Ir o contido principal
STG

Alumnado titor

O alumnado titor é un estudante matriculado nunha titulación de grao do centro, de 2.º curso ou seguintes, que orienta e apoia o novo alumnado que se incorpora ao centro, tratando de favorecer a súa integración.

O programa de titores desenvólvese ao longo de dous cursos académicos.

Nunha primeira etapa fórmase ao alumnado para que coñeza o funcionamento da USC e as técnicas para poder orientar aos estudantes de novo ingreso.

Na segunda etapa estes alumnos dan acollida ao alumnado de 1.º curso e colaboran co programa A Ponte nas visitas aos centros de ensino medio e na recepción de estudantes na USC. Tamén colaboran dando acollida aos estudantes estranxeiros (de Erasmus e outros programas de intercambio).

Esta actividade está enmarcada no Artigo 10.9.c) do Real Decreto 822/2021, con un recoñecemento de seis créditos en base a un acordo do Consello de Goberno do 4 de xullo de 2008, desenvolto pola Resolución Reitoral do 14/12/09.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.01.2024.