Ir o contido principal
STG

Unidade Supragrupal

BioReDes xorde para desenvolver unha actividade de I+D+i, de carácter interdisciplinar, capaz de abordar, desde unha perspectiva sistémica e adaptada ás particularidades da contorna galega, os problemas e retos asociados á produción e xestión sustentable dos biorrecursos

A Agrupación Estratéxica de Investigación 'Xestión e Produción Sustentable de Biorecursos: BioReDes' nace en 2018, ao abeiro das axudas para a creación  de agrupacións estratéxicas convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, para transformar e revolucionar o sector primario galego.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2021.