Motivación para a acción colectiva en persoas que viven con VIH/SIDA: unha análise desde un enfoque psicosocial
Autoría
M.J.A.R.
Máster Universitario en Psicoloxía
M.J.A.R.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 16:00
18.09.2025 16:00
Resumo
O VIH é unha enfermidade historicamente estigmatizada. Desde a súa aparición na década de 1980, foi unha fonte de rexeitamento e invisibilidade constantes debido á súa asociación con grupos marxinalizados: homosexuais, inmigrantes e prostitutas. Isto levou ás persoas que viven co virus a organizarse e participar en accións colectivas para esixir dereitos e acceso ao tratamento antirretroviral. Polo tanto, para comprender que impulsa ás persoas que viven co VIH a participar en accións colectivas, o obxectivo deste estudo é analizar a relación entre identidade, eficacia, inxustiza, ideoloxía e obriga moral coa motivación para a acción colectiva utilizando o modelo AICAM. Para acadar este obxectivo, realizouse un estudo cuantitativo correlacional non experimental. Utilizouse unha mostra de 39 persoas (52,5% mulleres, 42,5% homes e 5% individuos non binarios) cunha idade media de 49,87 anos. Os participantes completaron un formulario en liña que medía a identidade, a eficacia, a inxustiza, a ideoloxía e a obriga moral. Os resultados mostran que as variables do modelo AICAM non predicen significativamente a motivación para a acción colectiva nesta poboación. Non obstante, atopouse unha correlación negativa significativa entre a idade e a ideoloxía dos participantes, o que significa que canto maior era o participante, menor era o nivel de identificación ideolóxica coas causas relacionadas co VIH/SIDA. Ademais, os datos indican unha correlación significativa entre algunhas das variables que conforman o modelo AICAM, o que corrobora os achados da literatura científica.

Dirección
Dono Martín, Marcos (Titoría)
Dono Martín, Marcos (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Presidente/a)
Gómez Roman, Cristina (Secretario/a)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Vogal)

Eficacia dos programas de prevención universal de consumo de substancias na adolescencia
Autoría
M.A.G.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.A.G.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
19.02.2025 10:00
19.02.2025 10:00
Resumo
O consumo de substancias é un problema de saúde pública. O consumo iníciase na adolescencia, polo que neste período resulta fundamental a prevención. O obxectivo do presente traballo foi facer unha revisión sistemática da eficacia dos programas de prevención universal baseados na escola dende o ano 2010. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica nas bases de datos PsycInfo, Scopus e Web of Science, onde seleccionáronse 14 artigos. Pese á gran variedade de resultados, en xeral, estes mostraron a eficacia deste tipo de programas en canto a previr o consumo de alcol, tabaco e drogas ilegais, sendo a prevención do consumo de alcol a que acumula maior evidencia. A maioría dos programas incluíron o adestramento de habilidades de resistencia social e de desenvolvemento de competencias, e educación normativa. En base á evidencia analizada, elaborouse unha proposta de prevención universal baseada na escola do consumo de substancias e dirixida a adolescentes de 12-14 anos, combinando compoñentes de información, educación normativa e adestramento de diversas habilidades. Conclúese que a prevención universal do consumo de substancias na adolescencia semella ser eficaz e útil.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
Tribunal
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)

Proposta de programa de ENvellecemento activo no RUral GAlego - ENRUGA
Autoría
G.B.G.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
G.B.G.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
15.09.2025 09:15
15.09.2025 09:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón un programa de intervención baseado no envellecemento activo, adaptado ao contexto do rural galego. A iniciativa nace ante a necesidade de facer un cambio e mellorar a vida das persoas maiores, especialmente aquelas que residen en contornos con limitacións deste tipo de recursos, dispersión xeográfica e que estean en risco de illamento social. A partir dunha revisión que recolle diferentes enfoques e políticas internacionais, estatais e autonómicas, elabórase un deseño de programa que promove a autonomía, a saúde e o benestar das persoas maiores desde unha perspectiva integral. O programa, denominado ENRUGA, estrutúrase en torno a tres pilares principais: a estimulación cognitiva, a actividade física mediante xerontoximnasia e o fortalecemento das relacións sociais e da participación comunitaria. Deséñase como unha intervención descentralizada, que se desenvolverá en diferentes parroquias do entorno rural do municipio, con sesións de mañá e tarde para facilitar o acceso e fomentar a participación. O equipo de traballo está formado por un/unha psicólogo/a, un/unha traballador/ora social e un/unha educador/ora social. Serán os membros do equipo os que vaian rotando para cubrir así os centros seleccionados. Inclúese unha planificación detallada dos obxectivos, destinatarios, recursos, temporalización e actividades específicas para cada unha das áreas que conforman o programa. Ademais, proponse un sistema de avaliación para comprobar a eficacia da intervención combinando probas estandarizadas como o CAMCOG-R, o GDS-15 e a Escala de Soidade de De Jong Gierveld, xunto con unha enquisa de satisfacción elaborada especificamente para o programa. Os resultados esperados apuntan a un impacto positivo na vida diaria das persoas maiores participantes, tanto a nivel individual como comunitario.

Facal Mayo, David (Titoría)
Facal Mayo, David (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)

OnlyFans: Empoderamento ou prostitución 2.0
Autoría
L.B.I.
Máster Universitario en Psicoloxía
L.B.I.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
20.02.2025 11:00
20.02.2025 11:00
Resumo
Ao longo da historia, a prostitución estivo ligada á desigualdade de xénero e ao control dos corpos das mulleres. Hoxe en día, con case todos os aspectos da nosa vida dixitalizados, xorde unha nova forma que se entrelaza coa prostitución tradicional, visibilizando unha estrutura de poder semellante. OnlyFans, plataforma onde se comparte contido explícito a cambio de diñeiro, é un claro exemplo. Mentres algúns defenden que é un medio de empoderamento, outros advirten sobre os riscos e consecuencias que conleva. As e os menores son particularmente vulnerables ante unha visión distorsionada do empoderamento, sen decatarse dos perigos inherentes. Este programa, dirixido a adolescentes de 4º da ESO, ten como obxectivo informar e sensibilizar sobre os riscos do uso de OnlyFans, abordando cuestións como a prostitución 2.0, a explotación e o proxenetismo. A través de actividades organizadas en bloques, preténdese mostrar as consecuencias do uso da plataforma, promover un uso responsable das redes, aplicar estratexias preventivas e reformular o concepto de empoderamento. Ao tratarse dunha proposta de intervención, non é posible avaliar resultados concretos nin comparalos con outros programas, xa que non se atoparon iniciativas semellantes que aborden esta temática de maneira específica. Porén, a pesar dalgunhas limitacións, espérase que o programa consiga xerar un cambio na percepción e conduta das e dos participantes respecto á plataforma, promovendo unha reflexión crítica sobre os riscos e as realidades asociadas.

RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
RODRIGUEZ CASAL, MAURO LUCIO (Titoría)
Tribunal
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VELANDIA MORALES, ANDREA (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)

''Mao a mà'' acompañamento en grupo a nais en situación de monomarentalidade. Proposta de intervención
Autoría
A.B.D.
Máster Universitario en Psicoloxía
A.B.D.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
Os cambios sociais, políticos e culturais emerxentes xeraron unha diversidade contorna á organización familiar. Esta diversidade provocou un aumento dos fogares monomarentais, o que á súa vez xerou novas necesidades, problemáticas e desafíos específicos asociados a esta situación. A través dunha análise teórica baseada en investigacións e datos estatísticos, contextualizouse a realidade das nais que asumen soas a crianza, así como as dificultades que enfrontan. Así mesmo, desenvolveuse unha proposta de intervención grupal dirixida a estas mulleres, co obxectivo de xerar un impacto positivo que fortaleza a súa autoestima e amplie a súa rede de apoio social.

Alzate García, Mónica (Titoría)
CORREA CHICA, JULLY ANDREA Cotitoría
Alzate García, Mónica (Titoría)
CORREA CHICA, JULLY ANDREA Cotitoría
Tribunal
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VELANDIA MORALES, ANDREA (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
DURAN RODRIGUEZ, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VELANDIA MORALES, ANDREA (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dificultades psicolóxicas e adhesión ao tratamento antirretroviral en persoas seropositivas de África subsahariana residentes en Europa: revisión sistemática e proposta de intervención
Autoría
E.C.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
E.C.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
19.02.2025 10:45
19.02.2025 10:45
Resumo
O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é unha infección que, ao longo das décadas, pasou de ser unha enfermidade mortal a unha enfermidade crónica grazas ao desenvolvemento de tratamentos, especialmente a terapia antirretroviral e a triple terapia. É unha enfermidade asociada a moita estigmatización, e ten importantes repercusións psicolóxicas para as persoas infectadas, como o deterioro do estado de ánimo, a autoestima afectada e a aparición de sentimentos de vergoña e culpa vinculados á infección. Na Unión Europea, os migrantes representan unha gran proporción de pacientes infectados polo VIH e as persoas procedentes de África subsahariana son particularmente vulnerables á infección. Co fin de identificar as dificultades psicolóxicas específicas ás que se enfrontan as persoas seropositivas de África subsahariana que viven na Unión Europea e no Reino Unido, e como estas inflúen na adhesión ao tratamento antirretroviral, realizouse unha revisión sistemática consultando as bases de datos Medline, Psycinfo e Word Of Sciences. Os resultados mostran que estas persoas sofren unha importante estigmatización por parte da súa comunidade, que a súa autoestima e o seu estado de ánimo vense afectados polo VIH e que contan con pouco apoio social que lles axude a afrontar a enfermidade. Por outra banda, as diferenzas culturais fan que estes pacientes non sempre se sintan comprendidos polo equipo médico, desconfíen da medicina occidental e prefiran ás veces recorrer á medicina tradicional. Todos estes factores teñen un impacto negativo na adhesión ao tratamento antirretroviral. Elaborouse unha proposta de intervención co obxectivo de reducir as dificultades psicolóxicas que viven as persoas seropositivas da África subsahariana que viven na Unión Europea e no Reino Unido, e mellorar a adherencia ao tratamento. Trátase dunha proposta de intervención de tres niveis, que inclúe unha intervención dirixida aos pacientes, así como sesións de intervención máis curtas dirixidas á comunidade africana e aos profesionais sanitarios que atenden a pacientes VIH positivos de África subsahariana.

Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Tribunal
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Autoeficacia e intención de consumo en adolescentes. A importancia da prevención.
Autoría
S.B.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.B.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
10.09.2025 10:00
10.09.2025 10:00
Resumo
O presente estudo analiza a relación entre a autoeficacia percibida e a intención de consumo de substancias en adolescentes, co obxectivo de identificar o seu papel como factor protector fronte a condutas de risco. Para iso, aplicáronse instrumentos validados (SEF, SDQ, EAG e o cuestionario do programa “Mantente Real”) a unha mostra de 88 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria. Avaliáronse unha dimensión global de autoeficacia e tres específicas (escolar, social e de autorregulación) así como a súa relación con variables como a intención de consumo, actitudes cara ás drogas, presión de grupo e condutas desviadas, entre outras. Os resultados mostraron unha asociación negativa entre a autoeficacia social e de autorregulación e a intención de consumo, así como con variables de risco psicosocial. Non se atoparon diferenzas significativas en función do sexo nin asociación coa autoeficacia xeral. Devanditos resultados subliñan a importancia de traballar especificamente estas dimensións da autoeficacia desde idades temperás para previr o inicio no consumo. A partir da análise dos mesmos, proponse unha intervención aplicada baseada na modificación dalgúns aspectos do programa “Construíndo Saúde”, que se mostrou efectivo na redución da vulnerabilidade dos adolescentes fronte situacións de presión grupal e o favorecemento de estilos de vida máis saudables.

GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Vogal)

A dureza emocional na intervención de problemas de conduta na infancia: unha revisión de programas
Autoría
F.B.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
F.B.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 16:00
03.07.2025 16:00
Resumo
Os rasgos callous-unemotional (CU) describen un perfil de personalidade caracterizado por dureza ou insensibilidade emocional, que pode estar asociado con graves problemas deconduta e que difire significativamente do perfil de nenos e nenas ou mozas que só presentan condutas disruptivas. Os rasgos CU relacionáronse cun maior risco de condutas antisociais, deterioración psicosocial, comorbilidad psicopatolóxica e menores niveis de comportamento prosocial. Aínda que a evidencia indica que estes mozos son máis resistentes ao tratamieno, a investigación recente ha observado que poderían beneficiarse de intervencións que vaian máis aló dos programas tradicionais para os problemas de conduta. No presente traballo leva a cabo unha revisión sistemática para analizar a eficacia e a compoñentes clave das intervencións actuais dirixidas a nenos e nenas menores de 12 anos con problemas de conduta e trazos CU. Os resultados subliñan a importancia de programas intensivos, individualizados e multicomponente, que integren adestramento parental e estratexias adaptadas ás características únicas deste perfil. A partir destes achados, proponse unha intervención orientada a mellorar o axuste psicosocial, deseñada especificamente para responder as características e necesidades desta poboación e adaptada a idades de entre 6 e 8 anos. A proposta combina un programa de capacitación parental con adestramento en habilidades socioemocionales para nenos e nenas, baseada na adaptación da “Parent-Child Interaction Therapy” para trazos CU (PCIT-CU).

GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)

Teoría da mente nas epilepsias do lóbulo temporal e do lóbulo frontal
Autoría
M.C.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.C.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 10:00
17.02.2025 10:00
Resumo
A teoría da mente (ToM polas súas siglas en inglés) fai referencia á capacidade de atribuír estados mentais a outros. Moitas condicións presentan déficits graves nesta capacidade e relacionouse con dificultades no funcionamento social, incluíndo a epilepsia do lóbulo temporal (ELT) e do lóbulo frontal (ELF). Con todo, non existe un protocolo que permita avaliar a ToM na ELT e a ELF, polo que este traballo ten o obxectivo de facer unha revisión da literatura que examine o test máis adecuados para medir a ToM e facer a proposta dun protocolo. A revisión mostrou que os adultos con ELT e ELF presentan déficits graves de ToM a pesar da heteroxeneidade dos test. Estes déficits non adoitan estar relacionados coas variables da epilepsia e son independentes doutras funcións cognitivas. O test máis adecuados para medir a ToM son o Faux Pas Test (FPT) e o Movie for the Assesment of Social Cognition (MASC), polo que o protocolo proposto inclúe este dous test. Con todo, é necesario o desenvolvemento de test adecuados con máis dunha forma para medir cambios dinámicos na ToM.

DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
Tribunal
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)

SóÉ Arte Deseño dun Programa de Intervención para o Manexo da Soidade en Persoas Maiores a través da Arteterapia
Autoría
D.C.C.P.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
D.C.C.P.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
16.09.2025 11:00
16.09.2025 11:00
Resumo
aumento, asociada a factores sociais, emocionais e de saúde, que afecta de maneira significativa o seu benestar psicolóxico e a calidade de vida. Este fenómeno pode entenderse como o resultado dunha combinación de elementos, entre os que se atopan a perda de vínculos afectivos, o illamento social, o deterioro da saúde ou a institucionalización. A invisibilidade desta realidade, xunto coa escasa oferta de intervencións centradas na vellez, pon de manifesto a necesidade de desenvolver propostas innovadoras e específicas. Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta de intervención psicoemocional baseada na arteterapia, titulada SoloEsArte, cuxo obxectivo é reducir a sensación de soidade e mellorar o benestar emocional das persoas maiores usuarias do centro de día NetAvó. A metodoloxía adoptada baséase nun enfoque vivencial, participativo e centrado na persoa, empregando a pintura como ferramenta principal para a expresión emocional e o fortalecemento do autocoñecemento e da identidade. As sesións inclúen actividades que permiten explorar emocións, lembranzas significativas e experiencias persoais mediante técnicas artísticas accesibles e adaptadas ás capacidades do grupo. Para avaliar o impacto do programa, deseñouse unha estratexia de avaliación que contempla tanto ferramentas estandarizadas como instrumentos ad hoc: un cuestionario inicial de expectativas, enquisas de satisfacción por sesión, un cuestionario de avaliación final e a aplicación pre e post do Escalado de Soidade de De Jong Gierveld. Así mesmo, mantense un diario de campo para recoller observacións cualitativas sobre o desenvolvemento de cada sesión. SoloEsArte preséntase como unha intervención innovadora e sensible, que introduce a arte como vehículo terapéutico, abordando de maneira integral aspectos da vellez frecuentemente desatendidos. A pesar do seu potencial, o programa presenta limitacións como a ausencia dun grupo de control ou a súa curta duración, aspectos que poderían ser abordados en futuras investigacións.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Díaz Fernández, Fernando (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
Díaz Fernández, Fernando (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
Mayor-Arte: Proposta de intervención basada na arteterapia para adultos maiores con Alzheimer
Autoría
B.M.C.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
B.M.C.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Máster propón un programa de intervención orixinal deseñado para adultos maiores con demencia de Alzheimer no Centro de Día AFALU, a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo. A intervención combina a estimulación cognitiva con técnicas de arteterapia e tarefas duplas para promover a expresión emocional e mellorar o benestar dos participantes. O deseño do programa baséase nos beneficios da estimulación cognitiva multimodal e o valor terapéutico da arte, especialmente en situacións de demencia. Consta de 12 sesións grupais distribuídas en seis semanas nas que se alternan diferentes modalidades. As sesións teñen unha estrutura similar: orientadas á actividade con relaxación guiada ou exploración sensorial, como actividade principal, e conclúen con risoterapia. A avaliación do programa propón un deseño de proba pre-post con instrumentos validados xunto con observación cualitativa continua para detectar posibles necesidades de axuste. En canto aos resultados esperados, prevénse lixeiras melloras nas funcións cognitivas como a atención, a memoria autobiográfica, así como o estado de ánimo e o benestar xeral. Entre os puntos fortes do programa están a súa flexibilidade, replicabilidade e natureza integradora. As limitacións inclúen a dificultade para xeneralizar os resultados e a simplicidade dalgunhas das actividades. As futuras propostas de investigación poderían explorar outras modalidades de terapia artística non incluídas neste programa, como a escritura creativa ou a fotografía. Ademais, sería interesante incorporar materiais máis diversos que promovan unha maior personalización das actividades.

Campos Magdaleno, María (Titoría)
Campos Magdaleno, María (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)

Explotación de pistas de congruencia nunha tarefa manual de Stroop espacial
Autoría
R.C.H.
Máster Universitario en Psicoloxía
R.C.H.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 16:00
18.09.2025 16:00
Resumo
O control cognitivo é fundamental para regular o comportamento en situacións de conflito ou ambigüidade. O presente estudo explora a posibilidade de modular tal control mediante pistas de congruencia nunha tarefa manual de Stroop espacial de catro opcións. A diferenza de investigacións anteriores que atoparon efectos de pistas só en condicións moi específicas, como tarefas verbais, pistas deterministas ou pistas presentadas entre ensaios, este traballo avalía se as pistas probabilísticas incorporadas no ensaio anterior poden mellorar o rendemento. Utilizáronse pistas visuais explícitas (direccións de frechas) para predicir a congruencia ou incongruencia do seguinte ensaio cunha validez do 80%. O experimento realizouse durante dúas sesións consecutivas para explorar tamén o papel da aprendizaxe e a práctica. Os resultados mostraron os principais efectos das pistas tanto nos tempos de reacción como nas taxas de acerto, aínda que os efectos foron moi pequenos e clasificados como anecdóticos mediante análises bayesianas. Non se atopou ningunha interacción significativa entre a práctica (sesión) e as pistas, o que suxire que unha soa repetición en días consecutivos non é suficiente para consolidar o uso das pistas. Estes achados proporcionan evidencia parcial da posibilidade de anticipar as demandas de control empregando pistas probabilísticas en tarefas de interferencia manual, aínda que a súa eficacia semella limitada polo deseño da tarefa. Recoméndase que as investigacións futuras inclúan condicións de comparación entre bloques neutros e pistas deterministas para validar a natureza do efecto observado.

JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Titoría)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Presidente/a)
Gómez Roman, Cristina (Secretario/a)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Presidente/a)
Gómez Roman, Cristina (Secretario/a)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Vogal)
Historias que conectan: unha intervención baseada no trauma e a vinculación. Programa para adolescentes en acollemento residencial terapéutico
Autoría
M.C.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.C.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
19.02.2025 11:30
19.02.2025 11:30
Resumo
As persoas menores de idade en acollemento residencial terapéutico presentan un perfil e problemáticas concretas que deben ser atendidas directamente. Esta poboación mostra problemas tanto externalizantes como internalizantes o que evidencia a presenza de necesidades terapéuticas que motivan o seu internamento. Estes adolescentes presentan unha traxectoria ampla no sistema de protección e perfís clínicos máis severos. Como variables explicativas diso destacan a inestabilidade ou ruptura no acollemento e os problemas de vinculación coas figuras de referencia, a polivictimización e vivencias potencialmente traumáticas, entre outros. Deste xeito, sitúase como imprescindible o desenvolvemento de intervencións centradas especificamente nas variables propias desta poboación. Neste sentido, no presente traballo proponse un programa de intervención para persoas menores nun recurso residencial terapéutico, en concreto o Centro de Menores “Montealegre”, centrado no procesamento de vivencias traumáticas a través da construción dunha narrativa vital cohesionada e a promoción dunha vinculación segura. Para iso, trabállase durante 3 meses en sesións, tanto de modalidade individual como grupal, de forma paralela e posteriormente en conxunto cos NNA e cos seus principais coidadores.

LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
LOPEZ ROMERO, MARÍA LAURA (Titoría)
Tribunal
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Sesgos de memoria emocional en persoas con trastorno por uso de alcohol de inicio na adultez temperá
Autoría
A.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
04.07.2025 10:00
04.07.2025 10:00
Resumo
O alcohol é a droga máis consumida e pode ter consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais significativas, especialmente o trastorno por consumo de alcol (TUA). Algunhas investigacións indican a existencia de sesgos de memoria emocional asociados a patróns de consumo de alcohol de risco, cunha tendencia a recordar información emocionalmente negativa. O obxectivo deste estudo foi demostrar a presenza de sesgos de memoria emocional en persoas con TUA con inicio na idade adulta temperá. Participaron oitenta e catro participantes (de 25 a 39 anos): 64 controis e 20 casos diagnosticados con TUA. Administrouse un protocolo de avaliación que incluía unha entrevista para determinar as condicións previas do individuo e o consumo de alcohol e substancias ao longo da vida. Administrouse unha batería neuropsicolóxica que incluía unha proba de aprendizaxe de palabras con valencia emocional. Os resultados mostraron que a taxa de recordo inmediato para palabras negativas era maior nos casos que nos controis, sen diferenzas por sexo. O sesgo emocional asociouse a patróns de consumo de alcohol e dificultades coa regulación emocional. Estes resultados poderían deberse a dificultades no procesamento emocional e no control cognitivo en persoas con TUA. É necesaria máis investigación para determinar a importancia da regulación emocional nas intervencións sobre o TUA.

CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
Eficacia da terapia EMDR en nenos e adolescentes en situacións de crise e emerxencia
Autoría
A.C.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.C.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 10:00
17.02.2025 10:00
Resumo
As catástrofes naturais como terremotos, incendios forestais, furacáns ou inundacións son imprevisibles e teñen un impacto devastador na saúde mental da poboación que as sofre, especialmente na infancia e na adolescencia, por ser un colectivo máis vulnerable. Este traballo revisa a eficacia da terapia de desensibilización e reprocesamento mediante movementos oculares (EMDR) nesta poboación en situacións de crise e emerxencia. Os obxectivos son, polo tanto, analizar a eficacia do protocolo EMDR e as modificacións necesarias para traballar con nenos e adolescentes, así como deseñar un programa de intervención adaptado ás súas necesidades. Seleccionáronse 18 estudos cun total de 1387 participantes a través das bases de datos Scopus, PubMed e PsycInfo. Os resultados amosan que o EMDR é efectivo para reducir os síntomas asociados ao evento traumático, como o trastorno de estrés postraumático, ansiedade e depresión, destacando pola súa eficiencia no tempo en comparación con outras terapias centradas no trauma. A proposta aplicada é un programa de intervención grupal baseado no protocolo EMDR, deseñado para atender as necesidades de nenos e adolescentes afectados por unha catástrofe natural recente, a DANA de Valencia.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
VILLAR TORRES, PAULA (Presidente/a)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Secretario/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Vogal)

Coidarte mentras coidas: Estratexias para afrontar o dó anticipado no coidado de persoas con demencia
Autoría
L.C.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
L.C.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
16.09.2025 11:00
16.09.2025 11:00
Resumo
A proposta de intervención “Coidarse mentras coidas” xorde ante o impacto emocional que implica ser coidador/a informal dunha persoa con demencia, especialmente ante a aparición do duelo anticipado, debido ás perdidas progresivas cognitivas, funcionais e relacionales. A pesar de que é unha reacción natural, adoita manifestarse de forma silenciosa e pode derivar en patróns pouco saudables que afectan o benestar da persoa coidadora. A intervención psicoeducativa está deseñada para desenvolverse na Escola de Familias de AGADEA e estrutúrase en cinco sesións grupais con enfoque práctico e emocional. A través de contidos sobre validación emocional, autocoidado, afrontamiento e redes de apoio, búscase reducir a sobrecarga emocional, fortalecer a resiliencia e previr complicacións asociadas ao proceso de coidar. Aínda que non se implementou espérase que sexa un recurso accesible, útil e reaplicable en diferentes contextos.

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Díaz Fernández, Fernando (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
Díaz Fernández, Fernando (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
Facal Mayo, David (Vogal)
As redes sociais como ferramenta para promover a reciclaxe de plásticos
Autoría
A.M.C.F.
Máster Universitario en Psicoloxía
A.M.C.F.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
11.07.2025 09:00
11.07.2025 09:00
Resumo
A contaminación por plásticos é un problema social e ambiental cun impacto significativo na actualidade. Aínda que a redución do uso de plástico representa un cambio importante nos hábitos de consumo, a reciclaxe preséntase como unha alternativa máis accesible que pode facilitar a transición cara a comportamentos máis sostibles. Para fomentar cambios nos hábitos de reciclaxe, é necesario chegar á cidadanía con mensaxes eficaces, e as redes sociais demostraron ser unha canle útil para conciencialos e informalos. Non obstante, os estudos que analizaron a relación entre a reciclaxe de plásticos e as redes sociais son escasos. Polo tanto, existe a necesidade de afondar nesta área de estudo e explorar a aplicación deste coñecemento en intervencións sociais e comunitarias. Este traballo ten como obxectivo realizar unha revisión sistemática do uso das redes sociais na promoción da reciclaxe de plásticos e, con base nos resultados, deseñar unha proposta de intervención dirixida á cidadanía. Para iso, revisáronse un total de 19 estudos empregando a metodoloxía PRISMA. Da análise destes estudos, pódese concluír que factores como a conciencia ambiental e as características sociodemográficas inflúen na reciclaxe de plásticos. As redes sociais son o medio preferido para obter información sobre a reciclaxe e ofrecen estratexias que fortalecen a adopción da reciclaxe, como a comunicación positiva.

Gómez Roman, Cristina (Titoría)
Gómez Roman, Cristina (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)

Factores de risco asociados á ideación suicida en poboación adulta en contextos rurais e urbanos
Autoría
M.C.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.C.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 10:45
17.02.2025 10:45
Resumo
A ideación suicida é un fenómeno influenciado por múltiples factores. Esta revisión sistemática examinou os factores de risco en persoas a partir dos 40 anos, prestando especial atención a variables sociodemográficas, como o lugar de residencia (rural ou urbano), o xénero e a idade, así como psicolóxicas. Realizouse unha procura nas bases de datos PubMed e PsycInfo e incluíronse 25 estudos publicados nos últimos 30 anos. Os resultados mostraron que: (1) entre as variables sociodemográficas, máis que a contorna rural ou urbana en si, a ideación suicida estivo determinada polo illamento social e as barreiras no acceso aos servizos de saúde mental en zonas rurais e polo estrés e a desconexión social en áreas urbanas; (2) a depresión foi o principal factor de risco psicolóxico; (3) o xénero feminino presenta maior vulnerabilidade pola súa asociación a trastornos afectivos, e a idade aumenta o risco ao vincularse con deterioración física e dependencia; (4) a falta de apoio social e a percepción de soidade foron factores crave, especialmente cando coexistían con trastornos mentais ou eventos estresantes. Os achados resaltan a necesidade de adoptar estratexias preventivas adaptadas a factores sociodemográficos e psicosociais.

Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
Tribunal
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
“Coidando ao Coidador: Realidade Virtual e Estratexias Psicoeducativas para a Redución do Estrés, a Ansiedade e a Depresión no Coidado do Alzheimer”
Autoría
P.S.C.B.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
P.S.C.B.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
15.09.2025 09:15
15.09.2025 09:15
Resumo
A enfermidade de Alzheimer ten un impacto significativo tanto nas persoas diagnosticadas como nos seus coidadores non profesionais, que a miúdo experimentan altos niveis de estrés e ansiedade debido ás esixencias constantes do coidado e á falta de apoio emocional. Este Traballo de Fin de Máster presenta un programa innovador que combina estratexias psicoeducativas co uso terapéutico da realidade virtual. O obxectivo principal é ofrecer apoio emocional aos coidadores de persoas con Alzheimer mediante sesións estruturadas centradas no autocuidado, a regulación emocional e o fortalecemento das redes de apoio. O programa desenvólvese ao longo de 18 semanas, cunha estrutura de sesións dividida en tres segmentos: un espazo para compartir emocións, contido psicoeducativo e relaxación inmersiva en contornos virtuais. Para avaliar a eficacia da intervención, empréganse instrumentos validados que permiten medir os cambios en estrés, ansiedade, síntomas depresivos e benestar psicolóxico. Agárdase que a intervención mellore de maneira significativa a calidade de vida dos coidadores e que poida servir como modelo replicable en contornas con recursos limitados. Ademais, contribúe ao campo da psixoxerontoloxía ao integrar a tecnoloxía e a saúde emocional como unha estratexia de apoio integral para aquelas persoas que coidan con dedicación.

PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
PICON PRADO, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Vogal)
Intervencións psicolóxicas dirixidas a adolescentes e mozos LGBTQ+: Revisión e proposta de intervención dende a Teoría do Estrés das Minorías
Autoría
P.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
P.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 16:45
03.07.2025 16:45
Resumo
Os adolescentes e mozos LGBTQ+ presentan un maior risco de sufrir diferentes problemas de saúde mental. De acordo coa Teoría do Estrés de Minorías, isto é debido á exposición a estresores distales e proximales que crean unha contorna social hostil e estresante. Con todo, os tratamentos psicolóxicos deseñados especificamente para esta poboación son escasos. Por este motivo, no presente traballo levouse a cabo unha revisión bibliográfica co obxectivo de identificar a evidencia científica respecto ás intervencións psicolóxicas deseñadas especificamente para mellorar a saúde mental dos adolescentes e mozos LGBTQ+, así como as características das intervencións, a súa eficacia e as limitacións da literatura actual. A revisión da literatura empírica permite concluír que se trata dun campo de investigación emerxente, sendo polo momento as intervencións heteroxéneas pero prometedoras. Comparten a énfase na mellora do afrontamiento fronte ao estrés minoritario e a creación de espazos afirmativos. Actualmente, as intervencións máis prometedoras parecen ser as baseadas na TCC afirmativa, a ABFT e programas baseados na escola, especialmente para o tratamento da depresión. Por último, realízase unha proposta de intervención psicolóxica grupal para adolescentes LGBTQ+.

ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
Programa de rehabilitación cognitiva para o Trastorno Límite de la Personalidade
Autoría
A.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.C.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
Neste Traballo de Final de Máster realízase unha revisión bibliográfica sobre a rehabilitación de corte cognitivo conductual en persoas con Trastorno Límite de la Personalidade. Os resultados mostrados mostran unha relación entre TLP e deterioro cognitivo. Deste modo, a atención, memoria e a capacidade de planificación (en especial debido ó nivel de impulsividade das persoas que padecen este trastorno) vense afectadas. Por elo, proponse unha intervención de tipo cognitivo conductual, consistente en mellorar os niveis de atención, memoria e flexibilidade cognitiva, para mellorar estas capacidades e os síntomas globais do TLP.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
Castro Bolaño, Maria Cristina (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)

Efecto da Medicación Estimulante na Relación entre o TDAH e o Consumo de Substancias: Unha Revisión Sistemática
Autoría
L.D.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
L.D.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 11:30
17.02.2025 11:30
Resumo
O TDAH é un trastorno do neurodesenvolvemento que afecta aproximadamente ao 8,4% dos nenos e ao 2,5% dos adultos da poboación mundial. Para intervir nesta poboación existen diversas opcións, a nivel psicolóxico, social, académico e, o tratamento máis recorrente, a nivel farmacolóxico. Unha das principais preocupacións no que se refire ao tratamento farmacolóxico neste grupo de poboación foi o risco dun posible trastorno por consumo de sustancias (TCS), dado que, entre os adultos con TDAH, a prevalencia deste trastorno é do 45%. Non obstante, aínda non está claro o efecto que pode ter a farmacoterapia nesta relación. O obxectivo desta revisión sistemática céntrase en explorar o posible efecto protector da medicación estimulante, típica do tratamento do TDAH, sobre a relación entre este e o consumo de substancias. Para iso realizouse unha busca bibliográfica da que se seleccionaron un total de 15 estudos observacionais que estudaron este efecto. Os resultados da revisión sistemática mostraron que a medicación estimulante está asociada a unha redución da probabilidade de desenvolver un TCS no TDAH no 73,33% dos estudos, especialmente se a toma comezou na infancia. Isto permítenos destacar a importancia da adherencia á medicación nestas poboacións, especialmente cando nos atopamos con usuarios con alto risco de consumo de sustancias.

LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Presidente/a)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Secretario/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Diálise domiciliaria en pacientes con enfermidade renal crónica: efectos diferenciais das distintas modalidades en calidade de vida e benestar psicolóxico
Autoría
I.D.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
I.D.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 17:30
03.07.2025 17:30
Resumo
As terapias renais sustitutivas domiciliarias adquiriron unha relevancia crecente nos últimos anos, grazas ás múltiples vantaxes asociadas á súa realización no fogar. Non obsante, a literatura científica sobre o impacto destes tratamentos en distintas variables psicolóxicas é limitada e heteroxénea. O obxectivo desta revisión bibliográfica é analizar as diferenzas entre as modalidades domiciliarias en calidade de vida, ansiedade, depresión e apoio social dos pacientes con enfermidade renal crónica. Realizouse unha revisión da literatura en bases de datos científicas, seleccionando 14 estudos empíricos que comparaban estes tratamentos mediante instrumentos estandarizados. Os resultados indican que a hemodiálisis domiciliaria e a diálise peritoneal automatizada tenden a ofrecer mellores resultados en calidade de vida e benestar emocional en comparación coa diálise peritoneal continua ambulatoria, aínda que a evidencia segue sendo heteroxénea e factores clínicos e sociodemográficos tamén inflúen nestes resultados. As conclusións suxiren que a selección do tratamento domiciliario debe considerar non só aspectos clínicos, senón tamén as necesidades psicosociais dos pacientes. Finalmente, recóllese unha proposta de intervención dirixida a mellorar o benestar psicolóxico nestes pacientes para optimizar a adaptación ao tratamento e reducir a carga emocional asociada.

Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
Coidar sen descoidarse: programa de intervención psicoeducativa para o abordaxe de síntomas conductuais e psicolóxicos nas demencias para coidadoras formais
Autoría
N.F.G.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
N.F.G.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 18:15
17.07.2025 18:15
Resumo
Os Síntomas Condutuais e Psicolóxicos da Demencia (SPCD) representan un dos principais retos no coidado das persoas maiores institucionalizadas, tanto pola súa elevada prevalencia como polo seu impacto na calidade de vida das persoas residentes e no desgaste profesional do persoal de atención directa. Esta problemática vese agravada pola falta de formación específica no abordaxe non farmacolóxico destes síntomas, así como pola carga emocional, o que pode derivar en síndrome de Burnout. Este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta de intervención psicoeducativa dirixida ao persoal de atención directa da residencia Brión II, co obxectivo de mellorar o manexo dos SPCD, reducir o desgaste profesional e promover unha atención máis empática e centrada na persoa. O programa componse de doce sesións dunha hora de duración, estruturadas en dous bloques cunha pausa intermedia. Está deseñado desde un enfoque práctico e participativo, combinando breves exposicións teóricas co análise de casos reais, dinámicas grupais, role-playing e técnicas de autorregulación emocional. A avaliación do programa realízase mediante un deseño pre-post con instrumentos validados (MBI e CVS-R). Agárdase que o programa mellore a comprensión dos SPCD e beneficie tanto ao persoal como ás persoas residentes. Os resultados estimados prevén unha redución do desgaste profesional e unha atención máis humanizada na práctica asistencial diaria. Futuros traballos deberían aplicar esta proposta noutros centros e fomentar a súa inclusión nos plans formativos do ámbito residencial.

Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Zurrón Ocio, Montserrat (Titoría)
Tribunal
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Presidente/a)
Mallo López, Sabela Carme (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

“Máis alá do lenzo”: o benestar emocional en adultos maiores sans ou con deterioro lixeiro a través da pintura.
Autoría
L.F.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
L.F.R.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 16:45
17.07.2025 16:45
Resumo
O envellecemento da poboación incrementou a necesidade de propostas que promovan o benestar emocional na vellez. Nun contexto onde as actividades nos centros de día adoitan priorizar o físico ou o cognitivo, a pintura xorde como un recurso terapéutico conpotencial de mellorar a autoestima, reducir a ansiedade e fortalecer a identidade persoal. Neste marco, o obxectivo principal deste estudo é deseñar un programa de intervención baseado na pintura para promover o benestar emocional en adultos maiores que asisten a un centro de día. Este programa de arteterapia consta de dez sesións que combinan dinámicas individuais e grupais, fomentando a cooperación, a expresión emocional e a creatividade. Para avaliar o seu impacto, utilizaranse instrumentos validados: a Escala de Benestar Psicolóxico de Ryff, a Escala de Autoestima de Rosenberg e o Inventario de Ansiedade Xeriátrica. Baseándose na evidencia revisada, espérase unha mellora significativa nas tres dimensións, xunto cun aumento da motivación, a autoeficacia percibida e o sentido de pertenza ao grupo. En conclusión, todo indica que a arteterapia pictórica non só é eficaz, senón que tamén é valorada e significativa para os adultos maiores, consolidándose como unha alternativa terapéutica accesible, motivadora e emocionalmente restauradora.

Uso das TIC na intervención en habilidades socioemocionais de poboación infanto-xuvenil con TEA: unha revisión bibliográfica
Autoría
E.G.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
E.G.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 18:15
03.07.2025 18:15
Resumo
As dificultades na interacción social e na expresión e recoñecemento emocional son propias do Trastorno do Espectro Autista (TEA), interferindo na adaptación das persoas con esta condición. Ante esta realidade, aumentou o interese nos serious games como potenciais ferramentas dixitais na intervención psicolóxica. Este traballo pretende revisar a evidencia actual sobre o uso destes videoxogos no desenvolvemento de competencias socioemocionais en nenos/as e adolescentes con TEA, e propoñer unha intervención aplicable no ámbito sanitario. Seguindo a metodoloxía PRISMA, seleccionáronse e analizáronse 17 estudos publicados na última década en PsycInfo, Web of Science e Scopus. Os resultados apuntan a melloras nas habilidades sociais dos participantes con TEA fronte á liña base, e nalgúns casos tamén respecto ao grupo de desenvolvemento típico. Observouse un incremento no recoñecemento emocional, aínda que a expresión non amosou cambios consistentes. En base á literatura existente, deseñouse unha intervención baseada nun videoxogo para abordar os déficits socioemocionais en esta poboación. Conta con nove sesións (seis dirixidas a nenos/as e tres ás familias), máis dúas de avaliación. Os compoñentes do xogo inclúen feedback inmediato, reforzamento positivo, modelado e control estimular. En definitiva, os serious games semellan constituír un medio adaptable e seguro para a aprendizaxe das habilidades socioemocionais no TEA

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Presidente/a)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Secretario/a)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Vogal)
“Comunicar con Benestar”: Proposta de programa psicoeducativo para o fortalecemento da comunicación e das relacións interpersoais no persoal dos centros de día especializados en Alzheimer.
Autoría
G.D.L.C.G.A.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
G.D.L.C.G.A.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
15.09.2025 09:15
15.09.2025 09:15
Resumo
A presente proposta describe un programa psicoeducativo integral orientado a fortalecer as habilidades de comunicación e as relacións interpersoais do persoal en centros de día especializados en Alzheimer. O seu obxectivo principal é fomentar unha contorna participativa entre todos os axentes implicados no proceso asistencial, co fin de ofrecer unha atención de calidade centrada na persoa. O coidado de persoas con esta enfermidade implica desafíos específicos debido á progresiva perda de capacidades comunicativas, o que xera demandas emocionais adicionais e altos niveis de estrés nos profesionais. Fronte a esta realidade, o programa propón unha intervención teórico-práctica dividida en módulos que abordan desde os fundamentos da comunicación efectiva e asertiva, ata estratexias específicas para interactuar con persoas con demencia, o manexo do estrés, a prevención do burnout e o fortalecemento da resiliencia. Ademais, destácase a importancia de mellorar a cohesión do equipo e as habilidades para a resolución de conflitos, recoñecendo que o benestar do persoal inflúe directamente na calidade do coidado ofrecido. A implementación desta proposta representa un investimento estratéxico no capital humano dos centros, xa que busca xerar un impacto positivo tanto na saúde emocional do equipo como na calidade de vida dos usuarios. Espérase que unha mellora na comunicación e as relacións interpersoais promova un ambiente máis empático, reduza a incidencia da síndrome de burnout e eleve o estándar de atención. Este enfoque integral é clave para construír un sistema de coidado sostible e humano.

