Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Periodismo, comunicación, publicidad y relaciones públicas.
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782
Santiago de Compostela
881816500 (Conserxaría)
881816555 (Decanato)
cc.comunicacion.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Berta Garcia Orosa
Contacto
berta.garcia [at] usc.es

Desde a súa orixe, o mestrado présentase coa finalidade de complementar ou ampliar a formación dos estudantes que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, ou algún grao da rama de Ciencias Sociais e que desexan especializarse en Xornalismo ou en Comunicación, cunha dobre orientación: académica-investigadora e profesional.
Os contidos do mestrado cobren moitas das carencias formativas que existen actualmente como consecuencia da necesidade de incorporar a comunicación, a información e o coñecemento a todos os sectores da sociedade.
As materias que se propoñen correspóndense coas tendencias profesionais e con demandas académicas que existen nestes momentos para mellorar a formación, tanto no ámbito do xornalismo como da comunicación.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 3500264
Número de ECTS: 60
Número prazas: 30

Decano/a ou director/a do centro:
ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Berta Garcia Orosa
berta.garcia [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

O título presenta un plan de estudos dun curso de 60 ECTS. Combínanse materias de 3 e 6 ECTS, salvo as prácticas en empresa (12 ECTS) e o traballo de fin de máster (12 ECTS); organízanse en módulos segundo o tipo de materia (obrigatorias, propias de especialidade, prácticas en empresa e traballo de fin de máster).
 Obrigatorias: 33
 Optativas: 15
 Prácticas externas OB: 0
 Traballo fin de máster: 12
o Total: 60

O título ofrece dúas especialidades: "Especialidade en Análise e Estratexias do Xornalismo e a Comunicación Multimedia" e "Especialidade en Deseño de Proxectos e Emprendemento Xornalístico na Contorna Multimedia", cada unha delas con cinco materias optativas (15 ECTS en total). Para obter a especialidade, débese completar o itinerario optativo correspondente.
Non é obrigatorio cursar unha especialidade, polo que o/a estudante pode optar por titularse sen mención.

O primeiro semestre conta con 33 ECTS de carácter obrigatorio, mentres que no segundo semestre cúrsanse 15 optativos e 12 de traballo de fin de máster. Esta distribución considérase óptima para que o alumnado curse as materias obrigatorias durante o primeiro semestre e comeza o seu itinerario de especialización no segundo semestre, período no que ademais se intensifica o tempo dedicado ao traballo de fin de máster e, opcionalmente, realizan prácticas en empresa.

Xornalismo e comunicación híbridos na sociedade líquida

  • P3383101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Desafíos en comunicación: como afrontalos

  • P3383102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Curación de contidos, xestión e visualización de datos

  • P3383103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Narrativas xornalísticas: novos xéneros e linguaxes

  • P3383104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Innovación xornalística: novos formatos, produtos e soportes

  • P3383105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Tendencias nos modelos de negocio do xornalismo

  • P3383106
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Audiencias e consumos informativos

  • P3383107
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Xornalismo en cambio: adaptación ao escenario dixital

  • P3383201
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xornalismo e comunicación multimedia: xestión e estratexias

  • P3383202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Métodos de investigación en comunicación e xornalismo dixitais

  • P3383203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Laboratorio de comunicación en democracia

  • P3383204
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Laboratorio de contidos informativos

  • P3383205
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Alumnado con inquedanzas nas novas tendencias no xornalismo e a comunicación , que require de profesionais especializados na produción, xestión e distribución de contidos para plataformas dinámicas e versátiles, como Internet, as redes sociais e a telefonía móvil.

O título presenta un plan de estudos dun curso de 60 ECTS. Combínanse materias de 3 e 6 ECTS, salvo as prácticas en empresa (12 ECTS) e o traballo de fin de máster (12 ECTS); organízanse en módulos segundo o tipo de materia (obrigatorias, propias de especialidade, prácticas en empresa e traballo de fin de máster).
 Obrigatorias: 33
 Optativas: 15
 Prácticas externas OB: 0
 Traballo fin de máster: 12
o Total: 60

