A profesora da USC no Campus Terra Rosa Mosquera, reelixida presidenta da Federación Europea de Sistemas Agroforestais
A directora do Departamento de Produción Vexetal e profesora na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Rosa Mosquera Losada, vén de ser reelixida presidenta da Federación Europea de...
Lugo
A directora do Departamento de Produción Vexetal e profesora na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Rosa Mosquera Losada, vén de ser reelixida presidenta da Federación Europea de Sistemas Agroforestais (EURAF) en Montpellier, onde ofreceu o relatorio inaugural da terceira edición do Congreso Europeo de Sistemas Agroforestais. No marco deste foro de carácter internacional e no que participou o ministro de Agricultura de Francia, Stéphane Lle Fol, ademais de diversas delegacións procedentes de China, Estados Unidos e doutros países do continente americano, Mosquera reivindicou unha estratexia agroforestal europea.