Proposta dun programa de prevención psicolóxica do sobrepeso e a obesidade destinado a persoas con esquizofrenia
Autoría
S.G.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.G.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 16:45
17.02.2025 16:45
Resumo
A obesidade é un problema de saúde crecente, especialmente prevalecente en persoas con esquizofrenia debido aos efectos secundarios da medicación, estilos de vida sedentarios e dietas pouco saudables. Esta condición ten consecuencias prexudiciais para a saúde física e mental de quen a padece, afectando a súa calidade de vida e reducindo a súa esperanza de vida. O enfoque actual para a abordaxe desta problemática céntrase na intervención a posteriori, presentando dificultades para manter os resultados a longo prazo. Dado que o maior aumento de peso prodúcese nos primeiros meses tras o inicio do tratatamiento, este período resulta idóneo para implementar intervencións preventivas. O obxectivo do presente traballo é deseñar un programa de prevención do sobrepeso e a obesidade dirixido a persoas con esquizofrenia que están a comezar co tratamento farmacolóxico. Buscarase superar as limitacións existentes en intervencións previas ao estender a duración da intervención, incluír unha fase de seguimento para asegurar o mantemento dos resultados e utilizar técnicas de motivación para evitar o abandono. Aínda que este programa ten a potencialidade de mellorar a saúde física e mental dos participantes, sería necesario implementalo para avaliar a súa eficacia a longo prazo e optimizar os seus recursos.

López Durán, Ana (Titoría)
López Durán, Ana (Titoría)
Tribunal
Castro Bolaño, Maria Cristina (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
O emprendemento social a través dos ollos da mocidade: Análise do contexto local mediante ciencia aberta ó servizo da sociedade
Autoría
D.G.P.
Máster Universitario en Psicoloxía
D.G.P.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
11.07.2025 10:00
11.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a percepción da mocidade galega sobre o emprendemento social e os factores que condicionan ou favorecen a súa posta en práctica no contexto local. Desenvolvéronse tres fases complementarias: unha primeira centrada na consulta con axentes do tecido socioeconómico local mediante un grupo de discusión para consensuar unha definición operativa e causal do fenómeno e establecer características e problemáticas que enfronta a mocidade; unha segunda consistente nunha revisión sistemática de literatura científica no ámbito da Psicoloxía sobre a promoción do emprendemento social na mocidade; e unha terceira baseada na realización dun grupo de discusión con persoas mozas, co gallo de contrastar os resultados previos e contextualizalos social e culturalmente. A análise posterior permitiu identificar factores chave como a empatía, a obriga moral, a percepción de autoeficacia e os capitais social e cultural como elementos estruturantes da intención de emprender no eido social para a xuventude. Atendendo ós resultados, as recomendacións están orientadas cara as institucións educativas e administracións públicas, máis que cara ó colectivo emprendedor en si. As propostas derivadas inclúen a integración de contidos transversais en ética, finanzas e traballo en rede no currículo universitario, así como a creación de programas institucionais de apoio financeiro, formación para o funcionariado e campañas de comunicación adaptadas á mocidade, seguindo o principio de “pílulas informativas”. O documento complétase cun escueto policy brief e unha táboa de propostas que poidan facilita-la comunicación dos resultados.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Cognición social en estudantes universitarios vulnerables á ansiedade e á depresión: un estudo piloto.
Autoría
A.G.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.G.P.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
04.07.2025 10:45
04.07.2025 10:45
Resumo
Os trastornos do estado de ánimo e a ansiedade aumentaron a súa prevalencia, sendo a idade adulta emerxente unha etapa especialmente vulnerable. Os factores de risco propostos inclúen déficits na comprensión dos estados mentais ou da teoría da mente (ToM) doutras persoas. O obxectivo deste traballo foi realizar un estudo piloto de factibilidade dun proxecto de investigación sobre ToM e vulnerabilidade á ansiedade e depresión en estudantes universitarios. A Escala de Respostas Rumiativas (RRS) e o Cuestionario de Preocupacións de Penn State (PSWQ) foron administrados colectivamente na aula para identificar os estudantes con maior vulnerabilidade á ansiedade, á depresión e un grupo de control. A sintomatoloxía depresiva, ansiosa e ToM foron avaliadas persoalmente mediante o BDI-II, BAI e MASC (Movie for the Assessment of Social Cognition) respectivamente. Determináronse a adecuación e operatividade do protocolo, así como as medidas loxísticas a modificar, a estimación do tamaño da mostra, a validez das escalas e as diferenzas de rendemento en ToM. Os resultados mostraron que o protocolo é viable, que é necesario considerar as diferenzas de xénero na estimación e criterios de selección da mostra e que os instrumentos son válidos. En resumo, comprouse a factibilidade do proxecto de investigación.

Achegas da teoría da mente ás intervencións en habilidades sociais en adolescentes con trastorno do espectro autista: Unha revisión sistemática.
Autoría
S.I.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.I.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
04.07.2025 11:30
04.07.2025 11:30
Resumo
A teoría da mente (TOM), o compoñente central da cognición social, asociouse coa gravidade dos síntomas autistas e o funcionamento social no TEA. Aínda que as intervencións en habilidades sociais mostraron ser eficaces, apenas se estudou o papel da TOM nelas. Esta revisión incluíu 13 estudos que incorporaron a TOM como un compoñente activo nas intervencións en habilidades sociais en adolescentes con TEA. Atopouse que todas as intervencións obtiveron melloras nas habilidades sociais; con todo, só a metade das medidas de TOM reflectiron unha mellora. O contexto educativo foi o máis utilizado para as intervencións e o que obtivo un maior nivel de eficacia. Demostrouse a utilidade de incorporar pares adestrados na intervención e de empregar apoios visuais. Incorporar un compoñente familiar podería ter un impacto positivo nos adolescentes e as súas familias. A maioría dos estudos obtiveron melloras no grao de inadaptación dos participantes e unha boa xeneralización aos contextos familiar e académico. O enfoque multimodal de habilidades sociais e TOM ofrece un abanico de oportunidades á hora de conducir intervencións efectivas na poboación con TEA adolescente.
A teoría da mente (TOM), o compoñente central da cognición social, asociouse coa gravidade dos síntomas autistas e o funcionamento social no TEA. Aínda que as intervencións en habilidades sociais mostraron ser eficaces, apenas se estudou o papel da TOM nelas. Esta revisión incluíu 13 estudos que incorporaron a TOM como un compoñente activo nas intervencións en habilidades sociais en adolescentes con TEA. Atopouse que todas as intervencións obtiveron melloras nas habilidades sociais; con todo, só a metade das medidas de TOM reflectiron unha mellora. O contexto educativo foi o máis utilizado para as intervencións e o que obtivo un maior nivel de eficacia. Demostrouse a utilidade de incorporar pares adestrados na intervención e de empregar apoios visuais. Incorporar un compoñente familiar podería ter un impacto positivo nos adolescentes e as súas familias. A maioría dos estudos obtiveron melloras no grao de inadaptación dos participantes e unha boa xeneralización aos contextos familiar e académico. O enfoque multimodal de habilidades sociais e TOM ofrece un abanico de oportunidades á hora de conducir intervencións efectivas na poboación con TEA adolescente.
Dirección
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
GOMEZ FRAGUELA, Xosé Antón (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
Crenzas e acción climática: unha estratexia para promover a acción proambiental nas empresas.
Autoría
E.F.L.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
E.F.L.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 16:00
18.09.2025 16:00
Resumo
O cambio climático representa unha crise global que afecta non só o medio ambiente, senón tamén a saúde mental, a cohesión social e os modelos de produción. As empresas, responsables dunha proporción significativa das emisións globais, están a posicionarse como actores estratéxicos na transición cara á sustentabilidade. O obxectivo xeral deste traballo é promover comportamentos proambientais sostidos nunha empresa de tamaño medio, integrando unha perspectiva de xénero e unha abordaxe psicosocial que priorice o cambio cultural organizacional. A intervención foi deseñada en tres fases (diagnóstico participativo, implementación de estratexias psicosociais e avaliación) e aplícase en todos os niveis xerárquicos, considerando aspectos emocionais, normativos e estruturais. Combínanse métodos cuantitativos e cualitativos para avaliar os cambios no comportamento, as percepcións e a cultura organizacional. Os resultados esperados inclúen a adopción continuada de prácticas sostibles, un aumento na percepción da eficacia colectiva e a consolidación simbólica da sostibilidade como un valor compartido. A intervención demostra a súa viabilidade metodolóxica e achega evidencias da capacidade transformadora das estratexias psicosociais aplicadas ao lugar de traballo. Non obstante, identificáronse limitacións relacionadas co compromiso institucional, a duración da intervención, a dispoñibilidade de recursos e a dificultade para avaliar os impactos ambientais directos. A pesar destas restricións, o modelo proposto demostra un alto potencial de escalabilidade e sustentabilidade.

SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)
SABUCEDO CAMESELLE, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Presidente/a)
Gómez Roman, Cristina (Secretario/a)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Vogal)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Presidente/a)
Gómez Roman, Cristina (Secretario/a)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Vogal)
Programa para a mellora da convivencia e alternativas á expulsión en contextos educativos
Autoría
P.L.A.
Máster Universitario en Psicoloxía
P.L.A.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
11.07.2025 11:00
11.07.2025 11:00
Resumo
A expulsión escolar é unha medida disciplinaria que pode ter consecuencias negativas na traxectoria educativa e persoal do alumnado, en especial na adolescencia, onde conflúen procesos de vulnerabilidade, construción identitaria e busca de recoñecemento. Este traballo propón unha intervención educativa dirixida a abordar estas situacións desde unha perspectiva comunitaria e restaurativa, tomando como punto de partida o IES Milladoiro. A proposta consiste no deseño dunha intervención estruturada para ser desenvolvida no propio centro escolar, implicando activamente a todos os axentes internos: alumnado, profesorado, equipo directivo, familias e comunidade. A metodoloxía combina o enfoque da intervención comunitaria con ferramentas participativas e dinámicas de grupo, formulando actuacións específicas tanto para o alumnado expulsado como para o conxunto da comunidade educativa. A intervención organízase en distintas fases, comezando cun diagnóstico participativo e continuando con accións adaptadas a cada colectivo. Propón espazos de diálogo, reflexión e reparación, co obxectivo de reducir a reincidencia en condutas disruptivas e reforzar o sentido de pertenza ao centro. Ao non ter sido posible implementar a intervención, este traballo céntrase na descrición detallada da proposta e na análise teórica da súa viabilidade e posibles limitacións. A discusión final recolle unha valoración crítica das condicións necesarias para a posta en marcha efectiva deste tipo de intervencións no contexto escolar.

FERNANDEZ FERNANDEZ, CONCEPCION (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Suicidio e Intervencións Baseadas na Terapia Cognitivo Condutual: unha revisión sistemática
Autoría
M.L.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.L.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 17:30
17.02.2025 17:30
Resumo
O suicidio sitúase como unha das principais causas de morte a nivel mundial, sendo necesarias estratexias de intervención eficaces para evitalo. A terapia Cognitivo condutual mostrouse útil para traballar sobre as cogniciones e comportamentos de pacientes con risco de suicidio. O propósito desta investigación é analizar a eficacia das intervencións baseadas na terapia Cognitivo Condutual implementadas en persoas que se atopen en risco de suicidio. Para iso levouse a cabo unha revisión sistemática de ensaios clínicos aleatorizados publicados nos últimos 20 anos, seguindo os criterios da declaración PRISM. Realizouse unha procura exhaustiva onde se seleccionaron 13 estudos dos obtidos nas bases de Web of Science, PubMed, PsycInfo e Scopus. Os resultados mostraron efectos positivos das intervencións baseadas na terapia Cognitivo Condutual na redución dos intentos de suicidio, a ideación suicida, os síntomas depresivos e a desesperanza. Destácase a necesidade de investigacións adicionais para poder corroborar e extrapolar estes resultados. Por último, realízase unha proposta de intervención destinada a diminuír o risco de suicidio en poboación universitaria vulnerable.

VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
Tribunal
Castro Bolaño, Maria Cristina (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
Míguez Varela, María del Carmen (Vogal)
Análise da acción colectiva en persoas LGTBQ+: Importancia da xustificación do sistema e a clase social percibida.
Autoría
L.M.L.M.
Máster Universitario en Psicoloxía
L.M.L.M.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 16:00
18.09.2025 16:00
Resumo
A presente investigación estuda os factores psicosociais que inflúen na intencionalidade de participar en accións colectivas en defensa dos dereitos do colectivo LGTBQ+, especificamente, a clase social percibida, a xustificación do sistema, a identidade social e a discriminación percibida por motivos LGTBQ-fóbicos. O estudo está composto por unha mostra de 173 persoas adultas e pertencentes ao colectivo LGTBQ+, ás cales se lles administraron cuestionarios estandarizados e adaptados co fin de avaliar as variables psicosociais obxecto de estudo. Os datos foron analizados mediante técnicas estatísticas. Para iso realizáronse análises correlacionais, regresións múltiples e un modelo de mediación. Os resultados obtidos amosan que a clase social subxectiva se relaciona negativamente coa intencionalidade de participar en accións colectivas, efecto parcialmente mediado pola xustificación do sistema. A identidade social foi o predictor máis robusto da intencionalidade de participar en accións colectivas, pola contra, a discriminación percibida non mostrou un efecto significativo. Estes resultados permiten identificar os factores que facilitan ou dificultan a participación en accións colectivas, así como a importancia de ter en conta os aspectos ideolóxicos e estruturais no deseño de estratexias de promoción do activismo LGTBQ+.

O papel das habilidades sociais na prevención dos problemas de conducta
Autoría
A.M.M.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.M.M.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 11:00
03.07.2025 11:00
Resumo
Os problemas de conduta na infancia e na adolescencia representan unha preocupación crecente debido á súa elevada prevalencia, estabilidade no tempo e consecuencias negativas a nivel individual, social e académico. Por este motivo, resulta fundamental apostar por estratexias preventivas que contribúan a frear a súa aparición e desenvolvemento. Neste sentido, as habilidades sociais foron identificadas como un elemento clave na prevención destes problemas. O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo principal analizar, mediante unha revisión sistemática, a eficacia dos programas de adestramento en habilidades sociais na prevención dos problemas de conduta na poboación infanto-xuvenil. Para iso, seleccionáronse 18 artigos publicados nos últimos 15 anos en diferentes bases de datos. Os resultados amosan unha eficacia xeneralizada dos programas revisados. Ademais, observáronse beneficios adicionais en variables como a redución de problemas internalizantes e o incremento no rendemento académico; así mesmo, examináronse que características dos programas (componentes, enfoque preventivo, idade á que van dirixidos ou perfil do implementador) poden condicionar a súa eficacia. Porén, identifícanse limitacións importantes como a escaseza de avaliacións deste tipo de intervencións a longo prazo, e a dificultade para delimitar conceptualmente o construto de habilidades sociais. Finalmente, preséntase unha proposta de intervención centrada nun adestramento en habilidades sociais, dirixida a alumnado de 10 a 12 anos, para a prevención dos problemas de conduta na adolescencia.

