Conferencia sobre acreditación de títulos no Campus Terra da USC
O catedrático da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) e membro de comisións avaliadoras de títulos de grao e máster de ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación), Nemesio Fernández Martínez, impartiu este venres na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada "Acreditacións de títulos. Tipoloxías, acreditacións e reflexións".
Nemesio Fernández Martínez ten sido Director do Departamento de Ciencia Animal-UPV, entre os anos 1994 e 2004, e da ETSIAMN-UPV, entre os anos 2004 e 2014, e Presidente da Conferencia de Directores de Escolas que imparten estudos de Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Agrícola e Enxeñeiro Técnico Forestal entre os anos 2008 e 2014.