Ir o contido principal
STG

O Campus Terra da USC expon en Galiforest a súa oferta académica especializada no eido forestal

El Campus Terra de la USC expone en Galiforest su oferta académica especializada en el ámbito forestal
El Campus Terra de la USC expone en Galiforest su oferta académica especializada en el ámbito forestal
Galiforest, o IV monográfico forestal celebrado na localidade coruñesa de Boqueixón, é o escenario escollido polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela para expor as titulacións da...
Lugo

Galiforest, o IV monográfico forestal celebrado na localidade coruñesa de Boqueixón, é o escenario escollido polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela para expor as titulacións da súa oferta académica que xiran en torno ao monte. Campus Terra conta cun espacio expositor, entre o 30 de xuño e o 2 de xullo, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no que os asistentes poden obter material informativo sobre os diferentes centros que integran o Campus, facendo especial fincapé nos graos, máster e programas de doutoramento focalizados no eido forestal. Asemade, na xornada inaugural, os profesores da Escola Politécnica Superior do Campus Terra, Alberto Rojo Alboreca e Ramón Díaz Varela participarán, ás 11:30 e 11:50 horas, respectivamente, na xornada técnica “Xestión Forestal, Certificación FSC e Innovación". Pola súa parte, o tamén profesor da EPS, Roque Rodríguez Soalleiro, participa na xornada técnica “Planteamentos integrais” o 1 de xullo, no Auditorio, ás 17:00 horas. O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, visita o espacio expositor na tarde deste xoves 30.

 

Na actualidade, Campus Terra é un referente estatal no ámbito forestal ao imparir unha oferta académica completa conformada polo grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Rural, así como o dobre grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Rural. Esta oferta académica complétase co Máster Oficial en Enxeñaría de Montes e o Máster Propio en Enxeñaría da Madeira Estructural. Finalmente, Campus Terra oferta catro programas de doutoramento relativos, directa ou indirectamnete, ao eido forestal: Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil, Investigación Agraria e Forestal, Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, e Ciencias Agrícolas e Medioambientais.

 

Ademais dunha oferta académica completa e especializada, Campus Terra, o campus da Universidade de Santiago de Compostela, situado na cidade de Lugo, especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, ofrece, aos seus alumnos, a posibilidade de realizar prácticas en empresas do sector forestal tanto en España, como no estranxeiro. Asemade, favorece a posibilidade de cursar parte dos estudos nunha universidade de fóra do Estado español ao poder escoller entre unha grande oferta de convenios con universidades de todo o mundo. Para mellorar o nivel de idioma, os matriculados e matriculadas teñen á súa disposición o Centro de Linguas Modernas do Campus.

 

Neste curso académico, grazas á colaboración da Deputación Provincial de Lugo,  os alumnos que se matriculen por vez primeira no Campus Terra poden recibir un desconto de ata o 50% do prezo da súa matrícula en dez titulacións. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.