Este Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual ofrece unha formación teórico-práctica vertebrada nunha dobre vertente: os usos do discurso xornalístico e os múltiples formatos e manifestacións da cultura audiovisual máis actual; dando como resultado unha figura converxente, debedora tanto de lóxicas estritamente informativas, como de lóxicas relacionadas coa narrativa ficcional e o entretemento.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual (3ª ed)
Duración:
5 anos académicos
Código RUCT: 7000605
Número de ECTS: 360
Número prazas: 10
Decano/a ou director/a do centro:
ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
Coordinador-a do título:
Enrique Castello Mayo
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Nivel MECES: 2
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Este dobre grao busca a formación dunha figura converxente e polivalente, dende o territorio da comunicación, debedora tanto das lóxicas estritamente informativas, como das lóxicas relacionadas coa ficción e o entretemento, o que constitúe una tarefa posible e desexable no traballo das áreas de coñecemento (Xornalismo, por unha banda, e Comunicación Audiovisual e Publicidade, por outra) implicadas principalmente no grao.
Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

A USC ten un programa de estudantes titores para as titulacións de grao, de forma que o estudantado de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos/ás estudantes que inician os estudos.
Información programa estudantes titores:
Programa estudantes titores
Cando se produza a suspensión dun Título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que houberan iniciado os seu estudantes ata a súa finalización. Para elo, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que facilitan a os/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalenzas entre as materias dun e doutro plan.
Os requisitos xerais de acceso aos estudos de grao son os recollidos no artigo 15 do Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade. Pódese atopar máis información na seguinte ligazón:
Acceso a Grados
Ademais, a USC dispón dunha Oficina de Información Universitaria (OIU) https://www.usc.gal/gl/ao-teu-servizo/oiu , a través da cal se resposta a consultas específicas.
O Grao en Xornalismo ten como obxectivo formar futuros profesionais destinados a desenvolver todas aquelas tarefas relacionadas coa busqueda, a selección, a xestión, a produción e a difusión de información de espectro referencial moi amplo, de carácter xeral ou especializada, tanto no marco de entidades mediáticas propiamente ditas, como de institucións públicas ou persoais, nas que teñan cabida estas prácticas informativas.
O Grao en Comunicación Audiovisual ten como obxectivo, pola súa banda, formar futuros profesionais destinados a desenvolver tarefas enmarcadas no amplo territorio da comunicación audiovisual, da ficción e do entretemento, que teñen cabida no ámbito das Industrias Culturais e Creativas. Esta formación, asentada en amplos coñecementos de carácter técnico e estético, tradúcese nunha ulterior capacidade de ideación e de materialización de narrativas, de formatos, de programas e obras de moi diversa índole, destinados os múltiples soportes, e que requiren a mobilización de múltiples gramáticas
Ver a información de cada titulación
Ver a información de cada titulación
Ver a información de cada titulación
Mobilidade
A mobilidade dos estudantes propios e de acollida está regulada na USC polo Regulamento de Intercambios Interuniversitarios de Estudantes, aprobado polo Consello de Goberno do 26.10.2012, e modificado en 2019, cuio contido pode consultarse na seguinte dirección:
https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/alumnado
O estudantado deberá realizar dous TFG, un de Xornalismo e outro de Comunicación Audiovisual. A carga lectiva de cada TFG será de 12 créditos.