A curtametraxe "Pingelap" de Trasalba Films gaña o IFindecurta
Trasalba Films gañou onte coa curtametraxe "Pingelap", o premio do xurado da I edición do certame Findecurta, dotado con 500 euros. Pola súa parte, o premio do público foi para o grupo Kiwi coa curtametraxe "Unha inspiración". A decisión do xurado deuse a coñecer nun acto público, ao que asistiron, máis dun centenar de persoas, logo da proxección de todas as curtas na Praza de Santa María de Lugo. Ambas as dúas curtametraxes competirán no Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega da 38º Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.
Findecurta é unha nova iniciativa artística impulsada pola área de Cultura do Campus Terra da USC e organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación e Concello de Lugo, a través da que se pretende contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega. O xurado estivo integrado por Sonia Díaz, representae de NOCOMUN; Suso López Productor de Doghs; Ana Díz, produtora e realizadora; e Bruno Máez, coordinador do Findecurta. En total, 60 persoas, integradas en sete equipos, participaron nesta primeira edición do certame.