As responsabilidades no caso de incumprimento da normativa preventiva
Autoría
C.A.A.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)

Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A analise realizada neste estudo ten a finalidade de abordar o rexime de responsabilidade en materia de prevencion de riscos laborais que establece o noso ordenamento xuridico. Atenderanse e desenvolveranse os deberes dos suxeitos obrigados, na sua garantia de seguridade e saude no traballo, e concretamente nos supostos de incumprimento dos seus deberes como suxeitos responsables. Ao redor dos distintos reximes de responsabilidade establecidos no dereito, atopamos as suas diferentes peculiaridades atendendo ao tipo, ao grao, ao caracter da inobservancia ou transgresion da norma e a consecuencia que derive da devandita transgresion. Desta forma, o estudo achegase a responsabilidade no ambito administrativo, civil, penal e a recarga das prestacions da seguridade social. Doutra banda, a parte de analizar os elementos que distinguen estas responsabilidades, abordase a concorrencia entre elas, podendo darse a complementariedade ou a alternatividad entre as mesmas, dependendo do ambito xuridico do que se trate. Por ultimo, realizase un enfoque mais practico do tema, analizando unha sentenza recente que versa sobre o estudo do traballo, de forma que se pode observar a aplicacion por parte dos tribunais da normativa analizada.

Dirección
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
FERNANDEZ MARTINEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
Expectativa de control percibido na busca de emprego e benestar subxetivo: un estudo con desempregados.
Autoría
A.D.G.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
A.D.G.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O obxectivo xeral do presente estudo era coñecer cales son as expectativas percibidas e o benestar subxectivo dos desempregados na busca de emprego e se existe relación entre as dúas variables, así como entre cada unha de las e as variables sociodemográficas sexo, idade, formación, experiencia... O estudo está formado por 103 participantes desempregados. Empregáronse as escalas de Expectativas de Control Percibido de Busca de Emprego de Piqueras et. al (2016), Avaliación do Estado de Ánimo de Diener e Biswas-Diener (2008) e Satisfacción coa vida de Diener et al. (1985). Os resultados indicaron que ningunha das variables sexo, idade, experiencia, cobro de prestación de desemprego e método de busca de emprego influíu nin nas expectativas percibidas nin no benestar subxectivo dos desempregados. Pola contra, as variables formación e tempo de desemprego si que influíron, tendo os participantes que contan con formacións máis altas un maior locus de control externo e os que levan menos tempo como desempregados un maior locus de control interno e éxito.

LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
A Avaliación do Desempeño: Deseño dun sistema de avaliación para unha organización do sector das Telecomunicacións.
Autoría
T.F.R.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
T.F.R.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
O obxectivo deste estudo é deseñar unha proposta de sistema de Avaliación do Desempeño baseándose no modelo multidimensional. Este modelo integra un marco metodolóxico de escalas de Likert, valoracións baseadas no comportamento (BARS) e o rexistro de incidentes críticos. A avaliación do desempeño é unha das prácticas máis relevantes no ámbito dos recursos humanos, principalmente no ámbito laboral das empresas e organizacións, ademais de ser obxecto de análise en exercicios de auditoría sociolaboral e de recursos humanos. A finalidade do traballo é avaliar de forma equilibrada as tres dimensións que compoñen o desempeño: desempeño de tarefa, comportamento contextual e a contribución organizacional. Preténdese demostrar que esta ferramenta é escalable xerarquicamente dentro da estrutura organizativa sen perder a obxectividade e a individualización do proceso, así como demostrar que serve como ferramenta para potenciar o capital humano e o seu desenvolvemento.
O obxectivo deste estudo é deseñar unha proposta de sistema de Avaliación do Desempeño baseándose no modelo multidimensional. Este modelo integra un marco metodolóxico de escalas de Likert, valoracións baseadas no comportamento (BARS) e o rexistro de incidentes críticos. A avaliación do desempeño é unha das prácticas máis relevantes no ámbito dos recursos humanos, principalmente no ámbito laboral das empresas e organizacións, ademais de ser obxecto de análise en exercicios de auditoría sociolaboral e de recursos humanos. A finalidade do traballo é avaliar de forma equilibrada as tres dimensións que compoñen o desempeño: desempeño de tarefa, comportamento contextual e a contribución organizacional. Preténdese demostrar que esta ferramenta é escalable xerarquicamente dentro da estrutura organizativa sen perder a obxectividade e a individualización do proceso, así como demostrar que serve como ferramenta para potenciar o capital humano e o seu desenvolvemento.
Dirección
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
A movilidade xeográfica: puntos críticos
Autoría
I.G.M.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
I.G.M.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A movilidade xeográfica, regulada no artigo 40 do Estatuto dos Traballadores, constitúe un instrumento clave dentro da normativa laboral española deseñado para equilibrar a necesidade de flexibilidade de mobilidade dos traballadores das empresas coa protección dos dereitos dos mesmos. Neste artigo pódense apreciar lagunas polo que tamén emplearase o artigo 138 da Lei da Xurisdicción Social para unha análisis máis detallada. Este traballo ten como obxectivo principal analizar en profundidade esta figura xurídica, explorando súas características esenciais e as particularidades da súa aplicación práctica, así como reflexionar sobre a súa natureza como ferramenta de flexibilidade interna e seu impacto nas relacións laborais. Abordase esta figura a través do estudio da lexislación vixente e do marco normativo establecido no Estatuto dos Traballadores, poñendo especial énfase nos requisitos legais para a súa implementación, as causas xustificativas que deben concurrir e o procedemento que deben seguir as empresas, xa sexa no ámbito individual ou colectivo. Asimesmo, o análise compleméntase cunha revisión da xurisprudencia máis relevante, aportando unha visión empírica sobre os conflictos derivados da aplicación destas modificacións.

MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
Satisfacción Laboral, Estrés Laboral e a relación co Desempeño en profesionais de recursos humanos.
Autoría
N.C.G.M.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
N.C.G.M.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
A saúde e a satisfacción dos traballadores é unha prioridade para o éxito das empresas do futuro, polo que esta investigación correlacional estuda a relación entre satisfacción laboral, estrés laboral e a súa influencia no desempeño de 73 profesionais de recursos humanos. A satisfacción laboral enténdese como a percepción negativa ou positiva que ten un traballador sobre os diferentes aspectos do seu traballo e o estrés laboral é o efecto producido pola reacción dos individuos cara a un ou varios estresores que se atopan no traballo, que pode ser ou positiva ou negativa e en casos crónicos convértese na síndrome do burnout, estes conceptos atópanse en auxe no mundo corporativo pola súa importancia e capacidade de xerar perdas económicas considerable para unha empresa. Utilízase o Cuestionario de Satisfacción de Minnesota de Weiss et ao. (1967) para avaliar a variable de satisfacción laboral e o Maslach Burnout Inventory de Maslach et al. (1997) para medir o estrés e o burnout na mostra. A análise estatística das respostas do cuestionario empregado supera o coeficiente de 0.70, obtendo niveis altos de fiabilidade. Os resultados deste estudo mostran que o factor sociodemográfico da idade, ten un impacto relevante nesta mostra tanto en satisfacción laboral como en estrés laboral. Finalmente, conclúese que a satisfacción laboral e o estrés laboral non soamente teñen unha correlación inversa, tamén influencian ao desempeño laboral en factores positivos como a satisfacción intrínseca e a realización persoal, polo que se determina que estes son bos predictores do desempeño laboral.

A xestión da diversidade nas organizacións: Un estudo sobre a percepción dos traballadores
Autoría
P.P.Á.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
P.P.Á.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
Antecedentes: como reflexo da sociedade, as organizacións contan, cada vez máis, con persoal diverso. Xestionar a diversidade, ademais de ser unha cuestión moral, é un factor clave na consecución dos obxectivos organizacionais. O obxecto deste estudo foi examinar a percepción dos traballadores sobre como se xestiona a diversidade nas súas empresas. Método: participaron 102 traballadores (41 homes e 61 mulleres) de empresas de diferentes sectores económicos. Resultados: evidenciouse que os traballadores identifican distintas fontes de diversidade nas súas organizacións e que existe un gran descoñecemento sobre as políticas, en materia de diversidade, que se están implantando nas empresas. Conclusións: Os resultados suxiren a necesidade de mellorar a comunicación interna, integrando a xestión da diversidade na cultura das organizacións.

