Ir o contido principal
STG

A Escola Politécnica Superior de Campus Terra da USC premia traballos de enxeñaría agrícola que dean visibilidade á muller

La Escuela Politécnica Superior de Campus Terra de la USC premia trabajos de ingeniería agrícola que den visibilidad a la mujer
La Escuela Politécnica Superior de Campus Terra de la USC premia trabajos de ingeniería agrícola que den visibilidad a la mujer
A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo vén de convocar o I Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural, un certame que ten por obxecto premiar aqueles Traballos Fin...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo vén de convocar o I Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural, un certame que ten por obxecto premiar aqueles Traballos Fin de Grao de Enxeñaría Agrícola asinados por alumnas ou que teñan como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural.

 

O prazo de presentación de propostas a este certame, dirixido á participación aberto á participación de estudantes dos Graos en Enxeñaría Agrícola da EPS que defendan o seu TFG no curso 2015-2016, permanecerá aberto ata o 23 de setembro de 2016.

 

As persoas interesadas poden solicitar máis información ao respecto na secretaría de dirección do centro universitario lugués e na súa páxina web, onde se poden atopar as bases do certame, nas que se establece un premio de 200 euros para a proposta galardoada en cada unha das dúas modalidades establecidas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.