Ir o contido principal
STG

Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento

  • En extinción
  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Facultade de Ciencias da Comunicación
Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782
Santiago de Compostela
881816500 (Conserxaría)
881816555 (Decanato)
cc.comunicacion.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Berta Garcia Orosa
Contacto
berta.garcia [at] usc.es

O máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento ofrece unha formación integral nas últimas tendencias no xornalismo e a comunicación dixital.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4317746
Número de ECTS: 60
Número prazas: 30

Decano/a ou director/a do centro:
ANA ISABEL RODRIGUEZ VAZQUEZ
anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Berta Garcia Orosa
berta.garcia [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 8 de xullo de 2021 (DOG 16/07/2021)

Data da última acreditación:
24/05/2021

O máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento ofrece unha formación integral nas últimas tendencias no xornalismo e a comunicación dixital. A través dun programa de formación teórico-práctico, os alumnos e alumnas obterán unha formación que lles permitirá traballar en calquera empresa ou entidade do ámbito da comunicación e o xornalismo aplicando as últimas innovacións á súa tarefa diaria. Igualmente o máster forma a investigadores punteiros neste ámbito.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 27
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

Neste máster os alumnos poden optar entre unha saída investigadora e outra profesional. Para a saída investigadora terán que cursar necesariamente a materia: “Métodos de nvestigación cualitativa e cuantitativa”. Para a saída profesional deberán realizar a materia de “Prácticas externas”.

Independentemente do anterior pode optar por realizar unha das dúas especialidades ofertadas polo máster:

-Especialidade en Ideación e creación de produtos multimedia.
-Especialidade en Elaboración de contidos informativos y comunicación multimedia.

En síntese, o alumnado terá estas opcións:

1) Optar entre saída investigadora ou profesional. Estabelécese unha diferenciación entre o TFM que teñen que realizar os alumnos que opten pola orientación investigadora ou profesional. Os estudantes que queiran especializarse en ambos os itinerarios terán que elaborar necesariamente un traballo de fin de máster por cada un deles.

2) Finalizar os estudos de máster sen especialidade, seleccionando libremente entre todas as materias optativas ofertadas.

3) Finalizar con especialidade se cursa como optativas as asignaturas dalgún dos módulos de especialización que se propoñen. Nese caso, complementará a súa formación académica con créditos de carácter optativo que pode elixir de entre:

-materias optativas comúns a todas as especialidades
-materias optativas vinculadas a outra especialidade

Documentación. Xestión e visualización de datos

  • P3382101
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Narrativas xornalísticas: novos xéneros e novas linguaxes

  • P3382102
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Innovación xornalística: novos formatos, produtos e soportes

  • P3382103
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 6 créditos

Xornalismo e comunicación híbridos na sociedade líquida

  • P3382104
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Tendencias nos modelos de negocio en xornalismo

  • P3382105
  •  
  • Obrigatorio
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos
 
 
 

Este mestrado vai dirixido a alumnos que desexen ampliar os seus coñecementos no ámbito da información e/ou da comunicación, tanto con fins académicos e científicos como profesionais. Os contidos que se ofertan conforman unha proposta con equilibrio entre teoría e práctica, por iso se adaptan ás necesidades que poidan ter os alumnos que desexen realizar un doutoramento no ámbito da información ou da comunicación, para dedicarse á docencia e á investigación, pero tamén son útiles para profesionais en activo que queiran ampliar ou actualizar os seus coñecementos para afrontar os continuos retos que se presentan na actualidade. Os medios de comunicación están sometidos a un proceso de renovación e evolución constante, e os profesionais que traballan neles necesitan actualizarse de forma continua para coñecer as tendencias e adaptarse ás demandas da audiencia nos novos contextos informativos e comunicativos.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 21
Optativas: 27
Traballo fin de máster: 12
Total: 60

Os estudantes matriculados neste máster contarán con apoio académico e orientación desde o primeiro momento e durante todo o curso. A través da figura dun orientador, que formará parte do cadro de profesores do máster, os alumnos/as terán sempre unha persoa de referencia para todo tipo de consultas relacionadas co título, desde xestións administrativas até asesoramento nos aspectos académicos.

Ademais, para difundir ou ampliar calquera información que poida resultar útil para os alumnos, o máster realizará unha xornada de acollida ao principio de cada edición para os alumnos de novo ingreso e aproveitará todos os recursos potenciais que ofrecen as novas tecnoloxías, entre eles a creación dunha páxina web propia do máster a través da que se informará aos estudantes de todas as novidades durante o período lectivo.

A Comisión Académica asignará a principio de curso un titor a cada estudante, para manter aberta unha vía de comunicación permanente cos alumnos e asesoralos en todas as cuestións que necesiten, tanto as de carácter académico como as administrativas, facilitándolles información precisa para que poidan acudir de forma rápida e oportuna ás canles necesarias para atopar unha solución a calquera problema.

