Ir o contido principal
STG

Prezos e custo da vida

A Universidade de Santiago de Compostela e as outras universidades do Sistema Universitario Galego ofrecen os prezos dos estudos de grao e máster máis baixos de España. Os prezos públicos de graos, másteres e estudos de doutoramento non se viron incrementados desde o curso 2018-2019. Santiago de Compostela e Lugo atópanse entre as cidades universitarias españolas con menores índices de custo de vida. 

1,20 €

Un café en Santiago de Compostela

0,85 €

Unha barra de pan

0,60 €

Billete do autobús urbano en Santiago de Compostela

10 €

Un menú do día nun restaurante de nivel medio en Lugo

0,65 €

Un litro de leite en Lugo

3,50 €

Un Donner Kebab en Santiago de Compostela

7,40 €

Unha entrada do cine en Santiago de Compostela

2,40 €

Un almorzo completo en Santiago de Compostela

O custo da vida nas cidades galegas sitúase na media das do conxunto do Estado. Santiago de Compostela e Lugo cóntanse entre as cidades universitarias españolas máis accesibles para os estudantes. Cun presuposto entre os 750 e os 900 € ao mes terás suficiente para vivir.

O custo máis gravoso é o da vivenda, sensiblemente máis alto en Compostela por ser un dos principais destinos turísticos de Galicia. Mediante o alugueiro compartido ou accedendo a unha praza do Sistema Universitario de Residencia podes aminorar notablemente ese custo. A contía do arrendamento medio en Compostela é de 440 euros/mes e en Lugo de 369 euros/mes.

Santiago e Lugo teñen prazas de abasto e mercados, onde podes mercar a prezos moi económicos alimentos de calidade. En ambas cidades podes atopar tamén menús do día en restaurantes de 10 a 15 € e nos comedores universitarios tes unha variada oferta ao redor dos 6 euros. Consulta as tarifas dos comedores universitarios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2022.