Acto de Benvida ás/os novas/os estudantes. Durante a primeira semana de cada curso académico organízase unha xornada de benvida que ten como finalidade orientar ós estudantes do Máster. Participan nesta sesión os responsables do equipo decanal e o/a coordinador/a de titulación. O acto termina cunha visita guiada polo Centro. Explícanse os detalles sobre o funcionamento da Facultade (aulas de informática, préstamo bibliotecario, salas de estudo) e as orientacións xerais sobre o plan de estudos.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Requisitos específicos
1º Ter unha titulación no ámbito de coñecemento de Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas.
2º De non cubrirse a oferta de prazas por titulados universitarios no ámbito, o/a solicitante poderá solicitar a admisión con outra titulación da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Artes e Humanidades. Este alumnado terá que cursar os complementos formativos establecidos:
• Introdución á comunicación xornalística dixital (1er semestre, 6 ECTS)
• Introdución á comunicación audiovisual dixital (1er semestre, 6 ECTS)
O alumnado procedente de países con un idioma oficial distinto ao galego, español ou portugués deberán acreditar o nivel de lingua galega (Celga2) ou lingua española (B2). En caso de non dispor de algún dos títulos, a USC realizará unha proba de nivel e, de non superala, deberán asistir a un curso intensivo de galego ou español no primeiro semestre ata alcanzar o nivel requirido.
Recomendable: Coñecementos básicos de inglés conforme ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Línguas.

Admisión

Os méritos que se valorarán no proceso de admisión serán os seguintes:
• Expediente académico (70% da puntuación).
• Currículo investigador/profesional (30% da puntuación). So se valorarán os traballos académicos ou científicos publicados relacionados cos contidos do Mestrado e a experiencia profesional exercida en xornalismo e comunicación.

• Formar aos estudantes nas últimas innovacións da práctica profesional en xornalismo e comunicación multimedia.
• Coñecer e aplicar os recursos e as ferramentas innovadoras do ecosistema comunicativo.
• Capacitar na elaboración e xestión de produtos, estratexias e proxectos xornalísticos na contorna multimedia.
Obxectivos formativos dás especialidades:
Especialidade en Análise e Estratexias do Xornalismo e a Comunicación Multimedia:
Capacitar para a análise, o estudo e a xestión estratéxica da comunicación e o xornalismo nunha contorna multimedia.
Especialidade en Deseño de Proxectos e Emprendemento Xornalístico na Contorna Multimedia:
Formar para a ideación, desenvolvemento, xestión e avaliación de proxectos multimedia.

COM.1 - Seleccionar, xerarquizar e aplicar os coñecementos sobre xornalismo multimedia e as súas innovacións no ámbito profesional para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
COM.2 - Deseñar e implementar estratexias creativas no xornalismo e a comunicación multimedia.
COM.3 - Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes.
COM.4 - Xestionar e liderar proxectos colaborativos con iniciativa e carácter emprendedor no ámbito profesional do xornalismo e a comunicación multimedia.

HAB.1 - Utilizar técnicas e ferramentas específicas para o traballo en xornalismo e comunicación multimedia.
HAB.2 - Aplicar estratexias para a xestión de proxectos xornalísticos multimedia.
HAB.3 - Aplicar as innovacións tecnolóxicas no xornalismo multimedia.
HAB.4 - Utilizar técnicas de investigación aplicadas á comunicación e ao xornalismo multimedia.
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos do ecosistema comunicativo dixital.

CON.1 - Comprender as características do xornalismo multimedia e os seus retos actuais.
CON.2 - Coñecer os principios e as técnicas de análises e de elaboración de produtos xornalísticos multimedia.
CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e a comunicación.
CON.4 - Comprender os fundamentos da investigación do xornalismo e a comunicación dixital no contexto actual.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
O Master non contempla a participación, de xeito xeral, en programas de mobilidade, xa que so ten duración de un ano (60 ECTS).

Prácticas

No Máster é unha materia optativa de 12 ECTS. A selección dos estudantes admitidos, cando corresponde ao centro, realízase mediante convocatoria pública. As prácticas de máster prográmanse ao longo do segundo semestre e ata o final do curso académico. A dedicación máxima no lugar de destino de formación limítase a un máximo de 35 horas semanais. O programa de prácticas da Facultade oferta unicamente prácticas remuneradas, tanto curriculares como extracurriculares.
Ofrécense prazas en empresas do sector do xornalismo e a comunicación: medios de comunicación en diferentes soportes (prensa, radio, televisión, multimedia), produtoras, axencias de comunicación e institucións. A listaxe de convenios vixentes na Facultade pódese consultar no espazo de Prácticas do sitio web: https://www.usc.gal/es/centro/facultad-ciencias-comunicacion/practicas.

No Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia contémplase un Traballo de Fin de Máster de 12 ECTS, que pode ser de dous tipos: estudio teórico e proxecto práctico, que se definen na correspondente guía docente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2024.