Míguez Varela, María del Carmen (Presidente/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)

Cicatrices Invisibles: O impacto do Maltrato Infantil nas condutas suicidas e o papel das variables mediadoras
Autoría
I.M.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
I.M.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 18:15
17.02.2025 18:15
Resumo
O Maltrato Infantil (MI) refírese a todo tipo de abuso ou neglixencia que afecte a calquera neno ou adolescente menor de idade e clasifícase en 4 tipos principais: abuso sexual, emocional, físico e neglixencia. Esta circunstancia traumática leva numerosos efectos adversos nos ámbitos cognitivo, físico, condutual, emocional e social; as condutas suicidas constitúen unha das consecuencias máis graves derivadas do MI. No presente traballo realizouse unha revisión bibliográfica cun dobre obxectivo: analizar a relación entre o MI e as condutas suicidas, e identificar posibles variables mediadoras nesta relación. Os resultados reflectiron que a asociación entre o MI e as condutas suicidas é significativa, aínda que, nalgúns casos, a vinculación entre ambos fenómenos explícase, total ou parcialmente, por distintas variables mediadoras. A este respecto, a literatura identificou diferentes variables que se poden clasificar en factores de risco e factores de protección; á súa vez, estes factores poden dividirse en dous subgrupos: persoais e psicosociais. Por último, baseándose nos fundamentos da Terapia Dialéctica Condutual para Adolescentes (TDC-A) e tendo en conta as variables relevantes detectadas na revisión, realizouse unha proposta de intervención co fin de diminuír tanto as condutas suicidas como o impacto do trauma derivado do MI.

Estratexias de regulación emocional no Trastorno Límite da Personalidade: revisión sistemática e proposta aplicada
Autoría
S.M.N.D.A.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.M.N.D.A.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 11:45
03.07.2025 11:45
Resumo
A regulación emocional é un factor chave á hora de comprender e intervir no Trastorno Límite da Personalidade (TLP), xa que as dificultades neste sentido asócianse coa gravidade, cronicidade e mantemento do trastorno. O obxectivo do presente traballo foi realizar unha revisión sistemática sobre as estratexias de regulación emocional utilizadas polas persoas con este diagnóstico, co fin de identificalas e analizar a súa eficacia. Para iso, consultáronse as bases de datos Scopus, Web of Science e PsycInfo, onde se seleccionaron 14 artigos. A análise de resultados revelou un predominio de estratexias de regulación emocional desadaptativas entre os individuos con TLP, mentres que as estratexias adaptativas son empregadas con menor frecuencia e eficacia. Con todo, observouse que estas últimas poden potenciarse a través dun adestramento estruturado. A partir destes achados, deseñouse unha proposta aplicada que parte da avaliación do repertorio regulador individual, para reducir as estratexias desadaptativas e fortalecer as estratexias adaptativas en persoas con diagnóstico de TLP.
A regulación emocional é un factor chave á hora de comprender e intervir no Trastorno Límite da Personalidade (TLP), xa que as dificultades neste sentido asócianse coa gravidade, cronicidade e mantemento do trastorno. O obxectivo do presente traballo foi realizar unha revisión sistemática sobre as estratexias de regulación emocional utilizadas polas persoas con este diagnóstico, co fin de identificalas e analizar a súa eficacia. Para iso, consultáronse as bases de datos Scopus, Web of Science e PsycInfo, onde se seleccionaron 14 artigos. A análise de resultados revelou un predominio de estratexias de regulación emocional desadaptativas entre os individuos con TLP, mentres que as estratexias adaptativas son empregadas con menor frecuencia e eficacia. Con todo, observouse que estas últimas poden potenciarse a través dun adestramento estruturado. A partir destes achados, deseñouse unha proposta aplicada que parte da avaliación do repertorio regulador individual, para reducir as estratexias desadaptativas e fortalecer as estratexias adaptativas en persoas con diagnóstico de TLP.
Dirección
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
Míguez Varela, María del Carmen (Presidente/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Míguez Varela, María del Carmen (Presidente/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
A efectividade das intervencións para deixar de fumar cun compoñente terapéutico de actividade física.
Autoría
L.M.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
L.M.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 10:45
17.02.2025 10:45
Resumo
A pesares de que a prevalencia do tabaquismo diminuíu nos últimos anos, fumar continúa sendo a primeira causa de mortalidade e morbilidade no mundo. Entre as distintas intervencións que se propuxeron para deixar de fumar, existe evidencia do potencial da actividade física como compoñente terapéutico para axudar no cese do consumo de tabaco. Para indagar nesta cuestión, realízase unha revisión bibliográfica cuxo obxectivo é tanto coñecer a eficacia das intervencións para deixar de fumar que utilizan actividade física como as características destas intervencións de cara a realizar unha proposta de intervención. Tras a revisión dun total de 30 ensaios controlados aleatorizados, atópanse resultados contraditorios, se ben a maioría da evidencia apunta a que as intervencións con actividade física non son efectivas para lograr a abstinencia do tabaco. Non se logran extraer conclusións sólidas a partir desta revisión debido ás limitacións metodolóxicas das investigacións revisadas, requiríndose maior investigación neste campo. Finalmente, recóllese unha proposta de intervención para deixar de fumar cun compoñente de actividade física centrada en subsanar algunhas das limitacións que destacan as intervencións que se revisaron.

BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
Tribunal
VILLAR TORRES, PAULA (Presidente/a)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Secretario/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Vogal)
VILLAR TORRES, PAULA (Presidente/a)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Secretario/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Vogal)
Prevención do suicidio na vellez: revisión e valoración experta para orientar o deseño dunha ferramenta de cribado
Autoría
A.M.L.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
A.M.L.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 10:15
18.07.2025 10:15
Resumo
O suicidio é un grave problema de saúde pública cuxa prevalencia aumentou significativamente nos últimos anos, especialmente entre as persoas maiores de 65 anos. Este fenómeno multicausal implica factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais, e presenta desafíos específicos para a súa detección e intervención. A pesar da existencia de instrumentos validados para avaliar variables como a depresión ou a funcionalidade, non existe unha escala breve e específica adaptada ás características da vellez que identifique eficazmente as situacións de risco suicida. Polo tanto, este estudo pretende sentar as bases para o desenvolvemento dunha ferramenta de cribado para esta poboación. O estudo estruturouse en dúas fases. En primeiro lugar, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica recente para identificar os factores de risco e de protección asociados ao suicidio en adultos maiores. En segundo lugar, aplicáronse elementos do método Delphi a través dun formulario especialmente deseñado, coa participación dun panel de 15 expertos en psicoxeriatría. Estes profesionais avaliaron a relevancia dos factores identificados mediante unha escala Likert de 1 a 10. Os resultados permitiron seleccionar os elementos considerados máis significativos, que servirán de base para o desenvolvemento futuro dunha escala de cribado específica. Este traballo respondeu a unha necesidade profesional e social urxente e procurou contribuír a mellorar o benestar e previr o sufrimento nunha poboación especialmente vulnerable e a miúdo invisible.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Mellorando o Benestar Físico e Emocional Nas Persoas Maiores: Programa de Intervención Baseado na Práctica do Ioga
Autoría
E.M.N.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
E.M.N.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
07.02.2025 16:15
07.02.2025 16:15
Resumo
A consecuencia máis coñecida e estudada do proceso biolóxico de envellecemento é o deterioro dos sistemas orgánicos e a conseguinte redución do vigor físico na persoa maior. A diminución da capacidade física é especialmente relevante porque compromete a funcionalidade e a independencia, afectando negativamente ao sentido de autoeficacia, á autoestima e ao benestar emocional, e podendo xerar síntomas de ansiedade e depresión. Diversos estudos sosteñen que a práctica do Ioga é beneficiosa para as persoas maiores, xa que ralentiza o deterioro físico e preserva o benestar emocional. Co obxectivo de contribuír á prevención e coidado da saúde física e mental, este traballo presenta un programa de intervención baseado no Ioga para persoas maiores, con doce sesións dunha hora, nas que se propoñen exercicios de estiramento, tonificación muscular e forza. O obxectivo é influír no sistema nervioso para reducir a ansiedade, aliviar os síntomas depresivos e mellorar a condición física. Para avaliar os resultados do programa utilizaranse a Escala de Ansiedade Xeriátrica, a Escala de Depresión Xeriátrica, a Batería Curta de Rendemento Físico e o Cuestionario de Calidade de Vida da Organización Mundial da Saúde. Espérase unha mellora nos aspectos físicos e emocionais dos participantes.

PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titoría)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Lojo Seoane, Cristina (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Proposta dun protocolo breve para a estabilización e preparación para a terapia do trauma en pacientes límite con baixa comorbilidade.
Autoría
M.M.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.M.S.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
10.09.2025 10:45
10.09.2025 10:45
Resumo
A intervención en persoas con Trastorno Límite da Personalidade segue a ser un reto a día de hoxe tanto para os profesionais como para os pacientes, que moitas veces non teñen acceso aos tratamentos de longa duración por cuestións económicas, loxísticas ou de adherencia. Ademais, tendo en conta a importancia dos eventos traumáticos no desenvolvemento deste trastorno, é posible que se poidan beneficiar de intervencións orientadas ao traballo con trauma. Á vista das dificultades destes pacientes para sentirse ben respaldados polos sistemas de asistencia sanitaria, e a falta de intervencións que realicen unha estabilización a corto plazo, proponse no presente traballo un programa de intervención breve para persoas con esta patoloxía que se atopen libres de comorbilidades, co obxectivo de permitir unha estabilización inicial que permita a continuación con tratamentos a longo plazo cando estes se atopen disponibles. Para iso, realízase unha intervención en 3 meses cunha sesión semanal en formato individual optando por un abordaxe integrador de psicoeducación e EMDR. Finalmente, para pór a proba a viabilidade da intervención, aplicarase a dous pacientes del centro sanitario INTRA-TP.
A intervención en persoas con Trastorno Límite da Personalidade segue a ser un reto a día de hoxe tanto para os profesionais como para os pacientes, que moitas veces non teñen acceso aos tratamentos de longa duración por cuestións económicas, loxísticas ou de adherencia. Ademais, tendo en conta a importancia dos eventos traumáticos no desenvolvemento deste trastorno, é posible que se poidan beneficiar de intervencións orientadas ao traballo con trauma. Á vista das dificultades destes pacientes para sentirse ben respaldados polos sistemas de asistencia sanitaria, e a falta de intervencións que realicen unha estabilización a corto plazo, proponse no presente traballo un programa de intervención breve para persoas con esta patoloxía que se atopen libres de comorbilidades, co obxectivo de permitir unha estabilización inicial que permita a continuación con tratamentos a longo plazo cando estes se atopen disponibles. Para iso, realízase unha intervención en 3 meses cunha sesión semanal en formato individual optando por un abordaxe integrador de psicoeducación e EMDR. Finalmente, para pór a proba a viabilidade da intervención, aplicarase a dous pacientes del centro sanitario INTRA-TP.
Dirección
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Vogal)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Presidente/a)
CORRAL VARELA, MARIA MONTSERRAT (Secretario/a)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Vogal)
Uso de modelos de Machine Learning na identificación de risco suicida en redes sociais.
Autoría
A.M.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.M.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
19.02.2025 12:15
19.02.2025 12:15
Resumo
O suicidio é un problema de saúde pública a nivel mundial. A pesares dos esforzos na identificación e prevención, non se observa unha diminución na prevalencia. Na actualidade existen novos procedementos de identificación de persoas en risco suicida mediante modelos de Machine Learning, que poden empregar diferentes fontes de datos, como as redes sociais. O obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión sistemática da literatura científica para caracterizar os modelos de Machine Learning empregados na identificación do risco suicida en redes sociais, examinando os patróns lingüísticos e de metadatos que diferenzan aos usuarios en risco suicida do resto e analizando a súa calidade preditiva. Levouse a cabo unha revisión sistemática dos últimos cinco anos segundo os criterios PRISMA. A búsqueda realizouse nas bases de datos PsychInfo, Web of Science e Medline. Incluíronse un total de 18 estudos, e analizouse o seu risco de sesgo. Atopouse que os algoritmos de Machine Learning poden ser unha ferramenta de apoio útil para os profesionais sanitarios porque permiten a monitorización automatizada do risco suicida en contextos virtuais. A maioría dos estudos presentaron un risco de sesgo alto. Finalmente, proponse un programa de itnervención cognitivo-condutual destinado ás persoas detectadas por unha aplicación que presentan ideación suicida.
O suicidio é un problema de saúde pública a nivel mundial. A pesares dos esforzos na identificación e prevención, non se observa unha diminución na prevalencia. Na actualidade existen novos procedementos de identificación de persoas en risco suicida mediante modelos de Machine Learning, que poden empregar diferentes fontes de datos, como as redes sociais. O obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión sistemática da literatura científica para caracterizar os modelos de Machine Learning empregados na identificación do risco suicida en redes sociais, examinando os patróns lingüísticos e de metadatos que diferenzan aos usuarios en risco suicida do resto e analizando a súa calidade preditiva. Levouse a cabo unha revisión sistemática dos últimos cinco anos segundo os criterios PRISMA. A búsqueda realizouse nas bases de datos PsychInfo, Web of Science e Medline. Incluíronse un total de 18 estudos, e analizouse o seu risco de sesgo. Atopouse que os algoritmos de Machine Learning poden ser unha ferramenta de apoio útil para os profesionais sanitarios porque permiten a monitorización automatizada do risco suicida en contextos virtuais. A maioría dos estudos presentaron un risco de sesgo alto. Finalmente, proponse un programa de itnervención cognitivo-condutual destinado ás persoas detectadas por unha aplicación que presentan ideación suicida.
Dirección
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Titoría)
Tribunal
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Consecuencias neuropsicolóxicas da epilepsia do lóbulo frontal
Autoría
S.P.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
S.P.B.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 11:30
17.02.2025 11:30
Resumo
A Epilepsia do Lóbulo Frontal (ELF) é o segundo tipo de epilepsia focal máis frecuente, resistente a fármacos, e que con frecuencia require cirurxía. Ademais da sintomatoloxía que a caracteriza, a ELF ten importantes consecuencias neuropsicolóxicas. A pesar do seu impacto, a comprensión dos seus déficits cognitivos e o desenvolvemento de protocolos específicos para a súa avaliación segue sendo un desafío debido á complexidade do lóbulo frontal e á influencia doutras variables. Por iso, o obxectivo final deste traballo foi, a partir da síntese da evidencia sobre as consecuencias neuropsicolóxicas da ELF, elaborar unha proposta de protocolo para a súa avaliación. Ademais, engadíronse estudos que incluísen un grupo con Epilepsia do Lóbulo Temporal (ELT) para tratar de diferenciar ambas as epilepsias focales. A revisión sistemática mostrou que en pacientes con ELF existía unha deterioración na cognición social, memoria autobiográfica e de traballo e funcións executivas con respecto a persoas sas. Con todo, diferenciala da ELT resultou complicado debido á interconexión funcional entre as áreas. En conclusión, aínda que este traballo permitiu avances na avaliación e comprensión da ELF, aínda se requiren investigacións adicionais que acheguen unha evidencia máis robusta.
A Epilepsia do Lóbulo Frontal (ELF) é o segundo tipo de epilepsia focal máis frecuente, resistente a fármacos, e que con frecuencia require cirurxía. Ademais da sintomatoloxía que a caracteriza, a ELF ten importantes consecuencias neuropsicolóxicas. A pesar do seu impacto, a comprensión dos seus déficits cognitivos e o desenvolvemento de protocolos específicos para a súa avaliación segue sendo un desafío debido á complexidade do lóbulo frontal e á influencia doutras variables. Por iso, o obxectivo final deste traballo foi, a partir da síntese da evidencia sobre as consecuencias neuropsicolóxicas da ELF, elaborar unha proposta de protocolo para a súa avaliación. Ademais, engadíronse estudos que incluísen un grupo con Epilepsia do Lóbulo Temporal (ELT) para tratar de diferenciar ambas as epilepsias focales. A revisión sistemática mostrou que en pacientes con ELF existía unha deterioración na cognición social, memoria autobiográfica e de traballo e funcións executivas con respecto a persoas sas. Con todo, diferenciala da ELT resultou complicado debido á interconexión funcional entre as áreas. En conclusión, aínda que este traballo permitiu avances na avaliación e comprensión da ELF, aínda se requiren investigacións adicionais que acheguen unha evidencia máis robusta.
Dirección
DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
Tribunal
VILLAR TORRES, PAULA (Presidente/a)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Secretario/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Vogal)
VILLAR TORRES, PAULA (Presidente/a)
LOSADA VAZQUEZ, MARIA CONCEPCION (Secretario/a)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Vogal)
As apostas deportivas: unha perspectiva psicolóxica
Autoría
G.P.O.
Máster Universitario en Psicoloxía
G.P.O.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 10:00
18.09.2025 10:00
Resumo
As apostas deportivas son un fenómeno en auxe no noso país, que presenta consecuencias negativas importantes, como a súa asociación co consumo de substancias psicoactivas e a presenza de problemas de saúde mental. O obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión bibliográfica dos artigos publicados nos últimos 5 anos sobre as apostas deportivas dende unha perspectiva psicolóxica. Seleccionáronse un total de 32 artigos extraídos das bases de datos Psycinfo e Pubmed para a súa análise en profundidade. Os resultados estructuráronse en catro apartados: factores de risco de tipo individual para participar en apostas deportivas; factores sociais, culturais e contextuais influíntes nas apostas deportivas; comorbilidade con outros problemas; e accións para reducir o problema. Tendo en conta estos resultados, plantéxase un programa de prevención selectiva dirixido aos integrantes das categorías inferiores dun club de fútbol federado, co fin de reducir a realización de apostas deportivas, a súa normalización e os seus riscos asociados.

REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Presidente/a)
Mirón Redondo, María Lourdes (Secretario/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Vogal)

Diferenzas entre mulleres e homes en tratamento renal substitutivo en depresión, ansiedade, apoio social e calidade de vida
Autoría
P.P.J.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
P.P.J.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 12:30
03.07.2025 12:30
Resumo
A enfermidade renal crónica pode afectar o estado de ánimo, desenvolvéndose trastornos como a depresión e a ansiedade. Ademais, pode influír na percepción do apoio social e na calidade de vida. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar as diferenzas entre mulleres e homes en tratamento renal substitutivo en depresión, ansiedade, apoio social e calidade de vida, e elaborar un protocolo de intervención segundo os resultados. Realizouse unha busca sistemática ata o 31 de xaneiro de 2025 en Medline, Web of Science e PsycInfo, seleccionándose 18 estudos. Os resultados son maioritariamente coincidintes en que a depresión en pacientes en hemodiálise é significativamente máis prevalente nas mulleres ca nos homes, así como tamén o é a ansiedade, aínda que a evidencia sexa limitada. Respecto ao apoio social, non se atoparon diferenzas significativas, pero requírense máis investigacións. Sobre a calidade de vida, algúns estudos sinalan que as mulleres presentan puntuacións inferiores ás dos homes, noutros, tras controlar por variables sociodemográficas, clínicas e/ou psicosociais, estas diferenzas redúcense ou desaparecen. No caso do transplante renal ou a diálise peritoneal, a evidencia é escasa. Finalmente, inclúese unha proposta aplicada orientada a mellorar o benestar psicolóxico dende unha perspectiva de xénero.
A enfermidade renal crónica pode afectar o estado de ánimo, desenvolvéndose trastornos como a depresión e a ansiedade. Ademais, pode influír na percepción do apoio social e na calidade de vida. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar as diferenzas entre mulleres e homes en tratamento renal substitutivo en depresión, ansiedade, apoio social e calidade de vida, e elaborar un protocolo de intervención segundo os resultados. Realizouse unha busca sistemática ata o 31 de xaneiro de 2025 en Medline, Web of Science e PsycInfo, seleccionándose 18 estudos. Os resultados son maioritariamente coincidintes en que a depresión en pacientes en hemodiálise é significativamente máis prevalente nas mulleres ca nos homes, así como tamén o é a ansiedade, aínda que a evidencia sexa limitada. Respecto ao apoio social, non se atoparon diferenzas significativas, pero requírense máis investigacións. Sobre a calidade de vida, algúns estudos sinalan que as mulleres presentan puntuacións inferiores ás dos homes, noutros, tras controlar por variables sociodemográficas, clínicas e/ou psicosociais, estas diferenzas redúcense ou desaparecen. No caso do transplante renal ou a diálise peritoneal, a evidencia é escasa. Finalmente, inclúese unha proposta aplicada orientada a mellorar o benestar psicolóxico dende unha perspectiva de xénero.
Dirección
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Tribunal
Míguez Varela, María del Carmen (Presidente/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Míguez Varela, María del Carmen (Presidente/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Secretario/a)
VILLAR TORRES, PAULA (Vogal)
Teoría de Manexo do Terror, redes sociais e autoestima: Influencia da prominencia de mortalidade na difusión de imaxes en redes sociais
Autoría
P.P.C.
Máster Universitario en Psicoloxía
P.P.C.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 10:00
18.09.2025 10:00
Resumo
Esta investigación enmárcase na Teoría de Manexo do Terror (TMT; Greenberg, Pyszcynski e Solomon, 1986). O seu obxetivo é observar a implicación do afecto na moderación que a prominencia de mortalidade (MS) exerce na autoestima, entendéndose autoestima como a experiencia de valor persoal que surxe a partir da afiliación a grupos sociais significativos. Plantéxase a conduta de difusión de imaxes en redes sociais como unha medida operativa da aceptación de una cosmovisión compartida. Reclútase unha mostra de 88 mulleres de 18 anos de media. Aplícase á mostra un experimento baseado en tres tarefas. En primeiro lugar, unha tarefa indutora da condición de prominencia de mortalidade, tarefa Stroop emocional con palabras relacionadas coa morte (Álvarez e Rodríguez-González, 2016). En segundo lugar, unha tarefa de eleción do grao de difusión de 30 imaxes provenientes do IAPS (Lang, Bradley, e Cuthbert, 1995). En terceiro lugar, un cuestionario de Autoestima Colectiva (Luhtanen e Crocker, 1992). Os resultados mostran a moderación do momento do día, mañá ou tarde, en diferentes efetos da MS. Tamén se atopa unha preferencia xeral por difundir imaxes positivas e unha limitada preferencia dependente da MS por evitar experiencias desagradables, a través da menor difusión de imaxes negativas. Finalmente encóntrase varias interacción da MS e a autoestima que sinalan a importancia en este ámbito da percepción non só do recoñecemento social do individuo, mais do seu recoñecemento positivo.

Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Tribunal
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Presidente/a)
Mirón Redondo, María Lourdes (Secretario/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Vogal)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Presidente/a)
Mirón Redondo, María Lourdes (Secretario/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Vogal)
A túa presenza, o teu maior presente: O uso do mindfulness como ferramenta para a mellora da intelixencia emocional en persoas maiores sas.
Autoría
G.R.F.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
G.R.F.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 11:00
18.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo deseñar una proposta de intervención baseada en mindfulness para a mellora da intelixencia emocional en persoas maiores. A proposta está dirixida ao alumnado de Ategal, un centro de formación permanente para persoas de 55 ou máis anos e baséase na integración de prácticas de atención plena e psicoeducación emocional. A motivación deste traballo xorde do incremento da poboación maior e das dificultades ás que se poden enfrontar para identificar, comprender e regular ás súas emocións, o que pode repercutir negativamente no seu benestar psicolóxico e polo tanto, no mantemento dun estilo de envellecemento activo e saudable. A proposta estrutúrase en sete sesión semanais, con catro sesión deseñadas a partir do modelo MBEIT (Mindfulness-Based Emotional Intelligence Training). As sesións inclúen meditacións guiadas de respiración e escoita, dinámicas grupais e actividades individuais orientadas á toma de conciencia emocional, a aceptación de pensamentos e emocións desagradables e a orientación efectiva a acción en coherencia cos propios valores. Como método de avaliación, utilizaranse diferentes escalas como o Inventario Breve de Intelixencia Emocional para Maiores (EQ-i-M20), a Trait Meta-Mood Scale (TMMS-24), a Mindful Attention Awareness Scale (MAAS), a Escala de Ansiedade de Beck (BAI) e a Escala de Depresión Xeriátrica de Yesavage (GDS). Espérase que os resultados mostren melloras significativas na capacidade de regulación emocional, conciencia emocional e habilidades de atención plena a través da práctica de mindfulness. Este programa constitúe una proposta innovadora que busca mellorar a calidade de vida das persoas maiores mediante intervencións non farmacolóxicas destinadas a promover o benestar emocional.

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Mindfulness adaptado para persoas maiores con demencia en centros residenciais. Unha proposta de programa de intervención.
Autoría
M.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
M.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Esta propuesta se enmarca en la creciente evidencia que respalda el uso de terapias mente-cuerpo como forma complementaria, integral y, hasta ahora pionera, de complementar el abordaje de la demencia. En el presente trabajo se presenta una propuesta de intervención grupal basada en mindfulness, dirigida a personas del entorno residencial ServiSenior Santiago con diagnóstico de demencia leve-moderada. El programa se compone de un total de 16 sesiones estructuradas a razón de dos veces por semana. En base a la evidencia científica recabada, la intervención se dirige a grupos de 5-8 personas. Mediante el mindfulness se pretende promover el bienestar emocional y la calidad de vida de las personas mayores con demencia, así como mejorar la calidad de sueño, fomentar la calma y la conexión con el presente, mejorar la atención sostenida y la memoria, la conexión social y la funcionalidad. Para ello se propone una metodología pre-post de análisis de resultados en base a una batería de tests y pruebas cualitativas

Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Tribunal
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Zurrón Ocio, Montserrat (Presidente/a)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Efectividade das intervencións psicosociais grupais para a mellora da autoestima en mulleres víctimas de violencia de xénero
Autoría
R.R.C.
Máster Universitario en Psicoloxía
R.R.C.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 10:00
18.09.2025 10:00
Resumo
A violencia de xénero constitue unha grave problemática social e de saúde pública, que afecta significativamente ó benestar emocional das mulleres que a padecen. Unha das consecuencias máis comúns deste tipo de violencia é o deterioro da autoestima, o cal dificulta a saída do ciclo de maltrato e a recuperación psicolóxica. O presente traballo ten como obxetivo principal revisar a evidencia empírica existente sobre a eficacia das intervencións psicosociais grupais orientadas a mellorar a autoestima en mulleres víctimas de violencia de xénero. Realizouse unha revisión bibliográfica de once artigos científicos publicados entre 2010 e 2025, selecionados mediante criterios específicos de inclusión. Os resultados mostran que a maioría dos programas de intervención grupal xeran melloras significativas nos niveis de autoestima, así como en variables asociadas como o apoio social percibido ou a sintomatoloxía clínica (depresión, ansiedade e estrés postraumático). Ademáis, destacanse os beneficios do traballo en grupo frente a outros formatos individuais en certos contextos. A partir destos hallazgos, elaborouse unha proposta de intervención comunitaria adaptada á localidad de Riveira (Galicia), co fin de promover a autoestima de mulleres en situación de violencia.
A violencia de xénero constitue unha grave problemática social e de saúde pública, que afecta significativamente ó benestar emocional das mulleres que a padecen. Unha das consecuencias máis comúns deste tipo de violencia é o deterioro da autoestima, o cal dificulta a saída do ciclo de maltrato e a recuperación psicolóxica. O presente traballo ten como obxetivo principal revisar a evidencia empírica existente sobre a eficacia das intervencións psicosociais grupais orientadas a mellorar a autoestima en mulleres víctimas de violencia de xénero. Realizouse unha revisión bibliográfica de once artigos científicos publicados entre 2010 e 2025, selecionados mediante criterios específicos de inclusión. Os resultados mostran que a maioría dos programas de intervención grupal xeran melloras significativas nos niveis de autoestima, así como en variables asociadas como o apoio social percibido ou a sintomatoloxía clínica (depresión, ansiedade e estrés postraumático). Ademáis, destacanse os beneficios do traballo en grupo frente a outros formatos individuais en certos contextos. A partir destos hallazgos, elaborouse unha proposta de intervención comunitaria adaptada á localidad de Riveira (Galicia), co fin de promover a autoestima de mulleres en situación de violencia.
Dirección
Alzate García, Mónica (Titoría)
CORREA CHICA, JULLY ANDREA Cotitoría
Alzate García, Mónica (Titoría)
CORREA CHICA, JULLY ANDREA Cotitoría
Tribunal
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Presidente/a)
Mirón Redondo, María Lourdes (Secretario/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Vogal)
REDONDO LAGO, JAIME MAURO (Presidente/a)
Mirón Redondo, María Lourdes (Secretario/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Vogal)
Estimular a mente percorrendo o mundo: un taller de estimulación cognitiva basado nas sete marabillas do mundo
Autoría
S.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
S.R.M.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 17:30
17.07.2025 17:30
Resumo
O aumento da esperanza de vida trouxo consigo un incremento dos casos de demencia, o que xerou a necesidade de intervencións non farmacolóxicas eficaces que contribúan ao mantemento das capacidades funcionais e ao benestar das persoas maiores. O presente traballo é unha proposta de intervención na que se deseña un programa de intervención grupal dirixido a persoas con demencia leve ou moderada, centrado na estimulación cognitiva estruturada e adaptado desde un enfoque cultural. O obxectivo principal do traballo é favorecer a preservación do estado cognitivo -traballando funcións específicas como a memoria episódica, a atención ou a linguaxe- e promover o benestar emocional e a calidade de vida. O programa desenvólvese en sesións temáticas que integran actividades multisensoriais como a aprendizaxe mediante elementos visualmente atractivos, a evocación de recordos ou información, o coloreado de ilustracións ou a resolución de puzles visuais, todas elas adaptadas ao contexto sociocultural do grupo e seguindo un eixo temático cultural. A metodoloxía inclúe unha avaliación pre e post intervención a través dos seguintes instrumentos: o Mini-Exame Cognitivo (MEC) para o estado cognitivo global, o Test de Aprendizaxe Verbal España-Complutense (TAVEC) para a memoria verbal episódica, e as escalas SPANE e WHOQOL-BREF para medir o benestar emocional e a calidade de vida. Aplicarase tamén un cuestionario de satisfacción ao final e un rexistro de observación continua durante as sesións. Espérase que a combinación da estimulación cognitiva, un enfoque cultural, as actividades multisensoriais e o formato grupal proporcione beneficios tanto a nivel cognitivo como a nivel psicosocial en persoas maiores con deterioro cognitivo de leve a moderado.

Intervención Psicolóxica no Trastorno por Consumo de Cannabis
Autoría
N.R.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
N.R.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 12:15
17.02.2025 12:15
Resumo
O cannabis é a droga ilegal máis consumida en Europa e, na actualidade, a máis popular entre os mozos. A alta prevalencia de consumo e as súas múltiples consecuencias negativas motivaron esta revisión, cuxo obxectivo é coñecer as intervencións psicolóxicas que mostraron a maior efectividade e eficiencia no tratamento do trastorno por consumo de cannabis (TCC), así como explorar novas propostas con potencial para obter resultados positivos na intervención. Para iso, revisáronse os artigos publicados nos últimos catro anos a través das bases de datos Psycinfo, Web Of Science e Pubmed, seleccionando finalmente un total de 18 estudos. A investigación identificada céntrase na intervención sobre mecanismos neuronais que inflúen na conducta de consumo, en programas baseados en diferentes enfoques terapéuticos e no uso das novas tecnoloxías como ferramenta primaria ou complementaria na intervención. A existencia de certas limitacións á hora de realizar os estudos, amosa a necesidade dun maior número de investigacións para obter resultados fiables e xeneralizables. Dada a alta prevalencia de consumo entre os adolescentes, proponse un programa grupal en liña de oito sesións para reducir o consumo de cannabis entre os mozos.

Eficacia das intervencións psicolóxicas para os problemas relacionados co consumo de alcohol.
Autoría
L.R.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
L.R.R.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
O alcohol é a substancia psicoactiva con maior prevalencia de consumo a nivel mundial a pesar das consecuencias físicas e psicolóxicas que supón, concibíndose como un importante problema de saúde pública. O presente traballo ten por obxectivo revisar a literatura científica sobre a eficacia das intervencións psicolóxicas para abordar os problemas relacionados co seu consumo en adultos, a partir de 21 estudios. Os resultados obtidos analizáronse en función das técnicas psicolóxicas utilizadas e o formato de administración: presencial ou online. Obtivéronse bos resultados con intervencións baseadas en técnicas cognitivo-conductuales, na intervención motivacional breve e nas terapias de terceira xeración en distintos formatos. A exposición a sinais mediante realidade virtual e a escritura expresiva parecen técnicas prometedoras, mentres que o neurofeedback, a terapia cognitivo-conductual personalizada e a modificación do sesgo atencional non demostraron efectividade, salvo cando esta última se adaptou ao plano imaxinativo. Proponse unha intervención baseada na terapia cognitivo-conductual, a través de videochamada e co apoio dunha páxina web, dirixida á poboación da área metropolitana de Vigo cun consumo de risco de alcohol.

ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)

Do coidado ao desgaste profesional: Unha proposta de intervención para o fortalecemento do benestar de educadoras sociais dun centro de protección de menores
Autoría
I.R.F.
Máster Universitario en Psicoloxía
I.R.F.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
11.07.2025 12:00
11.07.2025 12:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster exponse unha proposta de intervención psicosocial dirixida a un equipo de educadoras sociais que desempeñan o seu labor nunha minirresidencia pertencente ao sistema de protección de menores. Esta intervención xorde como resposta ás condicións altamente esixentes deste contexto laboral, caracterizado por unha intensa carga emocional e unha notable inestabilidade estrutural. Tales características converten a este colectivo en especialmente vulnerable ao desenvolvemento da síndrome de burnout e outros indicadores de malestar psicolóxico. A proposta ten como finalidade principal previr devandita síndrome e promover o benestar emocional das profesionais, a través dun programa estruturado que combina sesións grupais e individuais. As sesións grupais céntranse no autocuidado, a atención plena e o fortalecemento da cohesión do equipo, mentres que as sesións individuais ofrecen un espazo personalizado para adaptar estratexias ás necesidades particulares de cada participante. Empregaranse ferramentas cuantitativas validadas ,como o Inventario de Burnout de Maslach (MBI), a escala Assessing Self-Care in Psychologists (SCAP) e o Team Climate Inventory (TCI), que se aplicarán antes e despois da intervención. Así mesmo, ao comezo do proceso utilizaranse técnicas cualitativas participativas, como entrevistas breves e a construción colectiva dun DAFO. Espérase que a implementación do programa contribúa de maneira significativa a reducir #o #estrés laboral, mellorar a calidade das relacións dentro do equipo e favorecer unha maior estabilidade e permanencia do persoal nun sistema especialmente afectado pola rotación constante e o desgaste emocional.

Implicacións do procesamento emocional no desenvolvemento dos problemas de conduta
Autoría
C.S.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
C.S.V.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 16:45
17.02.2025 16:45
Resumo
Os problemas de conduta desenvólvense na infancia a través de diferentes traxectorias, das cales algunhas asócianse a consecuencias máis severas, sendo necesario coñecer o seu desenvolvemento en profundidade para poder previlas e adaptar de forma específica as intervencións. Para tratar de esclarecer estas traxectorias, no presente estudo séguese un deseño lonxitudinal que inclúe cinco momentos de recollida de datos (T1, T2, T3, T4, T5) utilizando una mostra de 333 nenos e nenas (45.3%) en idade escolar (Midade = 10.37; DT = 0.9). Analízase un modelo preditivo dos problemas de conduta, que inclúe variables fisiolóxicas do procesamento emocional medidas a través da reactividade na actividade electrodérmica e a través do cal se estudan os efectos do temperamento, a parentalidade, os rasgos de dureza e insensibilidade emocional e a empatía, así como posibles efectos de mediación. Os resultados confirman vías de desenvolvemento dos problemas de conducta a través do baixo medo, a inconsistencia parental e os rasgos de dureza emocional e suxiren un efecto marxinal da empatía afectiva na reactividade cara ó medo. Finalmente, discútense as limitacións e implicacións prácticas dos resultados, así como posibles direccións futuras.

Perfil neuropsicolóxico en COVID persistente
Autoría
P.S.F.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
P.S.F.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
04.07.2025 12:15
04.07.2025 12:15
Resumo
Este traballo ten como obxectivo revisar a literatura científica dispoñible sobre o perfil neuropsicolóxico característico da COVID persistente. Para iso realizouse unha revisión sistemática nas bases de datos PubMed e Web of Science, aplicando criterios de inclusión e exclusión previamente definidos. Os resultados amosan que o perfil neuropsicolóxico aínda non está claramente establecido debido á recente aparición da síndrome e á heteroxeneidade metodolóxica dos estudos. Non obstante, existe consenso en que as funcións cognitivas máis afectadas son a atención, a velocidade de procesamento e as funcións executivas. Outras funcións, como a memoria, a linguaxe ou as habilidades visoespaciais, presentan unha afectación menor e con maior variabilidade entre estudos. Tamén se observa unha alta prevalencia de síntomas ansiosos e depresivos, que tenden a manterse no tempo, a diferenza das dificultades cognitivas, que amosan certa melloría. Identifícanse factores de risco asociados ao rendemento cognitivo pos-COVID, como a presenza de comorbilidades ou complicacións na fase aguda (ingreso en UCI). Como proposta aplicada, preséntase unha batería de avaliación neuropsicolóxica integral que inclúe funcións cognitivas específicas, fatiga, síntomas psiquiátricos e impacto funcional e na calidade de vida.

AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
AMENEDO LOSADA, MARIA ELENA (Titoría)
Tribunal
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Presidente/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Secretario/a)
DOALLO PESADO, SONIA (Vogal)
Risco de conduta suicida en persoas maiores institucionalizadas: proposta de estudo epidemiolóxico
Autoría
I.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
I.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
18.07.2025 09:30
18.07.2025 09:30
Resumo
O suicidio nas persoas maiores constitúe un problema de saúde pública con importantes repercusións sociais e sanitarias, especialmente no contexto de institucionalización, onde conflúen factores de risco como o illamento, a fraxilidade e a comorbilidade médica. O presente traballo propón un estudo epidemiolóxico observacional, transversal e descritivo, dirixido a identificar os determinantes sociodemográficos, funcionais, psicolóxicos e sociais relacionados co risco de conduta suicida en residentes de cinco centros Servisenior de Galicia. O obxecto desta proposta é caracterizar o perfil de risco en función da idade avanzada, dunha funcionalidade reducida, dunha peor saúde autopercibida, da sintomatoloxía depresiva e do baixo apoio social, seguindo achados previos en poboación xeriátrica. En última instancia, os resultados contribuirán ao deseño de intervencións específicas e baseadas en evidencia centradas nas persoas maiores residentes en institucións
O suicidio nas persoas maiores constitúe un problema de saúde pública con importantes repercusións sociais e sanitarias, especialmente no contexto de institucionalización, onde conflúen factores de risco como o illamento, a fraxilidade e a comorbilidade médica. O presente traballo propón un estudo epidemiolóxico observacional, transversal e descritivo, dirixido a identificar os determinantes sociodemográficos, funcionais, psicolóxicos e sociais relacionados co risco de conduta suicida en residentes de cinco centros Servisenior de Galicia. O obxecto desta proposta é caracterizar o perfil de risco en función da idade avanzada, dunha funcionalidade reducida, dunha peor saúde autopercibida, da sintomatoloxía depresiva e do baixo apoio social, seguindo achados previos en poboación xeriátrica. En última instancia, os resultados contribuirán ao deseño de intervencións específicas e baseadas en evidencia centradas nas persoas maiores residentes en institucións
Dirección
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
Facal Mayo, David (Presidente/a)
Campos Magdaleno, María (Secretario/a)
PICON PRADO, EDUARDO (Vogal)
“A Xubilación como un Novo Comezo: Programa Psicoeducativo para un Proxecto Xerador de Vida”
Autoría
S.M.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
S.M.S.C.
Máster Universitario en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Data da defensa
17.07.2025 10:15
17.07.2025 10:15
Resumo
O envellecemento da poboación constitúe un dos fenómenos demográficos do século XXI, a promoción da saúde e a prevención da dependencia pódese lograr a través de programas psicoeducativos que promovan o envellecemento activo e que fortalezan as competencias persoais e sociais contribuíndo ao benestar e a autonomía das persoas maiores por máis tempo. Co cesamento da vida laboral, a transición cara á xubilación representa un momento crítico no curso vital, que pode vivirse como unha perda de rol ou como unha oportunidade para redefinir o sentido de vida e os proxectos persoais. Existe ampla evidencia de que os Programas de Preparación para a Xubilación son de vital importancia para esta etapa xa que nas súas diferentes modalidades achegan ferramentas conceptuais e de desenvolvemento persoal. A proposta de intervención de Programa Psicoeducativo para un Proxecto Psicoeducativo de vida, ten como finalidade brindar ferramentas psicoeducativas que favorezan a generatividad, entendida como a capacidade de contribuír xeracións futuras e de construír un legado, promovendo así unha visión activa, creativa e socialmente comprometida desta etapa. Esta proposta esta deseñada para desenvolverse en ATEGAL, que xa son persoas que participan de diferentes propostas formativas, non obstante este programa diríxese ás persoas que estean a atravesar a etapa de xubilación e que teñan interese en participar desta proposta. O programa consta de 8 sesións, con avaliacións cualitativas ad hoc e escalas de actitudes fronte á xubilación, de benestar e de generatividad e comportamentos xenerativos, e a redacción dun proxecto xenerativo propio. Espérase que as persoas que participen poidan desenvolver o seu proxecto, achegando sentido e benestar ás súas vidas.

