Ir o contido principal
STG

Política de Calidade

A Facultade de Ciencias da Comunicación desenvolve a política de calidade a través do seu plan estratéxico, o plan anual de melloras e a memoria anual de calidade. 

O Sistema de Garantía de Calidade deste centro alcanza a todas as titulacións oficiais, tanto de grao como de máster, impartidas nel e das cales é responsable; asemade, alcanza aos seguintes grupos de interese: alumnado, persoal docente e investigador, e persoal de administración e servizos, con vinculación ao centro. En termos xerais, o SGC contempla o deseño da oferta formativa, a avaliación e a revisión do seu desenvolvemento, a toma de decisións para a mellora continua, a planificación dos obxectivos a acadar, de acordo coa estratexia da Universidade de Santiago e da propia Facultade, e a revisión periódica do funcionamento do sistema, en orde a garantir a súa utilidade para todos os grupos de interese.

A Facultade de Ciencias da Comunicación ten como obxectivos principais da súa política de calidade, tanto no contexto universitario como no contexto social, desenvolver programas formativos que garantan a excelencia na formación do estudantado, en resposta ás demandas do entorno laboral, tecnolóxico e investigador; apoiar o desenvolvemento profesional do seu persoal docente, investigador e de administración e servizos; e rendir contas do investimento de que dispón e da optimización dos seus recursos.

O documento que recolle a política de calidade actual da Facultade de Ciencias da Comunicación, está dispoñible no apartado de documentación do SGC :

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2024.