Ir o contido principal
STG

Prácticas

As prácticas académicas externas son unha actividade formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC, que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica de Grao e Máster.

Asemade, contribúen á adquisición das competencias que lles preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a súa empregabilidade e fomentan a súa capacidade de emprendemento.

A Facultade de Ciencias da Comunicación organiza estadías de prácticas en empresas do sector da comunicación, vinculadas á USC a través dos convenios de prácticas USC-Empresa.

As competencias que adquiren os estudantes das titulacións oficiais de Grao e Máster da facultade están relacionadas coas tarefas que desenvolven na súa estadía nas empresas de acollida.

Xunto a estas competencias específicas, os estudantes coñecerán de modo experimental as condicións e dinámicas de traballo nas empresas do eido xornalístico e da comunicación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2024.