O Campus XuvenCiencia protagoniza o Programa Efervesciencia da Radio Galega
Os participantes no Campus de Verán Xuvenciencia, pertencente ao Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, foron protagonistas, o pasado domingo, do programa de divulgación científica Efervesciencia da Radio Galega. Para escoitalo, só tes que premer aquí.
O Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo é unha actividade divulgativa promovida e organizada polo Grupo XuvenCiencia (Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía) da USC, formado por profesorado de diferentes áreas e centros do Campus Terra. Conta ademais coa colaboración, totalmente altruísta, de máis de 90 profesores e técnicos, así como de persoal de outros centros e institucións. O Grupo XuvenCiencia ten como obxectivo contribuír á divulgación da ciencia e da tecnoloxía na sociedade, especialmente entre o alumnado preuniversitario.