Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Máster de Formación Permanente en Márketing Dixital e Xestión Comercial

  • Curso 2024-2025
  • Código
    MP0207
    Tipo
    Máster de Formación Permanente
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    1 ano
    Créditos
    60.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    6.000,00€
    Centro
    Facultade de Administración e Dirección de Empresas
    Dirección
    Maria Luisa Del Rio Araujo
    Jose Ramon Porto Pedrido
    Contacto

    marta.fernandez.formoso@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Departamento de Organización de Empresas

    Información:

    MARTA FERNANDEZ FORMOSO



    marta.fernandez.formoso@usc.es

    Facultade de Administración e Dirección de Empresas

    Procedemento

    Datas
    Duración: 18/09/2024 - 19/06/2025
    Preinscrición: 02/05/2024 - 20/06/2024
    Matrícula: 24/06/2024 - 28/07/2024

    Número alumnos/as mínimo: 22
    Número alumnos/as máximo: 22

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Estar en posesión dunha titulación universitaria (grao ou licenciatura). Adicionalmente, poderá optar a unha praza aquel alumnado que lle falten menos de 9 créditos e o TFG para rematar a súa titulación. Non se lle outorgará o título do Máster ao alumnado que non supere esos créditos restantes antes de que remate o ano académico no que se desenvolve o Máster. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE) polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social. É imprescindible dispor dun ordenador con cámara integrada operativa para as sesións en liña, pois é necesaria para interactuar e rexistrar a asistencia. Para garantir unha atención personalizada e manter a alta calidade educativa, as prazas están limitadas a 22 estudantes.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    1. Curriculum vitae. 2. Carta de motivación. A carta de motivación necesariamente debe incluír: - Breve resumo académico, persoal e profesional (se dispón de experiencia laboral). - Nun par de liñas, citar os contidos do programa que máis lle chaman a atención e que busca conseguir realizando esta formación. 3. Expediente académico. 4. Certificación de inglés. O nivel de inglés debe ser suficientemente fluido para levar unha conversa neste idioma e poder consultar ao profesorado durante as sesións as posibles dúbidas. O nivel de inglés será valorado durante a entrevista persoal e/ou a través de certificacións de nivel de idioma que se aporten no proceso de admisión. 5. Entrevista persoal: que se reservará á través da web do Máster (www.uscmarketingdigital.com), no apartado "entrevista de acceso". As persoas solicitantes deberán aboar unha taxa do 1% de matrícula en concepto de preadmisión. Unha vez admitidas, restaráselle ese importe da matrícula. Se finalmente non se matriculan, unha vez adxudicada a praza, non se devolverá a taxa de preadmisión do 1%. O Máster está estruturado cunha metodoloxía moi práctica, polo que para levar a cabo todas as actividades na aula e poder instalar todas as ferramentas precisas que facilitará o Máster, o alumnado debe dispoñer de ordenador portátil propio e levalo á aula cada día que se realice unha sesión formativa.

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 3.000,00€ 24/06/2024 - 28/07/2024
    2 3.000,00€ 08/01/2025 - 18/01/2025
  • O obxectivo principal do Máster é formar a profesionais capaces de liderar a transformación dixital no ámbito empresarial. Este programa busca dotar aos estudantes dun coñecemento profundo e actualizado sobre as ferramentas e estratexias máis efectivas no márketing dixital, preparándoos para enfrontar e resolver os desafíos que presenta o mercado globalizado.

    Cun enfoque integral, o Máster propón desenvolver habilidades analíticas e creativas nos estudantes, permitíndolles deseñar e implementar campañas de márketing dixital que xeren un impacto positivo e medible. Ademais, enfócase na importancia da comunicación efectiva e o uso estratéxico de datos para a toma de decisións, elementos cruciais para o éxito neste campo dinámico e en constante evolución.

    O programa está pensado para formar ao estudante en tódolos ámbitos do márketing dixital a través das ferramentas máis empregadas hoxe en día neste sector e que se poñerán ao seu servizo, incluso algunhas de acceso restrinxido/pago só accesibles para profesionais.

