Ir o contido principal
STG

O dobre grao de Mestre en Educación Infantil e Primaria reforza a oferta académica de Campus Terra da USC para o curso 2016-17

El doble grado de Maestro en Educación Infantil y Primaria refuerza la oferta académica de Campus Terra de la USC para el curso 2016-17
El doble grado de Maestro en Educación Infantil y Primaria refuerza la oferta académica de Campus Terra de la USC para el curso 2016-17
A oferta académica do Campus Terra da USC ampliarase no curso 2016-2017 coa implantación dun novo dobre título de grao, tal e como é o de Mestre en Educación Infantil e Primaria, que se impartirá na...
Lugo

A oferta académica do Campus Terra da USC ampliarase no curso 2016-2017 coa implantación dun novo dobre título de grao, tal e como é o de Mestre en Educación Infantil e Primaria, que se impartirá na Facultade de Formación do Profesorado e que comezará coa oferta de 10 prazas de matrícula.

 

A aprobación deste novo dobre grao por parte do Consello de Goberno da USC, xunto cos xa aprobados de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio natural, e Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía, eleva a tres as titulacións dobres que se se impartirán no Campus Terra da USC o próximo curso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.