O titor tamén fará un seguimento puntual da evolución dos alumnos para comprobar que realizan a aprendizaxe segundo o previsto e, ao mesmo tempo, localizar posibles dificultades académicas coa antelación suficiente para que poidan ser corrixidas a tempo e non inflúan no resultado final.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Modalidade:criterios específicos

Titulacións de Acceso:

Preferencia 1: Titulacións no ámbito de Ciencias da Comunicación (Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas)

Preferencia 2: outras titulacións da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades.

Os alumnos que proveñan de graos das ramas de Humanidades e Ciencias Sociais diferentes a Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade terán que cursar complementos de formación.

Criterios de admisión:

-Expediente académico: 70%
-Currículo investigador / profesional (30%) (traballos académicos ou científicos publicados relacionados cos contidos do máster e a experiencia profesional dentro do ámbito do xornalismo e da comunicación).

É recomendábel, aínda que non obrigatorio, ter coñecementos mínimos de inglés para, polo menos, entender correctamente bibliografía e produtos audiovisuais elaborados nese idioma, conforme ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Modalidade:criterios específicos

Titulacións de Acceso:

Preferencia 1: Titulacións no ámbito de Ciencias da Comunicación (Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas)

Preferencia 2: outras titulacións da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas ou Humanidades.

Os alumnos que proveñan de graos das ramas de Humanidades e Ciencias Sociais diferentes a Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade terán que cursar complementos de formación.

Criterios de admisión:

-Expediente académico: 70%
-Currículo investigador / profesional (30%) (traballos académicos ou científicos publicados relacionados cos contidos do máster e a experiencia profesional dentro do ámbito do xornalismo e da comunicación).

É recomendábel, aínda que non obrigatorio, ter coñecementos mínimos de inglés para, polo menos, entender correctamente bibliografía e produtos audiovisuais elaborados nese idioma, conforme ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

- Coñecer dinámicas, produtos e soportes para a produción, xestión e difusión do coñecemento
- Detectar, coñecer, interpretar e aplicar as novas tendencias, no xornalismo en particular, e na comunicación en xeral.
- Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos informativos.
- Coñecer a estrutura de produtos para a rede, a edición de produtos multimedia e a arquitectura e o deseño en rede.

- Coñecer o manexo de bases online e a creación e uso de bases documentais propias para a interpretación e análise de datos e a súa explotación visual.
- Analizar os novos xéneros e as novas linguaxes do xornalismo e o seu emprego no estudo e análise das consecuencias da hibridación dos medios de comunicación.
- Xestionar información e comunicación en novos formatos e en novos soportes para narrar e transmitir información.
- Utilizar as ferramentas de xeración de contidos para contornos online e abordar procesos informativos ou comunicativos co uso de recursos dixitais para a elaboración de contidos informativos ou divulgativos.
- Profundar, investigar e contextualizar a análise e a aplicación práctica das economías da información e da comunicación e a análise e a sustentabilidade dos cambios nos modelos de financiamento.
- Realizar actividades de divulgación científica através de publicacións da área con propostas de artigos baseadas en investigacións propias desenvolvidas polo alumnado.
- Elaborar un produto ou unha acción de comunicación real e desenvolvela.
- Coñecer os problemas derivados da intoxicación e saber executar tarefas de alfabetización informativa.
- Capacidade para aplicar criterios adecuados para a selección de contidos de utilidade e interese social.

- Elaborar e xestionar contidos informativos.
- Idear e crear produtos multimedia.
- Usar as tecnoloxías da comunicación multimedia e hipermedia.
- Planificar e executar estratexias de comunicación innovadoras en democracia.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

Portal Internacional

Prácticas

As prácticas en empresas programáronse ao final do máster, despois da materia de laboratorio de cada especialidade na cal os alumnos exercitarán en equipo as competencias e os coñecementos adquiridos ao longo das ensinanzas de todo o máster. Configúrase como unha materia de 6 ECTS vinculada á saída profesional.

Polos compromisos adquiridos con empresas e a longa experiencia da Facultade de Ciencias da Comunicación en realizar convenios con medios, produtoras e axencias para a realización de prácticas, prevese unha oferta que, a pesar de ser optativa, garanta que todo a alumnado poida realizar as prácticas externas en empresas.

Este máster inclúe a realización dun Traballo Fin de Máster obrigatorio equivalente a 12 créditos ECTS que se desenvolverá unha vez cursadas todas as materias programadas.

Para o alumando da saída profesional, o TFM terá que ser obrigatoriamente un produto ou un suposto de aplicación real dos contidos do master.

Para o alumnado de perfil investigador, o TFM ha de ser necesariamente un traballo de investigación que se presentará en versión integra como traballo académico e en versión adaptada a un artigo científico listo para ser remitido a algunha das revistas científicas da área de Comunicación incorporadas a DICE (base de datos de revistas promovida por ANECA, CCHS e CSIC).

O equipo docente fixo do máster que se especifica a continuación estará acompañado por profesores invitados que ofrecen ao alumnado casos prácticos das últimas tendencias utilizadas en diversos medios internacionais. Entre outros, estiveron connosco profesionais The Telegraph, AlJazeera, correspondentes da Cadea Ser en Washintong, profesores de universidades estranxeiras…

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.