Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Recoñecemento de Créditos

O plan de estudos do Grao en Psicoloxía pola USC, adscrito ao ámbito de coñecemento de Ciencias do Comportamento e Psicoloxía, contempla a posibilidade do recoñecemento de créditos ECTS obtidos noutros estudos oficiais da USC ou doutra universidade, así como ata 12 créditos optativos polo recoñecemento de competencias transversais e/ou participación en actividades.

A normativa da USC que regula a obtención do recoñecemento de créditos é aplicable ás titulacións de Grao e máster universitarios oficiais estruturados de acordo coas liñas xerais emanadas do EEES,  consonte ao previsto no Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

Poderá dirixir as súas consultas a: psicoloxia.uaxcd@usc.gal 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.02.2025.