    En definitiva, cursando este posgrao o estudante conseguirá cumprir catro obxectivos esenciais:

    1. Familiarizarse co uso de todas as canles de comunicación dispoñibles, usando os medios dixitais.
    2. Coñecer experiencias prácticas en márketing dixital e implementalas.
    3. Coñecer as últimas tendencias en márketing dixital, para ser capaz de incorporalas con éxito á estratexia de márketing da empresa.
    4. Deseñar e xestionar as campañas de comunicación de maneira que xeren resposta nos clientes e resultados na empresa.

  • Avaliación

    - Asistencia a clase (mínimo dun 90%). Se o alumnado asiste a menos do 90% das horas de docencia non poderá obter o título.

    - Será necesaria a superación das probas puntuables desenvolvidas durante o Máster (formación continua). Será necesaria a presentación de polo menos o 90% das probas puntuables de cada unha das materias propostas na Guía docente.

    - O alumnado deberá depositar e defender un Plan de márketing dixital como Traballo de Fin de Máster (TFM) ante un tribunal oral. Será preciso obter a calificación de Apto no TFM para a obtención do título.

    - Se unha sesión, por motivos razoados, ten que impartirse finalmente en liña, o alumnado deberá activar a súa webcam e mantela conectada durante a toda a formación, para que se poida rexistrar e ratificar a súa asistencia.

    Metodoloxía

    Presencial, conferencias de curta duración en liña de maneira puntual e titorías en liña.

  • Mércores, xoves e venres de 16:00h a 21:00h

    Observacións

    Curso impartido na modalidade HÍBRIDA.

    Poderán sufrir lixeiros cambios de horario certas materias que puntualmente propoñan a asistencia a eventos que poidan ser de interese para a materia coa que teñen vinculación, sempre que todo o alumnado esté de acordo na asistencia aos mesmos e que dependerán das datas que se publiquen ditos eventos.

  • Código Materia Créditos
    1 Optimización de Motores de Busca (SEO). Parte 2. 0.5
    2 Márketing en Motores de Busca (SEM). 2.0
    3 Redes Sociais. 3.5
    4 Desenvolvemento de Habilidades Directivas e Empregabilidade. Capacitación de Talento Enfocado a Profesionais do Márketing Dixital. 0.5
    5 Vídeo Márketing. 2.0
    6 Email Márketing. 0.5
    7 Móbil Márketing. 2.0
    8 Comercio Electrónico (E-Commerce). 3.5
    9 Optimización de Motores de Busca (SEO). Parte 1. 2.0
    10 Brand ContENT e Storytelling. 1.0
    11 Formación en Márketing Avanzado: Big Data, Márketing Preditivo e Intelixencia Artificial. 1.0
    12 Publicidade Programática. 4.0
    13 Planificación de Medios Online e Offline. 1.0
    14 Business Intelligence: Power Bi. 2.5
    15 Marco Xurídico da Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (Rgpd). 0.5
    16 Performance Márketing. Lean Startup e Open Innovation. 1.0
    17 Xestión das Relacións co Cliente (CRM). 1.0
    18 Spss. 1.0
    19 Analítica Web. Informes e Optimización. 0.5
    20 Márketing de Chegada (Inbound Marketing). 1.0
    21 Estratexia Canvas. Novos Modelos. 0.5
    22 Neuromárketing. 0.5
    23 Xestión do Cambio Organizativo. 1.5
    24 Prácticas Tuteladas en Empresas. 16.0
    25 Titorización e Traballo de Fin de Máster (Tfm). 11.5
    26 O Plan de Márketing Dixital. 4.0
    27 Web e Blog: Tendencias, Wordpress e Auditoría Web. 3.0
    28 Métodos de Investigación: Cuestionario e Entrevista. Análise de Datos Secundarios. 1.5
    29 O Novo Modelo de Comportamento do Consumidor Online. Customer Journey. 1.0
    30 Monitorización de Redes Sociais. 0.5
    31 Analítica Web e Tag Manager. 3.0
    32 Medios Avanzados. 2.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.07.2024.