Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer os estudantes qué son os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), como se implementan, cómo se utilizan e cales son as súas principais aplicacións para o estudo da paisaxe. En definitiva, trátase de capacitar ao estudante para o emprego dos SIX na resolución de calquera tipo de problema relacionado coa paisaxe, así como de aportarlle os coñecementos teóricos necesarios para a comprensión do funcionamento e utilización dos SIX.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Potencialidades da utilización dos SIX para a análise e planificación da paisaxe.
- Definición e elementos dun SIX.
- Os datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos.
- Estruturas e modelos de almacenamento: modelos ráster e vectorial.
- Topoloxía, xeorreferenciación e xeocodificación.
- Captura, corrección e almacenamento de datos.
Estes contidos desenvólvense a través do seguinte temario:
BLOQUE 1. INTRODUCIÓN (0.5 ECTS)
BLOQUE 2. XESTIÓN DA INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (2 ECTS)
BLOQUE 3. FUNCIÓNS DOS SIX (2.5 ECTS)
BLOQUE 4. IMPLEMENTACIÓN E APLICACIÓN DOS SIX (1 ECTS)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Práctica 1. Instalación de QGIS (Bloque 1)
Práctica 2. Introdución a QGIS (Bloque 2)
Práctica 3. Datos e Sistemas de Coordenadas en QGIS (Bloque 2)
Práctica 4. Edición de datos con QGIS (Bloque 3)
Práctica 5. Operacións de xeoprocesado (Bloque 3)
Práctica 6. Elaboración de mapas con QGIS (Bloque 4)
Bibliografía básica:
BOSQUE SENDRA, J. (1997). Sistemas de Información Geográfica. Ediciones Rialp, S.A., Madrid.
KORTE, G. (2001). The GIS Book. New York: Onword Press.
GUTIÉRREZ, J., GOULD, M. (2000). SIG: Sistemas de Información Geográfica. Madrid: Síntesis.
OLAYA, V. (2012). Sistemas de Información Geográfica. http://www.bubok.es/libros/191920/Sistemas-de-Informacion-Geografica
Bibliografía complementaria:
BETTINGER, P., WING, M. G. (2004). Geographic Information Systems. Applications in Forestry and Natural Resources Management. New York: McGraw-Hill.
CHRISMAN, N. (1997). Exploring Geographic Information Systems. John Wiley and Sons.
DATE, C.J. (2001). Introducción a los Sistemas de Bases de Datos. Pearson Education.
DAVIS, B. (2001). GIS: A visual approach. New York: Onword Press.
DE MIGUEL, A., PIATTINI, M. (2000). Diseño de base de datos relacionales. Mexico: AlfaOmega.
Nesta materia o estudante adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación que nos ocupa e do estudo da paisaxe en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as siguintes competencias básicas, xerais e transversais:
CB2 – Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG2 – Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe.
CG5 – Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnológicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CT2 – Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT7 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Ademais, o estudante exercitará as seguintes competencias específicas:
CE58 - Coñecemento adecuado dos Sistemas de Información Xeográfica.
CE59 - Deseño, produción e difusión da cartografía básica e temática. Implementación, xestión e explotación de Sistemas de Información Xeográfica
Docencia expositiva - sesión maxistral (competencias CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59)
As clases teóricas teñen como obxectivo a exposición dos fundamentos teóricos dos SIX. Estas clases son imprescindibles para contextualizar as clases prácticas, de xeito que o estudante comprenda en que se basean e para que se poden empregar as funcións SIX aplicadas nas prácticas.
En cada clase empregarase unha presentación do tema coas ideas básicas e, nalgúns casos, con algún exemplo práctico. Esta presentación facilitará o seguemento da clase. No curso virtual porase a disposición dos estudantes para cada tema un resumo do mesmo, os obxectivos, a bibliografía e a presentación empregada en clase, o que permitirá completar as notas tomadas en clase.
Co fin de que o estudiante traballe de forma autónoma os contidos teóricos, nestas clases explicaranse unha serie de traballos prácticos que deberán ser realizados polo estudante de forma individual ou colaborativa, segundo determine o profesor en cada caso.
Docencia interactiva - taller (competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CE58, CE59)
Nas prácticas traballarase na aula de informática cun programa de SIX libre (QGIS). O estudante disporá dun guión de prácticas no curso virtual. O estudante deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo este guión.
Titorías - atención personalizada (competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59)
O profesor resolverá as dudas xurdidas tanto nas clases teóricas como nas prácticas.
Consideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a calificación da proba escrita sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación da memoria de prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o alumno non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais, da proba escrita ou do portafolio de traballos, para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) darase a opción ao alumno de substituír a asistencia a prácticas por un exame práctico. En caso de que ao estudante se lle conceda dispensa de asistencia deberá realizar un exame práctico dos contidos impartidos nas clases interactivas. O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Proba escrita: realizarase un exame final dos contidos do programa teórico.
Portafolio de traballos: o estudante deberá entregar unha memoria de prácticas e dous traballos correspondentes a dous temas do programa teórico.
A calificación final obterase mediante a avaliación das competencias correspondentes na seguinte proporción:
Proba escrita (40%): competencias CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59
Portafolio de traballos (60%): competencias CB2, CB3, CG2 , CG5, CT2, CE58, CE59
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas clases expositivas: 30 h presenciais - 45 h traballo personal
Horas clases interactivas: 30 h presenciais - 45 h traballo personal (realización da memoria de prácticas)
Asistencia a clases prácticas e teóricas.
Aproveitamento das horas de titorías.
Consulta da bibliografía recomendada.
David Miranda Barros
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982822830
- Correo electrónico
- david.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Inés Santé Riveira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rocio Losada Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- rocio.losada.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC