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requisitos da profesión, e a normativa aplicable

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas externas da Especialidade en Intervención Social e Comunitaria poderán desenvolverse en centros que cobren as principais modalidades da práctica profesional dos/as psicólogos/as da intervención social e comunitaria, e que se relacionan directamente cos contidos formativos da titulación. O tipo de convenios que a Facultade de Psicoloxía asina con cada centro garante ademais que neles os/as estudantes estarán baixo a guía e supervisión dun/a psicólogo/a con experiencia profesional suficiente e documentada.

As prácticas vinculadas á Especialidade en Psicoloxía Experimental consistirán na realización de experimentos de laboratorio e na participación en investigacións no ámbito da psicoloxía básica relacionadas coas liñas desenvolvidas polo profesorado da especialidade.

O Traballo de Fin de Máster (TFM) consta de 12 créditos e poderá consistir nun traballo empírico relacionado con calquera das liñas temáticas que se oferten na especialidade. O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo de investigación que debe constar das seguintes partes: Introdución, obxectivos, materiais e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía.

O cadro docente do máster está formado maioritariamente por profesores e profesoras da Facultade de Psicoloxía da USC. Colaboran tamén docentes doutras Facultades da USC, e de outras Universidades, nacionais e estranxeiras. Todo o profesorado é doutor, con acreditada traxectoria docente e investigadora.

Profesorado
Juan Carlos Acuña Fariña
Miguel Angel Alcaraz Garcia
Antonio Alfonso Álvarez Cruz
Monica Alzate Garcia
Elena Maria Andrade Fernandez
Francisco Caamaño Isorna
Fernando Cadaveira Mahía
María Teresa Carrillo De La Peña
Jesus Cespon Gonzalez
Marcos Dono Martin
Maria Del Mar Duran Rodriguez
Concepcion Fernandez Fernandez
José Fernández Rey
Maria Jose Ferraces Otero
Isabel Fraga Carou
Cristina Gómez Roman
Luis Miguel Jimenez Garcia
Monica Lindin Novo
Ana López Durán
Montserrat Martin Rajo
Meike Meliss
Vitor Miguez Rego
María Lourdes Mirón Redondo
Carlos Montes Piñeiro
Dolores Ponte Fernández
Anais Quiroga Carrillo
Jaime Mauro Redondo Lago
Mauro Lucio Rodriguez Casal
Maria Soledad Rodriguez Gonzalez
Socorro Rodríguez Holguín
Jose Manuel Sabucedo Cameselle
María José Sampedro Vizcaya
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
Maria Paula Santalla Del Rio
Juan Alberto Turnes Abelenda
German Vargas Callejas
Ana Vazquez Rodriguez
Andrea Velandia Morales
Montserrat Zurrón Ocio

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

24,0

24,0

24,0

24,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

17,0

37,0

44,0

43,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

17,0

21,0

21,0

18,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

17,0

21,0

21,0

18,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

23,53

0,0

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

7,3836

7,7958

7,7891

7,5065

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,88

2,7

4,55

6,98

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,76

16,22

27,27

30,23

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

62,16

47,73

41,86

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,83

87,5

87,5

75,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

2,33

Indicador

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

5,88

0,0

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,12

97,61

96,27

93,87

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

2,0

2,0

2,125

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

99,76

100,0

98,23

Estudantes por grupo

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

17,0

21,2

21,0

18,2

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

9,0

11,7143

16,3333

9,8929

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

99,84

99,64

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

100,0

100,0

99,86

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

82,35

95,24

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

94,12

97,61

96,12

93,53

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,0

4,31

4,3611

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

4,0

4,33

4,36

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,25

4,17

4,18

4,69

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,2874

4,2381

4,4389

4,3756

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

88,2353

78,2609

85,7143

25,0

Indicador

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

90,91

88,89

87,5

88,24

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

95,35

97,3

95,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,0

69,77

64,86

75,0

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2022.