Ir o contido principal
STG

Calidade

A Facultade de Ciencias da Comunicación é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario, de cara a garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia da súa contorna económica e social.

O Sistema de Garantía de Calidade da Facultade de Ciencias da Comunicación, alíñase co SGC da Universidade de Santiago, si ben definindo as súas propias peculiaridades a través de procedementos que permiten pautar o deseño da oferta formativa, a revisión do seu desenvolvemento, así como a toma de decisións para a mellora continua. De igual xeito, a calidade do centro concrétase na planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da universidade e a revisión periódica do funcionamento do sistema, en orde a garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.

A edición inicial do Sistema de Garantía de Calidade do centro, avaliado positivamente pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), remóntase ao 21 de decembro de 2009, data trala cal o SGC sería actualizado periodicamente, a fin de adaptalo aos cambios producidos tanto no nivel institucional, como no propio centro.

O 21 de xuño de 2017 a Facultade de Ciencias da Comunicación renovou a acreditación dos títulos de grao implantados ata ese momento.

Durante o curso 2018-2019, o centro acometeu o proceso de Certificación da Implantación do Sistema de Garantía de Calidade, o que supuxo un importante respaldo á autonomía de funcionamento do seu SGC, así como o recoñecemento institucional da súa madurez; obtendo con data 30 de xullo de 2019 a Certificación de implantación do SGC da ACSUG con validez ata 2024.

O centro obtivo o Informe favorable de Acreditación Institucional da ACSUG e, por Resolución do 17 de decembro de 2019, o Consejo de Universidades ditaba a Acreditación institucional da Facultade de Ciencias da Comunicación, con validez ata 2025.

Por último, debe sinalarse que o SGC do centro ten o seu soporte documental no Manual do SGC, no Manual de Procesos, así como no Plan Estratéxico, co que, á súa vez, se aliñan tanto a Memoria de Calidade, como o Plan de Accións de Mellora, ambos de carácter anual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2024.