OTERO MORAL, INMACULADA (Titoría)
OTERO MORAL, INMACULADA (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)

Diseño e implementación dun sistema de selección e avaliación de rendemeto nunha empresa familiar.
Autoría
S.R.V.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
S.R.V.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
O propósito deste traballo é deseñar e implementar un sistema de selección de persoal e un sistema de avaliación do rendemento nunha empresa familiar. As empresas familiares, pola súa propia natureza, adoitan carecer de procesos formais de xestión do talento, o que pode afectar tanto á obxectividade na selección de persoal como ao desenvolvemento e á motivación dos empregados. Profesionalizar estes procedementos non só permite seleccionar os candidatos máis axeitados para cada posto, senón que tamén establece criterios claros e xustos para avaliar o rendemento do persoal. A través da aplicación de ferramentas de recursos humanos adaptadas ao contexto e á cultura da empresa familiar, é posible impulsar a eficiencia organizativa, mellorar o ambiente de traballo e facilitar a sustentabilidade a longo prazo do negocio.

MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titoría)
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Análise económico-financeira de Inditex, S.A.
Autoría
I.S.L.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
I.S.L.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
19.02.2026 10:00
19.02.2026 10:00
Resumo
No presente traballo, realízase unha análise económico-financeira da empresa do grupo Inditex “ZARA España S.A.”, xunto cunha das súas competidoras do sector téxtil, “Loewe”, como referencia por corresponder a unha empresa similar en tamaño e actividade. As pautas seguidas para o desenvolvemento do traballo partiron dunha análise en profundidade de Inditex. Comeza contextualizando a historia e características estruturais do grupo e as súas marcas. Posteriormente, continúase explicando o comportamento do sector téxtil a diferentes escalas coas súas particularidades e termínase afondando na empresa obxecto de estudo mediante unha análise interna e un estudo dos seus estados contables. Para realizar o obxecto de estudo do traballo, utilízanse as contas anuais de Zara como marca insignia do grupo Inditex. Para a obtención dos datos utilízase a base de datos SABI. Pártese dunha análise horizontal e vertical dos estados contables, así como do cálculo e interpretación dos ratios de equilibrio financeiro, de risco ao crédito de curto e longo prazo, e de rendibilidades. Os resultados mostran que ambas empresas teñen boa saúde financeira, tendo en conta algunhas singularidades e contrastes para cada unha delas. Zara conta cun maior tamaño, volume de vendas e facturación, así como unha gran xeración de liquidez. Pola súa parte, Loewe presenta maiores marxes e ratios máis equilibrados nos estados contables. Isto non significa que a competidora Loewe se sitúe en mellor posición que Zara. As altas rotacións (existencias, clientes...) presentes na nosa empresa permítenlle manter un equilibrio económico-financeiro no seu conxunto.

LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Titoría)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Titoría)
Tribunal
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
MIRANDA BOTO, JOSE MARIA (Presidente/a)
Taboada Villa, Jorge (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
A relación entre o job crafting, o capital psicolóxico positivo, o engagement no traballo e o desempeño ocupacional.
Autoría
I.M.T.P.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
I.M.T.P.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
20.02.2026 10:00
20.02.2026 10:00
Resumo
O presente estudo tivo como obxectivo analizar a relación entre o job crafting, o capital psicolóxico positivo e o engagement no traballo, así como examinar a contribución conxunta destas variables na predición das distintas dimensións do desempeño ocupacional. A mostra estivo composta por 188 persoas traballadoras de diversos sectores laborais, que completaron un cuestionario autoadministrado que incluía medidas de job crafting, capital psicolóxico positivo (esperanza, autoeficacia, resiliencia e optimismo), engagement laboral e desempeño ocupacional (desempeño de tarefa, desempeño contextual e condutas contraprodutivas). Realizáronse análises de correlacións bivariadas e de regresión para contrastar os modelos de predición propostos. Os resultados amosaron asociacións positivas entre o job crafting, o capital psicolóxico positivo e o engagement laboral. Así mesmo, o job crafting relacionouse positivamente co desempeño de tarefa e negativamente coas condutas contraprodutivas. As análises de regresión indicaron que a esperanza e a autoeficacia se mantiveron como predictores positivos do job crafting, mentres que a resiliencia e o optimismo amosaron efectos negativos cando se consideraron conxuntamente. En relación co desempeño, o job crafting predixo o desempeño de tarefa e as condutas contraprodutivas, mentres que o engagement e a resiliencia se asociaron principalmente co desempeño contextual. En conxunto, os achados salientan a relevancia do job crafting como un mecanismo clave para comprender como os recursos psicolóxicos se traducen en condutas laborais e resultados de desempeño.