Ir o contido principal
STG

Aprendizaxe de idiomas

O Centro de Linguas Modernas (CLM) é o servizo da Universidade de Santiago de Compostela ao que se lle atribúen as funcións de organizar e impartir cursos de linguas propias e estranxeiras, calquera sexa o seu formato, duración ou carácter, agás os que figuren nos plans de estudo das titulacións oficiais. Os usuarios externos deben ter mínimo 18 anos de idade. Como centro examinador, o CLM organiza tanto exames propios de niveis B1, B2 e C1 como exames oficiais en colaboración con centros externos de prestixio internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2024.