Ir o contido principal
STG
Esta plataforma nace coa vocación de responder e servir de apoio á investigación, estando a disposición da USC e doutras entidades públicas e privadas.

A plataforma dispón de recursos técnicos e humanos de primeira liña, cun instrumental moderno e con equipos de alta tecnoloxía. Estas infraestruturas permiten resolver numerosas cuestións no campo da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico.

A plataforma de secuenciación foi creada pola USC en 2006 para prover de servizos de secuenciación á comunidade universitaria e prestar asemade estes mesmos servizos de alta calidade a investigadores doutras entidades públicas e privadas.

Desde o inicio a actividade da plataforma estivo estreitamente vinculada aos grupos de investigación dos doutores Ángel Carracedo e Paulino Martínez. Co obxectivo de incorporar á plataforma a importante experiencia e know-how destes dous grupos na área de xenómica funcional, en 2009, a plataforma reorientouse para incluír tamén estas tecnoloxías no seu portfolio de servizos e actividades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2024.