Os grupos de apoio mutuo: unha alternativa eficiente para a promoción da saúde mental
Autoría
D.S.A.
Máster Universitario en Psicoloxía
D.S.A.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
18.09.2025 10:00
18.09.2025 10:00
Resumo
Este traballo explora os grupos de apoio mutuo (GAM) como alternativa para mellorar a saúde e o benestar da poboación. Xorde tanto da experiencia propia, traballando en GAMs no Reino Unido durante máis de dous anos e abrindo un GAM durante as miñas prácticas do mestrado no barrio compostelán de Vite, como da constatación da falta de recursos públicos para a atención en saúde mental. Realizouse unha procura bibliográfica exhaustiva para entender o mellor posible os mecanismos que permiten aos GAM axudar ás persoas, así como comprobar se existe evidencia da súa efectividade ao facelo. Da experiencia previa e do aprendido a través da procura bibliográfica xorde unha proposta de intervención que pretende poñer en marcha unha serie de GAMs como complemento aos servizos existentes na nosa contorna, colaborativa, procurando alianzas con diversas entidades para a mellora da atención á cidadanía, cuns custos moi eficientes. Propóñense mecanismos para superar ás barreiras á participación, con atención a colectivos vulnerables, así como a medición de variables que non foron medidas na literatura. Explóranse posibilidades de inserción psicosocial e comunitaria, ofrecendo un posible itinerario válido para persoas en situación de vulnerabilidade.

Procesos Transdiagnósticos Asociados a los Trastornos Emocionales: Evitación Experiencial y Regulación Emocional
Autoría
A.S.O.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
A.S.O.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 10:00
03.07.2025 10:00
Resumo
Antecedentes: Los trastornos emocionales son altamente prevalentes y comórbidos entre sí, causando un notable sufrimiento y consumo de recursos. Por ello, se ha incrementado el interés en investigar su etiología y mantenimiento, con el fin de poder desarrollar tratamientos eficaces para dichos trastornos. En este marco, la perspectiva transdiagnóstica ha permitido focalizar la atención sobre el papel que desempeñan diferentes procesos transdiagnósticos respecto a la psicopatología. Objetivo: La presente revisión busca corroborar la influencia de dos variables. transdiagnósticas, la evitación experiencial y la (des)regulación emocional, sobre el desarrollo y/o mantenimiento de los trastornos emocionales. Además, también se examina la relación entre estas variables y su asociación con la sintomatología emocional. Diseño: Se utilizaron tres bases de datos para identificar los artículos entre 2013 y 2025, seleccionándose 25 publicaciones. Resultados: Se corrobora que tanto la evitación experiencial como la (des)regulación emocional influyen en la etiología y/o mantenimiento de los trastornos emocionales. También se expone que existe una interacción entre ambas variables, sin alcanzarse un consenso claro sobre cómo se da. Conclusión: Ambas variables desempeñan un papel en la etiología y/o mantenimiento de los trastornos emocionales, aunque es preciso seguir investigando la influencia de otras variables trasndiagnósticas para poder desarrollar tratamientos óptimos.

MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Programa de acompañamento escolar e fomento da participación social en estudantes con Trastorno do Espectro Autista (TEA)
Autoría
N.S.L.
Máster Universitario en Psicoloxía
N.S.L.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
11.07.2025 13:00
11.07.2025 13:00
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) afecta ao desenvolvemento das habilidades sociais, comunicativas e adaptativas, o que pode dificultar a participación activa en contextos escolares e sociais. Ante esta realidade, desenvolvéronse diversas propostas centradas no acompañamento e na adaptación da contorna social para favorecer a inclusión. Deste xeito, neste traballo preséntase un programa de acompañamento escolar e fomento da participación social dirixido a estudantes con TEA, fundamentado na metodoloxía TEACCH e no modelo de inclusión social. Para iso, deseñáronse intervencións estruturadas na aula e en actividades escolares complementarias, co obxectivo de adaptar a contorna, e fomentar a interacción cos iguais e a autonomía do alumnado. Os resultados obtidos reflicten unha mellora na participación activa e no benestar emocional dos estudantes con TEA, así como unha maior sensibilización da comunidade. Polo tanto, proponse a implementación deste programa como unha ferramenta viable para avanzar cara a unha escola máis inclusiva e adaptada ás necesidades do alumnado con diversidade funcional.
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) afecta ao desenvolvemento das habilidades sociais, comunicativas e adaptativas, o que pode dificultar a participación activa en contextos escolares e sociais. Ante esta realidade, desenvolvéronse diversas propostas centradas no acompañamento e na adaptación da contorna social para favorecer a inclusión. Deste xeito, neste traballo preséntase un programa de acompañamento escolar e fomento da participación social dirixido a estudantes con TEA, fundamentado na metodoloxía TEACCH e no modelo de inclusión social. Para iso, deseñáronse intervencións estruturadas na aula e en actividades escolares complementarias, co obxectivo de adaptar a contorna, e fomentar a interacción cos iguais e a autonomía do alumnado. Os resultados obtidos reflicten unha mellora na participación activa e no benestar emocional dos estudantes con TEA, así como unha maior sensibilización da comunidade. Polo tanto, proponse a implementación deste programa como unha ferramenta viable para avanzar cara a unha escola máis inclusiva e adaptada ás necesidades do alumnado con diversidade funcional.
Dirección
FERNANDEZ FERNANDEZ, CONCEPCION (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
JIMENEZ GARCIA, LUIS MIGUEL (Secretario/a)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Vogal)
Esquizofrenia e cannabis: Impacto sobre o curso do trastorno.
Autoría
N.S.D.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
N.S.D.C.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 10:45
03.07.2025 10:45
Resumo
Nas últimas décadas, o consumo de cannabis aumentou significativamente en todo o mundo, converténdose nunha das drogas ilegais máis consumidas, mesmo entre persoas con trastornos mentais graves como a esquizofrenia. Baseándose nisto, este artigo ten como obxectivo analizar o impacto do consumo de cannabis no curso clínico das persoas con trastornos psicóticos mediante unha revisión sistemática da literatura científica dispoñible. Os principais achados indican que o consumo prolongado de marihuana está asociado a un empeoramento dos síntomas psicóticos (aínda que aínda non existe un consenso firme sobre a dimensión máis afectada): un deterioro no funcionamento social, un maior risco de recaída e unha redución na adherencia ao tratamento antipsicótico. Non obstante, non se atopou ningunha asociación clara cun deterioro no funcionamento cognitivo. Ademais, varios estudos suxiren que o cesamento do consumo pode proporcionar beneficios, promovendo un resultado clínico máis favorable nalgunhas áreas. Con base na información recompilada, desenvolveuse unha proposta de intervención para abordar o consumo de cannabis en pacientes psicóticos, co obxectivo de reducir o seu impacto negativo e lograr un curso clínico máis favorable.
Nas últimas décadas, o consumo de cannabis aumentou significativamente en todo o mundo, converténdose nunha das drogas ilegais máis consumidas, mesmo entre persoas con trastornos mentais graves como a esquizofrenia. Baseándose nisto, este artigo ten como obxectivo analizar o impacto do consumo de cannabis no curso clínico das persoas con trastornos psicóticos mediante unha revisión sistemática da literatura científica dispoñible. Os principais achados indican que o consumo prolongado de marihuana está asociado a un empeoramento dos síntomas psicóticos (aínda que aínda non existe un consenso firme sobre a dimensión máis afectada): un deterioro no funcionamento social, un maior risco de recaída e unha redución na adherencia ao tratamento antipsicótico. Non obstante, non se atopou ningunha asociación clara cun deterioro no funcionamento cognitivo. Ademais, varios estudos suxiren que o cesamento do consumo pode proporcionar beneficios, promovendo un resultado clínico máis favorable nalgunhas áreas. Con base na información recompilada, desenvolveuse unha proposta de intervención para abordar o consumo de cannabis en pacientes psicóticos, co obxectivo de reducir o seu impacto negativo e lograr un curso clínico máis favorable.
Dirección
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
A importancia dos ideales na acción colectiva relacionada coa prostitución
Autoría
A.T.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
A.T.G.
Máster Universitario en Psicoloxía
Data da defensa
20.02.2025 13:00
20.02.2025 13:00
Resumo
Este estudo ten como obxectivo principal analizar os predictores da participación en acción colectiva en relación coa prostitución, identificando as variables que inflúen neste comportamento. A través dunha serie de modelos de regresión, atopouse que a obriga moral é o predictor máis relevante e constante en todas as análises, o que resalta a importancia da motivación ética e o sentido de responsabilidade social como motores fundamentais na mobilización da cidadanía en relación coas súas ideas sobre a prostitución. Aínda que variables como os ideais de xustiza social, a percepción da eficacia da acción colectiva e o apoio social percibido se correlacionan positivamente coa acción colectiva, non se mostraron como predictores significativos nos modelos finais, o que suxire que o seu impacto podería ser máis indirecto, actuando talvez como antecedentes ou facilitadores do sentido de obriga moral. Ademais, a perspectiva de elección persoal identificouse como unha barreira ideolóxica que reduce a participación na acción colectiva, xa que aqueles que consideran a prostitución como unha elección persoal móstranse menos dispostos a implicarse en causas que loitan contra ela. En termos de implicacións para a intervención, os resultados suxiren que as estratexias de sensibilización e as campañas de concienciación deben centrarse en fortalecer o compoñente ético da participación social, promovendo a responsabilidade moral, a xustiza social e os dereitos humanos no contexto da prostitución.

Adquisición de Infeccións de Transmisión Sexual no Trastorno Límite da Personalidade
Autoría
R.V.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
R.V.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
17.02.2025 17:30
17.02.2025 17:30
Resumo
O Trastorno Límite da Personalidade (TLP) é unha afección mental caracterizada por cambios no estado de ánimo e impulsividade que, xunto a outros síntomas, poden influír na vivencia da sexualidade e fomentar condutas de risco de adquisición de Infeccións de Transmisión Sexual (ITS). O obxectivo desta revisión sistemática é analizar a investigación dos últimos dez anos sobre esta relación. Tras empregar a declaración PRISMA, os resultados indican que 1) o diagnóstico de TLP está relacionado cun aumento de condutas sexuais de risco, como menor uso de protección e maior número de parellas sexuais, 2) o diagnóstico de TLP está asociado a un maior risco de adquisición de ITS en todos os grupos de idade e xénero, especialmente en adolescentes e xoves adultos, e 3) existen variables que inflúen nesta relación, tales como a desregulación emocional e a percepción de risco. Ademais de futuras liñas de investigación orientadas á reconceptualización do trastorno, inclúese unha proposta aplicada dun programa de prevención para adolescentes, que aborda tanto aspectos emocionais como prácticas sexuais, que ten como finalidade reducir o impacto das ITS nesta poboación vulnerable.

GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Secretario/a)
MERINO MADRID, HIPOLITO (Vogal)
Os trazos secundarios de dureza emocional en poboación infantoxuvenil
Autoría
M.D.V.V.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.D.V.V.M.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 11:30
03.07.2025 11:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar as características dos trazos de dureza emocional (DE) secundarios en poboación infanto-xuvenil, así como os seus principais correlatos. Para iso, realizouse unha revisión sistemática de estudos empíricos, tendo en conta aspectos metodolóxicos como o tipo de deseño, as características mostrais, os instrumentos de avaliación e as variables asociadas. Os principais achados indican que os trazos de DE secundarios se asocian con altos niveis de desregulación emocional, dificultades no procesamento afectivo, experiencias temperás adversas e estilos parentais disfuncionais. Así mesmo, evidénciase unha notable heteroxeneidade conceptual e avaliativa na literatura, o que pon de relevo a necesidade de avanzar cara a un marco teórico e metodolóxico máis unificado. A partir destes resultados, e co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento de intervencións máis específicas, preséntase unha proposta adaptada da terapia PCIT-CU dirixida a nenos con trazos de DE secundarios, estruturada en tres módulos e centrada fundamentalmente no adestramento parental e no desenvolvemento emocional.
O presente traballo ten como obxectivo analizar as características dos trazos de dureza emocional (DE) secundarios en poboación infanto-xuvenil, así como os seus principais correlatos. Para iso, realizouse unha revisión sistemática de estudos empíricos, tendo en conta aspectos metodolóxicos como o tipo de deseño, as características mostrais, os instrumentos de avaliación e as variables asociadas. Os principais achados indican que os trazos de DE secundarios se asocian con altos niveis de desregulación emocional, dificultades no procesamento afectivo, experiencias temperás adversas e estilos parentais disfuncionais. Así mesmo, evidénciase unha notable heteroxeneidade conceptual e avaliativa na literatura, o que pon de relevo a necesidade de avanzar cara a un marco teórico e metodolóxico máis unificado. A partir destes resultados, e co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento de intervencións máis específicas, preséntase unha proposta adaptada da terapia PCIT-CU dirixida a nenos con trazos de DE secundarios, estruturada en tres módulos e centrada fundamentalmente no adestramento parental e no desenvolvemento emocional.
Dirección
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Titoría)
Tribunal
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
GUTIERREZ GARCIA, EMILIO (Presidente/a)
López Durán, Ana (Secretario/a)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Vogal)
TDAH e disociación. Converxencia funcional e proposta integradora.
Autoría
M.J.V.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
M.J.V.L.
Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria
Data da defensa
03.07.2025 13:15
03.07.2025 13:15
Resumo
A disociación, entendida como un patrón de desconexión mental ante experiencias internas ou externas vividas como abafadoras, foi estudada tradicionalmente desde o marco do trauma, deixando sen explorar outras posibles vías de manifestación. En paralelo, o crecente número de adultos diagnosticados ou autoidentificados con TDAH expón interrogantes sobre o alcance explicativo desta categoría, especialmente cando se omiten dimensións relacionais ou contextuais. Este traballo ten o obxectivo de revisar a relación entre os déficits atencionais e procesos disociativos, para deseñar posteriormente unha intervención adaptada. A revisión identificou catro marcos interpretativos: solapamento sintomático, disociación como mediador, TDAH como manifestación de trauma, e ausencia de relación. A partir dos resultados, proponse unha intervención baseada no modelo de mentalización (MBT) e de sistemas de familia interna (IFS), xunto a técnicas de regulación somática, que favoreza unha comprensión funcional e compasiva da sintomatoloxía e fortaleza a axencia persoal.